como analizar unha pintura.3ºeso.2018-2019

Page 1

COMO ANALIZAR UNHA PINTURA

Nome………………………………………………………………………………………curso……………..

ARTISTA…………………………………………Título da obra………………………………………. DATA de CREACIÓN………………

LECTURA OBXECTIVA TEMA  Describir o cadro: Que ves?

      

Clasificación do tema: Relixioso Histórico Mitolóxico Retrato Costumbrista, vida cotidiana. Bodegón Paisaxe (existen distintos tipos)


Recorda que canto máis se parece á realidade máis icónica é.  A imaxe é realista, figurativa ou abstracta? É moi icónica ou pouco? Pistas: As figuras representadas teñen as súas formas alteradas, desproporcionadas ou non. Os contornos están pouco marcados ou non.

TÉCNICA  Que material utilizou a artista?: Óleo Fresco Acuarela Acrílico Lápiz Carboncillo Gravado Técnicas mixtas. etc

PUNTOS DE VISTA E TIPOS DE PLANOS

O punto de vista determina o ángulo de visión do que se ve. Este ángulo de visión pode alterar a perspectiva.


Os tipos de planos, tendo en conta que un plano é un fragmento de realidade que a artista decide plasmar, é un elemento que a pintora decide utilizar para salientar ou so mostrar diferentes aspectos da realidade.

 Que tipo de plano usou? Sinala o que conveña. Plano detalle PPP PP PM PA PE PG GPG

 Debuxa(cunha frecha) o ángulo de visión nesta obra.


PERSPECTIVA Recorda que esta PINTURA é unha imaxe 2D dunha escena en 3D. Comproba se a obra ten profundidade (3D)  Se as figuras vanse empequeñecéndo e facendo máis borrosas a medida que se alonxan do espectador.  Se as cores e as formas vanse difuminando a medida que se acercan ao fondo da pintura.

A COMPOSICIÓN O centro de interese nunha imaxe é cara a onde se nos vai a vista ao mirar. Soe coincidir cun punto importante da imaxe que o artista quere salientar. 

Cal é o centro de interese na imaxe?

O formato fai referencia ao soporte onde está a imaxe. Que formato ten? É horizontal ou apaisado, vertical, cadrado,  circular, triangular?


Debuxa na cela da dereita o  tipo de composición que utilizou a pintora. Por exemplo: os obxectos da composición agrúpanse en forma de triángulo, círculo, rectángulo, óvalo, S, V, L etc.

Forma da composición: Fíxate na distribución das  formas dentro co cadro.


A COR A cor transmite estados de ánimo ou sentimentos 

Predomina o debuxo ou a cor?

As cores se corresponden coa realidade?

Que tipo de cores usa? Son primarios ou doutro tipo? Son cálidos ou  fríos?...

Son luminosos ou apagados?

Que transmiten?  Parecen alegres, tristes...

A ILUMINACIÓN 

O tipo de iluminación usada é natural ou artificial?

Comproba se todas as partes están iluminadas con igual  intensidade.


Debuxa na cela da esquerda o  punto focal da fotografía cunha frecha que mostre de onde ven a luz. Ven da fronte, de lado, dende atrás, dende arriba, dende abaixo?


LECTURA SUBXECTIVA OU INTERPRETATIVA  Describe calquera idea social, política, histórica ou relixiosa representada na obra.

 Que cres que o artista estaba tratando de comunicar? Cal é a mensaxe ou significado detrás da obra?

 Cres que o artista acertou ao comunicar a súa mensaxe? Por que si / por que non? Que podería facer diferente?

 Algunha outra opinión persoal que queiras engadir.


Escribe o que sabes da artista. Esta muller foi unha excepción en canto ao xénero na súa época?Houbo outras mulleres que triunfaron na pintura no mesmo momento histórico?Da unha explicación. Descubriches porqué temos esa pintura dela neste centro?

Fai unha reinterpretación da súa obra, por exemplo variando a técnica utilizada. Explica que cambios fixestes respecto do orixinal e porqué.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.