Encaixe

Page 1

IES Fr. MartĂ­n Sarmiento ENDL


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística quere achegarse , a través desta pequena mostra, a un dos saberes tradicionais que gardan as nosas mans e a nosa lingua: o encaixe ou renda Pontevedra foi un importante centro palilleiro, aínda que como oficio nunca foi dignificado nin recoñecido. Feito por mulleres, foi un complemento económico indispensable para a economía do agro e do mar, sobre todo na costa. Agora, a memoria dos paus, gardada durante séculos, o mesmo que o tecer redeiro ou a fiada, sempre femininos, abrolla de novo para recuperar o que nunca se debeu perder.

IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


IES Fr. MartĂ­n Sarmiento ENDL


IES Fr. MartĂ­n Sarmiento ENDL


Saberes tradicionais ..NAS NOSAS MANS IES Fr. MartĂ­n Sarmiento ENDL


•O encaixe é un elemento da nosa cultura tradicional e forma parte do noso patrimonio cultural.

•Defínese como un tecido ornamental e transparente, feito á man.Chámase así porque inicialmente estaba destinado a ser encaixado nun lenzo ou tea, de aí o seu nome.

•Non debe confundirse con bordados ou calquera labor con agulla, xa que o encaixe non precisa dun tecido soporte, se non que se realiza a partires unicamente dun fío

•Tamén se denomina renda, palabra procedente do alemán rand, que significa borde,debido a que adoita bordear outra peza, o que tamén se coñece como puntilla , por levar picos ou puntas.

IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•É unha técnica de encaixe consistente en tecer fíos enrolados en palillos, que fan de bobinas. O labor fíxase mediante alfinetes a unha almofada , seguindo un patrón perforado chamado picado

•Tradicionalmente facíase con liño, seda, lan e posteriormente con algodón. Actualmente introducíronse moitos tipos de fibras e tamén filamentos metálicos.

•En Galiza tamén se lle chama encaixe de Camariñas, pola súa presenza nesta vila e arredores, aínda que non é exclusivo desta zona IES Fr. Martín Sarmiento ENDL

•Hoxe, ENCAIXE DE CAMARIÑAS é unha marca representada por unha imaxe gráfica creada no ano 1997 polo Concello de Camariñas e rexistrada na Oficina Española de Marcas e Patentes.


•É o principal elemento para a elaboración do encaixe e habitualmente é construída pola palilleira . •A almofada tradicional de Camariñas consiste nun saco de tela con palla de trigo e centeo , que se varea con un pau para apertala ben.

•Ten dous paus chamados cornos ou cornas, para poder apoiala nunha cadeira, nun banco ou nun cabalete •Sobre ela colócanse o resto dos elementos para palillar IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•O mundiño é un tipo de almofada , de orixe burguesa. Destinábase a encaixes estreitos, con poucos pares de palillos. •A almofada burguesa consistía nunha caixa de boa madeira con un rolo incorporado, sobre o que se facía o encaixe ao tempo que se recollía o labor, ou ben dun mundiño redondeado sobre o que se sitúa o rolo.

IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•Peza de cartón furado polo cal se vai seguindo o modelo.

•Faise pinchando o cartón cunha subela ou picadora, preferentemente seguindo un modelo en papel , ou a partires dun cartón antigo e incluso dun encaixe. •O traballo do picado é de gran importancia para elaborar un encaixe

•Ata hai pouco tempo, esta tarefa era realizada polos homes; agora son as propias palilleiras e outras mulleres especializadas nesta tarefa as que confeccionan os picados. IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•Aínda que se continúan facendo os picados tradicionais, tamén se fan novos deseños IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•Picado ou cartón, que serve de patrón para tecer o encaixe


•Os palillos son peza de madeira torneada na que se enrola o fío que se utiliza para tecer o labor.

•Antigamente os palillos facíanse a navalla , coa madeira que se atopaba cerca da casa ou taller: buxo, bidueiro, nogueira,ameneiro, oliveira, pino. •A partires do século XVIII fixéronse xa con torno de pé.Actualmente fabrícanse en serie

•A súa lonxitude é de 11 a 15 cm. O seu peso é moi importante. Todos deben ter un peso similar

IES Fr. Martín Sarmiento ENDL

•Os mariñeiros que ían ver ás mozas ás palilladas, gravaban os seus nomes e frases ou debuxos para as súas namoradas

•As palillas son como palillos con un corpo máis groso que permiten diferenciar as guías. Úsanse con principiantes e tamén indistintamente como palillos .


