Nof 2015

Page 1


CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO: Normas de Organización, funcionamento e Convivencia

ÍNDICE TÍTULO I TÍTULO II TÍTULO III Cap. I

Cap. II

TÍTULO IV Cap. I

Cap. II Cap. III Cap. IV

INTRODUCCIÓN DISPOSICIÓNS XERAIS Art. 1. NORMATIVA LEGAL Art. 2. ÁMBITO E NORMAS DE APLICACIÓN PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS Art. 3. PRINCIPIOS XERAIS Art. 4. OBXECTIVOS XERAIS ESTRUCTURA ORGANIZATIVA ÓRGANOS DE GOBERNO E REPRESENTACIÓN Art. 5. ÓRGANOS UNIPERSOAIS Art. 6. COMPETENCIAS DOS ÓRGANOS UNIPERSOAIS Art. 7. ÓRGANOS COLEXIADOS: Claustro e Consello Escolar Art. 8. FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS COLEXIADOS ORGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE, COMISIÓNS E DE-

5 6 6 6 8 8 8 9 9 9 9 11 13 14

PARTAMENTOS Art. 9. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA Art. 10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Art. 11. EQUIPOS DOCENTES Art. 12. EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COM-

14 15 17 19

PLEMENTARIAS Art. 13. EQUIPO DA BIBLIOTECA Art. 14. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN TIC Art. 15. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Art. 16. COMISIÓN DE CONVIVENCIA OS RECURSOS HUMANOS PROFESORADO Art. 17. DEREITOS E DEBERES Art. 18. ADSCRICIÓN Art. 19. AUSENCIAS DO PROFESORADO Art. 20. SUBSTITUCIÓNS Art. 21. OS PROFESORES/AS TITORES/AS ALUMNADO Art. 22. DEREITOS E DEBERES FAMILIAS Art. 23. DEREITOS E DEBERES Art. 24. ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS PERSOAL NON DOCENTE Art. 25. DEREITOS Art. 26. DEBERES

20 22 23 23 25 25 25 25 26 27 28 30 30 31 31 31 32 32 32

2


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Cap. V TÍTULO V Cap. I

Cap. II TÍTULO VI TÍTULO VII

ASOCIACIÓNS DE PAIS/NAIS DE ALUMNADO Art. 27. ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS ESCOLARES ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS COMÚNS Art. 28. AULAS Art. 29. CORREDORESS Art. 30. SALA DE PROFESORADO Art. 31. BIBLIOTECA Art. 32. AULA DE INFORMÁTICA Art. 33. SERVIZOS HIXIÉNICOS Art. 34. NORMAS DE USO DAS INSTALACIÓNS POR PERSOAL

34 34 36 36 36 37 37 38 39 40 40

EXTERNO AO CENTRO SERVIZOS ESCOLARES COMPLEMENTARIOS Art. 35. COMEDOR ESCOLAR Art. 36. TRANSPORTE ESCOLAR NORMAS DE CONVIVENCIA Art. 37. NORMAS XERAIS Art. 38. FALTAS, SANCIÓNS E GARANTÍAS PROCEDIMENTAIS NORMAS DE FUNCIONAMENTO Art. 39. ENTRADAS E SAÍDAS Art. 40. DESENVOLVEMENTO DAS CLASES Art. 41. RECREOS Art. 42. ASISTENCIA E PUNTUALIDADE: Alumnado e Profesorado Art. 43. SESIÓNS DE AVALIACIÓN Art. 44. ASEO PERSOAL E HIXIENE Art. 45. ENFERMIDADES Art. 46. CONTROL DAS PERSOAS QUE ACCEDEN AO CENTRO Art. 47. MEDIDAS ORGANIZATIVAS E PEDAGÓXICAS PARA O

42 42 45 47 47 48 53 53 56 57 59 60 61 61 62 62

PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN ED. INFANTIL Art. 48. ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E

64

COMPLEMENTARIAS Art. 49. ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES

65

ESPECÍFICAS Art. 50. MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA O ALUMNADO QUE NON

67

OPTE POLAS ENSINANZAS DE RELIXIÓN Art. 51. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE DETECCIÓN

68

DE ANOMALÍAS NAS INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO DO CENTRO Art. 52. A XESTIÓN ECONÓMICA Art. 53. ATENCIÓN AO ALUMNADO ACCIDENTADO Art. 54. CRITERIOS DE PROMOCIÓN DO ALUMNADO Art. 55. CRITERIOS DE AGRUPAMENTO DO ALUMNADO Art. 56. PROTOCOLO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO 3

68 69 70 72 73


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Art. 57.PROCEDEMENTO CANDO O ALUMNADO NON TRAE O MATERIAL DIDÁCTICO Art. 58. FUNCIONAMENTO DA AULA DE CONVIVENCIA Art. 59. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA AS AULAS EDIXGAL TÍTULO VIII DIVULGACIÓN E APLICACIÓN

4

74 75 75 82


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

INTRODUCCIÓN A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, de O Carballiño, está integrada por todas as persoas que participan na tarefa educativa: profesorado, alumnado, pais e nais e persoal non docente. O presente Regulamento establece as normas de funcionamento da vida académica no noso colexio, así como a relación entre os distintos elementos que compoñen a Comunidade Educativa. As ensinanzas impartidas no Centro axustaranse ás disposicións xerais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, así como ao presente Regulamento de Réxime Interno. Estas ensinanzas irán encamiñadas a consecución dos fins educativos explicitados no Proxecto Educativo do Centro, que en xeral será conseguir que o alumnado acade unha formación integral, adaptándose no posible ás súas capacidades e aptitudes. Para isto, propoñémonos desenvolver: 

As súas capacidades intelectuais e creativas, fomentando hábitos de estudo e traballo persoal.

As súas capacidades físicas e adquisición de actividades psicomotrices, fomentando hábitos de orde, limpeza, deportividade,...

As actitudes para a convivencia, fomentando hábitos de cooperación e respecto mutuo.

As actitudes de respecto, conservación e mellora do medio ambiente.

Este Regulamento nace da necesidade de garantir a actividade educativa do centro, fixando as canles de participación, organización e funcionamento dos distintos estamentos do centro educativo: alumnado, pais/nais e profesorado, favorecendo o funcionamento das distintas estruturas da institución e ordenando os recursos materiais e persoais para un mellor labor educativo. A actividade docente garántase dende un modelo de carácter democrático, baseado nos principios de liberdade, responsabilidade, convivencia e igualdade e no desenvolvemento da capacidade crítica e participativa de todos os membros. 5


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. NORMATIVA LEGAL Este Regulamento é un complemento normativo das bases legais que determinan o funcionamento e organización do centro, así como as actuacións dos seus diferentes membros: 

LOMCE e demais normas que a desenvolven.

Lei 9/2003 da Función Pública de Galicia.

R.D. 732/1995 (BOE 2-6-95) dos dereitos e deberes dos alumnos.

Decreto 374/1996 polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria.

Orde do 2 de xullo de 1997(DOG 2-9-97) que regulan aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e Primaria.

Lei de Convivencia (Lei 4/2011 do 30 de xuño) (Dog 15/07/2011).

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 8/2015 de 8 de xaneiro de 2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011 (Dog 27/01/2015)

Artigo 2. ÁMBITO E NORMAS DE APLICACIÓN A aplicación do presente REGULAMENTO afecta a: 

Todos os profesores/as do centro calquera que sexa a súa situación administrativa.

Todos os alumnos/as e aos seus pais, nais ou titores legais, desde que se matriculan no centro ata a súa baixa no mesmo. 6


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Todo o persoal non docente, contratado ou cedido por outras entidades.

Todas aquelas persoas ou entidades que por calquera motivo e temporalmente utilicen servizos da comunidade escolar.

7


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO II. PRINCIPIOS E OBXECTIVOS XERAIS Artigo 3. PRINCIPIOS XERAIS 1. A comunidade escolar está composta por alumnos, pais/nais, profesores/as e persoal non docente. Posibilitaranse o facilitaranse as relacións entre os distintos compoñentes dela. 2. Todos os membros da comunidade escolar teñen dereito a participar nas decisións dos órganos colexiados a través dos seus representantes. 3. Todos teñen dereito a expresar as súas opinions e defendelas gardando o máximo respecto á dignidade das persoas. Artigo 4. OBXECTIVOS XERAIS As normas de organización que se establecen neste regulamento están orientadas a: 1. A garantir un ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de xeito óptimo os recursos que o centro pon a disposición do alumnado. 2. A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de trato e non discriminación das persoas. 3. A corresponsabilidade dos pais e nais ou dos titores/as no mantemento da convivencia no centro, como un dos principais deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos/as. 4. Promover a resolución pacífica dos conflitos e fomentar valores que permitan mellorar o grao de aceptación das normas.

8


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO III. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA CAPÍTULO I ÓRGANOS DE GOBERNO E REPRESENTACIÓN O Centro escolar organízase a través dos órganos unipersoais e colexiados. Artigo 5. ÓRGANOS UNIPERSOAIS Son órganos unipersoais a Directora, a Xefa de Estudios e a Secretaria. Os seus nomeamentos, mandatos, funcións e ceses son os establecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Artigo 6. COMPETENCIAS DOS ÓRGANOS UNIPERSOAIS 6.1.Directora (As establecidas no artigo 132 da Lomce) 6.2.Xefa de estudos 1. Exercer, por delegación da directora e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente en todo o relativo ó réxime académico. 2. Substituír a directora en caso de ausencia, enfermidade ou suspensión de funcións. 3. Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico e de orientación de profesores/as e alumnos/as, en relación co proxecto educativo do centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. 4. Elaborar, en colaboración cos restantes órganos unipersoais, os horarios académicos de alumnos/as e profesores/as, así como velar polo seu estrito cumprimento. 5. Coordinar a actividade dos coordinadores/as de ciclo e responsables de nivel. 9


