Os campos de concentración nazis na segunda guerra mundial
OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN Reciben o nome de campos de concentración ou internamento, os recintos pechados de confinamento de prisioneiros en masa en períodos de guerras e conflictos, que non ofrecen garantías xudiciais. Aparecen rexistrados por primeira vez na guerra civil norteamericana (1865), e mesmo na guerra de independencia de Cuba en 1896; neste segundo caso os campos foron chamados polas autoridades españolas campos de reconcentración, logo virían os campos das guerras coloniais como as dos boers en Sudáfrica, a primeira guerra mundial….
OS CAMPOS ESPAÑOIS Durante a guerra civil española e durante a posguerra (de 1936 a 1947) xeneralizanse no noso pais, neste caso na súa versión de campos de traballo, no que os prisioneiros debian realizar traballos nun rexime de semiescravitude en grandes obras do estado, ou ben traballando para empresas privadas adxudicatarias de obras públicas. Un exemplo destacado é a construcción do Val dos Caidos, gran monumento funerario erixido en honra dos vencedores da guerra civil, (os nacionais), e onde foron enterrados José Antonio Primo de Rivera, e posteriormente, en 1975, Francisco Franco. Paradoxicamente o monumento foi erguido polos prisioneiros “rojos” vencidos e derrotados na contenda.
"Valle de los Caidos"
Outros campos foron establecidos en Sevilla, León, Miranda del Ebro, Mallorca, Formentera, Gran Canaria…..O campo de Castuera en Badajoz, en funcionamento entre abril de 1939 (ao finalizar a guerra) e febreiro de 1940 é un exemplo de que os campos españois foron “un ensaio” dos campos de exterminio alemáns. Neste campo foron confinados entre 5.000 e 9.000 presos, distribuidos en 70 barracóns.
Prisioneiros republicanos na praza
Mulleres republicanas rapadas en Oropesa
de toros de Santander
Tamén foron construidos campos de concentración, reclusión… para os españois que chegaban a Francia buscando asilo, ao finalizar a guerra civil. Algúns deste campos atopabanse na praia, dificultando a vida cotiá. Os seus moradores converteronse sen embargo, na segunda guerra mundial, en elementos fundamentais da resistencia francesa fronte á ocupación NAZI. Eles, os antigos “prisioneiros”, tiñan experiencia bélica e deberon ensinar aos franceses a usar armas, montar bombas….
Recibimento francés
Os españois capturados polos alemáns nesta contenda (a súa segunda guerra), foron recluidos nos campos de traballo. O goberno español declarounos apátridas, e foron tratados con gran dureza. O campo que contou con máis españois foi o de MAUTHAUSEN (consultar o mapa), que contaba con máis de 7.000 españois dos que sobreviviron uns 2.000, pero tamén tiñan presenza española DACHAU (onde houbo alomenos un galego traballando nos fornos crematorios), BUCHENWALD etc… Un dos prisioneiros de MATHAUSEN foi o valenciano Vicente Foix, quen pola súa profesión de fotógrafo encargouse durante o seu cautiverio do arquito fotográfico do campo. Xunto con outros, a resistencia española do campo, salvou os negativos testemuñas das barbaridades nazis, negativos que foron utilizados nos xuizos de Nurenberg, aos que acudíu como testemuña de cargo contra os mandos do exército alemán culpables das atrocidades dos campos. Grazas a eles foron condenados alguns dos verdugos.
OS CAMPOS NAZIS Durante a segunda guerra mundial os campos de concentración adquiren unha nova dimensión, ao engadirense aos campos de confinamento e traballos (forzados), os campos de exterminio, que como o seu nome indica foron deseñados para eliminar fisicamente aos inimigos políticos e de raza, aqueles seres que sobraban, segundo o nacismo e o fascismo, na sociedade. Neles foron confinados e exterminados, xudeos, xitanos, outras minorías étnicas, prisioneiros políticos non aptos para o traballo, enfermos mentais e físicos, homosexuais, desafectos ao fascismo…..
