Como facer unha boa presentación

Page 1

ANDADEIRAS FORMA: -Os textos escritos deben estar ben sintetizados. -As imaxes deben ser predominantes sobre o texto (e ter boa calidade), dado que para iso están pensadas as diapositivas, no caso contrario serían editores de texto coma o Word. -A letra no debe ser extraña ou difícil de ler coma a: Old English Text; convén usar as letras de “palo seco”, é dicir, nas que as liñas sexan totalmente rectas; coma tahoma, verdana, arial etc. -Estructuralo en introdución, corpo e peche. -Os titulos do mesmo nivel xerárquico deben ter o mesmo tamaño e, en xeral, unhas características comúns. -Fai esquemas ben estruturados. -Cada diapositiva non se debe cargar moito. -Os efectos non deben ser demasiado vistosos para non distraer a atención do espectador. -Non máis de 6 aspectos por diapositiva. -É importante poñer unhas marxes amplas e ben marcadas. -Deixar suficiente marxe e espazo entre textos e imaxes.


ANDADEIRAS FORMA: -Distribúe ben os obxectos e marca os que sexan máis relevantes. -Evita efectos sonoros innecesarios e/ou estridentes pero engade os que aporten aspectos positivos coma información. -É interesante engadir algúns vídeos. -Orixinalidade na composición das diapositivas entre imaxes e texto. -Pode ser interesante dar unha concordancia entre as cores empregadas nos títulos ou no fondo e o tema a tratar (se se trata o vulcanismo os títulos poderían ter cor vermella) pero sempre debe primar o contraste entre fondo, texto e imaxes. -No caso de que os autores ou alguén vaia expoñelo de forma oral deben estar acompañadas dun texto ou guión para a súa exposición. Isto fai que o texto poidase reducir aínda máis xa que serán os que expoñan as diapositivas e os que expliquen todo de forma oral.


ANDADEIRAS CONTIDO: -Por suposto antes de facer a presentación é importante buscar e seleccionar información alomenos suficiente para transmitila e estaría ben estudar un pouco o tema para coñecelo mellor, máis a fondo, por se hai dúbidas. -Tamén é importante, na preparación previa, facer un esquema de ideas anterior xa que así o texto ten máis lóxica e orden, isto deriva en facer un índice previo, moi recomendábel, tras a portada. -Ao final é aconsellábel facer unha bibliografía ou webgrafía na que se citen as fontes de información, poñendo enlaces ás que sexan webs. Estes enlaces non deben ser moi longos, é bo intentar reducilos. -Debe ser directo, obviar os temas secundarios. -Convén captar a atención do público dende o comezo e non perdela.


ANDADEIRAS CONTIDO: -Débese tener en conta a intencionalidade: -Intencionalidade formal alta, débese de usar unha linguaxe repectuosa, medida e usualmente técnica. Ex: O proxecto dun enxeñeiro. -Intencionalidade formal baixa, débese de usar unha linguaxe tamén respectuosa, formal, pero máis relaxada. Ex: traballo da E.S.O. -Intencionalidade informal, convén usar unha linguaxe coloquial (que non vulgar) e úsase cando non hai obxectivos profesionais e hai confianza. Ex: presentación sobre unha festa con amigos.

OUTROS: -Hai que ter coidado ao incluír imaxes, xa que estas poden ter dereitos de autor, é dicir, que hai que pagar ao creador desa imaxe. -Asegúrate de comprender ben o funcionamento do programa usado (Power Point, Impress, Keynote...). -Cítate a ti mesmo ou á institución que representas para a información do espectador e a solución de posíbeis dúbidas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.