Orientación traballos de plástica curso 2016- 17

Page 1

EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL. Ies de Mugardos. Arte no mercado. 1º ESO Esta actividade foi deseñada cun dobre obxectivo: Para traballar o noso tema de centro neste curso escolar "Nós, feminino plural". E para traballar contidos propios do currículo da materia de Educación plástica, visual e audiovisual de 1º de Eso como poden ser as técnicas artísticas, a textura, a cor, o punto, a liña e o plano. O primeiro que fixemos foi coñecer a algunhas mulleres artistas, investigar un pouco sobre a súa vida pero centrarnos na súa obra, tentando analizar os trazos, a cor, a técnica...para logo, sempre cun toque personal, intentar imitar o seu estilo. Como, por outra banda, queríamos colaborar na dinamización do mercado municipal, que mellor maneira que debuxar productos dos que se venden aquí.

Marcos para biografías de mulleres. 1º ESO Dentro do mesmo proxecto pero esta vez para traballar contidos plásticos máis xeométricos, xorde esta idea que servirá para facer un xogo con biografías de mulleres.

Mascota deportiva de centro. 1º ESO Traballo para crear un personaxe de cómic e así traballar ese contido, que fose feminino para visibilizar á muller nos deportes. Esta mascota feminina quedará como a propia deportiva do noso centro educativo.

Grafiti. 3º ESO Neste caso queríamos traballar elementos de expresión e comunicación da nosa linguaxe plástica,

desenvolvendo actividades e tarefas integradas, tanto individuais como en grupo, baseadas no proxecto de centro NÓS FEMININO PLURAL, de ahí, escoller como temática do grafiti “A Muller” Subobxectivos: ● Imaxes e grados de iconicidade: A linguaxe da imaxe. ● A cor e a súa simboloxía. ● Técnicas artísticas e proceso creativo. ● A muller e a publicidade.

Todos estes traballos están publicados no canal de you tube mgonper1@gmail.com marta glez perez na lista de reprodución trabajos alumnado IES Mugardos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.