MÁISapuntes maio 29
parcial de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo
Vidal Bolaño Exposicións Premios Aula de teatro Fisioterapia en Pontevedra Parapente Cursos de verán Bolsas…
Universida deVigo
SIOPE Edificio Miralles, Campus de Vigo Tfno.: 986 813 630
siope@uvigo.es
2
3
4 EDITORIAL VAN FESTEXAR 5 6 VAN CREAR VAN AMOSAR 7 9 VAN ... CUM LAUDE 10 12 FACER COUSAS 14 UNIXOGA ESTÉNDETE 19 22 FÓRA DO CAMPUS SÉ BREVE 24 26 RADIOGRAFÍATE
EDITA: Extensión Universitaria FAI ESTA REVISTA: Binomio, axencia de comunicación COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Ana B. Gómez MAQUETACIÓN: Gerardo Fuentes FOTOGRAFÍA: Marcos Canosa, Duvi e arquivo IMPRIME: Lasa DEPÓSITO LEGAL: VG-428-2006
Universida deVigo
Extensión Universitaria
EDITORIAL Fin de curso, comezo doutras actividades A piques de rematar o curso, quédanos desexarvos uns bos resultados académicos e boas vacacións pero, tamén, animarvos a aproveitar os meses de verán realizando os cursos que ofrece a Universidade de Vigo nos tres campus, de xuño a setembro. Animarvos tamén a que, se neste curso non practicastes deporte, vos apuntedes a partir de setembro ás moitas formas e actividades que tendes á vosa disposición no Servizo de Deportes da Universidade de Vigo ou que formedes parte da corrente de voluntariado de esta universidade ou da súa vida cultural e artística, como o fan as persoas integrantes das aulas de teatro universitarias. Nestas páxinas tamén homenaxeamos as nosas letras, non só lembrando a figura de Roberto Vidal Bolaño, o autor protagonista do 17 de maio, senón tamén á de Rosalía de Castro, cando se cumpren 150 anos da publicación de Cantares gallegos. En resumo, feliz Día das Letras Galegas e feliz verán!
MÁIS apuntes 4
5
VAN festexar
Quen é Roberto Vidal Bolaño? É o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Polo tanto, unha ocasión perfecta para coñecer a súa obra. O Centro Dramático Galego dedicaralle as actividades deste ano a este autor. O 18 de maio proxectarase no CGAI (A Coruña) unha película de Gustavo Balza sobre unha obra de Bolaño e editaranse as obras completas do dramaturgo. Tamén haberá unha exposición itinerante que percorrerá Galicia entre maio e decembro. Ademais, será o centro de atención dos lectorados de galego existentes en 38 universidades de fóra da comunidade.
A pegada de Vidal Bolaño atoparala... En que unha gran maioría dos teatros en Galicia levan o seu nome, mesmo o da Universidade de Vigo. As súas últimas actuacións foron en Teatro do Aquí. As súas obras mesturan o realismo, o simbolismo, o surrealismo e o expresionismo. Gañou un Max por Criaturas, a obra que forma parte da súa coñecida triloxía (as outras dúas son Anxeliños e Animaliños. Actuou na serie da TVG Mareas Vivas.
VAN crear E as persoas gañadoras son… A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo entregará o vindeiro 22 de maio os seus premios de poesía, relato curto e tradución literaria. Consulta todos os detalles desta convocatoria en: http://anl.uvigo.es/
Recordatorio: o 21 de xuño remata o prazo dos concursos de 2013 Lembra que tes de prazo ata o 21 de xuño para presentar a túa proposta aos Premios de Extensión Universitaria nas súas catro categorías: creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música. Máis información en: extensión.uvigo.es Tfno.: 986 813 603
100 anos da Xeración Nós + 50 anos do Día das Letras Para conmemoralo, actuación do Coro Universitario de Vigo, o vindeiro 17 de maio, ás 13.00 h no Liceo de Ourense.