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

6. Coordinar e orientar a acción dos titores de acordo co plan de acción titorial. 7. Coordinar a participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento, así como planificar e organizar as actividades de formación de profesores/as realizadas polo centro. 8. Coordinar a actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación, adaptación curricular e actividades de recuperación, reforzo e ampliación. 9. Facilitar a organización do alumnado e impulsar a súa participación no centro. 10.Establecer os mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado, atención a alumnos/as accidentados ou calquera eventualidade que incida no normal funcionamento do centro. 12.Calquera outra función que poida ser encomendada pola directora dentro do ámbito da súa competencia. 6.3.A Secretaria 1. Ordenar o réxime administrativo do centro, de conformidade coas directrices da directora. 2. Actuar como secretaria dos órganos colexiados de goberno do centro, levantar acta das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace da directora. 3. Custodiar os libros e arquivos do centro coa colaboración dos coordinadores de ciclo e responsables de nivel 4. Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e os interesados. 5. Realizar o inventario xeral do centro e mantelo actualizado. 6. Custodiar e dispoñer a utilización dos medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou calquera material inventariable. 7. Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación da directora, a actividade e funcionamento do persoal de administración e de servizos adscrito ao centro. 8. Elaborar o anteproxecto de orzamento do centro de acordo coas directrices do concello escolar e oída a comisión económica. 9. Ordenar o réxime económico do centro, de conformidade coas instruccións do director/a, realizar a contabilidade e render contas ante o consello escolar e as autoridades correspondentes. 10


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

10.Velar polo mantemento material do centro en todos os seus aspectos, de acordo coas indicación da directora. 11.Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese xeral ou profesional que se reciba no centro. 12.Presidir, se é o caso, e, por delegación da directora, a comisión económica. 13.Calquera outra función que lle encomende a directora dentro do seu ámbito de competencia. Artigo 7. ÓRGANOS COLEXIADOS (Claustro e Consello escolar) 1. Son órganos colexiados o Claustro e o Consello Escolar. 2. O Claustro de profesoras e profesores está constituído pola totalidade do profesorado do centro. 3. Competencias do claustro: a) Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro e programación xeral anual. b) Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual, conforme o proxecto educativo do centro. c) Coordinar as funcións referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación do alumnado. d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado. e) Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, coa fin de que o profesorado de educación infantil a use na clase coidando á súa vez que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. f) Aprobar o procedemento que permita determinar de xeito individualizado o coñecemento da lingua materna dos alumnos e alumnas coa fin de que sexan atendidos adecuadamente. g) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxicas e na formación do profesorado do centro. 11


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

h) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director. i) Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellorar o funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos. j) Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos. k) Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación. l) Analizar e valorar o rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que consideren pertinentes. m)Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos ou candidatas. n) Coordinar as funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas. o) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que o centro participe. p) Informar as normas de organización e funcionamento do centro. q) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar porque estas se ateñan á normativa vixente. r) Promover medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro. s) Colaborar coa inspección educativa nos plans de avaliación do centro. 4. O Consello Escolar está constituído por: a directora, que é a Presidenta do Consello, a xefa de estudos, a secretaria do centro con voz pero sen voto, cin co mestras/es, cinco nais/pais dos que un é designada/o pola ANPA máis representativa, un/unha representante da administración e servizos, e un/unha representante do Concello. 5. Dentro do Consello Escolar funcionarán as seguintes comisións: Comisión Permanente, Xunta Económica, Comisión de Convivencia, Comisión de Admisión de Admisión de Alumando e distribución por edificios, Comisión de Igualdade, Comisión de Autoprotección do Centro. 6. Competencias do Consello Escolar: (As establecidas no artigo 127 da Lomce) 12


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Artigo 8. FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS COLEXIADOS 1. Reuniranse preceptivamente unha vez ao trimestre e sempre que o solicite un terzo dos seus membros. En todo caso reuniranse ao principio e final de cada curso. 2. A convocatoria ordinaria dos órganos colexiados deberá ser acordada e notificada cunha antelación mínima de dous días naturais. As convocatorias extraordinarias serán acordadas cunha antelación de 48 horas, e as de carácter ur xente pódense celebrar no mesmo día. 3. A orde do día será fixada no momento da súa notificación ás/aos compoñentes do Claustro e do Consello. 4. A orde do día será fixada pola directora que é a presidenta, tendo en conta as peticións dos demais membros que terán opción a engadir algún punto. 5. Calquera representante dun órgano colexiado pode solicitar a inclusión dalgún punto na orde do día sempre que se faga con vinte e catro horas de antelación para ser comunicado ao resto dos compoñentes. 6. Antes de cada reunión do Consello Escolar reunirase o Claustro. 7. Con posterioridade á reunión do Consello Escolar, informarase puntualmente ao Claustro dos acordos acadados. 8. O quorum para a válida constitución destes órganos será a de maioría absoluta dos seus membros. 9. Non poderá ser obxecto de acordo ningún asunto que non se atope na orde do día, salvo que a totalidade dos membros decida en votación que é un asunto urxente. 10.As actas serán asinadas pola secretaria co visto e prace do directora. 11.A aprobación ou non das actas farase na seguinte sesión, agás aquelas que rematen cun ciclo de representantes que poidan ser substituídos/as por outros novos ou novas. 12.Cando se someta a votación un tema, será aprobado se o ratifica a maioría absoluta. Nunha segunda votación aceptaríase a maioría simple. 13.Cando deba someterse algún asunto a decisión, calquera integrante do órgano poderá pedir que se faga baixo votación secreta. 13


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

14.A asistencia ás reunións dos órganos colexiados é obrigatoria para o profesorado.

CAPÍTULO II ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE, COMISIÓNS E DEPARTAMENTOS Artigo 9. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA 1. Estará constituída de acordo ao establecido legalmente. 2. Competencias: a) Elevar propostas ao claustro coa fin de establecer os criterios para a elaboración dos proxectos curriculares. b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme os criterios establecidos polo claustro. c) Asegurar a coherencia entre o proxecto educativo do centro, os pro xectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. d) Establecer as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo, de nivel e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares. e) Propoñer ao claustro de profesores/as os proxectos curriculares para a súa aprobación. f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa. g) Canalizar as necesidades de formación do profesorado cara o centro de Formación Continuada do Profesorado. h) Realizar, de ser o caso, a proposta a xefa de estudios coa fin de que se designe o/a responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares. i) Propoñer os/as profesores/as que han de formar parte do equipo de normalización lingüística. 14


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

j) Decidir a escolarización definitiva do alumnado procedente do estranxeiro, vistos os datos da avaliación efectuada. k) Informar a conveniencia ou non do cambio de aula de alumnado con problemas graves de relación e integración na aula e do que sufra acoso. 3. Reunirase unha vez ó mes e sempre que o tema sexa urxente e a proposta dunha maioría das/dos integrantes e/ou a petición do equipo directivo. 4. Levantarase acta de cada reunión. Artigo 10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 1. Estará constituído por: orientador que será o xefe do departamento, mestras/es de pedagoxía terapéutica, mestras/es de audición e linguaxe, coordinador/a de ciclo e responsables de nivel. 2. Funcións do departamento: a) Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado en coordinación co centro de secundaria e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elaborar as propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan. c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe deri15


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

vadas tanto de condición desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas. e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflitos de rela ción interpersoal. g) Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outro relacionado co su ámbito de actuación. h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención. i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos e fillas: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado. j) Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súa competencias. k) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas función. 3. Funcións da xefatura do departamento: a) Dirixir e coordinar as actividades e actuacións propias do departamento de orientación. b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elaborar a memoria final de curso. 16


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

c) Representar o departamento na comisión de coordinación pedagóxica. d) Convocar e presidir as reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a correspondente acta. e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria adscrito. f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. g) Coordinar a organización de espazos e instalación para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. h) Realizar as avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4.a do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das mediadas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico. i) Coordinar, en colaboración cos profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudos, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. j) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. k) Aqueloutras funcións que Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación. 4. Reunirase atendendo ao establecido na lexislación vixente. 5. Levantarase acta de cada reunión. Artigo 11. EQUIPOS DOCENTES 1. Composición: estarán constituídos por un coordinador/a, nomeado/a polo director do centro, e por mestres/as que imparten docencia nese nivel. 17


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

2. O profesorado especialista adscribirase ao equipo docente no que teña maior número de horas de docencia, procurando equilibrio nos distintos equipos. 3. Competencias do equipo docente: a) Formular propostas ó equipo directivo e ó claustro relativas á elaboración do proxecto educativo e programación xeral anual. b) Formular propostas á comisión de coordinación pedagóxica relativas á elaboración de proxectos curriculares de etapa ou a modificación deles. c) Manter actualizada a metodoloxía didáctica. d) Elaborar a programación didáctica das ensinanzas que ten encomendadas, seguindo as directrices xerais establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica. e) Planificar, de maneira conxunta, as actividades docentes complementarias e extraescolares, no marco do proxecto curricular. As saídas, viaxes, excursións ou calquera outra actividade que afecte só a un determinado ciclo ou nivel, deberán estar consensuadas e aprobadas polo respectivo ciclo ou nivel, de xeito que todo o alumnado do mesmo nivel debe realizar as mesmas actividades. f) Planificar, de maneira conxunta, os materiais didácticos e todo tipo de materiais que se lle pidan aos alumnos/as, de xeito que os nenos e nenas do mesmo nivel compren e/ou empreguen os mesmos materiais. Mesmo nivel mesmos materiais.

4. Funcións do coordinador/a do equipo docente: a) Dirixir e coordinar as actividades académicas do equipo. b) Convocar e presidir as reunións do equipo.