Ubicación dos campos de concentración nazis
AUSCHWITZ O campo máis coñecido e mortífero é AUSCHWITZ, un macro campo formado por tres menores, sendo a máis importante deles, Auschwitz-Birkenau,(de 2 km x 2.5 km de perímetro rodeado de arames de espiño electrificado), o campo de exterminio, posiblemente o máis coñecido no mundo. Todo o complexo foi levantado polos nazis a 60 km ao oeste de Cracovia, Polonia, en maio de 1940, e permaneceu en activo ata Xaneiro de 1945, momento no que foi liberado polas tropas soviéticas. Nel foron asasinados entre 1 millón e millón e medio de persoas, (xudeos, xitanos, intelectuais polacos, soldados soviéticos, opositores políticos….). Todos eles estiveron vixiados por uns 1000 homes e unhas 200 mulleres das SS, en diferentes períodos, pasando polo campo uns 6500 en total, dos que so 700 foron xulgados polos seus crimes.
Vista aerea dos campos de Auschwitz Na súa entrada estaba inscrita en alemán a frase Arbeit macht frei, “o traballo libera”, grande paradoxa nun centro de reclusión e morte.
“O traballo libera” Os prisioneiros chegaban a el en trens de mercadorias procedentes de toda Europa despois de varios días de penosa viaxe, e entraban directamente no campo onde eran seleccionados segundo a súa condición física para pasar a cada un dos tres subcampos, os fortes e novos, aos campo de traballo, os vellos, enfermos… ao de exterminio para seren suprimidos…homes e mulleres eran separados, e as familias dispersadas. Existía
asemade uns pavillóns onde habitaban os escollidos polos médicos, nesa primeira selección, para experimentos médicos. Foi tristemente coñecido o doctor JOSEF MENGELE, quen realizaba macabros traballos sobre xenética, con “coellos de indias” indefensos, os prisioneiros, amosando especial interese polas deformidades ou anomalías físicas, tales como o ananismo, os xemelgos….. O despiadado científico escapou a Brasil ao finalizar a segunda guerra mundial, onde morreu tranquilamente en 1979.
Entrada de Auschwitz (Vias do tren)
Xudeos Húngaros chegando ao campo
Á espera da selección
Tras o proceso de selección todos debían deixar as súas pretenzas para seren requisadas polos soldados e os presos de confianza que se ocupaban da intendencia. Dábaselles a escusa de que era unha medida para a súa propia seguridade. Nunca se lles devolverían as maletas retidas, e todos os bens que os prisioneiros levaban consigo (o único que lles quedaba de valor), acababa nas arcas do réxime. Os verdugos procuraban ouro, alfaias e ata o cabelo dos presos, que eran rapados ca escusa de evitar os piollos.
Maletas "requisadas" (saqueadas)
Prisioneiros traballando para a empresa alemana IG FARBEN O seguinte paso era o da clasificación. Cada prisioneiro debería levar un número identificador tatuado na cara interna do antebrazo, o seu número sustitúe ao nome, roubándolles a estes homes e mulleres o único que lles quedaba a esas alturas do proceso, a identidade. Asemade entregabaselles o seu “uniforme”, o pixama de raias, que os acompañaba sempre, verán e inverno, con frío e con calor, suxo e descosido, logo dun tempo.