Para os tres campus
6
7
VAN amosar Afinidades selectivas 6: da aula á exposición Exposición colectiva en que catro docentes de Belas Artes buscan afinidades con discentes que pasaron polas súas aulas. O resultado poderás velo na Casa Galega da Cultura de Vigo. Verás que fóra da clase non hai diferenza de grao, só artistas. Docentes + estudantes: Berta Cáccamo + Mar Vicente Chelo Matesanz + Natalia Umpierrez X. M. Buxán + Álex Mene Yolanda Herranz + Basilisa Fiestras Comisaria: Almudena Fernández Fariña Xuño e xullo Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, núm. 2 Vigo Alumnas e alumnos de Pontevedra en Vigo
Axudando as futuras artistas Terceira edición do Proxecto de visibilización das obras artísticas das alumnas de Belas Artes e Ciencias Sociais A Unidade de Igualdade da Universidade organiza a terceira edición do Proxecto de visibilización das obras artísticas das alumnas da Facultade de Belas Artes e de Ciencias Sociais e da Comunicación. Se estás en 4º, tes de prazo ata o 15 de xuño. Só tes que presentar un máximo de catro imaxes das túas obras e envialo á Facultade de Belas Artes ou depositalo na consarxaría do centro.
Ex-alumnado de Belas Artes en Porto Porto, unha das cidades con maior movemento artístico, acolle unha exposición na que participan tres ex–alumnas e alumnos de Belas Artes. Trátase de Antía Cea García, Cillas Seyde e José Navas Aranda. A mostra, impulsada polo Colectivo de Artistas e Curadores de Porto chámase Vaga e fala da vida e do tempo. Aproveita para visitala se viaxas a Porto.
Ata o 9 de xuño Edif. AXA Av. dos Aliados, 211 Porto
Un dorsal a cambio da túa solidariedade I Carreira Urbana de Orientación Solidaria na zona vella de Ourense O Campus de Ourense organiza o 25 de maio a I Carreira Urbana de Orientación Solidaria na zona vella de Ourense. Para participar terás que entregar produtos non perecedoiros ou de hixiene que serán doados ao Banco de Alimentos e á Cruz Vermella. Haberá unha proba chamada “Correliña” para rapaces e rapazas de 3 a 10 anos acompañados dunha persoa adulta, e outras dúas máis para maiores, unha curta e outra literaria, polo roteiro da obra A esmorga, de Blanco Amor. O prazo da inscrición está aberto ata o martes 21 de maio, e podes facelo no teléfono 988 38 71 92 ou no enderezo depor-ou@uvigo.es. 25 de maio / 9.00 horas Praza Maior de Ourense
8
VAN...
9
Exames: controla eses nervios O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo axúdache a controlar a ansiedade o os nervios na época de exames. A ansiedade pode manifestarse con pulso acelerado, suor, sensación de falta de aire, dor de cabeza… Neste obradoiro apréndense sinxelas técnicas de relaxación. Desenvolverase do 28 ao 30 de maio na sala do edificio Miralles. Canto: 4,5 euros para estudantes en xeral e 3 euros para bolseiros do MECD ou doutra bolsa por motivos económicos. Para quen: impartido polo Gabinete Psicopedagóxico no Campus de Vigo, está dirixido a estudantes matriculados nos tres campus.
Para os tres campus
Alicerces educativos máis igualitarios A Universidade de Vigo vén de pór en marcha o I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero, co fin de incentivar os valores igualitarios e contribuír á excelencia docente. Como exemplo para levar a cabo este premio, a Universidade fixouse no traballo de Antonia Ferrín Moreiras, considerada a primeira astrónoma de Galicia. Este premio permitirá seguir a traballar na igualdade, neste caso no relativo aos materiais empregados nas clases, tanto presenciais como virtuais. Podes consultar todo o Plan de igualdade entre mulleres e homes na web da Universidade de Vigo.
Para os tres campus
CUM laude Sobe o pano: aparece a aula de teatro da Universidade de Vigo Este ano, que o Día das Letras Galegas está dedicado a Roberto Vidal Bolaño, miramos cara ao teatro universitario. A aula de teatro da Universidade de Vigo acaba de cumprir 15 anos. Nesta década e media pasaron por esta compañía de aprendices máis de cen estudantes.
