PLAN DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)
2010
PRORROGA DO PLAN DE AUTOAVALIACIÓN E MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN NO IES CONCEPCIÓN ARENAL (FERROL) Xustificación Despois
de
ter
traballado
durante o curso 2009-2010 no IES
Concepción
Arenal
de
Ferrol o Plan de Mellora da calidade
da
emprego
das
educación
no
competencias
básicas no desenvolvemento do
curriculo
e
como
Titulo: EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO
consecuencia da entrada en vigor da LOE e do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, xurde a necesidade de introducir as competencias básicas no desenvolvemento do currículo. Durante os cursos anteriores introducíronse as competencias básicas nas programacións dos distintos departamentos, no desenvolvemento do PEC e elaboráronse os criterios de promoción e titulación na ESO para o seguimento do logro das competencias básicas por parte do alumnado.
Páxina 1
No curso 2009/10 os integrantes do proyecto e plan de mellora estiveron a reflexionar sobre preguntas das que non tiñan unha resposta clara.
A inquedanza do profesorado en dar resposta a estas preguntas para poder mellorar e profundizar na incorporaración
das competencias
básicas ós deseños curriculares de ESO e desta maneira contribuir a mellora
do
currículo
do
centro,
xa
quedou
respostada
no
desenvolvemento do proyecto do curso 2009-2010. Despois de realizar todas as reunións especificadas no proyecto do curso 2009-2010 cumplíronse a práctica totalidade dos obxectivos propostos, algún deles prolóngase no tempo e abarcará cursos posteriores. Por esto o IES Concepción Arenal solicita a prórroga do Plan de Mellora da calidade da educación para o curso 2010-2011. Para dar resposta as preguntas suscitadas cabe plantexarse un esquema de actuación que tería os seguintes pasos:
Páxina 2
1. Definición de identificadores contextualizados ao centro para definir, atendendo a consecución das competencias básicas do alumnado, os criterios de titulación en cuarto de ESO para aquel alumnado que se atope nas condicións específicas segundo a normativa vixente. 2. Información e formación teórica do profesorado sobre competencias. É de capital importancia o coñecemento, por parte do profesorado, dos conceptos de competencia, competencia básica e das competencias básicas recollidas no ANEXO I do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 3. Analise dos deseños curriculares para concretar que elemento das áreas (obxectivos, contidos e criterios de avaliación) contribúen á consecución de cada unha das competencias básicas. 4. Formular e seleccionar aquelas tarefas que permitan a adquisición das competencias en cada unha das áreas do currículo. 5. Elaborar os criterios de avaliación adecuados para cada nivel educativo no que se encontre o alumnado para a través das tarefas realizadas, utilizando diferentes fontes de información (traballos do alumnado, exames, observacións na aula, entrevistas, etc.) poder avaliar o grado de consecución das competencias.
