Presentación do Festival a cargo dos alumnos de 6º curso

Page 1

FESTIVAL DE NADAL 21 DE DECEMBRO DE 2012 (Saen xuntos Óscar, María, Fátima e Raquel) ÓSCAR 

Moi bos días: nenos, nenas, profesores e profesoras… chegou o día que estabamos esperando… É o día do comenzo das vacacións de Nadal!. O Nadal, que é o Nadal para todos nós? Familia, festas, regalos…pode ser, pero tamén este é o día en que nos xuntamos todo o Colexio para compartir e participar neste gran Festival que nun intre vai dar comenzo. MARÍA

Xa estamos todos preparados e algo nerviosos!, vamos subir a este escenario e ímonos sentir grandes artistas. Imos participar todos e todas, dende os máis pequechos ata os máis maiores e... algunha sorpresa máis! FÁTIMA

Damos comezo a este Súper Festival. Suben a este novo escenario os nenos e nenas de Infantil. Cantan a panxoliña : AS CAMPÁS DO NADAL Un aplauso!


(Saen xuntan Raquel e Harlyn) RAQUEL 

Ai, compañeiros! Que recordos nos trouxeron estes pequechos! Fai uns anos nos eramos coma eles e agora xa imos camiño do instituto, non quero nin pensalo!... HARLYN

A continuación é o turno para as nenas e nenos de 1º curso que van a cantar a Panxoliña “Chegou o Nadal”. Un gran aplauso!

(Saen xuntos Daniel e Jorge) DANIEL 

Como o estades pasando? Sería estupendo que todos os días as clases foran así!. Temos que propoñerlles aos nosos profesores e profesoras que fagamos máis festivais. Estades de acordo conmigo? E ben! Que temos agora? JORGE 

Agora é o turno para os nenos e nenas do 2º curso, van cantar a Panxoliña “Navidad con Paz”. Un gran aplauso!!!.


ZAIRA 

A continuación os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso van a contarnos o contido da NOVA CARTA DOS NENOS E NENAS DE CELEIRO AOS REIS MAGOS. Prestade moita atención pois imos rirnos a mogollón!!!

ESTEFANÍA 

É o turno para os alumnos de 5º curso que van cantar e bailar: “Rudolf theRed-Nosed Reindeer.

Adiante, un aplauso porque o van facer moi ben!

ANTONIO 

E agora!...Os que imos xa en sexto curso tamén queremos participar. Imos tocar coas flautas tres pequenas cancións: CANOS A DOS, A RUN RUN (Popular Galega) e NA NOITA MÁIS FERMOSA. LUCIANA

E xa para ir rematando, tamén os alumnos de 6º curso, imos cantar unha canción que todos vos iredes aprendendo porque é un clásico do Nadal no noso Colexio : En inglés OS DOCE MESES DO ANO”. (“The Twelve Days of Christmas”)


ADRIÁN  Por último e para poder participar todos xuntos, imos cantar a canción relacionada co Proxecto que estamos a traballar este curso “O MAR”. MARINERO, LLEGÓ NAVIDAD BOAS FESTAS ¡!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.