Número tatuado
Ficha de entrada con número e uniforme O sistema de identificación era complexo e tremendamente xerarquizado, nunha concepción racista do mundo cada quen ten o seu sitio, e todos son diferentes e inferiores a outros. O símbolo utilizado era un triángulo invertido, (no código de circulación alemán significaba perigo): •
amarelo ▼ para xudeos
•
vermello ▼ para prisioneiros políticos
•
verde ▼ para criminais comúns
•
azul ▼ para emigrantes
•
violeta ▼ para testemuñas de Xeová e Estudantes da Biblia
•
rosa ▼ para homes homosexuais
•
negro ▼ para mulleres asociais, mulleres homosexuais, prostitutas, vagos, maleantes, sin teito, inadaptados (xoves do swing), alcohólicos e adictos a drogas
•
marrón ▼ para xitanos
•
con varios delictos os triángulos superpoñíanse, no caso dos xudeos levou á estrela de David
Moitos dos presos levaban outras marcas, como unha letra para coñecer a orixe nacional dos confinados •
B para belgas (Belgier)
•
F para franceses (Franzosen)
•
I para italianos (Italiener)
•
P para polacos (Polen)
•
S para españois (Sicherheitsverwahrter —prisioneiro en detención preventiva— ou Republikanische Spanier —republicano español—)
•
T para checos (Tschechen)
•
U para húngaros (Ungarn).
O catálogo era inmenso; por exemplo Unha barra sobre o triángulo, da mesma cor que este, indicaba reincidencia Un círculo negro ◉ debaixo do triángulo indicaba que o prisioneiro pertenecía aos batallóns de castigo Un círculo como o anterios pero co núcleo vermello utilizábase para os prisioneiros dos que se sospeitaba intento de fuga. Un triángulo vermello ▲ indicaba a pertenencia ás forzas armadas Un brazalete marrón marcaba aos prisioneiros especiais… Tódolos prisioneiros levaban algún símbolo, a maioría dous e algúns ata seis.
Na liña xerarquizada do campo, na cúspide do escalafón (dos prisioneiros) estaban os prisioneiros relixiosos non xudeos, esto é, os violetas, testemuñas de Xeová seguidos polos presos políticos (triángulo vermello), en xeral respectados por todos; logo situábanse os comúns (triángulos verdes), elexidos polos guardiáns como Kapos, polo xeral crueis e tristemente famosos; a continuación estaban os xudeos (amarelo), maltratados por todos, gardas e outros prisioneiros; e finalmente no último escalafón estaban os triángulos rosas dos homosexuais e os negros, os asociais, igualados no mal trato aos xitanos.
A VIDA COTIÁ A vida no campo era moi dura. O espazo no que debían moverse os prisioneiros era reducidísimos. Nos barracóns hacinabanse os presos en literas estreitas, suxas e incómodas, sen sabas, e en ocasións sen mantas. A loita polo espazo sustituía á solidariedade. As letrinas colectivas e antihixiénicas atopábanse noutro pavillón. Orinar denoite era unha auténtica tortura, máis a viaxe era obrigada xa que a deficiente alimentación e os nulos coidados médicos provocaban que a maioría dos presos tivesen diarreas e outros efectos físicos non desexados.
As literas
As letrinas
As racións de comida entregadas aos prisioneiros consistían nun anaco de pan (moitas veces en mal estado), e nunca ración de “sopa” augada. A verdura, a carne ou outras exquisiteces eran un soño. As patacas eran o manxar máis exquisito. Ao mes de permanencia no campo as persoas estaban esqueléticas e irreconocibles. Existían excepcións, os presos de confianza, os das cociñas, os que establecían relacións
(sempre desiguais) cos soldados, todos estes podían conseguir algún extra que alongase un pouco máis a súa vida. Por suposto había trapicheos, roubos….Deste xeito moitos nin chegaban ás cámaras de gas, morrían na enfermería, en realidade unha estancia para desahuciados aos que non se lles aplicaba ningún remedio.
