MEMORIA DO PROXECTO VOZ NATURA 2010/2011 “A AUGA: OURO LÍQUIDO” C.E.I.P. ANTONIO PEDROSA LATAS.
No C.E.I.P. Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro traballamos este curso 2010/2011 cun obxectivo común que non era outro que a sensibilización dos alumnos/as cara un uso responsable da auga. Este reto foi posible gracias a concesión da subvención de Voz Natura e o esforzo de nais e pais, mestres e mestras, alumnos e alumnas e persoal do centro (coidadora e porteiro). En definitiva sempre xurden mellores respostas por parte dos alumnos/as se existe un boa colaboración entre todos o que se percibeu en tódalas acción desenvolvidas neste curso. Nesta ocasión leváronse a cabo unha serie de actividades puntuais previstas na programación anual, pero tamén intentamos potenciar día a día accións que involucraran aos alumnos/as cara a un aforro de auga (pechar as billas a diario, tirar da cadea facendo un uso responsable da mesma e botando no lixo o papel de secar as máns,…)
Como actividades puntuais levamos a cabo as seguintes:
1- SEMANA DA AUGA:
Polo laboratorio do centro pasaron durante unha semana tódolos alumnos/as do centro. Cada curso estivo unha hora realizando diferentes actividades:
- Experimentos con auga: a auga que flota, a agulla que flota, unha copa sen fondo, o globo que non se queima,… - Xogos con auga: a pataca Tata, pasaxeiros ao barco, imos pescar!… Para todos eles tivemos en conta o aforro de auga e por iso non escollimos aqueles nos que necesitabamos auga correndo.
2- PANEL DE GOTAS DE AUGA:
A continuaci贸n desta actividade e sempre tendo en conta a auga como elemento motivador realizamos un super-panel que enchimos de peque帽as gotas de auga realizadas con papel e que os alumnos/as decoraron con debuxos, poemas e diferentes frases alusivas ao aforro de auga. Esta actividade resultou moi vistosa e divertida e sobre todo, moi positiva no obxectivo previsto: non malagastar a auga.
3- OBXECTOS DE AFORRO DE AUGA: No propio edificio que ocupa o colexio decidimos deixar a pegada deste curso en relación ao aforro de auga e para iso instalamos ecobolas en tódalas billas dos baños, e introducimos botellas de área nas cisternas dos inodoros. Como remate elaboramos carteis alusivos ao tema que colocamos nos baños e que os alumnos/as poden ver a diario polo que consideramos que a sensibilización vai ser moi positiva por ser un reforzo de hábitos.
4- LIBRO DA AUGA Como actividade plástica elaboramos entre tódolos cursos un libro no que traballamos a comparativa para concienciar aos alumnos/as das diferentes perspectivas que viven no mundo en relación ao uso da auga: auga limpasucia, auga para un africano- europeo, aforrodespilfarro,… e as diferentes situacións nas que atopamos a auga: mar, ríos e augas subterráneas.
5-
A CHARCA COMO ECOSISTEMA
Como en anos anteriores os alumnos/as do centro observan e estudian un ecosistema acuático. O feito de contar cun espacio deste tipo no centro permítenos poder estudiar a flora e a fauna propia deste medio. Nesta actividade participa o alumnado do terceiro ciclo e os seus titores máis activamente posto que realizan actividades de limpeza, plantación,… e resulta tamén importante a loabor que realizan o porteiro e os membros da ANPA.
6- A IMPORTANCIA DA AUGA NO NOSO CORPO Os alumnos/as tamĂŠn viron a importancia da auga no noso corpo e para iso realizaron varios murais que decoraron os corredores do centro e que serviron para ver a necesidade de beber moita auga para o correcto funcionamento do noso organismo.
7VISITA GUIADA AO EUCALIPTAL DE CHAVÍNSOUTO DA RETORTA. Para rematar este curso fixemos unha visita ao souto da Retorta e que foi un día enormemente enriquecedor posto que o lugar é de especial interese natural e no que auga ten un valor moi positivo: canles, ríos, cascadas, presas,… e no que a flora (eucaliptos, carballos, abeleiras, castiñeiros,.. e fauna (mexilóns de río, zapateiros,.. son enormemente estimulantes para o coidao do medionatural por parte dos alumnos/as. Nesta ocasión levabamos unha bolsa seriagrafiada para a ocasión e un boletín con normas para o coidado do medio ambiente. Unha vez chegamos á aula seguimos a traballar debuxando árbores, estudiando o seu hábitat, herbarios,
Como remate final este curso levaremos a cabo unha viaxe didáctica ao lavadoiro tradicional próximo ao centro e posteriormente montaremos unha exposición de fotografíass relacionadas con todo o proceso deste curso 2010/11 e con aquelas aportadas polas familias dos alumnos/as, coa auga como centro de interese.
Queremos por último decir que non levamos a cabo actividades aisladas, senón que seguiremos a fomentar o aforro de auga día a día en cursos posteriores.
En Celeiro a 27 de abril de 2011
Vº e Pr. Do Director
Antonio Ferreiro Carballo
A Coordinadora
Mª del Carmen Lázaro Quevedo