•O fío antigamente era de liño ou seda. Actualmente úsase de maneira habitual o de algodón, branco ou de cores, aínda que tamén liño, seda , outras fibras e tamén fíos de materiais diversos •Varios pares de palillos, con unha palilla en primeiro plano

Nun palillo distínguense as seguintes partes: •Puño ou cabeza: parte superior do palillo, con dous topes entre os que se sitúa a caixa. •Caixa: lugar para colocar o fío, situado entre os dous topes. •Corpo: zona máis longa pola que se agarra o palillo. De decoración moi variada. •Remate: situado ao final do corpo, con unha finalidade estética. IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•Alfineteiro: bolsa de tea, chea de serraduras ou de fías. Nela crávanse os alfinetes , que se irán sacando para colocalos no picado. Colócase ao lado dereito da almofada. •A palleta é un anaco de madeira que se coloca entre os cornos para ir recollendo o encaixe a medida que se realiza. •A bolsa do fío garda as bobinas e evita que se lixen.

IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


•A coira é un anaco rectangular de coiro que se coloca debaixo dos palillos, co fin de que esvaren mellor e de evitar o deterioro da tea da almofada.

•Antigamente eran de pel de ovella ou coello, pero na actualidade son sintéticas. IES Fr. Martín Sarmiento ENDL


As palilladas eran xuntanzas de mulleres que se reunían para facer encaixe, polo xeral na casa dunha delas. Tiñan tamén a función de escola de aprendizas.A súa orixe remóntase a varios séculos.

Colocaban un banco de madeira no centro e sentábanse no chan.As maiores colocábanse a un lado do banco, e as máis novas fronte a elas. Reunirse para palillar permitía tamén aforrar enerxía. A luz procedía de lámpadas de carburo e de gas, que se pagaba entre todas.

Levábanse a cabo de luns a sábado, no meses de setembro a marzo, na época de menor actividade agrícola . Duraban todo o día, a veces ata a madrugada, e asistían palilleiras de tódalas idades . Os domingos lavaban os palillos, enchíanos de fío e limpaban. Estaba dirixida por unha das palilleiras máis vellas.


Cada día había que rematar unha tarefa, polo que se palillaba ás veces ata o amencer, para evitar o castigo. Pero as palilladas eran tamén lugares de conversar, cantar e tocar, bailar e mocear, como ocorría tamén nas fiadas ou noutras xuntanzas de traballo

Chamábanse caseteiras as palilleiras que se dedicaban exclusivamente ao labor do encaixe. As que traballaban a terra palillaban cando había mal tempo ou de noite.

Hoxe as palilladas perderon en parte a súa natureza, aínda que seguen sendo un punto de encontro de palilleiras.


Palillada fotografada por Ruth Matilda Anderson.As mulleres sentan no chan e apoian a almofada nun banco central.


•A súa orixe é incerta. O adorno téxtil sábese presente en numerosas culturas e probablemente veu de Oriente Medio, a través de pobos que chegaron ao occidente de Europa.

•Inicialmente non se chamaba encaixe. Antes do século XV recibía nomes como randa, punto, cadenete, rede, desfiado, malla, franxa, blonda.. •A primeira denominación , “randa “ (na actualidade, renda) tiña o significado de“traballo na beira”. Cando remataba con picos, recibía o nome de puntos ou puntillas.


•Foi no século XV cando esta artesanía tomou o nome de encaixe, xa que se facía fóra e se encaixaba na tea.

•A partires do século XV aparecen referencias en documentos de índole diversas: inventarios, herdanzas, dotes. Neste século, o Conde de Andrade marcha a Flandes, con tropa da comarca de Pontedeume, que volveu acompañada de algunhas mulleres flamencas que coñecían o encaixe e o espallaron.

•Tecnicamente é un encaixe chamado de guipur, considerado curmán dos encaixes franceses, estando presente como tal en Galiza dende o século XV, aínda que os seus pasos están pouco estudados.

•Foi tamén o Camiño de Santiago unha vía de entrada do coñecemento europeo do encaixe.

•No século XVIII, e a pesares da competencia doutros centros encaixeiros e da precariedade das vías de comunicación, en Galiza expándese a manufactura do encaixe, chegando a non ser suficiente o liño de produción autóctona


•Dende o século XIX deixou de ser un encaixe popular, para converterse noutro de técnica máis complexa.