Pero houbo moitos prisioneiros que non chegaban a ver os pavillons, da selección pasaban ás cámaras de gas, “inxeniosa” idea que lle aforrou ao estado alemán en guerra, millóns de balas necesarias para os campos de batalla. As cámaras eran supostas salas de ducha na que eran introducidas ate 2.500 persoas por turno, que debían espirse. Dos surtidores no canto de auga saía un gas, o CICLON B, que asesinaba por asfixia en dez ou vinte minutos, segundo os casos; posteriormente os corpos eran retirados por outros prisioneiros supervisados por soldados, prisioneiros que vivían illados, e que extraían destes corpos inertes os dentes de ouro, e que revisaban orificios, recunchos, nos que os prisioneiros poderían agochar alfaias….tardaban unhas dúas horas en culminar o proceso. Os corpos debían esperar a ser cremados en fornos que traballaban as 24 horas do día, que non chegaban para tantos cadáveres, e que desprendían un olor diferente e aterrador que chegaba á vila de AUSCHWITZ. Os comandos de prisioneiros encargados deste traballo, os SONDERKOMMANDOS, sublevaronse en outubro de 1944, facendo saltar polos aires o KREMA IV (un dos 4 crematorios con cámara de Auschwitz-Birkenau).
Eran uns 250 que foron capturados e executados. Un mes máis tarde as SS destruiron as tres cámaras restantes ante a inminencia da derrota, para escaparen e borrar toda pegada das suas atrocidades.
Camara de gas
Fornos crematorios
No campo de exterminio chegaron a convivir ata 100.000 reclusos, nos outros dous, os de traballo, ligados ás empresas alemanas, entre 10.000 e 20.000. No verán de 1944 foron cremados ate 8.000 corpos nunca mesma xornada. Dos máis de 400.000 xudeos hungaros confinados no campo, non sobreviviron nin o 10%. Os xitanos aos que se lles aplicou a solución final foron uns 20.000.
Actividades Sinala os coñecementos que teñas sobre os conceptos seguintes que aparecen no libro implícita ou explicitamente CAMPO DE CONCENTRACIÓN: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ...................................................................................... CAMPO DE EXTERMINIO: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ .............................................................................................................. GUETO: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ........................................................................................ AUSCHWITZ: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ...................................................................................... FÜRHER: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ....................................................................................... HITLER: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ....................................................................................... IIIº REICH: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................
II GUERRA MUNDIAL: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ............................................................................. NAZISMO: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................. RACISMO: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ .................................................................................... ANTISEMITISMO: ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................ .......................................................................................
Visionado de O pianista de Roman Polanski (2003) O pianista é a historia real do pianista WladyslaW Szpilman (1912-2000), que sobreviviu á Segunda Guerra Mundial e ao holocausto xudeu.
1. Onde se sitúa a acción da película? E en que momento histórico? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. 2. Enumera as medidas antixudías que toman as novas autoridades: ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. 3. Cando se pecha o gueto de Varsovia? Cantos xudeus había na cidade? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. 4. Cales eran as condicións de vida no gueto? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ..................................................................................................................................................
5. Cando pecharon os alemáns o gueto pequeno? Que precisaban os xudeus para librarse das deportacións? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 6. Cando se produce a gran deportación? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 7 Cal é o destino dos deportados? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ...................................................................................................................................................... 8. Cando se produciu a sublevación do gueto de Varsovia? Cantos xudeus quedaban dentro? Canto tempo resistiron? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 9. Quen axudou a Wladyslaw despois de que escapase do gueto? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................ 10.Cando se produciu a revolta de Polonia? Cando rematou a guerra para este país? ...................................................................................................................................................... ................................................................................................................................................................. .......................................................................................................................................................
Visionado da película Europa, Europa Europa, Europa, é un filme de 1999, unha coprodución de Francia, Alemaña e Polonia, dirixida por Agnieszka Holland, baseada na historia real de Salomón Perel, un rapaz alemán xudeu, fillo de pais polacos, que viviu a 2ª guerra mundial só, no corazón do Reich, nas xuventudes hitlerianas.
1.Cal é a procedencia de Soly e da súa familia? Onde viven? ................................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. 2. Cal é o seu percorrido cara o leste? E por que? De que acontecementos concretos van escapando? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ...................................................................................................................................................
