V concurso de relato curto 2017

Page 1

2017

V CONCURSO DE RELATO CURTO

BIBLIOTECA IES DO CASTRO 01/01/2017


V CONCURSO DE RELATO CURTO 2017

BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


E UN DÍA MÁIS... Como todas as mañás, respirou fondo, concentrouse e empezou a prepararse, paseniño. Duchouse, vestiuse, almorzou e arreglouse. Finalmente, buscou no seu peto o espello de man e observouse detidamente. Todo estaba perfecto, o rímel, o pelo e o carmín. Mirou o reloxo: as oito menos cuarto. Iso significaba que, un día máis, chegara a hora. Unha vez alí empezou a camiñar a paso lixeiro. Cada vez había máis xente. Así sentíase máis segura. Mirou a un lado e ao outro. Entón viuna, viu a persoa que estaba buscando. Achegouse a analizou todo o que acontecía ao seu redor. Cada pequeno detalle importaba. Pero todo parecía correcto, non había nada fóra do normal. De repente, deuse conta de que o seu corazón latía a mil por hora. Respirou moi amodo e tranquilizouse. Sabía que aquilo era simplemente emoción, así que puxo a mente en branco e concentrouse no que tiña que facer. Un..., dous... e tres! E un día máis, un viaxeiro perdeu a súa carteira ás oito da mañá no metro de Madrid.

Irea Obeso Állvarez

2º ESO B

1º PREMIO 1º CILO ESO


Unha mergullada

Eu vivo na Praia dos Afogados. Non sabía que se chamaba así ata que ao meu irmán maior mandáronlle ler no colexio a novela de Domingo Villar con ese título e a miña nai comentou, que a trama se desenvolvía na nosa praia. As correntes, dixo como a cousa máis normal do mundo, con esa expresión súa na que todo asemella cotiá, traen á praia toda clase de cousas dos naufraxios, pedazos de aparellos, enseres e, ás veces, cadáveres. E a imaxinación e as ganas de aventuras encheron os parágrafos deste relato. Así,o seguinte domingo a esta revelación decidín sair a mergullar co obxectivo de atopar algo. Debo dicir que non era novidade, soía sair a facer submarinismo dúas ou tres veces ao mes, pero si era a primeira vez que me mergullaba emocionada e nerviosa. Pois como no conto da Leiteira xa imaxinara descubrindo dentro dunha cova de difícil acceso, un montón de moedas de ouro. A mañá era fría e o ceo encapotado axudaba a crear unha atmosfera de película. Metinme na auga.. Durante a primeira hora non atopei nada. Levantaba as algas das rochas, metía a miña man nas fendas, pero aparte dalgún pequeno crustáceo amedrentado pola miña invasión, non había nada. Empezaba a arrepiar, de feito outro día calquera xa volvera á casa, pero hoxe non podía. Collín aire e volvín baixar, ao mover unha rocha pesada o atopei. Tiven que subir a coller aire pois da impresión baleirei os pulmóns. Ao volver ao fondo o tesouro seguía alí. Collino e tornei á casa cun sorriso enorme. Entrei berrando, chamando a toda a familia. Deixei o tesouro enriba da mesa do comedor e a miña nai apareceu correndo e díxome:“Saca esa porquería da mesa, dúchate e ponte a facer os deberes”.

LoLa Matamoro Gómez de los Infantes 2º ESO B


2ยบ PREMIO 1ยบ CICLO ESO LOLA MATAMORO


1936 7/8/1936. Nicolás, 6 anos Agora mesmo estou agochado nun recuncho detrás do sofá porque un terrible Dragón que cospe lume está a loitar contra o meu pai no portal, pero non teño medo, meu pai é moi forte , coma Superman. 19/8/1936 O meu pai non puido derrotar ó Dragón , ou polo menos non volveu pola casa; seguro que ao Dragón non lle gustou moito a cor da cruz que leva meu pai no pescozo e á que lle pide moitas cousas. 3/9/1936 Uns homes vestidos de domingo encontráronme detrás do sofá, no que levo xa uns días agochado polo medo que me da os ruidos que fai o Dragón. 4/9/1936 Creo que me van levar ao campo ; espero que sexa onde o meu avó ten a casiña de madeira. Os señores dos que vos falei antes creo que tamén saben o do Dragón porque estaban a falar do meu pai. 6/10/1936 Xa levo uns días no campo e non me deixan parar de traballar e tampouco como moito , espero que papá veña pronto a buscarme. O Dragón levouse a vida de Nicolás como a moitos outros nenos ese ano. Os Dragóns invadiron España un tempo , pero logo marcharon.

Morreron case 600.000 persoas como Nicolás durante a Guerra Civil Española. Maria Canosa Otero 2º ESO A


Atrapada Escoitaba continuamente o son da miña respiración. Inspira, expira. Un compás que nunca remataba. Inspira, expira. Ás veces unhas voces afastadas alteraban a miña música. Unhas voces que cada vez ían perdendo a esperanza, voces ás que nunca volvería poñer cara. Inspira, expira. De cando en vez notaba un tacto cálido nunha man ou nun brazo. Iso dábame ganas de volver, mais non podía. Inspira, expira. Cando abrían as xanelas da habitación notaba a brisa fresca da primavera, e a calor sufocante do verán. Inspira, expira. As noites de tormenta pasábaas escoitando aquel son monótono, temendo polos tronos que caían, pero eu permanecía atrapada. Inspira, expira. Cada día que se sumaba á miña permanencia nesa gaiola escura, era longo e aburrido, pero eu debía permanecer alí, inerte. Inspira, expira. Se alguén me dera outra opción, faríao, pero non podía aturar máis alí atada. Inspira, expira. Desde o primeiro día dentro daquel espazo de penumbra albiscábase unha luz nun recuncho, sempre estivera alí, pero nunca me chamara con tanta forza. Inspira, expira. Así que camiñei, mantendo o ritmo lento da respiración. Inspira, expira. Con cada paso que daba sentíame máis lixeira. Inspira, expira. E cheguei aquí. Xa non hai ningún ruído. O meu alento xa non está. Xa nunca máis volverei escoitar esas voces, nin sentir nada. Pero son libre, xa non me ata nada. Andrea Amoedo Fernández 4ºEso B

1º PREMIO 2º CICLO ESO


Prisión As paredes desta maldita celda non fan máis que aproximarse unhas a outras. Cada día que pasa síntome máis comprimido, máis sucio. As noites roubáronme os días e reinan nunha escuridade perpetua e densa, infinita. Son completamente inocente. Non paro de repetilo na miña cabeza, coma un mantra, coa esperanza de que se o penso moi forte poderei derrubar os muros que me atan a esta inmensa soidade. Pero está claro que é imposible. Hai un pensamento, o peor de todos, que me recorre sen descanso. Non podo deixar de preguntarme se alí fóra xa non existo, se desaparecín das vidas dos que me rodeaban sen deixar rastro. Dóeme especialmente porque sei que fixen todo o que estaba na miña man para compracelos e facelos felices. Iso tamén está moi claro. Nunca fun nada para ninguén, tan só unha ferramenta. Sigo esperando con impaciencia o día en que alguén repare nesa teteira metálica. Daquela xa terá collido o suficiente pó para espertar as ansias de limpeza dalgún incauto. Non terei compaixón. A liberdade non volverá a abandoar nunca a este vello xenio. Eva Salvado Fernández 4º ESO B

1º PREMIO 2º CICLO ESO


PREMIOS CONCURSO DE RELATOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.