18


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

c) Participar na elaboración do proxecto curricular de etapa e elevar á comisión de coordinación pedagóxica as propostas formuladas a este respecto polo equipo. d) Coordinar as funcións de titoría dos alumnos e alumnas do nivel. e) Coordinar a ensinanza no correspondente ciclo de acordo co proxecto curricular de etapa. f) Responsabilizarse da redacción da programación didáctica do nivel. g) Responsabilizarse de que se levante acta das reunións e de que se elabore a memoria final de curso. h) Coordinar a organización de espazos e instalacións e velar pola correcta conservación do equipamento específico do equipo. i) Aqueloutras funcións que lle encomende o xefe/a de estudios na área da súa competencia, especialmente as relativas ao reforzo educativo, adaptación curricular e actividades complementarias. j) Representar ao ciclo ou nivel no Departamento de Orientación. k) Colaborar coa secretaria na elaboración e actualización do inventario do centro. 5. Reunirase, cando menos unha vez ao mes e sempre que o tema sexa urxente e a proposta dunha maioría das/dos integrantes e/ou a petición do equipo directivo. 6. Levantarase acta de cada reunión. Artigo 12. EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 1. Composición: estará constituído por un xefe/a, nomeado/a polo director do centro a proposta da/do xefa/e de estudos, oída a comisión de coordinación pedagóxica e por un mestre/a de cada ciclo, proposto polo equipo de ciclo. 2. Funcións do xefe ou xefa do equipo: a) Elaborar o programa anual destas actividades para o que se terán en conta as propostas dos equipos de ciclo e de nivel, dos profesores e profesoras, dos pais e nais, do claustro e da comisión de coordinación pedagóxica. 19


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

b) Programar cada unha das actividades especificando obxectivos, responsables, momento e lugar de realización, repercusións económicas e forma de participación do alumnado. c) Proporcionarlles ó alumnado e pais e nais a información relativa ás actividades do equipo. d) Promover e coordinar as actividades culturais e deportivas en colaboración co claustro, a comisión de coordinación pedagóxica, os equipos de ciclo e a asociación de pais/nais. e) Coordinar a organización dos intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen co alumnado. f) Elaborar unha memoria final de curso coa avaliación das actividades realizadas que se incluirá na memoria do centro. g) Presentar propostas ao equipo directivo para a realización e intercambio de actividades cos centros do seu entorno. 3. Nas saídas extraescolares e complementarias irán como mínimo os titores/as e un profesor/a acompañante. 4. Haberá unha reunión ao mes e as necesarias previa convocatoria do xefe ou xefa de equipo. 5. Levantarase acta de cada reunión. Artigo 13. EQUIPO DE BIBLIOTECA 1.Funcións do responsable da biblioteca escolar: a) Elaborar a programación anual de biblioteca escolar, atendendo aos proxectos curriculares do Centro e unha memoria final. b) Coordinar o proxecto anual que se levará a cabo no Centro, coas achegas e suxestións do Claustro. c) Colaborar co deseño e posta en práctica do Proxecto Lector do Centro, coordinándoo se é o caso. d) Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar.) 20


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

e) Informar ao Claustro das actividades da biblioteca e integrar as súas suxestións f) Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a comunidade escolar. g) Definir os criterios para o préstamo e atender ao servizo xunto co equipo de apoio h) Asesorar ao profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización, formación de usuarios e traballo documental, seleccionando e elaborando materiais, xunto co resto do profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos e a dinamización cultural do Centro. i) Coordinar o equipo de apoio á biblioteca escolar. j) Levantar acta das reunións. k) Asistir ás reunións da C.C.P. 2.Funcións dos integrantes do equipo de biblioteca: a) Apoiar ao responsable da biblioteca na organización e dinamización desta. b) Colaborar co responsable no tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar.) c) Compilar informacións, materiais e recursos necesarios para o bo funcionamento do servizo, co fin de facilitárllelos aos usuarios da biblioteca escolar. d) Cooperar ao deseño, organización e posta en marcha das actividades programadas. e) Establecer criterios para a adquisición e actualización dos fondos da biblioteca

21


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

f) Recoller propostas e suxestións do profesorado e o alumnado co fin de mellorar as intervencións e colaborar ao desenvolvemento da competencia lectora, o hábito lector e as habilidades de traballo intelectual.

Artigo 14. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN T.I.C. 1.Función do/a coordinador/a: a) Elaborar o plan de integración de TIC. b) Convocar as reunións. c) Levantar acta de cada reunión. d) Redactar a memoria final. e) Coordinar las actividades que se desenvolvan relacionadas coas TIC. f) Coordinar o Proxecto EDIXGAL.

2.Funcións do Equipo: a) Elaborar propostas relativas ao fomento do uso das TIC entre o profesorado e o alumnado e para a integración das TIC no desenvolvemento habitual das tarefas escolares. b) Coordinar o mantemento dos equipos informáticos. c) Dar soporte ao resto do claustro no uso didáctico do equipamento informático. e) Canaliza-las necesidades para a adquisición de materiais relacionados coas TIC. f) Elaboración das normas de utilización do material de TIC. g) Velar polo cumprimento das normas. h) Fomentar e promover a formación do profesorado no eido das TIC i) Colaborar nas tarefas de organización e mantemento. J) Colaborar no correcto funcionamento do Proxecto EDIXGAL. 22


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Artigo 15. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 1.Función do/a coordinador/a: a) Elaborar o plan de Dinamización . b) Convocar e presidir as reunións mensuais que celebre o equipo. c) Levantar acta de cada reunión. d) Redactar a memoria final. e) Coordinar las actividades que se desenvolvan relacionadas co seu equipo. 2.Funcións do Equipo: a) Elaborar propostas relativas a dinamización da lingua galega entre o profesorado e o alumnado e para a integración do galego no desenvolvemento habitual das tarefas escolares. b) Establecer medidas para potenciar o uso da lingua galega nas actividades do centro. Artigo 16. COMISIÓN DE CONVIVENCIA 1. A comisión de convivencia de cada centro constituirase no seo do consello escolar. Terá carácter consultivo e desempeñará as súas funcións por delegación do consello escolar, para facilitar o cumprimento das competencias que este ten asignadas en materia de convivencia escolar e velará pola correcta aplicación do disposto no decreto (Decreto 8/2015 de 8 de xaneiro de 2015 polo que se desenvolve a Lei 4/2011 (Dog 27/01/2015)), no plan de convivencia e nas normas de convivencia da cada centro. 2. A comisión de convivencia exercerá por delegación do consello escolar as seguintes funcións: a) Elaborar o plan de convivencia do centro e dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas e ache-

23


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

gas no procedemento de elaboración, desenvolvemento e seguimento do citado plan. b) Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro. c) Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos. d) Propor ao consello escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas. e) Propor, de ser o caso, á persoa titular da dirección do centro persoas que poidan formar parte do equipo de mediación. f) Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos en que fosen impostas e informar o consello escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente. g) Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro. h) Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, na cal se reflictan as iniciativas no ámbito do centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao consello escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de Inspección Educativa. i) Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo consello escolar do centro docente ou polo órgano da Administración educativa con competencias na materia.

24


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO IV. OS RECURSOS HUMANOS

CAPÍTULO I O PROFESORADO

Artigo 17. DEREITOS E DEBERES Son titulares dos dereitos e deberes establecidos no artigo 8 da da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Artigo 18. ADSCRICIÓN 1. Realizarase seguindo a ORDE do 28 de xuño de 2010 (Doga do Martes, 6 de xullo de 2010). 2. A dirección do centro, por proposta motivada da xefatura de estudos, no primeiro claustro do curso e unha vez oído este, asignaralle ciclo, curso e grupo de alumnado a cada un do persoal docente do centro, tendo en conta as seguintes premisas: a) Correcto funcionamento do proxecto Abalar, das seccións bilingües e das áreas que se imparten en lingua estranxeira e outros proxectos establecidos ou que se establezan. Así os grupos nos que se estean a desenvolver estes proxectos serán asignados ao persoal docente que fose formado especificamente pola Administración educativa ou estea en posesión da titulación adecuada. b) Terase en conta que aqueles mestres, con destino definitivo no centro, que durante un curso escolar tivesen asignado o primeiro curso de calquera ciclo permanecerán no mesmo ciclo ata a finalización do grupo de alumnos cos que iniciou, agás que exista vacante noutro ciclo e o profesor/a desexe exercer o dereito antigüidade e adscribirse ao mesmo. 25


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

c) A asignación dos restantes cursos e grupos, en caso de non existir acordo entre o profesorado que opten aos mesmos, será levada a cabo polo director/a de acordo coa priodade establecida no Regulamento Orgánico. d) A adxudicación dun determinado posto de traballo non exime de impartir outras ensinanzas ou actividades que poidan corresponderlle de acordo coa organización pedagóxica do centro. 3. Unha vez realizada a adscrición deberá completarse o horario tendo en conta criterios de antigüidade no centro e atendendo ás necesidades que nese momento se prantexen: realizar substitucións de ausencias do profesorado, desdobres para impartir algunha área, atención a alumnado estranxeiro, reforzo educativo a alumnado con dificultades de aprendizaxe, Biblioteca, medios informáticos e audiovisuais, etc,

Artigo 19. AUSENCIAS DO PROFESORADO

1. O profesorado solicitará á dirección o permiso pertinente para faltar e notificará á xefatura de estudos a falta de asistencia con suficiente antelación para prever as substitucións. O profesorado está obrigado a avisar das súas ausencias, sempre que sexan previsibles. En caso de ausencia imprevisible será comunicada o antes posible ao Equipo Directivo. 2. En caso de baixa médica entregarase o parte no colexio ou na Delegación correspondente, á maior brevidade para ser tramitado. Unha vez rematada a baixa existe a obriga de presentar un parte de alta. A data do parte de alta coincidirá co último día da baixa. 3. Todas as ausencias deberán ser xustificadas, de non ser así quedarán reflectidas no xade como “sen xustificar”. 4. Sempre que as circunstancias o permitan, o profesor ou profesora ausente deberá deixar programado o traballo a realizar polos alumnos e alumnas.

26


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Artigo 20. SUBSTITUCIÓNS

1. As ausencias do profesorado serán cubertas polos mestres/as que estean de garda nese momento. 2. O profesorado que quede sen grupo ao que impartirlle docencia, quedará a disposición do centro. 3. Todos os días á primeira hora a Xefatura de Estudos poñerá no taboleiro o parte das substitucións dese día. O profesorado de garda deberá pasar pola Sala de Profesorado a fin de comprobar se ten que realizar algunha substitución. 4. A orde establecida para a realización de substitucións, en caso de ausencia do profesorado será, con carácter xeral, a seguinte:

a) En primeiro lugar o profesorado de garda. b) Figurará para cada docente as horas dispoñibles de garda nunha táboa que se confeccionará ao inicio de cada curso escolar. Se houbese máis dun profesor de garda nunha mesma sesión: •

En Primaria irán substituíndo segundo o maior cómputo de número de horas libres disfrutadas e acumuladas ao longo do curso, que se recollerán nunha gráfica exposta na sala de mestres.

En Ed. Infantil substituirán de acordo ás normas do Equipo Directivo para cada curso académico.

c) En segundo lugar e por orde o profesorado con horas de dedicación a outras actividades para completar horario. d) En terceiro lugar o profesorado que teña hora de coordinación. e) En último lugar o profesorado de P.T. ou A.L.

