Valentín Paz Andrade

Page 1

DÍA DAS LETRAS GALEGAS VALENTÍN PAZ ANDRADE



 

Valentín Paz Andrade, nace en Lérez (Pontevedra), en 1898 e morre en Vigo en 1987. Vive en Vigo, nunha casa en Samil a meirande parte da súa vida. Foi: xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta, conferenciante e xornalista. Comeza os seus estudos na súa Pontevedra natal e despois fai dereito en Santiago. O interés pola literatura venlle da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade e o galeguismo ten en Castelao a figura máis representativa. Por todo o seu labor a prol de Galicia, este ano 2012 é o homenaxeado no DÍA DAS LETRAS GALEGAS


 

   

Destaca desde mozo polo seu talento periodístico. Colabora en moitas revistas e xornais. En 1921 exerce como avogado en Vigo. Dirixe o Xornal Galicia da súa cidade. Entra na cadea por dous artigos publicados en 1924. En 1957 vólvenno prender. Non hai liberdade de expresión. Milita no Partido Galeguista. Sofre un atentado en Vigo e outro en Verín. Estivo desterrado na ditadura de Franco en Verín, Chandrea de Queixa, Pobra de Trives e en Villanueva de la Serena (Badaxoz).


En 1942 dirixe Industrias Pesqueras , revista na que colabora máis de 60 anos. Impulsa a creación do grupo industrial de buques conxeladores PESCANOVA. Traballa como técnico da FAO impartindo conferencias e seminarios en Europa e América. En 1976, xa na democracia, continúa ligado á política e é elixido Senador pola candidatura Democracia Galega. En 1978 pronuncia o discurso en ingreso na Real Academia Galega.





Foi membro da Real Academia Galega da Lingua e da Real Academia Galega de Ciencia. Entre outros premios recibe: ◦ ◦ ◦ ◦ ◦

PEDRÓN DE OURO (1975) A MEDALLA DA CIDADE DE PONTEVEDRA (1979) A MEDALLA CASTELAO (1984) A MEDALLA AO MÉRITO SOCIAL MARÍTIMO (1984) A MEDALLA DE OUTO DA CIDADE DE VIGO (1986)


CANDO TI VOLVAS...

Na Matricial Galiza sempre túa, que dende a Torre de Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando ti volvas polo mare; de toxo unha fogueira en cada monte; cando ti volvas polo mare; dos castros na coroa unha cachela, cando ti volvas polo mare; unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes, cando ti volvas polo mare; luces de ardora branca en cada mastro, cando ti volvas polo mare; un farol mariñeiro en cada dorna, cando ti volvas polo mare; veliñas á xanela en cada casa, cando ti volvas polo mare; e as perolas das bagoas derramadas, cando ti chegues polo mare; cando ti chegues polo mare... Galiza, 1954


Plim-plim, plim-plim, plim-plim… Con sílaba de ferreiro Canta, canta, Os minerais sonos debullando, Plim-plim, plim-plim, plim-plim… Canta, canta o teu cincel.

O teu arte, canteiro, Arte maior do pico e da merreta, Que xeolóxico verso, Na castidade crúa do perpiaño Labrará para min?

Plim-plim, plim-plim, plim-plim… As voces unisílabas da pedra, Só por túa mao, canteiro, Se xuntaron Ao pentagrama máxico do mundo.

Samil (Vigo), 1959


Verde vento polas leiras E vento azul polo mar, Panos da mesma bandeira. Quen fora vento, meu mar E sobre o teu lombo brando Puidera o corpo deitar! Quen fora o vento poboado De polen e de cantigas E malvises namorados!

Quen fora o vento que rube A refrescar as estrelas Despois de folgar coa nube! Quen fora xinete alado De ardor e de vidro feito Sobre das olas montado!


O RELOXIO DO PAZO SÓ UNHA AGULLA TIÑA. ERAN RESOMBRA AS HORAS NA PIZARRA SOMBRIZA QUE DA AGULLA PARADA ATÉ O SOLPOR CAÍAN


Deixo moza no lugar Deixo a miña nai soíña, quedan para min a fiar Amor e la na cociña. Levo pan para o camiño, Levo caxata na man, E beberei fresco viño, No regato de Chevián


Valentín Paz-Andrade, o político galeguista:

“Paz-Andrade contribuyó, creo que más que nadie aunque no fuese el único, a preservar el futuro. El futuro de Galicia. A acotar el terreno. A decir: “este territorio lo vamos a arar y a cultivar los gallegos. Hoy, o mañana o pasado. Pero nosotros”. Jordi Pujol  “Foi un grande patriota galego, un grande economista e tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao desenvolvemento económico do País... endexamais renunciou á loita polos dereitos políticos de Galicia; o seu exemplo debémolo seguir todos”. Camilo Nogueira  “Cada un dos seus pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia para el era unha utopía realizable”. Manuel Rivas


Valentín Paz-Andrade, o poeta e escritor:

“O estilo de Paz-Andrade que ás veces serve incluso para amenizar as súas áridas especulacións á marxe literaria, é o que o rescata das limitacións do tratadista para situalo, con todos os dereitos, pero tamén con todas as responsabilidades, na área directa e firme do escritor e do poeta”. Blanco Amor 

Valentín Paz-Andrade, o home de negocios:

“En la internacionalización de las pesquerías, si España jugó un papel importante, no es posible recordarlo sin nombrar a Paz-Andrade”. Domingo Quiroga 

Valentín Paz-Andrade, o home polifacético e amante do mar:

“Alén da súa personalidade xurídica, económica, xornalística, literaria, está a súa achega especificamente política á causa galeguista e democrática". Alfonso Álvarez Gándara


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.