•A finais do século XIX e principios do XX , a emigración galega levouno a América . Exportouse en cantidades que chegaron a contarse por toneladas . Esta actividade comercial apoiábase nos libros de mostras e principalmente levábase a cabo coas puntillas en entredous que se vendían por metro.

•Coa guerra civil decaeu o comercio exterior. Na posguerra decaeu a complexidade, a gama de modelos e a calidade do encaixe .

•Inicialmente utilízase o liño, que a partires do século XX será substituído polo algodón .


Moitos encaixes clásicos teñen nome propio: A FIEITA, A FIEITIÑA, O TORTIÑO, O GANAPÁN, O ACORDEÓN, A SIMONA, A PLUMILLA, A XITANA.. E moitos outros

Encaixe clásico denominado A SIMONA


•PÉ: parte pola que o encaixe se une ao tecido. •Hai distintos tipos de pés.

•PUNTILLA: beira do encaixe que queda libre, sen coser á tea. •Hai arcos, cunchas, berberechos, corazóns.. •PUNTOS BÁSICOS DO ENCAIXE: par enteiro, medio par,punto de antena, filigrana,arañas, zurcidos ..

•PUNTO DE MEDIO PAR

•ZURCIDO EN FOLLA



Camariñas non é o único lugar onde se fai encaixe. Palíllase en toda a costa e en algúns lugares do interior.

A denominación “Encaixe de Camariñas “ é unha marca rexistrada, creada no ano 1997 polo Concello de camariñas

ZONAS ENCAIXEIRAS EN GALIZA Segundo a unidade didáctica elaborada por Mario Gallego e Xosé Manuel Castro e publicada na web do Museo de Encaixe de Camariñas (MECAM).



Instalacións do Museo do Encaixe, en Camariñas.

Anualmente ten lugar a Mostra de Encaixe de Camariñas


No castelo de Vimianzo hai unha Mostra de ArtesanĂ­a en Vivo, na que se poden ver antigos oficios , entre eles o do encaixe.


No territorio que hoxe corresponde á actual provincia de Pontevedra desenvolveuse antano unha importante actividade arredor do encaixe, aínda que sempre de forma irregular, sen horario, sen gremio e como complemento da actividade agrícola ou mariñeira da familia, tal como ocorría noutras zonas da costa galega.

O Catastro do Marqués da Ensenada no apartado de oficios femininos, ocupa o primeiro lugar o das palilleiras, que son 320, fronte a 291 mariñeiros, ou 40 costureiras, 21 fiadeiras ou 32 canteiros.

Xa Fr. Martín Sarmiento fala da industria e confección de encaixes, feitos polas mulleres

Unha característica distinta, respecto ás zonas palilleiras da costa norte é que raramente as palilleiras traballaban xuntas, non existindo as palilladas.

A actividade , sometida ás circunstancias políticas e económicas, á substitución do liño polo algodón, á decadencia do comercio de ultramar e á falta dun recoñecemento como oficio e polo tanto á posibilidade de formación, foi esmorecendo.


O asociacionismo dos anos 80 significou un cambio na posibilidade de formación nas técnicas do encaixe, nas vendas e na relación con outros centros encaixeiros: Camariñas, norte de Portugal, Almagro, Cataluña, Andalucía..

Hoxe hai un rexurdimento na recuperación e elaboración do encaixe, que se fai en moitos concellos da provincia de Pontevedra, sinaladamente nos da costa, como actividade ata certo punto profesional e tamén como afección


DISTRIBUCIÓN DO ENCAIXE EN ESPAÑA Segundo a unidade didáctica elaborada por Mario Gallego e Xosé Manuel Castro e publicada na web do Museo de Encaixe de Camariñas (MECAM)


Cartel dun encontro en Almansa, en 2013

Almagro é un dos lugares con importante tradición encaixeira en España









Ademais do fío branco de algodón utilízanse multitude de cores e tamén outras fibras téxtiles.


Novas aplicaci贸ns do encaixe en relaci贸n con campos como a moda e da xoier铆a, combinando e utilizando novos materiais .


Novas aplicaci贸ns do encaixe en relaci贸n con campos como a moda e da xoier铆a, combinando e utilizando novos materiais .


As almofadas modernas coexisten coas tradicionais

Actualmente coexiste a importancia de conservar a tradici贸n coa necesidade de introducir novos accesorios e materiais

Almofadas modernas versus almofadas tradicionais

M谩quinas para encher palillos


Palillar é, coma outros, un oficio tradicionalmente feminino, que pouco a pouco se vai desfacendo do clixé, sobre todo no ámbito do ocio e do tempo libre .