27


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

5. Para evitar varias ausencias no mesmo día o profesorado notificará a solicitude para ausentarse con alomenos dous días de antelación. En caso de indisposición repentina ou asunto urxente que xurda e última hora, o profesor comunicarallo á dirección á maior brevidade posible. 6. No caso de substitucións por realización de actividades complementarias, substituirá o profesorado que quede sen docencia por causa da actividade complementaria. O alumnado que non asiste a unha actividade complementaria, se o número o permite, quedarían todos nunha aula a cargo deste profesorado. Artigo 21. OS PROFESORES/AS TITORES/AS 1. Funcións do profesor/a-titor/a: a) Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación, baixo a coordinación do xefe/a de estudios. b) Proporcionar no principio de curso, aos alumnos e alumnas e aos pais e nais, información documental ou, no seu defecto, indicar onde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría, programas escolares e criterios de avaliación do grupo. c) Coñecer as características persoais de cada alumno e alumna a través da análise do seu expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir ese coñecemento. d) Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento académico de cada alumno e alumna. Efectuar un seguimento global dos procesos de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos/as para detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de buscalas respostas educativas adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios. f) Coordinar as adaptación curriculares necesarias para alumnos e alumnas do seu grupo. g) Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a súa participación nas actividades do centro. 28


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

h) Orientar os alumnos e alumnas dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo. i) Informar ao equipo de profesores e profesoras do grupo de alumnos/as das súas características, especialmente naqueles casos que presenten problemas específicos. j) Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados para o mesmo grupo de alumnos. k) De ser o caso, organizar e presidir as sesións de avaliación. l) Coordinar o proceso de avaliación dos alumnos e alumnas do seu grupo e adoptar a decisión que proceda referente á promoción dos alumnos e alumnas dun ciclo a outro, logo de audiencia do seu pai e nai ou tito res/as legais. m) Atender, xunto co resto do profesorado, os alumnos e alumnas mentres estes/as permanezan no centro nos períodos de lecer. n) Colaborar co equipo de orientación educativa e profesional do sector nos termos que estableza o mesmo e a xefatura de estudios. o) Colaborar cos demais titores/as no marco dos proxectos educativo e curricular do centro. p) Orientar as demandas e inquedanzas dos alumnos e alumnas e mediar ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se presenten. q) Informar aos alumnos e alumnas do grupo, ao pai e nai e aos profesores/as de todo aquilo que lles afecte en relación coas actividades docentes e o rendemento académico, con especial atención aos aspectos e medidas tendentes a facilitar a competencia lingüística dos alumnos e alumnas nas dúas linguas oficiais. r) Facilitar a cooperación educativa entre o profesorado e os pais e nais do alumnado. s) Exercer, de acordo co proxecto curricular, a coordinación entre os demais profesores e profesoras do grupo. A coordinación deberá ser tanto co profesorado da súa titoría como cos titores/as do mesmo nivel, de xeito que as titorías do mesmo nivel se manteñan parellas en canto ao desenvolvemento das programacións. 29


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

t) Cubrir os documentos oficiais relativos ao seu grupo de alumnos e alumnas. u) Controlar a falta de asistencia ou puntualidade dos alumnos e alumnas, e ter informados o pai e a nai ou titores/as legais e o xefe/a de estudios. v) Fomentar a colaboración das familias nas actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus fillos/as. w) Aqueloutras que se lle puidesen encomendar para o mellor desenvolvemento da acción titorial. 2. Para facilitar a comunicación do profesorado coas nais e pais fixarase unha hora semanal para atendelos/as dentro do horario non lectivo, que será os mércores de 17:15 a 18:15. A visita ao centro nun horario distinto terá que ser concertada co profesorado.

CAPÍTULO II O ALUMNADO

Artigo 22. DEREITOS E DEBERES Son titulares dos dereitos e deberes establecidos no artigo 7 da da Lei 4/2011, o 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

30


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

CAPÍTULO III AS FAMILIAS

Artigo 23. DEREITOS E DEBERES Son titulares dos dereitos e deberes establecidos no artigo 6 da da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Artigo 24. ORIENTACIÓNS ÁS FAMILIAS As familias deben colaborar co colexio na educación dos alumnos/as: a) Velar pola regularidade e puntualidade na asistencia a clase, ou calquera acto escolar previamente anunciado. b) Velar pola limpeza e aseo dos seus fillos/as cando acudan ao colexio. c) Procurar que os seus fillos/as acudan co material necesario para realizar as tarefas escolares. d) Amosar interese polos consellos que o profesorado ofreza con respecto a formación dos seus fillo/as, ás cualificacións sobre o seu aproveitamento e conduta que figuren nos seus boletíns de notas, que recibirán ao remate de cada avaliación. e) Proporcionar teléfonos de contacto e domicilios actualizados para calquera comunicación ou caso de emerxencia que poida xurdir en relación cos seus fillos/as.

31


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

CAPÍTULO IV PERSOAL NON DOCENTE

Artigo 25. DEREITOS O persoal non docente participa na vida do centro a través do consello escolar. Son titulares dos dereitos e deberes establecidos no artigo 9 da da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Artigo 26. DEBERES 26.1. Conserxe 1. É titular dos deberes establecidos no artigo 9 da da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa no que atinxe á convivencia. 2. Xunto ós anteriores, establécense os que seguen: a) Tratar con respecto a todos os membros da comunidade educativa. b) Vixiar e custodiar as dependencias. c) Encargarse da calefacción, apertura e peche do colexio. d) Coidar a orde e convivencia nas instalacións públicas e avisar aos responsables cando se produzan alteracións. e) Realizar tarefas básicas de limpeza. f) Dar información ao público sobre dependencias. g) Realizar tarefas de apoio en actos protocolarios, recepcións e eventos similares. h) Axudar en traslados de oficinas, arquivos, mobiliario e outros enseres. i) Realizar pequenos traballos de mantemento e reparación das instalación que non esixan unha especial cualificación técnica. 32


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

j) Calquera outra correspondente á súa categoría e propia do seu departamento. k) Estará baixo a directa autoridade do/a Concelleiro/a Delegado de Educación, ao mesmo tempo que deberán atender os requirimentos da Dirección do Centro, sempre dentro do marco das súas competencias. l) Poñer en coñecemento da dirección os problemas existentes nas instalacións do centro. m) Controlar a entrada de persoas alleas ó centro. n) Cumprir o seu horario de traballo. 3. En canto á organización do traballo, os conserxes dependerán, no seu traballo diario, das tarefas que lle encomende a dirección do centro a través da secretaria: a) O persoal docente absterase de dirixirse ao conserxe para encomendarlle traballos nas súas aulas e deberá notificalo a secretaria para que organice e priorice a realización de traballos deste persoal e levar un control do traballo realizado, co fin de optimizar dito recurso. b) As tarefas que realizará serán, dentro das súas competencias, as que a secretaria lle asigne polo que, deberán estar en permanente comunicación con esta, a fin de coñecer o traballo a realizar, segundo prioridades establecidas. c) Cando xurdan dúbidas en canto a se lle compete ou non a realización dalgunha actividade a secretaria comunicarallo a directora que solicitará a pertinente aclaración ó Concello. d) Cando, por razón de traballo teña que saír do recinto escolar comunicarallo a secretaria. e) En caso de ausencia ao posto de traballo por enfermidade ou calquera outro motivo deberá comunicarllo á dirección do centro, coa debida antelación e indicando o motivo de dita ausencia.

26.2. Auxiliar coidador/a respecto ao alumnado ao seu cargo.

33


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

1. Son titulares dos deberes establecidos no artigo 9 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa no que atinxe á convivencia. 2. Xunto ós anteriores, establécense os que seguen: a) Atención ata o transporte do alumnado con minusvalía que o precise. b) Atención en aseo, control de esfínteres e alimentación. c) Facilitar a participación en actividades tanto dentro do centro, incluídos recreos, coma fóra do centro . d) Facilitar o acceso a actividades e vixilancia dentro da aula. e) Vixilancia deste alumnado nos recreos. f) Todas aquelas funcións propias do cargo e establecidas na lexislación vixente.

CAPÍTULO V ASOCIACIÓNS DE PAIS/NAIS DE ALUMNADO

Artigo 27. ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS 1. Poderán existir as asociacións de nais/pais de alumnas/os que a lexislación vixente autorice. 2. Estas asociacións poderán: g) Elevarlle propostas ao consello escolar para a elaboración do proxecto educativo e ao equipo directivo para a elaboración da P.X.A. h) Informar aos asociados da súa actividade. i) Recibir información, a través dos seus representantes no consello escolar, sobre os temas tratados nel. j) Elaborar informes para o consello escolar a iniciativa propia ou a petición deste. 34


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

k) Recibir un exemplar da programación xeral anual, do proxecto educativo, dos proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións. l) Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos seleccionados polo centro. m) Facer uso das instalacións do centro nos termos que estableza a Dirección do centro de acordo coa lexislación vixente.

35


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO V. RECURSOS MATERIAIS E SERVICIOS

ES-

COLARES

CAPÍTULO I ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS COMÚNS

Artigo 28. AULAS 1. No centro os corredores distribuiranse por niveis onde cada aula terá asignado o seu grupo e letra de xeito permanente. O profesorado ocupará cada aula en función do grupo que escolla na adscrición celebrada en setembro. 2. O nivel de cada corredor será inalterable, coa excepción de 5º e 6º, que por ser aulas EDIXGAL, teñen os ordenadores asignados aos alumnos/as e polo tanto cada nivel permanecerá dous cursos no mesmo corredor. 3. O alumnado de 3 anos deberá ocupar por seguridade a aula situada na planta máis baixa de cada un dos edificios. Nos edificios Calvo Sotelo e Campo da Feira, as aulas da planta máis baixa ocuparanas os nenos/as de 3 a 4 anos, mentres que os de 5 anos ocuparán a aula da planta superior. 36


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

4. Cando exista máis dun especialista, as aulas dedicadas as especialidades deberán ser compartidas segundo un horario proporcional, por eles establecido. Neste momento contamos con aulas de: Inglés, Relixión, Valores, Música, Aula Plurilingüe, Aula Específica, A.L. e P.T. 5. O material de cada aula poderá ser utilizado por todo o Equipo Educati vo que incida nela. 6. Ao remate de cada curso, o material (funxible, pedagóxico, informático, etc.) quedará na súa aula correspondente, sen poder ser trasladado aínda que o profesor/a cambie de aula. En caso de necesidade, por variación no número de alumnado das titorías, o Equipo Directivo encargará aos conserxes o traslado de mobiliario. 7. As aulas e os materiais que hai nelas deberán tratarse co máximo respecto. O remate das clases as mesas deberán quedar baleiras e o material en orde.