3.Como era a vida no orfanato ruso? Que acontecementos políticos soviéticos se reflicten na película? Había guerra entre Alemaña e a Unión Soviética? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 4.Que pasa cando Soly se atopa coas tropas alemás preto de Grodno? Cal é, segundo o comandante da tropa, o verdadeiro obxectivo desa guerra? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. 5.Como acaba sendo un heroe o noso protagonista? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 6.Por que viaxa a Berlín? Con que nome? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ..........................................................................................................................................
7.Cal era a obriga de todo membro das xuventudes Hitlerianas? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ........................................................................................................................................................... 8.Como se recoñece a un xudeu segundo os profesores de Soly? A que grupo racial pertencería el? Como son os arios? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ..................................................................................................................................... 9.Por que é tan perigoso o baño para o noso heroe? Que chega a facer para evitar a revisión médica? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................... 10.Quen lle salva a vida ao finalizar a guerra? Que foi da súa familia? ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ................................................................................................................................................................. ...................................................................................................................................................
Películas recomendadas
•
Adios, muchachos (Au revoir, les enfants). Louis Malle 1987
•
Competencia desleal. Ettore Scola 2001
•
Europa, Europa. Agnieszka Holland 1999
•
Holocausto (serie de TV). Marvin J. Chomsky 1978
•
La lista de Schindler. Steven Spielberg 1993
•
El pianista. Roman Polanski 2003
•
Roma ciudad abierta. Roberto Rossellini 1945
•
La Vida es bella. Roberto Benigni 1997
Para a II Guerra Mundial •
Enemigo a las puertas. Jean Jacques Annaud 2000
•
Stalingrado. Joseph Vilsmaier 1998
Para a Guerra Civil española e a represión franquista •
Las bicicletas son para el verano. Jaime Chavarri 1984
•
La hora de los valientes. Antonio Mercero 1998
•
El lapiz del carpintero. Antón Reixa 2002
•
Las largas vacaciones del 36. Jaime Camino 1976
•
Libertarias. Vicente Aranda 1996
•
A lingua das volvoretas. José Luis Cuerda 1998
•
Silencio roto. Montxo Armendáriz 2000
•
Soldados de Salamina. David Trueba 2002
•
Tierra y libertad Ken Loach 1996
•
Las trece rosas. Emilio Martínez Lázaro 2007
Libros recomendados
Sobre os campos de concentración e exterminio •Si esto es un Hombre. Primo Levi 1958 (ensaio) •Los hundidos y los salvados. Primo Levi 1989 (ensaio) •Maus. Art Spiegelman 2007 (banda deseñada) •La Tregua. Primo Levi 1963 (ensaio) •Viviré con su nombre, morirá con el mío. Jorge Semprún 2001 (novela biográfica)
Sobre as prisións franquistas e a Guerra Civil española •En las cárceles de Franco. Clemente Sánchez 2006 •Cautivos. Campos de concentración en la España franquista 1936-1947. J. Rodrigo 2005 (ensaio) •Los colores de la guerra. Juan Carlos Arce 2002 (novela) •Los esclavos de Franco. Rafael Torres 2000 (ensaio) •Los esclavos españoles de Hitler. José Luis Rodríguez Jiménez 2002 (ensaio) •Esclavos por la patria. Isaías Lafuente 2002 (ensaio) •Los girasoles ciegos. Alberto Méndez 2004 (novela) •O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas 1998 (novela) •Martina, la rosa número 13. Ángeles López 2006 (ensaio •novelado) •Soldados de Salamina. Javier Cercas 2001 (novela) •Las trece rosas. Carlos López Fonseca 2004 (ensaio) •Las trece rosas. Jesús Ferrero 2003 (novela) •La voz dormida. Dulce Chacón 2002 (novela)
Outros • El tiempo y la promesa. Concha López Narváez, Ed- Bruño • El camino. Miguel Delibes 113 • Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia. Lorenzo Silva (novela) • La ladrona de libros. Markus Zusak, Ed. Lumes. • EL niño con el pijama de rayas. John Boyne, Ed. Salamandra (Con ilustraciones de Gianni de Conno).