Alg煤ns consellos para facer boas presentaci贸ns con diapositivas
Que presentamos?
Unha presentación é un conxunto de diapositivas con un texto, imaxes, gráficas... que van dirixidas a un público específico.
Non debemos esquecer que unha presentación é só un apoio.
Antes de realizar a presentación debemos ter moi claros os conceptos.
Sería conveniente realizar un resume previo, para ordear as ideas.
Non debe haber moito texto.
Seleccionar palabras clave.
É moi importante que a mensaxe sexa clara.
A presentación enfócase no que a xente necesita saber.
Non hai que esquecer incluír enlaces a documentos que completan a información. Hai que comprobar que os enlaces son válidos.
Como presentamos?
Coidado coas pantallas cheas de texto. Distraen e non son doadas de ler.
Letras de un tamaño grande para que se lean ben.
Mellor utilizar tipos claros como Ariel o Verdana que tipos máis orixinais e chamativos. Ás veces non se len ben ou non están instalados en todos os equipos.
Mellor non mesturar diferentes tipos de letra en toda a presentación.
Temos que combinar ben todas as cores e tamén que as cores do texto combinen cos fondos. En xeral fondos claros con cores de texto escuras ou á inversa.
As cores moi chamativas cansan..
As imaxes deben ser de tamaño adecuado á diapositiva.
Coidado de non deformar a imaxe para adaptar o tamaño. Coidado coa dsitribución de imaxes na diapositiva.
Coidado co movemento e as animacións. Chaman á atención pero poden cansar se abusamos delas.
A presentación debe ter certa unidade de cores e deseño.
Cada presentación é diferente, é dicir, debe conter un sello propio.
Non esquecer que una presentación debe comunicar e manter a atención
Adecuar os elementos para que sexa efectiva.
Non esquecer nombrar as fontes que empregamos para sacar a información.
FONTES: Como hacer un power point . Universidad de México Recomendacións para facer una presentación. Iván Lasso.