O ceip antonio pedrosa latas de celeiro

Page 1

O CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro convoca “ENCONTRO FOTOGRÁFICO” e invita a participar a todas as familias da Comunidade Educativa. MOTIVACIÓN O Centro está a participar en varios proxectos educativos:  Voz Natura: “Praias e Ríos en boas mans”  PLAN PROXECTA: Proxecto RÍOS: “O Río Landro no Concello de Viveiro”  Semana da Arte na Mariña. O noso centro participará na categoría de FOTOGRAFÍA. Unha das actividades común nos diferentes proxectos é a FOTOGRAFÍA.

DESENVOLVEMENTO  Cada familia aportará un máximo de 3 fotos (ACTUAIS ou ANTIGAS) en tamaño de 21x15 cm (medio folio A4), en papel fotográfico.  O tema será O RÍO LANDRO: paisaxe, fauna, flora, foto denuncia ambiental… tendo como elemento principal sempre o río Landro exclusivamente.  O prazo de presentación de traballos queda aberto ata o 23 de abril.  Cada foto virá etiquetada coa autoría, lugar onde foi realizada, ano e título da mesma.  Con todas as fotografías farase unha exposición no propio centro que poderá ser visitada por toda a comunidade educativa, durante o mes de maio. Tamén participaremos na exposición colectiva dos centros participantes no proxecto SEMANA DA ARTE NA MARIÑA (Data por determinar).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.