ART ACROSS THE UNIVERSE

Page 1

ART ACROSS THE UNIVERSE

Unidade CLIL (terceiro ciclo de Educacion Primaria) Martina Bugallo Gonzalez


ART ACROSS THE UNIVERSE XUSTIFICACIÓN Dúas das formas de expresión máis importantes que posúe o ser humano son a arte e a música. Estas non só serven de medio de expresión dos sentimentos, vivencias ou inquedanzas do autor, senón que normalmente serven de espello da realidade que o rodea: social, política, cultural, etc. Esta proposta didáctica pretende que os alumnos e alumnas mostren a súa creatividade ademais de desenvolver unha consciencia intercultural a medida que indagan sobre a realidade, cultura e arte dun país. A proposta atende ó modelo CLIL/AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras), é dicir a ensinanza é de tipo interdisciplinar, os alumnos aprenden unha materia non lingüística a medida que adquiren esa lingua, neste caso o inglés. A metodoloxía céntrase na realización de tarefas significativas concretas, no “aprender facendo”. A lingua pois, preséntase en situacións reais de comunicación e adquírese dunha maneira moito máis inconsciente e natural. O uso das TIC vai ser fundamental ó longo de toda a unidade, xa que os rapaces mediante esta actividade de aprendizaxe por descubrimento, deben empregar o ordenador para buscar en internet a información que se lles pide a través dunha Webquest. Finalmente debemos sinalar que a proposta sigue as directrices do currículo de Educación Primaria da comunidade autónoma galega, Decreto 130/2007 do 28 xuño, e do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. NIVEL EDUCATIVO 3º ciclo de Educación Primaria, 5º curso. TEMPORALIZACIÓN Esta unidade desenvolverase no terceiro trimestre e terá unha duración de 8 sesións.


MATERIAIS Material non funxible:Ordenadores con conexión a internet así como impresora, reproductor de audio. A Webquest. Material funxible: cartolinas, papel, cores de todo tipo (rotuladores, ceras, pintura, ceras brandas...), tesoiras, pinceis, pegamento, e todo tipo de materiais que os alumnos e alumnas seleccionen para levar a cabo a súa composición. COMPETENCIAS BÁSICAS QUE SE TRABALLAN Competencia en comunicación lingüística Os nosos alumnos deberán empregar ou ben a súa lingua ou a lingua estranxeira para comunicarse cos demais integrantes do grupo, así como para expoñer a súa composición final, para esta tarefa será necesario o uso da lingua estranxeira. Competencia cultural e artística Un dos obxectivos fundamentais desta proposta didáctica vai ser coñecer e valorar o contorno natural, social e cultural, non so propio senón doutros países e culturas. De igual xeito iniciaranse na creación dunha obra artística conxunta que lles axudará a desenvolver a sensibilidade estética e coñecer diferentes representacións e expresións artísticas. Competencia dixital e tratamento da información Toda a unidade se artella entorno á webquest de busca de información, os alumnos empregaran Internet para atopar todo aquilo que consideren relevante para o seu proxecto final. De igual xeito terán que ambientar a súa presentación cunha música que servirá de marco para a súa obra. Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico Tanto a webquest como todo o traballo desenvolvido durante a compilación de datos gardan relación con esta competencia, pois terán a oportunidade de indagar e coñecer outros lugares do mundo (localización, orografía, lugares de interese natural...). Competencia matemática