Avelina López Suárez, Avelina da Casmalla, palilleira de Camariñas, diante da súa almofada, con 92 anos.

Isabel García, de Viveiro, palillando en Vimianzo no ano 2.013, con case 96 anos.



O encaixe de palillo denomĂ­nase en Portugal rendas de bilros. Os palillos e a almofada son algo diferentes.

RENDAS DE BILROS . Vila do Conde. Portugal


Bibliografía: GALLEGO REI, MARIO. Encaixe pontevedrés na idade contemporánea.Deputación provincial de Pontevedra, 2.002 CASTRO MÉNDEZ, X.M . e GALLEGO REI, M. O encaixe.Unidade didáctica. tradicional.Publicación web do Museo de Encaixe de Camariñas (MECAM) CANOURA LEIRA, CONCEPCIÓN.Catálogo de encaixe galego tradicional.Publicación web na páxina do Museo de Encaixe de Camariñas (MECAM) CANOURA LEIRA, CONCEPCIÓN.Raizame do encaixe galego. Publicación web na páxina do Museo de Encaixe de Camariñas (MECAM).


Informaci贸n e imaxes nas seguintes ligaz贸ns web: http://ourensepuntodeencontro.blogspot.com.es/ http://fenecom.blogspot.com.es/2010/05/asociacion-cultural-o-tadetas-e-escola_18.html http://millocorvo.blogspot.com.es/ http://www.mecam.net/novas.php?id=15&idioma=gl&sec=3 http://www.vimianzo.es/turismo/?lg=gl http://www.finisterrae.org/info.php?informacion=25&idioma=es&sec=5 http://axouxerebolillos.blogspot.com.es/2011/10/palillada-en-tui-22-10-11.html http://encajeras.wordpress.com/tag/asociacion-de-palilleiras-filigrana-de-neda/ http://almagropost.blogspot.com.es/2013_03_01_archive.html http://www.almagromonumental.com/contact.html#anchor_1061 http://www.rendasdebilros.com/ http://www.almagro.es/museos/museo.htm http://merceriaoarco.es/blog/page/2/ http://artesaniadegalicia.xunta.es/es/publicaciones/encajes/cat%C3%A1logo-de-encaje-gallego-tradicional https://artesaniadegalicia.xunta.es/es/publicaciones/encaixes/raizame-do-encaixe-galego http://www.camarinas.net/mostra/ga/web/notic.php?idc=1 http://www.camarinas.net/turismo/ga/pdf/documentacion/unidad.pdf http://www.mecam.net/info.php?sec=15&idioma=gl http://www.mecam.net/tenda/index.php?id_empresa=31&idioma=gl http://rendas-de-peniche.blogspot.com.es/ http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/258060-xente-comunicativa-tiven-portas-abertas-ser-mestre


Ligaz贸ns web( continuaci贸n) http://es.wikipedia.org/wiki/Encaje_de_bolillos http://www.encajedebolillos.es/ http://encajerasdebolillos.blogspot.com.es/2013_03_01_archive.html http://www.catrogatos.com/2013/05/fabricantes-espanoles-del-sector-y-diversos-organismos-publicos-colaborancon-la-ii-feria-de-labores-de-a-estrada/ http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/07/30/0003_7878187.htm http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/04/16/portonovo-muestra-labor-palilleiras/640869.html http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/i-encontro-de-palilleiras-valga-10200.html http://galicia24horas.es/2012/07/impulso-de-formacion-especializada-a-la-artesania-gallega/ http://almeria360.com/provincia/17032013_mas-de-250-artistas-del-encaje-convierten-vicar-en-la-capital-delbolillo_66562.html http://www.escuelatlantico.com/noticias/2009Camari%F1as.htm http://encaixenaemao.blogspot.com.es/2013/10/ferramenta-de-traballo-almofada.html http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/11/11/hombres-palillar/663560.html http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/12/5448435.shtml http://manualidades.facilisimo.com/encajes http://www.concellodeames.org/nova.php?idioma=es&noticia=8754&sec=32 http://europeanworkshop.blogspot.com.es/ http://santamartadetormes.olx.es/pictures/mundillo-para-hacer-encaje-de-bolillos-iid-72234005 http://www.camarinas.net/camarinas_ofertas_turismo/oferta.php?id_language=2&id_info=39 http://www.elecodecartagena.es/index.php/tag/la-palma/ http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/10/07/levas-militares-desertores/692651.html


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.