Proxecto piloto e lbe web

Page 1

Proxecto-piloto E-LBE Lectores electr贸nicos ou e-lectores nas bibliotecas escolares


Proxecto-piloto E-LBE Lectores electrónicos ou e-lectores nas bibliotecas escolares. Curso 2012/2013

A biblioteca escolar:  É un espazo privilexiado para a integración natural da cultura impresa e da cultura dixital.  Debe garantir que todo o alumnado teña acceso aos recursos culturais dispoñibles, e compensar así as desigualdades sociais.  Como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, debe contribuír á multialfabetización do alumnado.  Constitúe o instrumento fundamental para a formación das lectoras e dos lectores.


Obxectivos • Introducir os dispositivos de lectura electrónica nas bibliotecas escolares do Plan de mellora • Facilitar o acceso do alumnado a novas prácticas lectoras, coa orientación do profesorado e nun contexto favorable á lectura. • Coñecer distintas posibilidades de uso dentro do contexto escolar • Valorar, xunto co profesorado, as mellores fórmulas para a utilización dos libros electrónicos nas bibliotecas escolares.


Procedemento • Convocatoria dentro dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (Decembro 2012) • Rexistro de solicitudes (327) • Selección (25 centros), en función dos criterios previstos: – Compromiso da comunidade educativa coa biblioteca escolar (valoración memoria 11/12 ou proxecto –centros nova incorporación-) – Prioridade aos centros de concellos rurais (segundo clasificación do IGE, Instituto Galego de Estadística)

• Resolución. Comunicación 28/01/2013


Dispositivos de lectura • Lectores de tinta electrónica • Experiencia de lectura pouco agresiva. • Batería de longa duración • Están pensados só para a lectura (aínda que os modelos que se entregan aos centros tamén teñen acceso a internet, e poden reproducir música)

Os expertos recomendan este tipo de dispositivos cando o que se busca é, simplemente, o acceso a libros electrónicos.

Cando sexa posible, ampliarase o proxecto inicial, tanto en nº de centros como en variedade de dispositivos para a lectura dixital.


Cuestións previas • Cómpre definir: – O uso que se vai facer deste equipamento – Os destinatarios máis axeitados. – As normas de uso (compromiso, autorización, tempo, limitacións…) – Un protocolo para a adquisición de libros por parte da biblioteca. – Algunhas bibliotecas escolares galegas introduciron xa os lectores de libros electrónicos no seu equipamento. Ter en conta esas experiencias (+ INFO na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia)


Importante • Ler as instruccións dos lectores con atención. Seguilas en detalle (o proceso é moi sinxelo). Recoméndase facer as instalacións e os rexistros desde o PC da biblioteca escolar, para centralizar a xestión e o mantenemento. • O PC recoñecerá o novo dispositivo (autoinstálase o programa para a sincronización entre o PC e o dispositivo de lectura) • Rexistrar os dispositivos de lectura na páxina de Sony (cada dispositivo leva o nº de serie na caixa. Gardar as caixas e identificar os lectores. • Recoméndase facer as descargas de libros no PC da biblioteca para despois instalar os libros electrónicos que se considere oportuno. Priorizar o interese e a pertinencia á cantidade. • Centralizar toda a xestión en profesorado do equipo de b.e. preferentemente.


Sitios web para a descarga de libros electrónicos de dominio público • • • • • • • • • • • •

Bivir: http://tradutoresgalegos.com/bivir.html Insituto Cervantes: http://www.cervantes.es/ Europeana: http://www.europeana.eu/portal/ Hispana: http://hispana.mcu.es Galiciana: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es Biblioteca Digital Hispánica: http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es/R/ Proxecto Gutenberg: http://www.gutenberg.org/ Google books: http://books.google.com/ Galicia eBooks: http://www.galiciaebooks.es/ Feedbook: http://es.feedbooks.com/publicdomain Todo Ebook: http://www.todoebook.com Manybooks (en español):http://manybooks.net/language.php?code=es


Libros electrónicos e lectura dixital • • • • • • • • •

Lectura Lab (FGSR): http://www.lecturalab.org Territorio Ebook (FGSR): http://www.territorioebook.com Libros & Bitios (J. A. Millán):http://jamillan.com/librosybitios/ Los futuros del libro (Joaquín Rodríguez): http://www.madrimasd.org/blogs/futurosdellibro/ Brétemas (Manuel Bragado): http://bretemas.com/ Leer.es (Leer en la era digital):http://docentes.leer.es/leer-en-la-eradigital/?tipo=255 Universo abierto: http://www.universoabierto.com/tag/libroselectronicos/ Rede Libros (Rede social galega de libros e lectura): http://www.redelibros.com/social/ Dosdoce.com: http://www.dosdoce.com/


Proxecto Lector de Centro • Cómpre integrar o novo equipamento nas directrices para o desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, especialmente as que van destinadas a: – Ampliar a experiencia lectora – Mellorar as competencias de lectura comprensiva – Desenvolver hábitos de lectura – Adquirir competencia no uso e tratamento da información e dos recursos dixitais.


Cómpre ter en conta… • A biblioteca escolar debe poñer o enfoque nos CONTIDOS, así como nas necesidades de lectura e de aprendizaxe do alumnado (e da comunidade educativa no seu conxunto). • Está por desenvolver un sistema viable para o préstamo de contidos (a usuarios que contan con dispositivos de lectura electrónica), a través de plataformas de xestión efectivas, a un custo razonable. • Interesa, nestes momentos, ampliar experiencias de lectura. • Pasarase unha enquisa de avaliación e recollida de suxestións a finais de ano.


Mentres compartamos os libros haberá comunidade, algo común que nos abrace ou que abracemos, e será posible a comunicación. Angel Gabilondo

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.