Artigo 29. CORREDORES 1. Polos corredores ou escaleiras andarase ordenadamente, en silencio e sen correr para non entorpecer o normal desenvolvemento das clases. 2. Cada grupo de alumnos/as estará obrigado a utilizar sempre as rutas de subida e baixada establecidas.

Artigo 30. SALA DE PROFESORADO 1. No taboleiro de anuncios da Sala de Profesorado haberá información relativa aos seguintes aspectos: a) Información sindical. b) Horarios do profesorado e grupos de alumnado. c) Información sobre formación permanente do profesorado. d) Horario de gardas. 37


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

e) Ocupación de aulas especiais: Informática, Biblioteca,... f) Parte mensual de faltas do profesorado. g) Táboas de gardas de recreo e de transporte. h) Outros documentos relativos á organización de actividades, con indicación do profesorado e alumnado que intervén nelas. 2. Os medios existentes na Sala de Profesorado (informáticos, de reprografía etc) están instalados para fins didácticos e de apoio do traballo docente, polo que a súa utilización deberá axustarse a esta finalidade e por un tempo limitado.

Artigo 31. BIBLIOTECA 1. O funcionamento estará a cargo do Equipo de Biblioteca. 2. A Biblioteca é o lugar de arquivo de todo o material bibliográfico, cartográfico de audio e vídeo do colexio. 3. A Biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo. A permanencia durante o horario de clase está condicionada á reaIización de tarefas específicas baixo o control do profesorado responsable do grupo nese momento. 4. Nomearase un profesor/a encargado que deberá organizar e xestionar a Biblioteca. 5. Cada titoría terá asignado un horario de utilización desta dependencia. 6. O alumnado e profesorado respectarán en todo momento as normas de funcionamento establecidas polo equipo encargado. Unha vez rematada a sesión de Biblioteca, o mestre/a velará para que os alumnos/as deixen os libros ben colocados no lugar correspondente 7. Durante os recreos a biblioteca será atendida por unha persoa pertencente o equipo encargado da xestión da mesma, que é o Grupo de Biblioteca. 8. Non se permite retirar ningún material sen o preceptivo rexistro informático. 9. Os libros que se retiren para a biblioteca de aula deben quedar debidamente rexistrados. 10. O material de biblioteca quedará rexistrado en soporte informático. 11. A biblioteca funcionará de acordo co proxecto aprobado na P.X.A.. 38


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

12. As normas xerais de funcionamento da Biblioteca son as seguintes: a) Durante o recreo, o alumnado colaborador ou usuario da Biblioteca irá directamente das aulas á Biblioteca, podendo saír despois ao patio. b) Os colaboradores da Biblioteca realizan as funcións de: vixiar o cumprimento das normas, manter a colocación dos libros, axudar a poñer os tellos, forrar os libros, etc. c) Se o usuario da Biblioteca perde ou estraga algún material deberá repoñelo. d) Despois de ir á Biblioteca, o alumnado non poderá subir ás aulas ata a hora de entrada do recreo, nas súas respectivas filas. e) O ordenador de biblioteca, conectado a Meiga só será utilizado polo equipo de biblioteca ou profesorado autorizado. f) Os demais ordenadores e equipos tic para alumnado poderanse utilizar bai xo as normas establecidas polo Equipo de Biblioteca. g) Todas aquelas normas establecidas polo Equipo de Biblioteca Escolar para cada curso académico.

Artigo 32. AULA DE INFORMÁTICA 1. Cada grupo terá un horario de utilización desta aula. 2. O alumnado só poderá acceder e permanecer nesta aula acompañado dun mestre/a, que se encargará de vixiar o correcto uso dos equipos por parte do alumnado; tamén no caso de que estes se conecten a Internet, velará que non naveguen por páxinas inadecuadas. 3. Se calquera mestre/a observa o mal funcionamento ou deterioro dalgún dos equipos ou falta dalgún periférico ou elemento, deberá comunicalo canto an tes mediante o parte de incidencias que está dispoñible na conserxería, cubrindo todos os datos que nel figuran. 4. Os ordenadores deben ser tratados con coidado e delicadeza para asegurar o correcto uso. 5. Queda totalmente prohibido que os alumno/as instalen ou desinstalen calquera tipo de software, así como modificala configuración dos equipos/dirección 39


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

IP, resolución, etc). Só no caso de que o mestre encargado desexe instruílos no manexo do sistema operativo ou outras aplicacións, poderían modificar elementos secundarios como o protector de pantalla, iconas, fondos, etc. Pero sempre baixo a supervisión do mestre e obrigando ao alumno a deixar o entorno tal e como estaba cando accedeu ó equipo. 6. Os equipos serán apagados correctamente (Inicio> Apagar el sistema>Aceptar) e que non queden acosos nin monitor nin altavoces nin CPUs. 7. Haberá un profesor encargado de coordinar, supervisar e xestionar a utilización desta aula, que será o Coordinador/a Tic do centro, que ademais levará a coordinación Abalar. Todas as incidencias relacionadas cos equipos informáticos deben pasar por este coordinador/a, que será o encargado de comunicalas a UAC (Unidade de Atención a Centros). Ningúen da Comunidade Educativa, de xeito particular, poderá comunicar ditas incidencias.

Artigo 33. SERVIZOS HIXIÉNICOS 1. Deben conservarse decorosamente todas as instalacións dos servizos prestando especial coidado de non botar obxectos que poidan atascar os desaugues, non tirar auga ao chan, non golpear as portas. 2. O alumnado deberá usar os servizos destinados exclusivamente para eles e nunca os reservados para mestres. 3. Despois do uso do inodoro utilizarase sempre a cisterna. En caso de mal funcionamento avisarase ao profesor/a que estea na aula.

Artigo 34. NORMAS DE USO DAS INSTALACIÓNS POR PERSOAL EXTERNO AO CENTRO: 1. Uso con calendarios e horarios fixos: a) Presentar á dirección do centro a solicitude correspondente no impreso establecido ao efecto. b) Informe do Consello Escolar. 40


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

c) Tramitación á Delegación Provincial, que logo do informe da Inspección Educativa, resolverá o que proceda. d) Só se estudarán as solicitudes de entidades e sen ánimo de lucro, non se cederá o uso das instalacións a particulares. 2. Uso ocasional e con carácter excepcional: a) Queda prohibida o acceso ao centro e a utilización das instalacións do mesmo sen permiso expreso da dirección do Centro. b) Para a utilización das instalacións dun centro público por parte de entidades ou persoas alleas á comunidade escolar do centro, presentarase a solicitude ante a dirección do centro, que solicitará do consello escolar o preceptivo informe para a súa posterior tramitación á delegación provincial de Educación, que resolverá o que proceda, logo do informe da inspección educativa. Para uso ocasional e con carácter excepcional, a directora poderá autorizar o uso das instalacións sempre que non se altere o normal desenvolvemento das actividades docentes. 3. Uso por parte das ANPAS, asociacións de antigos alumnos/as, sindicatos, movementos de renovación pedagóxica e grupos de profesorado: Só require a solicitude a director/a, cunha antelación mínima de tres días, que concederá autorización sempre que: a) Non se altere o normal funcionamento do centro. b) Respecten as directrices fixadas polo Consello Escolar. c) Sexan utilizadas para o desenvolvemento dos fins de ditas institucións. 4. Uso por parte da Administración: a) Porase sempre a disposición da Administración para: formación do profesorado, campañas electorais e votacións. b) So require a solicitude á directora cunha antelación mínima de tres días. En todo caso, en todas as solicitudes, o solicitante fará constar que se responsabilizará de: o Posibles danos materiais que poidan ocasionar ás dependencias do colexio. 41


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

o Dos gastos derivados da súa utilización. o De deixar en perfectas condicións as instalacións e o equipamento.

CAPÍTULO II SERVIZOS ESCOLARES COMPLEMENTARIOS

Artigo 35. COMEDOR ESCOLAR

1. O comedor escolar do centro funcionará regulado pola Orde 21 de febreiro de 2.007 (DOG 5 marzo de 2.007). 2. Ademais dos alumnos/as poderán comer os profesores/as que o desexen, sempre que se conte con prazas dispoñibles. 3. O horario será de 14´30 horas a 15´30 horas en setembro e xuño e de 13 ´45 horas a 15´15 horas os luns, martes, mércores e xoves, e de 13´15 ho ras a 14 horas os venres durante o resto do ano. 4. Elaborarase un menú mensual que se distribuirá entre o alumnado usuario para que a súa familia complete a súa alimentación na casa. 5. Inculcarase nos alumnos/as comensais hábitos alimenticios, hixiénicos e de comportamento durante o periodo do comedor. 6. As normas do comedor son as seguintes: a) Hixiene 

Os alumnos (incluídos os de Ed. Infantil) deberán saber comer por si mesmos e facer uso dos servizos.

Durante a comida non poderán ir ao servizo a non ser por indisposición ou enfermidade e sempre con permiso da Coidadora. Poderán ir antes da entrada ao comedor nos servizos do patio. 42


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Non se poderán meter obxectos ao Comedor.

Non está permitida a entrada dos alumnos na cociña.

Poñerase especial coidado na correcta utilización dos cubertos, así como o uso do pano da mesa.

Non se pode tirar pan, auga ou restos de comida ao chan nin a outros alumnos.

Despois de comer, o alumnado que o desexe poderá pasar polo servizo, acompañados polas súas Coidadoras, para realizar o cepillado de dentes e lavarse as mans.

b) Organización e comportamento 

A entrada ao Comedor farase por grupos en fila, con orde e tranquilidade, sen correr, sen empurrar os compañeiros nin berrar.

Os alumnos sentaranse nos lugares que lles serán asignados. Estes lugares serán fixos, podendo ser cambiados a criterio das coidadoras ou as encargadas do comedor.

Deberase respectar todo o material e utensilios, sendo os alumnos responsables da súa deterioración por mal uso.

Deberán permanecer correctamente sentados en todo momento, sen xogar nin se balancear nas cadeiras nin se mover do seu sitio. Non poderán erguerse. Para chamar as coidadoras, deberán facelo levantando a man ata ser atendidos.

É moi importante comer nun ambiente tranquilo e relaxado, polo que nunca se dirixirán aos demais berrando, senón falando nun ton de voz axeitado. Non está permitido falar con alumnos doutras mesas.

En caso de que se considere oportuno, por razóns estritamente educativas, os alumnos colaborarán, na medida das súas posibilidades, co Servizo do Comedor.

