CURSO 2014/15 INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DOS NOVOS MATRICULADOS Dende o equipo de Educación Infantil dámosvos a benvida ó CEIP Antonio Pedrosa Latas e queremos informarvos dunha serie de cuestións para acadar unha boa harmonía e comunicación entre a escola e as familias. É importante para un bo funcionamento do centro que coñezades unha serie de normas que vos detallamos a continuación: -
Os nenos/as deben ter adquiridos uns hábitos mínimos básicos relacionados co aseo, vestido e alimentación. Se algún neno/a aínda usa cueiro é importante comezar a retirarllo no verán porque sería convinte que controlasen esfínteres cando inicien o curso escolar, segundo aparece recollido no R.R.I. (Regulamento de Réxime Interno) do Centro.
-
Vir vestidos con roupa cómoda que non limite os seus movementos e que facilite a súa autonomía á hora de ir ó baño; non deben traer tirantes, petos, cinturóns... e se é posible que o calzado sexa sen cordóns. O día que teñen psicomotricidade traerán chándal e zapatillas deportivas.
-
Se os/as nenos/as están enfermos deberedes deixalos na casa para evitar posibles contaxios.
-
As ausencias ó colexio deben ser xustificadas.
-
Axustar na medida do posible os hábitos de sono e alimentación ó horario escolar que teñen que seguir durante o curso (de 9:00 a 14:00). Deben vir descansadas pola mañá e co almorzo tomado para un bo rendemento escolar. Ó principio do curso establecerase un PERÍODO DE ADAPTACIÓN marcado no calendario escolar e de obrigado cumprimento para facilitar a adaptación dos/as nenos/as ás
rutinas escolares. Este período suporá unha serie de agrupamentos e horarios diferenciados durante as primeiras semanas do curso. -
É moi importante ser puntual nas entradas e saídas. Chegar tarde interrompe o ritmo cotiá da clase. Ás entradas débense facer despedidas afectivas pero curtas, sen promesas que non se van cumplir. No caso de chegar tarde deberedes entrar pola porta principal, notificar a causa da tardanza e deixar que o conserxe acompañe ó neno/a a súa clase. No caso de vir buscar ó neno/a dentro do horario tamén deberedes ir a conserxería, notificar a causa da ausencia e será o conserxe o que irá a buscar ó neno/a a súa clase.
-
Debemos coñecer á persoa que vai recoller ó neno/a. Se un día vai vir unha persoa distinta da habitual débese avisar á profesora con antelación. En caso de separación é necesario saber que proxenitor o ten que recoller.
-
É moi importante que deixedes un ou dous teléfonos para poñernos en contacto con vós ante posibles incidencias, tamén é importante que entreguedes (se non o fixestedes xa) unha foto carnet actualizada co fin de que en setembro o neno/a atope o lugar onde deixar os seus traballos, o seu abrigo... xa preparado.
-
Necesitan traer: UNHA TAZA DE PLÁSTICO, UN MANDILÓN ABOTOADO POR DIANTE E UNHA GORRA.
-
O listado dos libros que necesitan está posto na entrada.
-
A maiores, a principio de curso, pedirémosvos 30 euros para fotocopias e diverso material funxible.
LISTADO DE ALUMNOS/AS: 1. IREA: 2. MATEO JOSÉ: 3. LUCÍA F.B.: 4. BORJA: 5. ENARA: 6. ANTÍA: 7. IAGO: 8. LUCÍA F. C.: 9. CARMEN: 10. RAÚL: 11. LUCÍA F.R.: