Memoria 13 14 ríos e mares

Page 1

C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

“AUGA PARA PROTEXER E DIVERTIRSE” MEMORIA DO PROXECTO DE VOZ NATURA DO C.E.I.P.: “ANTONIO PEDROSA LATAS”. CELEIRO-VIVEIRO. LUGO CURSO 2013-14 1


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

ÍNDICE:

Pax.

1.- INTRODUCCIÓN-XUSTIFICACIÓN.................................................................4 2.- O NOSO CENTRO:........................................................................................4 3.- OBXECTIVOS:.............................................................................................. 5 4.- CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS:................................................................ 6 5.-ACTIVIDADES TEMPORIZADAS

POR TRIMESTRES:................................ 6

1º TRIMESTRE •

Recollida de frescos do horto:................................................... 7

Rincón de frescos do horto:...................................................... 8

Probando froitos do outono nas aulas:.....................................11

Baixo os castiñeiros:..................................................................12

A biblioteca como nexo integrador de proxecto:......................13

Un inquilino inesperado:...........................................................14

Ambientación do centro:...........................................................15

O avó Asmerón:.........................................................................16

A música como base de traballo para O prox. Ríos e Mares:….16

A árbore contra a violencia de xénero:.....................................18

Visita dos membros de SOGAMA:.............................................19

2ª Xornada náutica:...................................................................20

Nós mariñeiros:.........................................................................22

Un trasatlántico en Celeiro:...................................................... 23

2º TRIMESTRE 2


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 • O libro dos piratas:.................................................................... 25 •

Mariñeiros por un día:...............................................................27

Os crocodrilos:...........................................................................30

Un arroáz na Ría de Viveiro:......................................................32

Novos libros para a biblioteca:..................................................34

Anxo Moure ensínanos a coidar dos Ríos:……………………………… 35

3º TRIMESTRE •

Por fin vemos o sol:...................................................................38

Ensinándonos fotografía:..........................................................39

Visita ao nacemento do Río Miño:............................................40

Rufo (a mascota da biblioteca) ensina a coidar dos ríos:.......... 41

Visita, limpeza e estado medioambiental do Río landro:..........43

Exposición fotográfica do río Landro:....................................... 47

Pola beira do río:.......................................................................49

Lendas dos ríos e mar de Celeiro:............................................. 50

6.- ACTIVIDADES CONTINUADAS ANO TRÁS ANO………………………….….. 52 •

A reciclaxe:................................................................................ 52

O aforro de enerxía:.................................................................. 53

Día da árbore e da poesía:........................................................54

Os vermes de seda:................................................................... 58

Tapas e tapóns de plástico:....................................................... 59

7.- ACTIVIDADES PENDIENTES DE REALIZACIÓN E AS PREVISTAS QUE NON SE POIDERON LEVAR A CABO:....................................................... 60 3


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

8.- O PROXECTO DE PROXECTOS: DÍAS DE MAR:................................... 61 •

Obxectivos:................................................................................ 61

Organización:............................................................................. 62

Actividades:................................................................................64

Avaliación:..................................................................................79

9.- AVALIACIÓN:......................................................................................79

“AUGA PARA PROTEXER E DIVERTIRSE” 1.

INTRODUCIÓN-XUSTIFICACIÓN:

A implicación para este ano, centróuse fundamentalmente no interese do noso alumnado, que ano tras ano, mostra nas actividades propostas dende o proxecto importante que supón VOZ NATURA para o centro. Certamente esta é a nosa visión en pro da defensa do medio ambiente. O Programa VOZ NATURA supón un aliciente para nós. Dende fai dous anos creamos no centro un Equipo Integrado de Dinamización. Os proxectos e as propostas de VOZ NATURA foron o obxectivo base para o resto de actividades tanto de Biblioteca, Normalización lingüística e Actividades complementarias e extraescolares.

2.

O NOSO CENTRO:

Decir que, todo este proxecto non sería posible sen a colaboración dos 163 alumnos e alumnas, pertencentes á Mariña de Lugo, nun entorno semirural situado en Celeiro, en plena Ría de Viveiro.

4


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

3.

OBXECTIVOS PREVISTOS:

Os obxectivos para este curso 2013/14 foron: 1.

Informar aos alumnos/as sobre as diferentes características dos ecosistemas acuáticos.

2.

Implicar aos alumnos/as na utilización dos mesmos e das súas posibilidades dende o respeto.

5


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 3. Implicar ás familias para que colaborencon

nós no aporte de obxectos,

fotografías,… 4.

Diferenciar as características dos medios acuáticos.

5.

Estudiar a importancia do mar ao ongo da historia do pobo.

6.

Identificar as diferentes especies que viven neste tipo de hábitat.

7.

Recoñeceremos as diferentes enerxías alternativas que producen os mares e os ríos, recordando coñecementos que se levaron a cabo en relación ás enerxías alternativas que xa traballamos neste actual curso.

8.

Coñecer as empresas e as artes que utiliza o sector da pesca.

9.

Observar o funcionamento das diferentes artes de pesca.

10.

Concienciar aos alumnos/as da importancia da integración dos diferentes sectores para desenvolvemento sostible.

11.

Implicar aos alumnos/as no uso responsable das diferentes alternativas de lecer relacionadas cos hábitats acuáticos.

4.- CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS: Para poder adquirir estes obxectivos neste curso 2013/14 o noso centro esforzouse por ter en conta o tema de Ríos e Mares en primeiro termo, pero sen esquecer outras actividades que se realizan no centro curso trás curso, como son os aspectos relacionados co medio ambiente en xeral. Os nosos alumnos/as integranse dende o primeiro día con este proxecto porque o viven dende fai tempo e forma parte do noso proxecto educativo como unha experiencia integrada dentro do PID (Proxecto Integrado de Dinamización) que reúne aos coordinadores dos distintos Ciclos, Normalización Lingüística, Biblioteca, Departamento de Orientación e Actividades Complementarias e Extraescolares. Neste equipo, houbo tres proxecto clave: “Ríos e mares en boas máns” de Voz Natura, “Os Ríos” do Proxecto Terra e O proxecto PLAMBE, ámbolos dous, da Consellería de Educación e o proxecto “Arte na Mariña” que aglutina as experiencias levadas a cabo en diversos centros da Mariña Lucense. Empezaron a brotar ideas de todos para a realización de actividades e 6


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

proxectos. Non podemos esquecer que o tema a tratar é un aliciente moi forte para nós, dada a zona na que está encravado o noso centro. Contamos con ríos, ría, praias, porto deportivo e pesqueiro, muíños, lavadeiros,… O grupo tivo a colaboración de tódolos mestres e mestras do centro, pero tamén contamos coa dedicación do porteiro, coidadora, persoal do concello e persoal auxiliar, pais e nais, membros da ANPA. Aínda que o máis relevante foi o empeño que puxeron tódolos nenos/as, en querer aprender novos conceptos e a intención de participar e implicarse en tódalos proxectos que se levaron a cabo durante este curso escolar. Destacamos a importancia, de que unha entidade externa ao centro como é Voz Natura fose o que puxese a idea, que aglutinou cada un dos pasos que fomos dando neste curso 2013/14.

5.- TEMPORIZACIÓN DE ACTIVIDADES: Debemos decir tamén, que o centro tivo outro tema importante durante os dous primeiros trimestres que foi “Exipto”. Por este motivo o Río Nilo tamén se traballou ata o mes de febreiro. A continuación veremos como resultou todo este proceso coa axuda de diverso material fotográfico, posto que unha imaxe vale máis…

Dividiremos o traballo por trimestres e tendo en conta, as diversas conmemoracións incluídas neles. Comenzamos,…

1º TRIMESTRE 1.

Recollida de frescos do horto:

No mes de setembro realizamos diferentes actividades de limpeza e acondicinamento do noso horto, ao que tanto tempo lle adicamos entre todos. Esta actividade sempre da comezo ao calendario escolar. É como unha tradición. Os nenos/as levan para as súas casas os froitos plantados meses atrás. 7


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

8


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Rincón de frescos:

Esta foi a nosa colleita: Recollimos limóns, cenorias, amorodos, alquequenxes, millo, xudías, tomates, xirasois, pementos e cabazas.

9


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

10


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

11


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Probando froitos do outono:

Nas aulas, probamos aqueles froitos que recollimos e algún máis que mercamos, para que os nenos/as tomen conciencia da importancia de ter unha dieta variada e saudable. Parécevos que lles gustou a chirimoia?

12


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Baixo os castiñeiros:

No mes de outubro recollimos as castañas que dan os tres castiñeiros que hai no centro. Os nenos/as sempre colaboran nesta tarefa.

13


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

2.

A biblioteca como nexo integrador de proxectos:

A biblioteca do centro 茅 un punto de encontro para poder traballar aqueles proxectos que levamos a cabo durante todo o curso. Nesta ocasi贸n mercamos libros novos. Moitos deles trataban dos r铆os e mares e, por suposto, da protecci贸n do medio dun xeito 14


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

globalizado. Gracias a este tipo de actividades novidosas, trimestre a trimestre, os nenos/as van animándose a facer lecturas, cada vez máis con máis interese.

Como xa comentabamos na introdución, o proxecto que levamos a cabo nos dous primeiros trimestres foi: Exipto. O río Nilo estivo presente, case a diario, nas aulas e os nenos e nenas aprenderon a coidar os ríos, dándose conta da importancia que supón para os habitantes das rexión limítrofes, para a realización das súas actividades cotiáns. Comprenderon que hai rexións que dependen dos ríos para poder beber, lavarse, regar, transportar alimentos,... e que son un ben a protexer. Todas estas informacións foron traballadas con distintas actividades. A primeira que se levou a cabo foi a realización dun libro enorme de: Drilo, drilo, cocodrilo. Este tema tamén se traballou na aula de música cunha canción adaptada ao tema de ríos e unha representación teatral.

15


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Un inquilino inesperado:

A medida que van pasando os anos, nos damos conta que hai actividades que non se poden preparar e, esperar a que pasen os meses ou días, para levalas a cabo. A improvisación é unha parte destacable, na forma de levar o ensino no noso centro. Nesta 16


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

ocasión os alumnos/as viviron en primeira persoa, o feito de coidar do contorno coa presenza no salón de actos dun paxariño perdido. Foi unha forma divertida de aprender a respectar a natureza.

Ambientación do centro:

Houbo unha gran ambientación de zoas comúns. Como a representación do río Nilo en Infantil. Verbas como falucas, faraóns, Nilo, deuses,... estaban presentes a cada momento entre os nosos alumnos/as. O certo é que invertimos moito tempo en darlle vida ás zonas comúns porque é un ambiente que percorren a diario. Acudimos a estas zonas para que os alumnos/as observen o traballado realizado por eles, pero tamén para darlles unha explicación grupal máis atractiva.

17


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

O avó Asmerón:

Unha das experiencias que máis calou nos nenos e mestres, foi as experiencias que viviron dous dos nosos alumnos: Sara e Samuel Asmerón. Viaxaron a Eritrea e xplicaron como é a vida alí. Non é cuestión de abrir o grifo para que saia auga, senón de percorrer kilómetros en busca dela. A visita do avó Asmerón foi todo un acontecemento e, aínda que foi breve, todos entendimos a importancia de protexer o que nos rodea. Gracias a actividades como ésta, recoñecimos o nome e as costumes de outros continentes, outros países, outras rexións,... en definitiva, outros mundos e outros pobos. Aprendimos a valorar o que temos e a comprender que non todos teñen esa sorte. Sobre todo, comprendimos que os recursos son escasos e limitados. Gracias Avó Asmerón.

18


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

3.

A música como base de traballo para o proxecto Ríos e Mares:

A música é clave para poder traballar cun proxecto integrado durante todo o curso. Este ano traballamos a protección dos ríos dende os textos de Rosalía de Castro. Cada aula preparou o tema: “Pasa río, pasa río”.

19


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

A mestra de música adaptou á poesía, unha sintonía que aprenderon tódolos nenos e nenas.

20


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

A árbore contra a violencia de xénero:

Xunto co CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Viveiro levamos a cabo a construcción da “Árbore da non violencia”. Cada neno elaborou unha frase en contra deste feito e colgóuno nunha árbore que realizamos no centro con material de refugallo.

Visita de membros de SOGAMA:

No mes de novembro recibimos a visita de membros de SOGAMA que nos explicaron como debemos separar correctamente os restos que se producen nas casas e nas aulas. Nos deixaron material para poder traballar nas aulas e unha bolsiña para poder levar todo o material. Foi unha xornada ben productiva. O feito de cambiar de aula e acudir en grupo a charlas deste tipo, xa resulta motivador para os nenos/as.

21


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

2ª Xornada náutica:

Neste primeiro trimestre non poidemos deixar de facer unha das visitas obrigadas para o Centro, como é a saída ao Porto de Celeiro. Sabemos que debemos coidar o mar, polo tanto adentrámonos nas súas augas da forma máis limpa posible. Así que máns á obra a mestra de Educación Fisica e o mestre de Relixión foron os que organizaron unha aventura en Kayaks, bateis e optimist (pequenas embarcacións a 22


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

vela). Démonos unha pequena viaxe polo porto. Podedes imaxinar o que supuxo para eles e co atractivo engadido de poder ver un arroás na singradura. No porto de Celeiro hai de todo. Que sorte temos de poder disfrutar tanto do noso pobo. O certo é que esta foi unha das saídas que máis costou organizar, debido aos trámites que tivemos que levar a cabo, pero a satisfacción que supuxo non poido con nós. Nesta aventura colaboraron o avó e o pai de dúas alumnas que prepararon todo o material e navegaron con nós e tamén membros do “Colectivo Chilindrín” e o “Casino club Náutico de Viveiro”.

23


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

24


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Nós mariñeiros:

O pai de dúas alumnas do Centro, tripulante de Salvamento Marítimo, ensinounos a facer nós mariñeiros. Resultou ser unha forma máis de aprender aspectos relacionados coa vida mariñeira. Participaron todos os alumnos/as e era todo un espectáculo ver aos máis pequenos cos cabos na mán. Outra experiencia única neste curso.

25


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

โ ข

Un trasatlรกntico en Celeiro

Podedes Imaxinar o que supuxo para as xentes de celeiro que un trastlรกntico fixera escala no Porto de Celeiro. Non importaba moito que fose pequeno ou grande, porque para 26


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

nós foi inmenso. Moitos nenos e nenas de Celeiro acudiran ao porto para poder ver de preto semellante espectáculo. A primeira hora da mañá as rúas de Viveiro estaban xa controladas pola Policía Local. A estampa era preciosa. Os barcos de máis eslora de Celeiro, parecían diminutos ao seu carón. No cole fixemos visitas a diferentes barcos de pesca, pero non imaxinamos poder ver un trasatlántico no noso porto. Grazas as labouras do fallecido alcalde Roel, foi posible poder ter esta imaxe tan inusual na nosa ría. Gracias.

27


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

2º TRIMESTRE •

O libro dos piratas:

Xa comentabamos na introdución deste traballo que a colaboración das familias é fundamental para nós. Dende a Biblioteca organizóuse un traballo de recollidad de información de aspectos relacionados cos mares. Como eixo motivador para Educación Infantil, pensouse no tema de Piratas para poder adquirir novas visións sobre o tema de Mar. A colaboración foi, como sempre, maioritaria. Cada familia tivo o conto na casa durante unha semán e cada membro da mesma, elaborou unha continuación ao relatado na páxina anterior. Ademais tiveron que ilustrar dita narración. Xa vedes que foi todo un éxito.

28


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

29


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Mariñeiros por un día:

Esta actividade vai estar redactada polo escritor Vicente Míguez, mestre do Centro, e gran amante do noso mar, das nosas costas e definitiva, da nosa terra.

Singradura para escolares (Crónica de Vicente Míguez)

Dentro da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase 30


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

práctica de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura. Dentro da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan reparación ou para servizo de mantemento. Finalmente, no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación nos casos de salvamento dunha embarcación. A Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar ademais de información relativa ao mundo do mar,específicamente ao sector pesqueiro.

31


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

32


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

33


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Os crocodrilos:

Neste segundo trimestre a colaboración das familias consisteu en facer un crocodrilo coas técnicas que quixesen. Apareceron crocodrilos de papel maché, de cartolina, de escaiola, de madeira, de tea, de papel,... Recordemos que aínda estabamos a traballar, neste segundo trimestre, o tema de Exipto. 34


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Grazas a motivar aos nenos cun país lonxano, coñecimos e valoramos o que temos máis preto. Comezamos a falar do Río Landro e estudamos os nomes dos ríos máis

próximos, os lugares polos que pasan, a súa vexetación, a fauna que habita neles,... Grazas que soupemos que nos nosos ríos non había crocodrilos.

35


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Un arroáz na ría de Viveiro:

Experiencia única onde as haxa é poder ver de preto un arroáz no seu habitat natural. Un alumno de 2º, un de 5º e outro de 6º nos deleitaron a todos cunhas fotografías e reportaxe de video que non deixou indiferente a ninguén. Un día do mes de febreiro tiveron a oportunidade de saír navegar e deron voltas e máis voltas en busca do arroáz. Pasaron unha tarde ben bonita e non podían deixar de facer exclamacións cada vez que o avistaban. Son animais espectaculares. Nadan rapidísimo, tan só os viramos en acuarios e non tiña que ver. No colexio vimos as fotos nas pantallas dixitais das aulas e na biblioteca. Que fermoso era. Agora moitos nenos e nenas van ata o espigón do novo paseo para poder velo. De novo unha forma inesperada de motivar aos nenos cunha actividade imprevista. As fotografías que mostran esta actividade non as imos reducir porque merecen ser vistas nun tamaño mínimo, que permita ver a súa beleza.

36


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

37


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Menudo d铆a cheo de grandes sensaci贸ns!!!.

38


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 •

Novos libros para a Biblioteca:

Dende a biblioteca sempre favorecemos cada un dos proxectos que se levan a cabo no centro. Intentamos facer unha primeira búsqueda de información e cada aula vai lendo os libros que chegan novos. Nesta ocasión traballamos principalmente, o coidado do medio ambiente unido as boas costumes e aos valores sociais. Entendemos que unha boa mentalidade social, de empatía, de pensar en valores, de entender o que nos rodea contribúe a unha boa práctica ambiental.

Anxo Moure ensinóunos a coidar dos Ríos: 39


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Unha vez máis Anxo demostróunos como sentirnos felices coidando do medio. Fai das súas visitas un momento de coñecemento dende o sorriso. Non pasan desapercibidos os seus atuendos e os traballos dos que ven sempre moi ben acompañado: gorros, plantas, carriños, monicreques,... Nesta ocasión o contador de contos presentóunos o libro: "A XACIA LUVIÑAS"

A historia ensina aos nenos e nenas a non pelexarse, a coidar dos ríos e sobre todo a acariciar. Conta as lendas que os xacios e as xacias son seres medio humanos, medio peixes, que vivían nos pozos dos ríos.

40


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

41


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

42


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

TERCEIRO TRIMESTRE •

Por fin vemos o sol:

Este ano que tivemos un inverno tan duro, estabamos desexando poder saír fóra para participar nas actividades propostas e poder así tomar un pouco de aire fresco e compartir vivencias cos compañeiros, baixo as árbores. Pero, ata o mes de marzo non foi posible. Nesta ocasión aproveitamos, para non perder nin unha pizca do sol tan ansiado. Moitos dos nenos/as aproveitaron para recoller flores do chan e sentir a primavera que, por fín, parece que comenzaba.

43


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Ensinándonos fotografía:

Pensamos, que non estaría de máis, aprender a mellorar a técnica fotográfica cando facemos as nosas saídas. En previsión da seguinte ao Río Landro, tivemos a sorte de poder contar coa visita especial de Juan Antonio Fernández Vázquez, membro da Asociación "OS NEGATIVOS".

44


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Deunos unha charla informativa sobre como facer fotos e compoñer as mesmas para sacarlles o mellor resultado. A actividade está relacionada co Encontro Fotográfico que imos realizar a través do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro" e tamén coa "Semana da Arte na Mariña".

45


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Visita ao nacemento do Río Miño:

O mércores, 9 de abril, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, acompañados dos seus profesores Paco e Beatriz, fixeron a viaxe cultural programada para este curso: Visita á capital da provincia, LUGO. A primeira parada foi ao nacemento do RÍO MIÑO. Era unha visita obrigada para o Centro traballando o tema dos Rios. De volta da excursión pararon no Paseo Fluvial de Vilalba e aproveitando a merenda, estudiamos a importancia de ter os ríos limpos. Así que fixemos unha pequena limpeza do río e deixamos o contorno limpo e sen desperdicios. 46


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

47


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Rufo (a mascota da biblioteca) ensina a coidar dos Ríos: Un mestre propuxo a planificación e realización dun cuadernillo para que os escolares, estudiaran a fauna e a flora do Río Landro. Incluía ademáis a poesía de Rosalía de Castro: “Adiós ríos, adiós fontes”. Recoñecimos eucaliptos, lavandeiras, mexillóns de río, felgos,... e así fomos moi ben preparados para realizar a visita do Río Landro.

48


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Visita, limpeza e estudo do Río Landro:

Tivemos oportunidade de aprender acerca de ríos e mares durante todo o curso, pero sen dúbida esta saída axudounos a velar polo noso medio máis cercano. Os alumnos/as de E. Infantil e 1º ciclo limpamos a zona de “O Souto da Retorta”. Poidemos ver os mexillóns de río, os zapateiros, as lavandeiras, as bidueiras, os eucaliptos,... Recordemos que os Eucaliptos de Chavín son os máis altos de Europa. Temos de todo no Concello de Viveiro. Canto disfrutamos de vivir aquí. Os alumnos/as de 2º ciclo foron ao nacemento do Río Landro e Eume. Aquí vimos como un regato pequeno convírtese nun río tan grande. Foi impresionante. neste lugar só había aeroxeradores, vacas e matorrais. Os alumnos/as de 3º ciclo foron e limparon o treito de Naseiro. Contaron coa Axuda de Paco Bañobre, membro de ADEGA, que nos axudou a descubrir os ecosistemas fluviais. Esta visita foi posible por formar parte do “Proxecto Terra” da Consellería de Educación. O proxecto elixido por nós, foi “Os Ríos”. Por sorte, vimos a diferencia que hai entre un lugar prácticamente virxe e limpo como é o nacemento do Landro e éste en comparación con outros teitos do río que, por 49


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

culpa dos humáns, non está tan coidado. A diferencia era evidente. Grazas as fotografías que fixemos poidemos velas nos tres treitos do Río.

50


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

51


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Unha vez na aula, poidemos ver unha mostra de todo lixo recollido. Aprendemos o importnte que resulta protexer os bosques e o perigoso que pode ser unha colilla mal apagada. Despois desinfectamos moi ben as máns. Por sorte o lixo foi mínimo, porque cada día valoramos o medio no que vivimos. “O Souto da Retorta- Eucaliptal de chavín” é un sitio moi visitado en Viveiro, case visita obrigada, e sen embargo, está moi coidado e resulta máis habitual, por sorte, atopalo limpo. Lugar de impresionante calma, de enorme variedade de especies autóctonas de árbores e plantas. Resalta o feito de poder atopar mexillóns de río na canle que comunicaba o río coa casa onde vivía José Barro, creador deste universo de paz incluído na rede Natura 2000.

52


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

53


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Exposición fotográfica do Río landro:

No mes de febreiro convocamos un Encontro Fotográfico sobre o RÍO LANDRO, agora, no mes de maio, presentáronse 30 participantes. Foi unha forma de implicar aos nenos e ás súas familias a percorrer o Rio Landro en busca de boas e malas acción medioambientais. Houbo fotos de denuncias ambientais, pero, por sorte, foron moito máis as fermosas imaxes que nos trouxeron ao centro. Colaboraron con nós, nesta actividade o Colectivo “Os Negativos” que nos cederon fotografías do Río Landro espectaculares. Moitísimas grazas a todos!!!. 54


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

55


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

56


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Pola beira do Río:

A mestra de música traballa de novo con todo o alumnado para aprender a canción: Pola beira do río. De novo gracias á música descubrimos novas sensacións. No momento de facer a saída ao ríos, os versos da canción saen á luz: acordádesvos do maino rebulir,... pois agora se escoitades vemos a que se referían. Coidar do medio ambiente con música é moito máis divertido e no noso centro, iso sabémolo ben.

57


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Lendas dos ríos e mar de Celeiro:

Unha das actividades que máis quedan na memoria das xentes e especialmente dos nosos alumnos é o feito de traballar con lendas e con historias dos avós. Traballamos coas seguintes lendas. Unha das actividades que levamos a cabo foi transmitir estas lendas ás familias e casda semana foise traballando unha delas. 58


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

59


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

60


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

6.- ACTIVIDADES CONTINUADAS ANO TRÁS ANO: •

A reciclaxe:

Non abandonamos nunca a reciclaxe de residuos, porque xa forma parte de nós como algo habitual do día a día. Reciclamos pilas, dentro da campaña de SOGAMA, baixo o lema: “Ponte as pilas polo medio ambiente”, que nos sirveu para complementar os diversos rincóns, que hai no cole. Para concienciar aos nenos/as da importancia de depositar, no lugar axeitado, os residuos tóxicos. Tamén reciclamos cartuchos de impresora, que nos traen tamén empresas e familias, colaborando coa Empresa RECOATLÁNTICO. Agora comenzamos a reciclar ordenadores e móviles. Por suposto non esquecemos a labor diaria de reciclaxe de papel e plásticos.

61


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Aforro de enerxía:

O control para aforrar enerxía segue estando presente en todas as actividades do día a día, como pode ser a limpeza de dentes, na que aproveitamos auga e recordamos esta actitude cos letreiros instalados na parede no curso pasado.

62


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Día da árbore, da poesía:

Esta actividade estaba programada para o mércores, 21 de marzo, para celebrar o Día da Árbore e da Poesía, pero como estivo moi mal tempo non poidemos saír a carón das nosas árbores ata o día 8 de abril.

Cada curso apadriñou unha árbore e lle adicou unha poesía. Foi un día intenso porque ademáis, plantamos flores, cenorias, piñeiros, pementos, tomates, alquequenxes, 63


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

amorodos, xirasois,... Adicamos tempo tamén a limpar as charcas do xardín, a cavar no horto e quitar malas herbas. Contamos tamén coa colaboración da Deputación de Lugo que nos deu material didáctico e a oliveira que plantamos.

64


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

65


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

66


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

67


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Os vermes de seda:

Esta actividade desenvólvese no cole dende o fai 7 anos. Os nenos viven o proceso de reproducción día a día, posto que están colocados na entrada do centro e ven como van aumentando o seu tamaño, ata que volven deixar os ovos. Algún alumno leva para casa os vermes e aliméntaos. O único que lles pedimos é que teñan a manutención, xa sabedes, as follas de moreira. Estudiamos tamén os usos que se lle da a seda e os países onde máis se desenvolve o seu comercio.

68


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

69


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Tapas e tapóns de plástico:

Unha actividade solidaria para rematar o curso é facer entrega das tapas e tapóns de plástico a Saúl Cancio de Lugo. Un neno cunha enfermidade das denminadas raras, o que lle supón un retraso psicomotor que lle impide poder andar. Apróximamente enviarémoslle 800 kilos de tapóns, que fomos recollendo durante todo o curso. Toda esta labor é posible porque contamos coa enorme axuda e esforzo das familias do centro e do resto do Concello. Dende aquí dámoslles as grazas por tanta colaboración, porque son moitos os que, despois de tres anos de posta en marcha desta campaña, traen ao centro tapas e tapóns. Imos ter que habilitar un espacio para esta función, porque xa non sabemos donde buscarlles sitio. Hai tapóns nos baños, no laboratorio, na entrada, na aula de informática,... Nesta ocasión contamos coa colaboración do xornal El Progreso e a Deputación de Lugo, que fai posible o transporte. Grazas a todos.

7.- Actividades pendientes poideron levar a cabo:

e as previstas que non se

A estas alturas de curso aínda temos pendente de realización as seguintes : 70


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 o Celebración dos Maios, na que resaltamos

a importancia de protexer o medio ambiente con accións que posibiliten alcanzar a responsibilidade, que cada un de nós temos, para facer un día a día máis respetuoso co medio.

o

Ambientación do Centro con murais de Ríos. Concretamente co Río Landro.

o

Visita dos escolares á Praia de Xilloi, para facer unha limpeza da mesma. É posible que colaboremos co Proxecto Coge Tres. Así os escolares aprenderán o importante de ter unha praia limpa e o fundamental que supón, non só para nós, senón para a fauna mariña.

o

Este curso non se poido levar a cabo a visita de SEPRONA, organizado por Voz Natura, polo mal tempo. Entre neve, cicloxéneses,... non houbo oportunidade de cambiar a data e aprender cos nosos amigos da natureza. Pero esperamos por eles o curso que ven.

8.- O Proxecto de proxectos: Días de Mar: Decidimos volver a retomar actividades do curso anterior, pola súa vinculación co Proxecto deste ano: Ríos e Mares en boas máns.

PROXECTO O MAR A fundamentación do proxecto está baseado na localización do noso colexio, no ámbito dunha poboación costeira que ao longo da súa historia mantivo como actividade principal a pesca, un sector que constitúe o sinal de identidade de Celeiro. O porto de Celeiro é na actualidade pioneiro en todo o litoral español e un referente mundial na pesca. A actividade do porto abarca as principais artes da pesca (baixura, arrastre, palangre, gran altura, marisqueo), mariña mercante e conserva. Celeiro conta coas institucións e organismos representativos do mar: Confraría de Pescadores, Delegación de Pesca, Instituto Social da Mariña e Salvamento Marítimo, dotado cun dos dous heliportos de Galicia. O colexio dispón de accesibilidade a todo este mundo grazas á dispoñibilidade de profesionais das distintas actividades do mar. O Proxecto O MAR responde a que a escola tén como un dos obxectivos esenciais dar a coñecer o ámbito da comunidade educativa onde desenvolve a súa función.

o

Obxectivos: 71


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 1. Coñecer as posibilidades do mundo do mar: 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.

económica, medioambiental, turística,

cultural… Distinguir as distintas actividades propias dunha vila costeira. Recoñecer os valores do mar como fonte de riqueza pesqueira e comercial, recursos biolóxicos e ruta de comunicación. Familiarizarse co vocabulario básico do mundo do mar. Promover a curiosidade polo noso contorno de litoral. Fomentar o respecto a un hábitat mariño. Concienciar da conservación dun ecosistema privilexiado. Integrar na escola unha realidade identitaria do noso contorno e de Galicia. Adquirir hábitos gastronómicos que recuperen o peixe como alimento esencial. Recoñecer o mundo do mar como un valor cultural que aporta o léxico gremial da pesca, saberes de oficio e coñecemento do medio mariño. o

Organización:

O PROXECTO O MAR plantexouse como unha achega con catro presenzas: 1ºExposicións permanentes e dinámicas. 2º Seguimento do Proxecto na web do CEIP Antonio Pedrosa Latas, ademais da visualización de dezaseis vídeos coas pertinentes explicacións por parte do coordinador, o mestre de relixión. 3º- Traballo en Normalización Lingüística: concurso no que se traballou a linguaxe gremial da pesca con vocabulario, ditos e refrans mariñeiros (litoral, tripulación, chona, ceavoga...). 4º- Actividades escolares e extraescolares. A metodoloxía máis táctil ven ilustrada nas dúas exposicións: a permanente consta de fotos e aparellos de pesca e navegación e constituiría a decoración do vestíbulo ao longo de todo o curso; a exposición dinámica supuxo a galería das 62 fotos que cambiamos cada trimestre en función da temática que se ía desenvolvendo. No marco da exposición permanente constituíron un apartado máis da mostra as aportacións que foron achegando os alumnos/as e que contribuiron a darlle realce á mostra, ademais de facer partícipes á comunidade educativa. Os contidos mostráronse na exposición ao alumnado, e logo foron visualizados e explicados en 13 vídeos de creación propia, dous, aportacións de mariñeiros de Celeiro sobre a pesca de gran altura, e unha reportaxe da TVG adicada ao PROXECTO O MAR, dentro do programa VIVIR O MAR. O conxunto dos contidos levan por título: DÍAS DE MAR. Incluímos unha serie de fotografías que mostran diversos momentos de todo este proceso.Foi longo e levou aos nenos a anos atrás. Resultou ser algo máis que un proxecto anual, que un motivo para levar a cabo unha serie de actividades,... en moitísimas ocasións desfrutamos, pero especialmente vivimos un sentimento de Pertenza a unha Terra. 72


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

1-LITORAL. Descubrimos as posibilidades de medio mariño, ademais dos recursos pesqueiros e ruta de comercio e navegación, como fonte de riqueza paisaxística; tamén, oferta para turismo e deportes náuticos (Música: A mañá, da suite Peer Gynt, de Edward Grieg). 2-MAR DE ARAL. Os efectos desastrosos da desecación dun mar que causou a ruina económica e medioambiental no Mar de Aral e en toda a súa contorna (Música: Adagio, de Tomaso Albinoni) 3-TEMPORAL. A vida dura do pescador en imaxes con barcos capeando o mal tempo (Música: Sinfonía 7 de Anton Brunner). 4-NAUFRAXIOS. Un recordo dos máis sonados naufraxios con fotos do Titanic, da fragata Magdalena e das tres lanchas que afundiron na galerna de 1961 na que faleceron 30 mariñeiros de Celeiro, a máis grande traxedia na historia deste porto. 5-PESCA DO ARRASTRE. Un vídeo que secuencia o proceso da pesca no arte do arrastre á parella. 6-NENOS BOTEIROS.Con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, vídeo-denuncia da explotación infantil. No porto de Celeiro ata mediados do século XX dábase a figura dos “NENOS BOTEIROS”, aqueles rapaciños encargados de darlles servizo ás lanchas cando non había peiraos de atraque. 7-MEMORIA COLECTIVA. Un repaso ás transformacións no litoral da Ría de Viveiro e no porto de Celeiro ao longo destes últimos cen anos. 8- MULLER TRABALLADORA. Con motivo do Día Internacional da MullerTraballadora, homenaxe ás mulleres traballadoras, que fixeron de nai e pai, polo marido embarcado, amas da casa, costureiras, labregas, lavandeiras… 9- MULLER MARIÑEIRA. Recoñecemento do rol esencial que exerceu a muller das comunidades pesqueiras. 10- O TRONIO NA ANTÁRTIDA. O Tronio e o único barco galego con licenza (dos cinco españois) que faenan en augas da Antártida pescando con palangres peixe espada; trátase dun tipo de pesca ecolóxica. 11-PESCA DE GRAN ALTURA. Vídeo realizado polos propios tripulantes do barco de Celeiro Carmen Tere. Móstranos os labores dun pesqueiro de gran altura faenando na pesca do peixe espada, atún e quenllas. 12-EMBARCACIÓNS, ARTES E OFICIOS. Un repaso polo tipo de embarcacións máis usadas nos últimos cen anos en todos os portos galegos e do Cantábrico: traiñóns, botes, lanchas motoras, vapores, boniteiros, arrastreiros... unha mostra da flota pesqueira de Celeiro, dende as tarrafas do cerco ata os grandes barcos conxeladores faenando na pesca de gran altura por augas de Nova Zelanda ou na Antártida. 13- TRIPULACIÓNS. Vídeo en homenaxe aos verdadeiros protagonistas do medio mariño: as tripulacións. 14- VÍDEO SOBRE A PESCA DA XARDA. Con motivo da costeira da xarda (meses de Febreiro e Marzo) emitimos esta reportaxe levada a cabo pola TVG. 73


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

15- VIVIR O MAR. Programa da TVG que mostra a visita levada a cabo polos alumnos de 5º e 6º cursos á lonxa de Puerto Celeiro S.A. e ao barco arrastreiro Pino Ladra. A reportaxe tamén fai un percorrido pola exposición do colexio. 16-CANCIÓN AMAR O MAR. Vídeo coa melodía composta polo ex alumno Pedro Rodríguez Pérez, cantada por el mesmo co acompañamento da profesora de música do noso colexio, Marta Pérez, e sobre un texto de Vicente Míguez, tamén mestre no centro. A canción foi creada para o Proxecto O MAR. o 1.

Actividades:

Exposición. Mostra con aparellos de navegación, pesca, e comunicación. De fondo, cartas náuticas e portulanos. A exposición é dinámica: cada trimestre as achegas correspóndense co tema que se ía desenvolvendo, no 1º trimestre as imaxes encardínanse nas transformacións de ribeira na Ría de Viveiro e no porto de Celeiro. O 2º ambientouse con estampas e material das fábricas de conserva. O 3º trimestre adicouse a “Artes, oficios, especies” e tripulacións.

74


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

75


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

76


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 2. Visita guiada a un barco parella do arrastre a cargo dun Capitán de Pesca. 3. 4. 5.

Visita guiada a un barco mercante, a cargo do Práctico de Porto e Capitán da Mariña Mercante. Recoñecer as principais especies que se rulan nos portos galegos. Distinción práctica a cargo do vendedor na lonxa de Puerto Celeiro S.A. Ambientación do colexio con paneis de motivos mariños: Verán (Sorolla), Halping hands (E. Renouf), 20.000 leguas de viaxe submariña, Treasur Island…

77


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

78


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Identificación de institucións e organismos da pesca, con visita ao heliporto de salvamento marítimo. 7. Visita á fábrica de conservas. 8. Exposición de materiais dunha carpintaría de ribeira. 9. Navegación por radio control. Exhibición de maquetas de barcos na piscina municipal onde se levou a cabo unha mostra de navegación por radio control con participación de nenos. 10. Inclusión no programa da TVG Vivir o mar dunha reportaxe da exposición con motivo da visita ao barco arrastreiro e da distinción práctica de especies mariñas nas instalacións da lonxa. 11. Participación dos pais aportando fotos e materiais de pesca para incorporar na exposición. Elaborcióndue 6.

79


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

80


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 12. Mostra de 13 vídeos de elaboración propia máis outras tres aportacións.

Con motivo do Día da Paz, ocorréusenos lanzar unha botella ao mar. Unha lanzouna un arrastreiro en costas astuarianas e chegou a Santander. Unha familia cántabra nos felicitou polas mensaxes de paz que incluíramos aproveitando o Día da Paz. A segunda foi lanzada dende un mercante en alta mar e chegou ata augas de Fisterra, neste caso unha parella escribéuunos contándonos as coordenadas do lugar exacto da Praia onde atoparan a botella. Esta experiencia resultou enormemente satisfactoria polo grado de sensibilidade que supuxo recibir respostas de persoas coas que entablamos unha boa amizade e por suposto co que aprenderon os alumnos/as en relación a nocións marítimas, xeográficas, enerxéticas,… 13.

81


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014 14. Xornada de portas abertas con motivo da celebración

do Día da Muller Traballadora. A exposición ambientouse con motivos dunha fábrica de conservas. O acto rematou cunha charla sobre a Historia da conserva ilustrada con vídeos. Foi todo un pracer contar coa presenza no cole, de nais e pais, avós e avoas, e máis. Todo un encontro para eles e para nós.

Ver

82

a


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Visita co alumnado de 3º ciclo á Casa dos peixes na Coruña. 16. Viaxe co alumnado de 2º ciclo pola Mariña visitando o Museo do Mar de San Cibrao e o Museo Calamar Gigante CEPESMA de Luarca, parando na praia das Catedrais en Ribadeo. 17. Con motivo das Letras Galegas, vellos mariñeiros actuaron na escola cunha escolma de cancións populares do porto de Celeiro. 18. Interpretación da canción “Amar o mar” no Día das Letras Galegas, ademais da actuación do coro do colexio no Conservatorio de Viveiro. 19. Visita ao Castro de Baroña e Museo Massó. 20. Travesía en catamarán na ría de Vigo para visitar o Parque Natural das Illas Atlánticas, onde asistiron a un programa educativo de medioambiente. 21. Navegación en catamarán pola ría de Arousa para coñecer de preto o cultivo dos mexillóns e visualizar os fondos mariños. 22. Pase da película Rebelión a bordo (versión de Lewis Milestone, 1962). 23. Que é a antropoloxía? Charla a cargo de José Manuel Montero Llerandi, profesor de antropoloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia. 15.

83


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Xornada de navegación en 5 veleiros clase Optimist e 7 Kaiaks, en colaboración co Real Náutico Casino de Viveiro. 25. Representación. Co Obradoiro de Teatro (20 anos funcionando esta actividade extraescolar) ensaiando todos os xoves de outubro a xuño participan 23 nenos. A obra, da miña autoría e titulada CASA MACHO, trata dunha familia mariñeira. 26. Creación dun arquivo escolar con fondos bibliográficos en vídeo e fotografía do proxecto, que servirá como material de biblioteca e para futuras exposicións. 27. Ao rematar o curso, traslado da exposición para expoñela no Centro Sociocultural de Celeiro. A mostra estará aberta dende o 13 ata 22 de Xullo, no marco das actividades de ocio e cultura das Festas Patronais e do Mar na parroquia. 24.

84


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

28.

Traballo didáctico de orientación e recoñecemento de portos da provincia, sobre o libriño da Federación Provincial de Cofradías de Lugo.

85


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

29.

Exposición na piscina municipal de modelismo: Ocorréseunos ir á piscina para ensinarlles aos nenos o manexo de pequenos barcos, nos que colaboraron moitas persoas de Modelismo Galego.

86


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

30.- Unha familia do centro cedeunos un cuadernillo con ilustracións feitas a plumillas de nós mariñeiros, principalmente.

31.- Elaboración dun calendario con fotos relacionadas coa historia marítima e os seus servicios (conserveiras, aparellos de pesca, baleas,...) de Celeiro-Viveiro. Os cartos recadados con esta actividades, serán destinados á excursión de fin de curso dos alumnos/as de 3º ciclo. Tivemos que facer unha doble edición, posto que se venderon mási de dous mil exemplares. Os veciños do pobo e alrededores, colaboraron moi gustosos coa súa compra. Ocerto é que foi todo un éxito.

87


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

88


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

o

9.- Avaliación:

O esforzo de todos en pro do proxecto de prosectos: Días de Mar, foi o que tivo o soporte permanente dunha exposición montada no vestíbulo do colexio, unha parte con achegas que aportaron os pais; outras ferramentas foron os vídeos, o seguimento da web do colexio (Bibliosoños), o concurso de léxico mariñeiro programado a través de Normalización lingüística, e finalmente, as 28 actividades que se desenvolveron encardinadas no Proxecto O MAR. A avaliación ilustra mellor esta memoria que a calificación do propio coordinador, quen se sente orgulloso dun Proxecto tan ilusionante como ambicioso. Sentímonos realmente contentos e sabemos positivamente que os nenos/as disfrutaron deste proxecto. •

9.- Avaliación:

En relación ao proxecto xeral deste traballo, sabemos que os alumnos/as viviron sensacións moi satisfactorias que, en moitas ocasións, non tiveran antes. Visitaron museos, barcos de todo tipo de arte, conserveiras, faros, ríos, rías, presas, centrais hidroeléctricas, pontes, embarcaron en kayaks e optimits, veron o nacemento de tres ríos, participaron de exposicións no cole, realizaron debuxos, reciclaron material de refugallo, plantaron, sementaron, regaron, cavaron,... buff. Foi increíble!!!. Pero o mellor e o que pensamos que máis calou nesta experiencia, para o obxectivo de Ríos e Mares en boas máns, foi a limpeza do contorno. Esta foi a mensaxe que lles quixemos transmitir. Un saúdo e gracias de novo por permitirnos participar con vós neste proxecto de coidado e respecto do medio ambiente. É posible que o traballo que fixeron os nenos e as súas familias e os moitos veciños de Celeiro, orientados polo persoal do CEIP Antonio Pedrosa Latas, valera un pouquiño a pena. Para nós foi importante o feito de quedar en medios de comunicación como a visita da TVG, a inclusión do proxecto na Revista EDUGA e a visita de La voz de Galicia en diversas ocasións. Sen embargo o que máis nos apetece e quedar nos corazóns de todos. Grazas, grazas e mil grazas.

89


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

Proxecto O Mar Un mar de cultura no CEIP Antonio Pedrosa Latas (Programa Terra) Proxecto O Mar aposta por un modelo de escola empírica e interactiva que non só involucra a toda a comunidade educativa senón que logra unha viva inmersión no tecido social da vila, colaborando con asociacións culturais e de ocio, ademais de facer partícipe a cidadanía do porto de Celeiro.

90


C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-Viveiro. Curso 2013-2014

91


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.