Os alumnos están obrigados a respectar o persoal laboral (Cociñeiro, persoal de cociña, coidadoras...) nos mesmos termos que ao profesorado do Centro: deben obedecelos e seguir as súas indicacións. 43


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Cando se acabe de comer, esperarán en silencio que se lles indique o momento da saída, o cal se fará nos mesmos termos que á entrada.

O pagamento mensual pola utilización do comedor escolar producirase nos 5 primeiros días do mes seguinte ao da prestación do servizo, estando obrigados a presentar no centro o xustificante de “pagamento para a Administración” nos 10 primeiros días de cada mes.

O incumprimento no pagamento do comedor cada mes, impedirá a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para o cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.

c) Alimentación 

Os alumnos deberán adaptarse ao menú establecido, comendo a cantidade que se lles sirva que se adaptará á súa idade e complexión física.

En caso de non poder comer algún tipo de alimento, deberase achegar un Certificado Médico que o acredite, segundo establece a lexislación vixente.

Os dereitos e deberes dos alumnos/as comensais serán os mesmos que figuran nas Normas de convivencia, organización e funcionamento do centro. O incumprimento das normas notificarase aos pais/nais do alumno/a, e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do comedor.

En ningún caso se subministrarán medicamentos aos nenos/as.

A familia deberá comunicar previamente a ausencia ou asistencia non puntual dalgún comensal avisando por escrito á encargada de comedor ou á directora, sempre por causa xustificada.

d) Tempo libre: 

Cada grupo permanecerá no lugar asignado baixo a supervisión da Coidadora. Ningún alumno poderá separarse do seu grupo sen permiso. 44


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Non se permite a práctica de xogos perigosos, entendéndose por iso aqueles que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas.

Os alumn@s que asistan ao comedor e que debido ao mal tempo teñan que estar nos espazos destinados a tal fin, deberán permanecer en todo momento baixo vixilancia das coidadoras, coidando e respectando todo o material que hai alí sen poder acceder a este. Ao rematar a súa actividade terán que recoller todo o utilizado deixándoo igual que o encontraron.

Queda totalmente prohibido que o nenos/as do comedor xoguen nos corredores e que accedan ao resto das aulas que se encontran no edificio salvo autorización do persoal de vixilancia (para ir ao servizo ou outras)..

Deberán respectar o uso dos servizos, ao igual que o fan en horario escolar.

Artigo 36. TRANSPORTE ESCOLAR 1. Son varias as empresas responsable do transporte no centro. Existen en funcionamento 13 rutas de transporte cubertas pola mesma cantidade de autocares nas entradas e saídas, mentres que a mediodía funcionan 4 rutas. 2. As rutas están sinaladas con números para facilitar a súa identificación por parte do alumnado. 3. Cada alumno/a usuario/a de transporte de Ed. Infantil e 1º e 2º nivel, disporá dunha tarxeta, na que figurarán os seus datos, a ruta e a parada que lle corresponde, tanto para a entrada ou ida, como para a saída ou volta. En ningún caso o alumnado poderá variar de ruta ou parada sen autorización. 4. As familias deberán informar puntualmente de calquera cambio que desexen efectuar no transporte do seu fillo/a. 5. O Equipo Directo coordinará e organizará a recepción do alumnado usuario de transporte escolar (desde a chegada dos autocares ata a hora de entrada nas aulas) con gardas de transporte e a saída (desde o remate da xornada escolar ata que son atendidos polas acompañantes de transporte) coa atención do profesor/a que tivo docencia durante a última sesión. 45


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

6. O alumnado transportado respectará a normativa xeral do centro así como a lexislación vixente ao respecto.

46


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO VI. NORMAS DE CONVIVENCIA Artigo 37. NORMAS XERAIS 1. As normas de convivencia deben garantir un clima do convivencia e respecto dentro da comunidade educativa, a fin de evitar a adopción de medidas disciplinarias. Estas normas e as condutas contrarias a elas, así como as medidas preventivas e as correccións que correspondan quedan reflectidas na LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e no DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve dita lei, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. 2. Todas as medidas correctoras que se leven a cabo terán un carácter educativo, procurando a mellora nas relacións de tódolos membros da comunidade educativa. 3. Como norma xeral establécese o respecto mutuo e colaboración entre tódolos membros da comunidade educativa. É deber fundamental crear un clima de convivencia e eficacia educativa, nun proceso aberto no que, cun máximo de liberdade, prime a responsabilidade e compromiso mutuo de garantía dos dereitos dos demais. 4. É obriga do alumnado asistir a clase e permanecer durante o desenvolvemento das actividades lectivas. 5. Todos os membros da comunidade educativa están obrigados a coidar e facer coidar as instalacións o mobiliario e facer bo uso do material didáctico 6. Cada grupo de alumnos/as é responsable do coidado e mantemento da aula na que realizan as súas tarefas e está obrigado individual, se é posible determinar o autor dos feitos ou colectivamente, a reparar os danos causados ou facerse cargo do custo económico da súa reparación. 7. Non se permitirá dentro das aulas a utilización de teléfonos móbiles. alarmas, aparellos musicais, nin outro tipo de elementos que poidan impedir o desenvolvemento normal da clase. 47


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

8. A asistencia ao centro realizarase nas debidas condicións de hixiene. 9. Deberase gardar silencio en todas as dependencias do edificio durante o desenvolvemento das actividades lectivas. 10. Os corredores son dependencias de paso, polo que se debe gardar orde, evitando accións tales como berros, carreiras, aglomeracións, etc. Durante as actividades lectivas non se pode permanecer nos corredores. 11. A Sala de Profesorado é o lugar de estancia e reunión do profesorado. O acceso do alumnado a esta dependencia queda limitado a especiais circunstancias de urxencia. 12. Calquera outra norma que apareza neste Regulamento.

Artigo 38. FALTAS, SANCIÓNS E GARANTIAS PROCEDIMENTAIS 1. Non poderán impoñerse sancións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumnado. 2. A imposición de sancións respectará a proporcionalidade coa correspondente falta e deberá contribuír á mellora do proceso educativo do alumnado. 3. Comisión de Convivencia que forma parte do Consello Escolar supervisará o cumprimento efectivo das sancións nos termos en que foron impostas. 4. En todo caso, teremos en conta a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o Decreto que a desenvolve 38.1. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia 1. As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e coaccións contra os demais membros da comunidade educativa. 2. Os actos de discriminación grave por razón de nacemento, raza, sexo orientación sexual, capacidade económica, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, etc. 3. O desafío á autoridade do profesorado e o persoal da administración e servizos.

48


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

4. A gravación, manipulación e difusión de imaxes ou informacións que atenten contra os membros da comunidade educativa. 5. O acoso escolar. 6. A falsificación, alteración ou substracción de documentos académicos. 7. Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia contra o centro ou contra os membros da comunidade educativa. 8. Os actos que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro. 9. As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro. Así como a introdución no centro de obxectos que poñan en perigo a integridade física dos demáis (navallas. petardos, etc). 10. A reiteración, nun mesmo curso escolar, de cinco condutas leves contrarias á convivencia. 11. O incumprimento das sancións impostas. 12. Estas condutas, segundo a Lei de Convivencia prescriben aos catro meses da súa comisión, salvo que se inicie, con coñecemento do interesado, a in coación dun procedemento para a corrección da conduta. 38.2. Medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia. 1. Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro ou, se procede, dirixidas a reparar os danos causados. 2. Suspensión do dereito a participar en actividades extraescolares ou complementarias. 3. Cambio de grupo. 4. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas, pero realizando deberes ou traballos que eviten a interrupción do proceso formativo. 5. Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes; pero realizando os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. 6. Cambio de centro. 49


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

38.3. Procedemento para a imposición das medidas correctoras de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia 1. As medidas correctoras só se poden impoñer logo da tramitación do procedemento disciplinario regulado no Art. 25 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de Convivencia. 2. A Directora incoará procedemento, por propia iniciativa, por petición motivada do profesorado ou da titora ou titor do alumno/a ou da Xefa de Estudos ou logo da denuncia doutros membros da comunidade educativa. 3. A incoación do procedemento notificarase á nai/pai ou persoa responsable do alumno/a, con indicación da conduta que o motiva, as correccións que poden corresponder e o nome do profesor/a que actuará como instrutor, que no noso centro será a Xefa de Estudos. 4. Comunicarase á Inspección Educativa. 5. A Directora mentres se tramita o procedemento poderá adoptar medidas correctoras provisionais, por un período non superior a cinco días lectivos, que deberán ser comunicadas ás familias. 6. Finalizada a instrución do procedemento, a persoa instrutora fará unha proposta de resolución, dando audiencia ás familias, convocándoos a una comparecencia obrigatoria para eles, en horario lectivo na que poderán acceder a todo o actuado e da cal se estenderá acta. Se non comparecen inxustifi cadamente, a súa desatención seralle comunicada ás autoridades competentes. 7. A dirección ditará resolución motivada, impoñendo a correspondente corrección, así como a obriga de reparar os danos. 8. Comunicarase aos pais, nun prazo máximo de doce días lectivos desde que se tiveron coñecemento dos feitos. E tamén se comunicará a Inspección Educativa. 9. Os pais terán un prazo de dez días lectivos, para solicitar unha revisión da sanción ante o Consello Escolar.

50


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

38.4. Condutas leves contrarias á convivencia 1. Os actos que perturben o normal desenvolvemento das clases 2. Negativa á realización das tarefas que o mestre encomende. 3. As faltas de asistencia e puntualidade reiteradas e inxustificadas. 4. A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento preciso para participar activamente no desenvolvemento das clases. 5. Actos de desconsideración con calquera membro da comunidade educativa. 6. Agresións físicas ou morais de carácter leve contra calquera membro da comunidade educativa. 7. Causar pequenos desperfectos ou danos nas instalacións do centro ou nos materiais da aula e dos outros compañeiros. 8. Estas condutas, segundo a Lei de Convivencia prescriben ao mes da súa comisión, salvo cando se trate dunha conduta continuada, caso no que o prazo de prescrición non se empezará a computar mentres aquela non cese. 38.5. Medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia. 1. Amoestación privada ou por escrito. 2. Comparecencia inmediata ante a Xefatura de Estudos. 3. Realización de tarefas específicas en horario lectivo. 4. Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro tanto en horario lectivo como en horario non lectivo. 5. Suspensión do dereito a participar en actividades extraescolares ou complementarias, por un período de ata dúas semanas. 6. Cambio de grupo por un período de ata unha semana. 7. Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lectivos, con deberes ou traballos para evitar a interrupción no proceso formativo. 8. Suspensión do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos, coa realización de deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo. 51


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

38.6. Procedemento para a imposición das medidas correctoras de condutas leves contrarias a convivencia A imposición das medidas correctoras levaraa a cabo: o profesorado, o titor/a, a xefatura de estudos ou a dirección do centro, segundo o establecido no artigo 26 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. 38.7. Prevención e tratamento das situacións de acoso escolar. Ao ser unha materia lexislada pola Lei de Convivencia antes mencionada, rexirémonos por ela, segundo establece no seu Capítulo III.

52


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO VII. NORMAS DE FUNCIONAMENTO Artigo 39. ENTRADAS E SAÍDAS A organización das entradas e saídas das aulas, realizarase no primeiro claustro de setembro, tendo en conta as seguintes premisas: a) Haberá gardas de transporte para custodiar ao alumnado transportado. b) Todos os alumnos/as entrarán e sairán pola porta de acceso ao centro dende o seu patio de referencia, facendo filas por titorías. c) Serán acompañados, tanto nas entradas como nas saídas por profesores/as. Tendo en conta que na saída o acompañamento será ata o transporte escolar ou facendo a entrega ás familias.

38.1 Entradas 1. O alumnado do edificio Uceira: a) O alumnado de Primaria accederá ao patio pola cancela dereita do edificio, dirixíndose ás súas respectivas portas de entrada: porta de 1º e 2º, porta de 3º e 4º e porta de 5º e 6º, permanecendo na súa rin gleira correspondente ata que soe o timbre. Será o profesorado de garda do transporte escolar o encargado da súa vixilancia. b) O alumnado de E. Infantil dirixirase a segunda porta principal do edificio, acompañados ben polas coidadoras do autobús para os que viaxan en transporte escolar ou polas súas familias, ata que soe o timbre. 2. O alumnado dos edificios Calvo Sotelo e Campo da Feira deberán permanecer acompañados polas súas familias ata que soe o timbre e accedan ao

53


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Centro pola cancela, onde serán acollidos polo profesorado, que se encargará de conducir ás aulas aos nenos e nenas. 3. As horas de entrada ao centro serán ordinariamente, de outubro a maio, pola mañá ás 10:15 e pola tarde ás 15:15. No mes de setembro e xuño, a hora de entrada será ás 9:45. 4. Tan pronto como soe o timbre, o profesorado que lle vaia a impartir docencia durante esa sesión, tanto o de infantil como o de primaria, sexa titor/a ou especialista acudirá as portas de entrada a recoller aos seus alumnos e alumnas para conducilos a súas respectivas aulas. 5. Entradas fóra do horario establecido: a) Aos dez minutos de tocar o timbre pecharanse as portas de entrada. b) Cando un alumno/a chegue tarde deberá entrar no colexio acompañado dun adulto responsable. c) O conserxe facilitaralle un parte de entrada que deberá cubrir e asinar, podendo, se é o caso, acompañalo da correspondente xustificación escrita. d) O conserxe avisará ao profesor ou profesora de garda, que lle corresponda. Este farase cargo do alumno/a, na Aula de Convivencia, ata o momento do cambio de sesión, en que deberá incorporalo á aula correspondente. e) Se durante o período de comedor escolar, algún alumno/a, usuario do comedor, accedera ao centro, seguirase o mesmo procedemento, que para as entradas fóra do horario establecido e, incorporarase ao lugar onde estean o resto dos alumnos/as comensais (comedor ou patio de recreo). 6. As persoas non pertencentes ao centro que acompañen ao alumnado non poderán acceder sen consentimento a outras zonas do centro que non sexa o vestíbulo do mesmo.

54


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

38.2.Saídas 1. As horas de saída do centro, serán de outubro a maio, ás 13:45 e ás 17:15 todos os días a excepción do venres que será ás 13:15. No mes de setem bro e a de saída as 14:30, todos os días. 2. O alumnado de Educación Infantil do edificio Uceira, sairá cinco minutos antes para que sexan recollidos polas coidadoras do autobús ou pais/nais, de xeito individualizado.

3. Recollida de alumnos e alumnas nas saídas: a) Ningún alumno nin alumna quedará sen subir ao autobús escolar se non está o pai/nai ou un adulto previamente autorizado pola familia, que se faga cargo del. b) Se algún alumno ou alumna non transportado, no momento da saída non é recollido polo pai/ nai ou un adulto autorizado pola familia, este permanecerá co profesor correspondente. c) Se o retraso é significativo, o profesor avisará telefonicamente a familia. No caso de non poder contactar coa familia avisará a algún membro do Equipo Directivo, que avisará á Garda Civil ou autoridade competente en materia de menores. Nestes casos cubrirase un parte de incidencia, que no caso de ser reiterados lle serán comunicados a Asuntos Sociais ou autoridades competentes en materia de menores.

4. Saídas fóra do horario establecido: f) Os alumnos/as só poderán saír do centro durante a xornada escolar, cando se atopen enfermos ou sufran un accidente e sexa o profesorado o que avise á familia para que veña a recollelo ou cando deban acudir ao médico ou por un motivo debidamente xustificado. Nestes casos tamén deberá asinar o parte de saída correspondente que se atopa na conserxería. 55


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

g) Se algún alumno/a de comedor, por motivos familiares ou persoais, debidamente xustificados non puidese acudir á sesión de tarde, a familia deberá comunicalo ao centro por escrito, a través dun adulto, nunca dos nenos/as. Deberán vir a recollelo á hora de saída da mañá que é as 13:45, asinar o correspondente parte de saída e facerse cargo do menor, xa que este alumnado non ten praza no transporte de mediodía.

Artigo 40. DESENVOLVEMENTO DAS CLASES 1. Procurarase que os alumnos e alumnas non estean sos/soas nas aulas, agás que o mestre ou mestra precise saír por motivo xustificado. Aqueles profesores/as que teñan que cambiar de aula procurarano facer puntualmente. 2. Tanto no desenvolvemento das clases, como no cambio entre elas o alumnado non poderá saír da aula sen autorización expresa do mestre/a que estea impartindo clase nese momento e no caso de cambio de sesión, do último que impartiu. 3. O profesorado non poderá abandonar a súa aula durante a impartición das actividades lectivas salvo caso de urxencia, en cuxo caso avisará o profesor/a máis próximo que avisará á xefatura de estudos para que o profesorado de garda realice a substitución do profesor que se ausenta. 4. O material que o profesor vai utilizar durante a impartición das súas clases (fotocopias, cartulinas....) deberá estar na súa aula para evitar ter que ausentarse da aula. 5. No caso de ausencia dalgún profesor ou profesora, quen teña que substituír deberao facer ao mesmo tempo que se lle correspondese esa aula nas entradas e saídas normais. 6. Durante o período de adaptación en 4º de Ed. Infantil, o profesorado de apoio neste ciclo, dedicarase de xeito exclusivo á función de apoio nas au56


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

las de 3 anos, salvo no caso de ter que realizar substitucións nese mesmo ciclo. 7. Durante o desenvolvemento das clases ningún alumno ou alumna entorpecerá o labor do profesor ou profesora nin o dos seus compañeiros e compañeiras. Se o comportamento xeral do grupo impide o funcionamento da sesión, o mestre ou mestra poderá suspender a actividade e substituíla por outra. 8. Todo o alumnado é responsable do mobiliario e material de clase. Calquera desperfecto deberallo comunicar ó/á docente que estea na aula nese momento. 9. O alumnado absterase de se asomar polas ventás, así como de tirar papeis ou calquera outro tipo de obxectos a través delas. 10. O alumnado non poderá traer ao centro nin teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos sen autorización expresa do profesorado. 11. Non se permitirá o acceso ás aulas durante as horas lectivas a persoas alleas ó centro (pais, nais, representantes legais,...) a non ser que haxa unha necesidade urxente.

Artigo 41. RECREOS 40.1.Para Primaria 1. O patio está dividido en 3 zonas e dous accesos a baños. En cada zona vixiarán dous mestres ou mestras e nos accesos aos baños vixiará un mestre ou mestra en cada un. Todos encargaranse de que as entradas se fagan con normalidade e de que se cumpran as normas que sobre os recreos se recollen neste regulamento. 2. Cando falte unha das persoas encargadas da vixilancia, a xefatura de estudos designará a outra que a substitúa. 57


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

3. En ningún caso poderá haber alumnado en ningunha dependencia do centro (corredores, aulas, etc.) sen vixilancia de profesorado. Ningún alumno ou alumna poderá permanecer na aula a non ser con autorización dalgún profesor/a que permanecerá con eles/as. 4. Evitaranse os xogos violentos que poidan poñer en perigo a integridade física dos alumnos e alumnas. Todo o alumnado poderá participar nos xogos e deportes sen que se fagan discriminacións. 5. Non se pode subir ós muros que pechan o colexio. 6. En caso de que caia algún balón fóra do recinto escolar, comunicaráselle ó profesorado de vixilancia. Recollerao a persoa encargada da conserxería despois do recreo. 7. Manteranse limpos os patios. Utilizaranse as papeleiras procurando non tirar nada ó chan. 8. Todo alumno ou alumna lesionado/a acudirá ao profesorado de garda, quen intervirá de acordo ao establecido no protocolo de emerxencia e co establecido no apartado relativo a asistencia a alumnado accidentado. 9. No caso de conflito graves (agresións físicas …), as persoas encargadas da vixilancia actuarán tratando de solucionar o conflito. 10. O alumnado irá directamente para ás súas aulas cando entra a clase despois do recreo. 11. O alumnado utilizará os servizos que teñen a entrada polos respectivos patios. 12. Durante os días de chuvia, o alumnado de 1º, 2º e 3º estará no patio cuber to e, o de 4º,5º e 6º estará no pavillón. Un dos profesores/as de garda da zona de 3º e 4º pasará a facer vixilancia ao pavillón e o outro ao patio cuberto.

