BIBLIOTECA IES DO CASTRO BOLETร N INFORMATIVO 1ยบ TRIMESTRE
Dende o día 17 de setembro a biblioteca do IES do Castro abriu as súas portas. Novos/as alumnos e alumnas chegaron ao centro. Tamén novos profes. O equipo de biblioteca este curso aumentou en dous profesores, o que permitiu a ampliación do horario de atención en dúas horas , unha na tarde dos martes e outra na tarde dos xoves. Neste novo curso son algunhas as novidades que preparamos para todos vós. O blog da biblio é unha destas novas: http://bibliotecadocastro.blogspot.com E un blog para o club de lectura: http://lecturasdocastro.blospot.com
Novidades Carné de biblioteca: Está a vosa disposición un carné de biblioteca que servirá para identificaros á hora de facer os préstamos e devolucións. Se queredes ter o voso, ide á biblio, levade unha foto recente e volo daremos no momento.
FORMACIÓN Neste 1º trimestre o alumnado do 1º ciclo recibiu as súas sesións de formación de usuarios. Estánse a celebrar as formacións do 2º ciclio da ESO.
O LECTOR OPINA Con este nome inaugurouse no blog unha sección para que os nosos lectores poidan expresar a súa opinión sobre as súas preferencias literarias, cinematográficas e musicais.
ANÍMATE E PARTICIPA CLUB DE LECTURA
O club de lectura iniciou a súa andaina. Neste curso incrementouse o número de alumnos, e mesmo de profesores. Contamos ademáis cunha nova coordinadora, Concha Otero. O libro que neste primeiro trimestre estamos a ler é Areaquente de An Alfaya. O alumnado de 1º da ESO vai ler Corredores de sombras de Agustín Fernández Paz
NOVIDADES EDITORIAIS LECTURAS PARA NADAL Chegan xa a vacacións de Nadal, tempo de lecer e de pasar o rato disfrutando cos amigos e a familia. Para ese momentos nos que vòs apetece un bo libro, van aí as nosas recomendacións de lecturas.
1º CICLO ESO
A expedición dos libros Vicente Muñoz Puelles Ed . Oxford
Cuentos y poemas para un mes cualquiera Jordi Sierra y Fabra Antonio Garcia Teijeiro
2º CICLO ESO E BACHERELATO
Todo é silencio
El tiempo entre costuras
Manuel Rivas
María Dueñas
de. Xerais
Inès y la alegría
El sueño del celta
Almudena Grandes
Mario Vargas Llosa
Ri単a de gatos
El tiempo entre tanto
Eduardo Mendoza
Carmen Amoraga
PARA TODAS AS EDADES
GUINNESS WORLD RECORDS 2011
PARA DOCENTES
El profesor en la trinchera José Sánchez Tortosa