1 minute read
PROTOCOLO PRÉSTAMOS BIBLIOTECA
BIBLIOTECA IES DO CASTRO
PROTOCOLO DE PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS
Advertisement
HORARIO DE BIBLIOTECA
DE LUNS A VENRES
11:30-12:00
A SOLICITUDE dos libros será realizada no seguinte enderezo: prestamosbibliotecaiesdocastro@gmail.com
No correo de petición fará constar:
ASUNTO: NOME DO ALUMNO/A CURSO ( NIVEL E LETRA) E NÚMERO DE LECTOR. CORPO DA MENSAXE: TÍTULO DO LIBRO E AUTOR.
A RECOLLIDA dos préstamos farase na biblioteca no día indicado no correo que o lector recibirá no seu enderezo electrónico de contacto.
NA RECOLLIDA dos libros gardarase a fila correspondente mantendo as distancias de seguridade e a sinalización do chan. Só poderá vir o alumno/a que teña CITA para recoller o préstamo. Intentade evitar aglomeracións no corredor da biblioteca.
A DEVOLUCIÓN dos libros farase deixando os libros a devolver nas caixas habilitadas nas portas de acceso ao centro A e C e na entrada da biblioteca.
A data de devolución será de 15 días desde a recollida do préstamo na biblioteca. Non haberá renovación de préstamos ,cando haxa poucos exemplares, co fin de que todas e todos poidan dispoñer de libros.
O ACCESO á biblioteca non é posible, agardarase sempre a chegada do profesor de garda. A biblioteca non está habilitada neste curso nin para xogos nin para uso de ordenadores.
●Esperamos a vosa colaboración ,dadas as actuais circunstancias, tanto á hora da recollida dos libros como a vosa boa disposición e axilidade na devolución dos préstamos na data indicada.