Especialmente desenvolverana co proxecto final, onde terán que decidir aspectos como se a obra vai ter volume ou vai ser plana, número de cousas que a van compoñer, medidas, situación de cada elemento... Competencia social e cidadá Como estamos ante unha actividade grupal (grupos de 3 integrantes) deberán tomar decisións en conxunto, colaborar nas distintas tarefas, respectar as opinións dos demais integrantes do grupo... Ademais desenvolveranse destrezas relacionadas coa estética, ante a manifestación plástica das ideas que pretenden mostrar, imaxinación, creatividade... Por outra banda un dos obxectivos fundamentais é o desenvolvemento da consciencia intercultural, que cheguen a coñecer outras culturas e pobos, con manifestacións culturais e artísticas diferentes ás deles, estilos de vida diferentes, lingua diferente, etc. Competencia para aprender a aprender. Estamos ante unha proposta de aprendizaxe por descubrimento, non só desenvolverán mecanismos de busca de información, senón tamén estratexias para a cooperación, traballo en grupo, resolución de problemas..., destrezas vencelladas ás artes plásticas... Autonomía e iniciativa persoal. A unidade a pesares de ser guiada a través desa webquest que lles indica en cada momento o que hai que facer, presenta gran liberdade, xa que non lles di como facelo, deben ser eles/elas as que decidan sobre todo o proceso ata chegar á súa creación final, onde deberán decidir como levar a cabo o proxecto, materiais que empregarán, elementos integradores, reparto de tarefas... OBXECTIVOS LINGÜÍSTICOS E NON LINGÜÍSTICOS Aprender a usar con progresiva autonomía medios variados, incluídas as TIC, para obter información e para comunicarse en lingua estranxeira.


Participación activa en situacións de comunicación producidas dentro da aula, respectando e empregando as convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa que fala, usar adecuadamente as quendas de palabra, manter o contacto visual, amosar actitude positiva e adecuar a resposta á intervención. Fomentar a percepción, a reflexión, a imaxinación, e a sensibilidade á hora de realizar as súas producións artísticas. Participar activamente en producións artísticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e responsabilidades. Utilizar os coñecementos e as experiencias previas coas linguas galega e castelá para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira. Recoñecer que as diversas manifestacións da arte e da cultura son fonte de coñecemento, foron realizadas por homes e mulleres e reflicten a súa experiencia e percepción da vida. Valoración do diálogo entre iguais como medio de aprendizaxe compartida. Emprego

da

lingua

estranxeira

como

instrumento

para

unha

aprendizaxe integrada, coa finalidade de acadar novos coñecementos non puramente lingüísticos. Manifestar unha actitude receptiva, interesada e de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e de uso da lingua estranxeira. Desenvolver mecanismos de sensibilidade estética e a creación artística para promover a percepción e a expresión de ideas, emocións, sentimentos e vivencias. CONTIDOS (LINGÜÍSTICOS E NON LINGÜÍSTICOS) -

Investigación sobre as relacións entre as producións musicais e coreográficas e as realidades persoais e sociais onde naceron.

-

Valoración e interese pola música de diferentes épocas e culturas.

-

Exploración das características, elementos, técnicas e materiais que as obras artísticas ofrecen e suxiren para a súa recreación e creación de obras novas.


-

Diálogo ante unha obra de arte expresando o que gusta e no gusta, como se sente cadaquén, o que pensan ou ó que lles recorda, identificando o significado que poidan ter certos elementos da obra (a cor, a liña, a técnica empregada, os materiais, a luz, a perspectiva...) coas sensacións producidas.

-

Apreciación dos diferentes significados que pode ter unha obra de arte para cada persoa, para cada cultura e para cada época.

-

Coñecemento de identificadores artísticos de diferentes culturas e valoración destes como enriquecedores da nosa.

-

Valoración e apreciación da obra artística como instrumento de comunicación persoal e de transmisión de valores culturais.

-

Elaboración de producións plásticas empregando técnicas mixtas, texturas diferentes, materiais variados, instrumentos diversos e en soportes diversificados.

-

Apreciación da orixinalidade como fundamento da conduta creativa e respecto ás obras doutras persoas.

-

Emprego da lingua estranxeira como instrumento para unha aprendizaxe

integrada,

coa

finalidade

de

acadar

novos

coñecementos non puramente lingüísticos. -

Afianzamento e confianza nas estratexias básicas para apoiar a comprensión e a expresión oral: uso do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado á lingua estranxeira, así como solicitude de repeticións e de reformulacións para asegurar a comprensión.

