C.E.P. SEQUELO
R/ Enrique Turrall, s/n. 36900- MARÍN Tel/fax.: 986880610 e-mail cep.sequelo.marin@edu.xunta.es
Marín, febreiro de 2015
INFORMACIÓN AOS PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS DE ALUMNOS DE 6º: RESERVA DE PRAZA PARA 1º DE E.S.O.
Estimados pais, nais e titores legais do alumnado de 6º: De acordo coa ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG. do 15 de marzo de 2013) e co Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o alumnado que desexe iniciar os seus estudos de 1º de E.S.O. no instituto ao que estamos adscritos, I.E.S. “Illa de Tambo”, ten que realizar a reserva de praza entregando ás titoras o documento que se acompaña
(anexo I) ata o día 16 de febreiro de 2015.
O alumnado que desexe continuar os seus estudos noutro centro de secundaria distinto do centro anterior terá que presentar, na secretaría do centro da súa elección, o anexo II entre os días 1 e 31 de marzo de 2015 (poden solicitar este impreso na Secretaría do colexio).
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director