10
11
Pepa Barreiro leva máis de dez anos dirixindo a aula de teatro da Universidade de Vigo e coñece ben os motivos que impulsan cada ano o estudantado a participar nesta aventura: «Algúns mozos e mozas que se deciden a formar parte deste espazo fano polos créditos pero, a verdade, que estes son os menos. Quen se animan a participar nunha montaxe é porque queren superarse, vencer a timidez ou o medo a falaren en público». Segundo Barreiro: «O certo é que o resultado é aínda mellor do esperado: cando están dentro, cando ensaian e logo representan unha obra, aprenden a coñecer mellor, a descubriren o seu corpo, a seren máis xenerosos cos demais, a concentrarse e, aínda que pareza raro, a mellorar o seu galego». A maioría do alumnado que pasou pola aula de teatro da Universidade de Vigo nestes anos continuou nela ata que rematou os seus estudos. Quen estiveron varios cursos seguidos, animáronse logo a facer Arte Dramática ou continuaron en grupos independentes como afeccionados. Agora neste curso que remata forman parte da aula Salvador García, Rodrigo Rodríguez, Iria Aldomar, Cándido Paniagua e Paula Costa. A última posta en escena da aula de teatro da Universidade de Vigo foi na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) con Propietarios, unha obra baseada en Animaliños de Vidal Bolaño. O esforzo viuse recompensado co aplauso do público no teatro do campus vigués, en Ourense e na Coruña.
FACER cousas Fai prácticas da túa titulación en ONG Achégate á área de servizos á comunidade do teu campus ou contacta coa Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudante (SIOPE), e pasa a formar parte da listaxe de membros do voluntariado profesionalizante. Conseguirás axudar e, ao mesmo tempo, facer prácticas acordes coa túa titulación. Só tes que especificar cal é a carreira que cursas e grazas aos teus coñecementos poderás axudar como persoa voluntaria.
12
13
A SIOPE tamén se encarga de buscar un voluntariado concreto para calquera necesidade dunha ONG. «Por exemplo—conta Carmen Álvarez da SIOPE— hai pouco pedíronme algunha persoa experta en facer currículos para a xente que busca traballo e buscamos a alguén con coñecementos en relacións laborais. Outra vez necesitabamos alguén experto en informática, así que buscamos entre as enxeñeiras e os enxeñeiros. O estudantado colabora encantado porque, realmente, traballan como voluntarias e voluntarios en tarefas que desenvolverían na súa vida profesional. Para elas e eles é unha experiencia que amplía os seus coñecementos». Se queres formar parte do voluntariado profesionalizante, envía un correo electrónico ao enderezo: voluntariado@uvigo.es
Para os tres campus
UNI xoga Altos voos O programa Delecer do Servizo de Deportes proponche voar coas súas tres principais actividades: pontismo, paracaidismo e parapente. PONTISMO
PARAPENTE
Lugar: río Miño (Arbo) Saídas: 25 de maio (inscrición ata o día 16 de maio) e 1 de xuño (inscrición ata o día 30 maio) Prezos: 21€ (universitarios/as); 30 € (non universitarios/as); 23 € (tarxeta deportiva universitaria)
Lugar: Santa María de Oia Saídas: 1 ou 2 de xuño (inscrición ata o día 23 de maio) e 8 ou 9 de xuño (inscrición ata o día 30 maio) Prezos: 31 € (universitarios/as); 42 € (non universitarios/as); 35 € (tarxeta deportiva universitaria)
PARACAIDISMO Lugar: aeródromo de PalmeiraBraga (Portugal) Saídas: 25 de maio e 26 de maio (inscrición ata o día 16 de maio), 8 e 9 de xuño (inscrición ata o día 30 de maio) Prezos: 153 € (universitarios/as); 185 € (non universitarios/as); 170 € (tarxeta deportiva universitaria)
www.deportes.uvigo.es.
Para os tres campus
14
15
O Campus de Pontevedra xa ten fisioterapia Desde o pasado 17 de abril, o Campus de Pontevedra xa ten servizo de fisioterapia. Axudarache a recuperarte das lesións ou a previr e a tratar a dor de costas. Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal Data: mércores de 13.00 a 16.00 horas Prezo: 18 euros por sesión (comunidade universitaria) e 15 euros (tarxeta deportiva universitaria e persoas federadas no Club Deportivo Universidade de Vigo) Contacto: depor-po@uvigo.es / 986 802 080
Para os tres campus
O que che ofrece o Servizo de Deportes Anótate en setembro a algunha actividade ou programa. Tes moitas opcións: Actividades de práctica libre Actividades dirixidas con monitor ou monitora Competicións (ligas universitarias, campionatos internos, campionatos universitarios galegos ou españois…) Deporte e saúde (véxase a páxina 16) Axudas e bolsas Máis información: Ourense: 988 368 926; depor-ou@uvigo.es Pontevedra: 098 802 088; depor-po@uvigo.es Vigo: 986 812 182; deportes@uvigo.es
Para os tres campus
www.deportes.uvigo.es.