-

Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

-

Lectura e comprensión de diferentes mensaxes significativas en soporte papel e dixital, adaptadas á competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha tarefa ou proxecto.

-

Confianza na propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira, aceptando o erro como parte do proceso e valorando


o traballo cooperativo como forma de acadar obxectivos de aprendizaxe individuais e colectivos.

CARÁCTER

INTEGRADOR

E

TRANSDISCIPLINAR

DAS

APRENDIZAXES: MATERIAS RELACIONADAS Esta unidade didáctica integra contidos da área de educación artística e de lingua estranxeira (inglés). Dentro da área de educación artística non soe atende a contidos relacionados coa plástica senón tamén con música, xa que unha das exixencias do proxecto é enmarcar a obra cunha peza musical que simbolice a obra creada ou a cultura que se está a representar. Tamén teríamos que citar a área de coñecemento do medio natural, social e cultural, pois os alumnos debe indagar con aspectos relacionados con outros países (situación xeográfica, aspectos históricos, artísticos...). A área de matemáticas vese reflectida especialmente no deseño do proxecto final, selección de planos, volumes, formas varias, emprazamento, número de elementos, dimensións... Debemos mencionara tamén o uso da lingua galega, como lingua de comunicación dentro do grupo, durante a realización das diferentes tarefas. EDUCACIÓN EN VALORES O traballo en grupo fomenta valores como a cooperación, o respecto polas opinións dos outros, é dicir atópase relacionado coa educación moral e cívica. Ademais tratamos de crear nos nosos alumnos consciencia sobre a importancia de coidar o patrimonio. Por outra banda tamén podíamos mencionar a educación ambiental, pois na creación da súa obra premiase o emprego de materiais reciclados. Educación para o tempo de lecer, xa que a través da unidade os nenos e nenas aprenderán que existen maneiras moi variadas de pasar o tempo, visitando museos, lugares de interés natural…


PROPOSTA DE ACTIVIDADES POR SESIÓNS Sesión 1 A nosa primeira sesión comeza mediante o reparto dunhas tarxetas a cada un dos nosos alumnos e alumnas. Estas tarxetas levan impresa unha obra de arte famosa, e hai de cada unha delas 3 exemplares, xa que o obxectivo desta especie de xogo é que cada neno ou nena pertenza a un grupo concreto. Ata que todas as tarxetas están repartidas non se lles explica para que son, deste xeito incrementamos o grao de atención e expectación cara a actividade que estamos a desenvolver.


Finalmente explicámoslle en que consiste o reparto de tarxetas e pedímoslle que se senten xa en grupos de 3 diante dun ordenador. O resto da sesión empregámola para a presentación da nosa webquest a través do encerado dixital. Presentación que eles mesmos poden seguir a través do ordenador empregado por cada grupo. A webquest emprega fotografías das coñecidas bonecas BLYTHE, isto débese a que todas as unidades didácticas da proposta sempre mostran algo da temática que se levará a cabo na seguinte unidade. É dicir a seguinte unidade terá como un dos temas centrais estas bonecas deseñadas pola americana Margaret Keane na década dos setenta, hoxe convertidas en pezas de coleccionista.






O resto da sesión os alumnos e alumnas dedicarana a ler atentamente toda a webquest, e decidir que país ou cultura elixen para levar a cabo o seu proxecto. Sesión 2 e 3 Estas dúas sesións adicaranse á busca de información a través de internet. Visitarán os links facilitados no apartado de resources e poderán mesmo visitar outras páxinas, xa que unha vez elixido o país deberán empregar calquera dos buscadores para obter máis información

sobre

monumentos, artistas, obras de interese cultural, lugares de interese natural..., do país en cuestión. Deberán traballar de forma autónoma e colaborativa, repartindo as tarefas dentro do grupo, tomando decisións de forma conxunta, etc. Sesións 4 e 5 Unha vez recadada toda a información necesaria deben darlle forma ó seu proxecto, decidir se a obra que van a desenvolver será unha composición tipo collage, a elaboración dun debuxo ou pintura plasmando os aspectos que queren resaltar, etc. Ademáis teñen que decidir que materiais van a usar e


