http://parametrodigital.es/cadt/userfiles/files/criterios_ca

Page 1

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Criterios de cualificación Á hora de avaliar a un alumno/a apoiarémonos preferentemente no resultado que amosen as probas escritas, que valorarán os seus coñecementos en contidos conceptuais e procedimentais e que serán puntuadas cunha nota de 0 a 10. 1.- NÚMERO DE PROBAS ESCRITAS Realizaranse 1 ou 2 probas escritas en cada unha das avaliacións. 2.- CRITERIOS Un alumno/a aprobará calquera avaliación sempre que a nota media nas probas escritas non sexa inferior a 5 puntos e a súa actitude, haxa sido positiva. A nota final na avaliación ordinaria será o resultado de calcular a media aritmética das cualificacións obtidas nas distintas avaliacións. Esta nota poderá ser modificada, positiva ou negativamente, segundo sexa a cualificación obtida nos seguintes apartados: 1. Exames e actividades das unidades didácticas referidas ás Tecnoloxías da Información (Tratamento da información e competencia dixital) 2. Proxectos realizados ó longo do curso (Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico) 3. Actividades de reforzo ou de ampliación presentadas polo alumno, que aparecen na páxina web do departamento (cadt.mine.nu). Os alumnos que non acaden unha media de 5, terán a opción de presentarse a un exame de recuperación global sempre que cumpran coas condicións seguintes:    

Nota media non inferior a 3 puntos. Normal asistencia á clase durante todo o curso académico. Traballo e esforzo persoal continuado. Respecto as normas básicas de convivencia e educación.

Proba extraordinaria de setembro Consistirá nunha proba escrita onde se valorarán os coñecementos dos alumnos/as referidos a contidos mínimos. A proba será puntuada cunha nota de 0 a 10, sendo 5 a nota mínima para considerar aprobada a materia. A efectos de promoción ou de titulación un alumno que non se presente á proba extraordinaria ou deixe o exame en branco, sen causa xustificada, considerarase que existe abandono da materia.


CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DE ALUMNOS PENDENTES Criterios e procedementos de avaliación. Para a cualificación dos alumnos coa materia pendente terase en conta as seguintes consideracións: 1. Os alumnos poderán dispoñer de actividades de reforzo preparadas polo departamento para cada nivel. As actividades serán dirixidas e corrixidas polo profesor que foi titular da materia durante o curso anterior. 2. Durante o curso realizaranse dúas probas escritas parciais. Nelas avaliaranse as aprendizaxes adquiridas relativas a unidades previamente especificadas e o grao de consecución das competencias básicas. 3. A estas probas poderán presentarse exclusivamente os alumnos que prepararon e presentaron as actividades de reforzo previstas para cada avaliación. 4. Cada unha das probas anteriores será cualificada cunha nota numérica de 0 a 10. Se a media aritmética das dúas notas non é inferior a 5, considerarase que o alumno acadou os obxectivos previstos e as competencias básicas correspondentes. 5. Independentemente do especificado no punto 3, todos os alumnos poderán presentarse a unha proba final en xuño e a outra final extraordinaria en setembro. Anexo Alumnos pertencentes a 1º curso do PDC con Tecnoloxías 2 suspensa Considerarase aprobada a materia pendente, sempre que teñan adquiridas as competencias básicas e os contidos correspondentes ó 1º curso do PDC. Alumnos pertencentes a 2º curso da ESO coa Tecnoloxía de 1º curso da ESO pendente Considerarase aprobada a materia pendente, sempre que teñan adquiridas as competencias básicas e os contidos correspondentes ó 2º curso da ESO.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.