16
17
Deporte e saúde á carta O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo conta cunha unidade específica de deporte e saúde, o que significa que se queres recibir asesoramento persoal está á túa disposición nos tres campus. A consulta máis demandada é a de exercicio físico personalizado en que as usuarias e os usuarios piden consello para iniciarse na práctica deportiva ou para que un/unha profesional avalíe a súa condición física xeral. En terceiro lugar, a perda de peso é a consulta máis demandada. Tamén a Unidade de Medicina Deportiva é un servizo á disposición da comunidade universitaria dos tres campus que recibe moitas consultas. Moitas delas son para revisar o programa Ponte en forma, no cal podes ter desde un seguimento personalizado dos teus logros no terreo deportivo, a unha revisión básica de deportistas da Universidade de Vigo, ou ben consultas por lesión. O servizo de fisioterapia, desde o mes de abril nos tres campus, segue a ser un dos máis demandados, xa que Pontevedra acaba de estrear este servizo.
Éxito da International Administrative and Teaching Staff Trainning Week
Os Campus de Vigo e Pontevedra acolleron un encontro para debater a promoción da atividade física. Participaron 56 representantes de universidade de 18 países.
Ponte en forma: matrícula aberta en setembro Se es dos que precisan un orientador/a deportivo persoal, proba coa tarxeta deportiva Ponte en forma. Con esta tarxeta, no primeiro cuadrimestre do próximo curso, terás un plan persoal axustado ás túas capacidades. Para quen é: Persoas sen experiencia na actividade física xeral Persoas con algún tipo de enfermidade que precisen asesoramento Persoas con baixa adherencia ao exercicio físico Posibilidade de obter dous créditos de libre elección ou un crédito Prezos das tarxetas deportivas universitarias (TDU) TDU Básica: 60 € TDU Aqua e TDU Dirixidas: 91 € TDU Dobre: 116 € Ponte en forma + CGTD: 75 €
Para os tres campus
Máis información: Pontevedra: pontenforma-po@uvigo.es Ourense: pontenforma@uvigo.es Vigo: saudeportes@uvigo.es
18
ESTÉNDETE
19
CURSOS DE VERÁN
Anótate nun dos cursos de verán da Universidade de Vigo. Danche a oportunidade de profundar no patrimonio do Bierzo, no termalismo, no emprendemento social ou na seguridade informática. Bótalle unha ollada á oferta de cursos de xuño a setembro.
CAMPUS DE VIGO Inscrición
Datas
Lugar
Taxas
Ata o 17 de xuño
Do 27 de xuño ao 3 de xullo
Salón de actos da Ecimat (Estación de Ciencias Marítimas de Toralla)
45 euros
Enfrontarse a urxencias cardiovasculares (ámbito científico)
Ata o 5 de xullo
Do 15 ao 24 de xullo
Hospital Meixoeiro (Vigo)
60 euros
Primeiros auxilios (ámbito didáctico)
Ata o 13 de setembro
Do 23 ao 27 de setembro
Ciencias do Mar
85 euros
Buscando a seguridade informática (ámbito técnico)
Ata o 31 de maio
Do 10 ao 13 de xuño
Aula seminario IPF do edificio de Fundición
68 euros
Patrimonio natural e cultural do Bierzo (III). Problemas e solucións (ámbito cultural)
Ato o 2 de xullo
Do 12 ao 14 de xullo
Vilafranca do Bierzo (León) entre a sede do Museo de CC Naturais e Etnográfico, a Casa da Cultura e o Teatro Vilafranquino.
50 euros
Termalismo e química: innovación en productos termais (ámbito social)
Ata o 17 de xuño
Do 25 ao 28 de xuño
Centro Termal (O Carballiño), balneario de Guitriz, Balneario de Augas Santas e balneario de Lobios.