como o farán, as dimensións que lle queren dar, que parte vai levar a cabo cada un... Estas dúas sesións adícanse integramente á creación da súa obra mestra. Sesión 6 Agora deberán elixir a música que empregarán para a presentación do seu proxecto e elaborar un pequeno discurso sobre a interpretación que lle van dar, así como a elección do título, materiais empregados, sentimentos e intención dos autores... Ultimar toda a posta en escena. Sesión 7 Nesta sesión comezaremos coa exposición dos materiais elaborados. Cada grupo presentará a súa obra e falará sobre ela, logo o grupo clase encargarase de avaliar o seu traballo (apartado da webquest : Class Evaluation).

Mediante

esta

actividade

de

coavaliación

os

alumnos

desenvolverán unha actitude crítica e obxectiva, así como valores de respecto cara as opinións dos demais, e mesmo desenvolverán aspectos relacionados ca valoración do sentido estético dunha obra de arte e consciencia intercultural. Sesión 8 A sesión 8 adícase a preparación dunha exposición colectiva na entrada principal do colexio onde ademais de emprazar as obras colocarán baixo estas un pequeno letreiro onde figurarán os autores, material do que se compón a peza, título... Tal mente como se dun museo se tratara. Toda a unidade se caracteriza por ser learner centred, xa que non so son eles os que toman todas as decisións ó longo de todo o proceso, senón que son eles os que aprenden de forma autónoma e rematan coa creación de materiais propios (learners as authors). Por outra banda debemos salientar que o uso da lingua estranxeira tanto para levar a cabo todas as tarefas propostas como para a exposición final fai que adquiran esta de forma inconsciente e nun contexto natural. Esa adquisición faise ó tempo que desenvolven habilidades plásticas, coñecen aspectos da cultura doutros países, familiarízanse con vocabulario relacionado coa arte, adquiren destrezas relacionadas coa competencia dixital, etc.


A

nosa unidade CLIL remata coa autoavaliación do grupo (self

evaluation). Os alumnos e alumas deben completar o test sobre todo o proceso no que se viron envoltos de maneira realista e obxectiva, xa que logo se establecerá unha comparativa entre a súa autoavaliación e a avaliación que fixeron do seu proxecto o resto da clase. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Atenderemos principalmente a se o alumno é quen de: -

Buscar, seleccionar e organizar informacións sobre manifestacións

artísticas do patrimonio cultural propio e doutras culturas, de acontecementos, creadores e creadoras e outras persoas relacionadas coas artes plásticas e a música. -

Formular opinións acerca das manifestacións artísticas ás cales se

accede, amosando o coñecemento que se ten delas e a inclinación persoal para gozar e encher o tempo de lecer. -

Recoñecer músicas do medio social e cultural propio e doutras

épocas e culturas. -

Valorar a lingua estranxeira como medio de comunicación e

entendemento e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos. -

Utilizar os coñecementos e as experiencias previas coas linguas

galega e castelá para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira. -

Producir obras plásticas de forma cooperativa que impliquen

organización espacial, uso de materiais diversos e aplicación de diferentes técnicas e instrumentos. -

Comprobar as posibilidades de aplicación de materiais, de

texturas, de formas e de cores sobre diferentes soportes.

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN A observación directa e sistemática constituirá a técnica principal do proceso de avaliación.


Ademais teremos en conta aspectos como o grao de participación na actividade, reparto e implicación nas diferentes tarefas, os materiais e actividades desenvolvidas, así como o proxecto e exposición finais. De igual xeito autoavaliaranse mediante un cuestionario final presentado a través da webquest, e coavaliaranse, xa que entre todos valoraran os traballos dos outros, tratando de mostrar unha actitude crítica e obxectiva. Por último terán que cubrir unha enquisa final que ten como obxecto avaliar toda a unidade (materiais, práctica docente...).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.