Páxina 3
6. Valorar as consecuencias que pode ter a incorporación das competencias no proxecto educativo do centro. Estas consecuencias poderían ser de dous tipos: Consecuencias no currículo: modificación sustancial das tarefas actuais e unha maior integración entre o currículo formal, informal e non formal. Consecuencias organizativas: unha maior flexibilidade nos agrupamentos, facilitando o desenvolvemento de proxectos e itinerarios personalizados, unha maior apertura do centro ao entorno e, especialmente, a colaboración coas familias e as organizacións locais e a apertura as posibilidades que ofrecen os entornos virtuais de aprendizaxe. 7. Analise das consecuencias que pode ter na práctica docente a incorporación das competencias. Estas consecuencias poden ir encamiñadas, ao noso entender, en tres direccións: manter as prácticas actuais que sexan válidas, modificar algunhas prácticas ou incorporar algunhas prácticas novas, según os casos. Obxectivos Por todo isto os nosos obxectivos para este curso 2010-2009, neste proxecto de plan de autoavaliación e mellora do IES Concepción Arenal, son os seguintes: Modificar as programacións dos departamentos segundo as pautas acordadas no plan de mellora do curso 2009-2010. Páxina 4
Mellorar o grado de coñecemento teórico sobre competencias que permita realizar a integración e desenvolvemento do currículo coa inclusión no mesmo das competencias básicas. Ordenar os distintos elementos (obxectivos, contidos, etc.) que conforman cada
unha
das
competencias
nos
deseños
curriculares. Definir e seleccionar as tarefas adecuadas para que o alumnado aprenda os elementos que conforman a competencia. Elaborar os criterios de avaliación para avaliar o logro das competencias,
prestando
especial
atención
as
tarefas
seleccionadas. Xerar o informe final de curso atendendo a consecución de competencias básicas segundo as pautas acordadas no plan de mellora do curso 2009-2010. Accións que se van desenvolver - calendario As accións e a súa temporalidade será a seguinte: As accións formativas levaranse a cabo no primeiro trimestre do curso, no que o profesorado será informado, e formado, de forma presencial, mediante a participación de expertos no tema (20 horas aprox.). Tamén se efectuarán, nas sesións programadas a tal fin, intercambio de ideas, experiencias e recursos sobre o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo entre os membros da comunidade educativa.
Páxina 5
Nas sesións das avaliacións efectuaranse, en cadernillos, elaborados para tal fin o grado de adquisición das competencias básicas por parte do alumnado. Unha vez finalizada a sesión estableceranse unha serie de gráficas de control para comprobar a eficacia da sistemática empregada. O longo do curso os distintos departamento efectuarán as acción oportunas para poder levar a cabo a dinámica de implantación e verificación do seguimento do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo. Nos meses de abril e maio realizaranse xuntanzas de análise de resultados do elementos controlados para establecer a eficacia e control de todos os sistemas redactados. Criterios de avaliación O sistema de avaliación do plan de autoavaliación e mellora, unha vez realizados o primeiros pasos de redacción, comunicación e formación do profesorado para a aplicación da nova sistemática do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo, será mediante enquisas de verificación do grao de logro e satisfacción do alumnado, do profesorado e das familias do alumnado. Apoios necesarios Para
a realización deste proceso de mellora da avaliación
necesitaremos: Apoio e coñecemento do proxecto da comunidade educativa.
Páxina 6
Tamén será necesario o apoio do CFR de Ferrol para poder acadar certificacións de formación para entregar o profesorado que realice o proceso de formación interno do proxecto de mellora. Implicación da inspección educativa para o control e supervisión do sistema realizado. Poder dispor de tempo durante o calendario escolar para a realización das tarefas de formación do persoal do centro. Necesidades formativas. Unha vez elaborados os documentos polo grupo de redacción dos mesmos estes serán comunicados en sesións formativas a Comisión de Coordinación Pedagóxica e de seguido o resto do claustro para a súa aprobación e posterior utilización. Será necesario e están programadas a realización de charlas formativas e informativas, levadas a cabo por persoal cualificado, sobre a problemática do emprego das competencias básicas do desenvolvemento do currículo, da sistemática da presentación e elaboración de programacións e memorias e a súa viabilidade e aplicación en centros educativos… Ademais sería interesante poder ter sesións informativas de recordatorio sobre o traballo realizado neste curso 2010-2011 para o persoal de nova incorporación no centro de forma definitiva.
Páxina 7
Necesidades orzamentarias As necesidades do proceso de mellora serán máis bens funxibles de papelería e material informático, para poder realizar e levar acabo a tarefa de redacción deseño, maquetación, impresión e os custos das horas de docencia impartidas por persoal cualificado para a formación do profesorado do centro cos documentos que deriven da realización do proxecto de mellora da calidade da educación. Polo tanto solicitamos o máximo dispoñible para a realización deste proxecto de plan de autoavaliación e de mellora no centro. Relación nominal de participantes Na aplicación deste proxecto de plan de mellora participará o seguinte profesorado (anexo I).
Páxina 8