80 euros
Termalismo e química: innovación en productos termais (ámbito social)
Ata o 16 de setembro
Do 24 ao 27 de setembro
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
20 euros
Un mundo desigual: retos e perspectivas
Ata o 24 de maio
Do 3 ao 6 de xuño
Sala I do edificio Miralles
40 euros
Título Xestión de explotacións acuícolas (ámbito científico)
Consulta os cursos do Campus de Pontevedra: http://campuspontevedra.uvigo.es/
OUTROS: XV Simposio Internacional sobre o Prácticum e as Prácticas en Empresas na Formación Universitaria Lugar: Mosteiro de Poio (Pontevedra) Data: do 26 ao 28 de xuño Matrícula con desconto ata o 26 de maio
20
21
CAMPUS DE OURENSE Título
Datas
Taxas
Lugar celebración
30
Aula 3.1 Edificio de Ferrro
Comunicación: eixo fundamental do acto didáctico
16 setembro ao 3 outubro
Innovación aplicada á empresa
15 a19 xullo
120
Salón de grados da Fac. de CC.EE. e Turismo
O meu negocio e a rede
25 a 27 xuño
120
Salón Marie Curies do Edificio Politécnico
Valoras o teu patrimonio? Modelos de xestión patrimonial no Noroeste peninsular
9 a 12 xullo
60
Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades, Sala de conferencias do Centro de Interpretación Vía Nova (Porto Quintela-Bande), Sala de conferencias da Casa da Cultura do Concello de Sandiás, Sala de Conferencias do Fogar do Maior do Concello de Allariz
3 a 7 xuño
60
Salon de graos do Edificio de Facultades e Laboratorio de Ciencias Pavillón Concepción Ramón Amat
Fiscalidade sobre a renda das personas físicas e sociedades: teoría, práctica e ferramentas informáticas
8,9,10,11,12 e 15 de xullo
30
Salón de graos e Laboratorio de informática 0.1 do Edificio Xurídico Empresarial
II xornadas sobre biomasa, unha fonte inagotable de posibilidades
15 a 18 xullo
30
Salón Graos do Edif. Politécnico, Laboratorio de docencia de Enxeñaría Química e Laboratorio de Investigación de Enxeñaría Química
X curso audiovisual galego: presente cambiante e alternativas de futuro)
18 a 19 de xullo
60
Auditorio Municipal Ilduara de Celanova
Educación ambiental e responsabilidade social
17 a 19 xuño
60
Casa da Cultura e Albergue de Muíños
Deporte, empresa e sociedade: leccións “De cine”
12,13, 25, 26 e 27 setembro
50
Salón de Graos Fac. Ciencias Empresariais e Turismo
16,17,18,19, 20 Planificación, estratexias e comportamento fiscal do contribuínte e 23 setembro
30
Salón de graos Edificio Xurídico empresarial
Cata de viños, augardentes e licores
Para os tres campus
FÓRA DO
campus
Rosalía desde todas as formas posibles
150 anos de “Cantares Gallegos”
22
23
GOZA DAS PROPOSTAS QUE CHE OFRECE O ANO DE ROSALÍA Con motivo do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares gallegos, este ano Rosalía de Castro é unha das protagonistas da axenda cultural galega. Propoñémosche dúas xornadas para coñecela un pouco mellor: 1.Exposición «No principio foi o verso. Rosalía de Castro» Documentos singulares, fotografías, obxectos, mobles, obras de arte e montaxes audiovisuais. Está situada na Fundación Barrié de la Maza, en Vigo, e ocupa dúas salas cun total de oito espazos. Fundación Barrié de la Maza Policarpo Sanz, núm. 31, Vigo
2. Visita a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón Se estiveches nela ao mellor é un bo momento para revisitala. E se nunca estiveches nese lugar, non podes pasar máis tempo sen ir. Horario: de 10.00 h a 13.00 h e de 16.00 h a 19.00 h, excepto de xullo a setembro (de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h). Os luns, domingos e festivos permanece pechado de 10.00 h a 13.00 h. Prezo: 2 € Cita previa: 981 811 204 ou casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es
ROSALÍA É MUNDIAL Tamén podes recitar os versos de Rosalía noutras linguas mediante este proxecto o cal pretende traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos de Cantares gallegos: «Airiños, airiños aires» e «Adiós ríos, adiós fontes». http://rosaliadecastro.org/planeta-rosalia/
SÉ breve
Axudas á investigación en lingua galega Axudas para a redacción e a defensa do uso da lingua galega das teses de doutoramento, das teses de licenciatura, dos traballos tutelados de investigación de terceiro ciclo, os traballo de fin de mestrado, os traballos de fin de grao e os proxectos de fin de carreira. Pode acceder a estas axudas o alumnado que realice durante 2013 a redacción e defensa en galego dos traballos citados anteriormente. A contía das axudas distinguirase do seguinte xeito, ata un máximo de: -
600 euros para as teses de doutoramento. 150 euros para as teses de licenciatura e os traballos de investigación tutelados de terceiro ciclo. 100 euros para os traballos fin de mestrado, traballos de fin de grao e proxectos de fin de carreira.
