Fases do proceso creativo.3º ESO.2018-2019

Page 1

Fases do proceso creativo Primeiro é necesario pensar que unha imaxe debe servir para comunicar algo. É, polo tanto, necesario poñerse no lugar do receptor desa imaxe e o seu contexto persoal e social. As principais fases deste proceso creativo son: •

Definición do obxectivo= que se quere dicir e a quen (normalmente esta definición a dou eu, pero vós, a tedes que ter presente sempre)

Documentación/Inspiración- é necesario informarse sobre outros produtos cos mesmos obxectivos e as características dás persoas ás que nos queremos dirixir. Onde podemos documentarnos? En diferentes fontes sería o apropiado. Canto máis vexades, máis posibilidades teredes de xerar ideas. Esta parte do proceso enlaza coa de inspiración dá que xa temos falado.

Selección de contido e avaliación de ideas- é preciso organizar a información, clasificala e ordeala, tentando separar o esencial do secundario. Durante esta fase, a relación entre o obxectivo e os datos recollidos deben suxerir as primeiras ideas, podería enlazar coa tormenta de ideas e coa posterior selección delas. Aquí empezariamos a plasmar formas, facendo bocetos. Neste mesmo punto volveriamos a aclarar o obxectivo, pensar en materiais, en técnicas e soportes; facendo probas de cor, de tipografía etc. xa coa idea seleccionada.

Execución- realízase a obra no soporte e técnica escollida como a máis adecuada para transmitir a idea.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.