As solicitudes, dirixidas ao reitor, presentaranse ata o 30 de setembro de 2013 en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo, sempre con posterioridade á lectura e á defensa do traballo.
Para todas as persoas interesadas, a Área de Normalización Lingüística ofrece apoio para elaborar os traballos: A) Servizo de consulta lingüística e terminoloxía. B) Para quen xa comezase a redacción noutra lingua diferente do galego, tradución ao galego dun máximo de 20 folios. Máis información: http://anl.uvigo.es/ ou 986 813 574
Cursos de idiomas de verán O Centro de Linguas da Universidade de Vigo pon a disposición de todos os membros da comunidade universitaria unha ampla oferta de cursos para mellorar a competencia lingüística nun idioma estranxeiro. Na actualidade pódese aprender inglés, alemán, francés, italiano, portugués, ruso, chinés, xaponés, árabe, polaco, persa, ou incluso, linguaxe de signos. Tamén ten cursos no verán. Infórmate. Información: www.cdl.uvigo.es ou 986 812 250
24
25
Premio de Novela Vargas Llosa A Universidade de Murcia, en colaboración coa Obra Social Caja Mediterráneo e a Cátedra Vargas Llosa, organizan o Premio de Novela Vargas Llosa dirixido a todas as autoras e os autores españois ou estranxeiros que envíen as súas obras en castelán. As obras (de tema libre) deberán ser inéditas e cada participante ten dereito a remitir unha soa obra orixinal xunto coa súa copia. O premio está dotado con 12000 €.
remata o 12 de xuño. O horario destes cursos será de 10.00 h a 12.00 h da mañá. Máis info: Instituto Camões Praça Tenente Almeida, s/n T. 986 430 370
Data límite de recepción de orixinais: 22 de xullo de 2013. Máis información e ficha de inscrición en: http://www.um.es/cultura
Cursos de portugués en Vigo no Instituto Camões O Instituto Camões organiza, en Vigo, cursos de verán de portugués. Serán nos meses de xuño e xullo. O primeiro deles, nivel A2 iniciación, terá lugar do 3 ao 14 de xuño e o prazo de inscrición remata o vindeiro 28 de maio. O segundo, que se celebrará do 17 de xuño ao 1 de xullo, será nivel B1 elemental, e o prazo de inscrición
SIOPE siope@uvigo.es
RADIOGRAFÍATE Alfonso Moreno: é unha pena que non se fixera Fálame do teu Alfonso Moreno está en cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas, no Campus de Pontevedra. O que máis agradece dos servizos que ofrece a Universidade son as instalacións deportivas. De feito, vai ao ximnasio do campus tres ou catro veces por semana: «Estou no programa de adestramento do Servizo de Deportes, Ponte en forma, e a verdade é que estou moi contento». Tamén participou durante anos na liga de baloncesto universitario e nun equipo de fútbol: «Creo que se chamaban Os satanases do inferno», engade. Alfonso reivindica o ciclo Fálame do teu, un espazo que comezou hai tres anos «e que trouxo a Pontevedra grandes creativos de publicidade. Este ano non se fixo, é unha pena. Aprendiamos moito». A Alfonso gústalle a vida universitaria. Fundou, xunto con outros tres compañeiros de cuarto curso, unha júnior-empresa, unha fórmula que permite que hoxe en día nove alumnos desta facultade traballen como unha axencia integral, con clientes e facturación: «O que gañamos, reinvestímolo en formación ou na propia Universidade». «Trátase da segunda empresa destas características que se constitúe en España. Poñemos en práctica iso do learningbydoing». Pois moita sorte neste proxecto!
26
27
Universida deVigo
Extensi贸n Universitaria