58


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

40.2.Para Ed. Infantil 1. O alumnado de Ed. Infantil da Uceira, sempre que as condicións meteorolóxicas e do patio o permitan sairán ao recreo ao seu patio específico. Se as condicións do seu patio non son as axeitadas sairán á zona de entrada de 1º e 2º. 2. Os edificios do Calvo Sotelo e Campo da Feira teñen os seus respectivos patios. 3. Cando chova o alumnado do edificio Calvo Sotelo poderá utilizar o patio cuberto ou quedar nas aulas a criterio do profesorado. 4. Cando chova o alumnado do edificio Campo Feira poderá utilizar o baixo do edificio ou quedar nas aulas a criterio do profesorado. 5. No patio dos tres edificios vixiarán tres mestres/as, que cando chova e decidan quedar nas aulas, os titores/as quedarán nas súas respectivas aulas e o profesor/a de apoio na aula sen titor/a. 6. En caso de ausencia dalgún profesor/a de garda será outro profesor/a de Ed. Infantil o que faga a vixilancia. 7. Durante o recreo acudirán ao baño que teñan máis próximo. 8. Seguirán as mesmas normas que para o alumnado de primaria no referente a xogos, conflitos, lesións, limpeza, etc.

Artigo 42. ASISTENCIA E PUNTUALIDADE (ALUMNADO E PROFESORADO)

1. O titor/a e o profesorado especialista controlarán a asistencia do alumnado, estando obrigados a cumprimentar o parte de faltas que a tal efecto figura no XADE. As familias deben xustificar as ausencias dos seus fillos/as.

59


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

2. Se un alumno/a falta ás clases de forma reiterada o titor/a deberá poñerse en contacto coa familia esixindo dita xustificación. 3. En todo momento seguiremos o protocolo de absentismo cando se chegue ao tope de faltas de asistencia que non estean debidamente xustificadas, podendo chegar a comunicalo a Inspección de Educación e ao Departamento de Servizos Sociais. 4. Tamén deberán ser xustificadas documentalmente as faltas de puntualidade nas entradas ao Colexio. Ante faltas de puntualidade reiteradas sen xustificación documental aceptada polo titor ou titora, a dirección ou a xefatura de estudos amoestará verbalmente á familia. De persistir a falta de puntualidade, a familia será amoestada por escrito. 5. O profesorado debe estar no seu posto de traballo no inicio da actividade académica e respectar os horarios establecidos. 6. O profesorado está obrigado a permanecer no centro conforme ó establecido na normativa legal vixente. Artigo 43. SESIÓNS DE AVALIACIÓN 1. As datas das reunións dos diferentes equipos docentes para cada avaliación serán fixadas na Comisión de Coordinación Pedagóxica para cada trimestre. 2. As sesións de avaliación estarán coordinadas polo profesorado titor. 3. Os profesores/as especialistas deberán entregarlle as cualificacións das súas materias aos titores/as con antelación á sesión de avaliación. 4. O procedemento para desenvolver as sesións de avaliación será o que se detalla deseguido: a) Efectuarase una valoración global do grupo. b) Trasladarase á xunta información sobre as cualificacións. c) Contrastaranse as dúbidas en relación coas cualificacións de casos concretos. d) Analizaranse os casos de maior dificultade en aprendizaxes ou relación co grupo.

60


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

e) Adoptaranse as decisións que procedan de cara a solucionar as problemáticas. f) O titor/a levantará acta de sesión. g) As actas, unha vez asinadas, quedarán custodiadas na xefatura de estudos. 5. Cada profesor/a será o encargado de cubrir as cualificacións propias da súa materia no XADE.

Artigo 44. ASEO PERSOAL E HIXIENE 1. Todos os alumnos/as presentarán un aspecto aseado tanto na roupa como no corpo. 2. Os titores/as advertirán ás familias dos alumnos/as que asistan ao colexio sen as debidas condicións de hixiene, da obriga do cumprimento desta norma. 3. No caso de reincidencia porao en coñecemento da dirección quen remitirá escrito ao Departamento de Asuntos Sociais do Concello e á Inspección Educativa. Artigo 45. ENFERMIDADES 1. En caso de que un alumno/a estea padecendo algunha enfermidade infectocontaxiosa (víricas. bacterianas...) queda prohibida a súa asistencia ao centro ata a total curación. Tampouco se pode asistir ao centro mentres se estea cun proceso febril. 2. O profesorado non administrará ningún tipo de medicación ao alumnado, esta norma inclúe antitérmicos, gotas, pomadas, etc. Salvo casos gaves. 3. No caso dun brote de parásitos nos alumnos/as, avisarase aos pais/nais para que procedan a desinfectalos. Se algunha familia, avisada varias veces, non

61


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

procede á limpeza dos nenos/as, poderemos adoptar a medida de deixalos na casa ata a súa desinfección total, para evitar novos contaxios. 4. Se un alumno durante o desenvolvemento das actividades lectivas se atopa mal avisarase á familia para que o recolla do centro, seguindo o mesmo procedemento que en caso de accidente. Artigo 46. CONTROL DAS PERSOAS QUE ACCEDEN AO CENTRO 1. Non se permitirá a entrada ás familias ao recinto escolar, durante o horario escolar, sen a debida autorización, agás nos seguintes casos: a) Cando se acompañe a un alumno/a que chegue despois da hora de comezo das clases, en dito caso deberá pasar por Conserxería a xustificar o motivo, e cubrir o correspondente parte de entrada. b) Cando se veña a recoller a un alumno/a por motivo xustificado e acreditado en Conserxería. c) Para realizar xestións administrativas. d) Para entrevistarse con algún membro do equipo directivo, previa cita, no horario dedicado a tal fin. e) Para entrevistarse con algún titor/a, previa cita, en horas dispoñibles do profesorado. f) Só accederán ás aulas na Hora de Titoría, os mércores de 17:15 a 18:15, despois da saída dos alumnos/as. g) En ningún caso se utilizará o colexio como lugar de visita do alumnado por parte de familiares.

Artigo 47. MEDIDAS ORGANIZATIVAS E PEDAGÓXICAS PARA O PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN ED. INFANTIL Dentro da organización temporal de E.I., establécese, ao inicio de cada curso escolar, un PERÍODO DE ADAPTACIÓN para o alumnado de 3 anos que se incorpora por primeira vez ao colexio tal e como establece no Artigo 3° a Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desen volvemento e a 62


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia: 1. Os centros educativos planificarán un período de adaptación do alumnado para favorecer a transición desde a familia ou desde a escola infantil de primeiro ciclo á nova situación de ensino aprendizaxe. 2. A organización deste período garantirá a integración gradual, do alumnado de nova incorporación desde o inicio das actividades lectivas. En todo caso, estableceranse no proxecto educativo do centro as medidas organizativas e pedagóxicas para este período. Este período en ningún caso poderá superar o mes de setembro e concretarase anualmente na orde que establece o calendario escolar para cada curso académico. 3. Esta redución horaria ten como obxectivo evitar unha longa estancia do alumnado de 3 anos de E.I. no Centro evitándolles momentos de angustia e ansiedade que repercutirán negativamente na súa integración escolar. 4. Durante este período o horario será de 9:45 h a 12:00 h, nos Edificios “Cal vo Sotelo” e “Campo da Feira” agás o primeiro día que tan só permanecerán no centro educativo unha hora (de 9:45 h a 10:45 h), e irase flexibilizando en función da adaptación de nenos e nenas. 5. No Edificio “Uceira” esta redución horaria realízase de xeito diferente xa que a maioría do alumnado é usuario dos servizos complementarios de transporte escolar e comedor: a) O alumnado que non come no comedor asistirá a clases de 9:45 h a 12:00 h. b) O alumnado que come no comedor asistirá a clases de 12:30 h a 14:30 h máis o tempo de comedor escolar (14:30h a 15:30 h). c) Esta reducción horaria nos 3 Edificios está suxeita a vontade das familias e á compatibilidade horaria e laboral das mesmas.

63


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Artigo 48. ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS 1. En xeral, a programación e organización de todas actividades que se realicen para todo o centro corresponderalle ao Equipo de Actividades Extraescolares. Como é o caso de: a) Festivais conmemorativos (Nadal, Letras Galegas, Fin de Curso, etc.), b) Festas como o magosto, entroido,... c) Conmemoracións como o Día da Paz, Día da Muller traballadora,... 2. A programación destas actividades deberán aprobarse en Claustro, figurando na PXA e contar coa aprobación do Consello Escolar. 3. As saídas, viaxes, excursións ou calquera outra actividade que afecte só a un determinado ciclo ou nivel, deberán estar consensuadas e aprobadas polo respectivo ciclo ou nivel, figurando igualmente na PXA e aprobadas, polo tanto, polo Consello Escolar, de xeito que o todo o alumnado do mes mo nivel debe realizar as mesmas actividades. 4. Serán os coordinadores os encargados de velar por que todos os compoñentes do seu ciclo ou nivel estén informados de calquera tipo de actividad es que se realicen no centro. 5. As visitas programadas polo colexio serán voluntarias para o alumnado, e deberán reunir os seguintes requisitos: a) O titor/a debe acudir cos seus alumnos/as. b) Ademais dos titores/as correspondentes, serán acompañados, como mínimo por outro profesor/a, ao que lle deben pedir axuda os organizadores da saída, facéndoo partícipe da súa organización. c) É preceptivo para todos aqueles alumnos/as que asistan, ter autorización asinada polos pais/nais ou titores. O alumnado que non realice a saída poderá asistir igualmente ao colexio. 6. Cando, excepcionalmente, se organicen actividades complementarias ou extraescolares non previstas na programación xeral anual, será necesario a súa aprobación polo equipo directivo, tralo informe favorable, de selo caso, do equipo destas actividades, dando conta ao consello escolar na reunión seguinte que se celebre. Cando estas actividades impliquen modificacións do 64


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

período lectivo do calendario escolar requerirán, ademáis, a autorización do delegado. 7. De non contar cos requisitos anteriores a visita ou viaxe non poderá realizarse.

Artigo 49. ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS 1. Tal e como indica o Decreto 229/2011, do 7 de decembro polo que se regula a Atención á Diversidade do alumnado dos centros docentes da nosa Comunidade, O Departamento de Orientación elaborará un Plan Xeral de Atención á Diversidade que formará parte do Proxecto Educativo, polo cal nos rexiremos. 2. As medidas organizativas establecidas cando se detecten dificultades de aprendizaxe ou calquera outra que dificulte que o alumn@ poida acadar os obxectivos propostos e unha vez esgotadas todas as medidas de reforzo educativo por parte da titor@ estarase ao disposto no seguinte protocolo. 49.1.Titor/a 1. Cubre a ficha-informe que lle proporcionará o orientador. 2. Recibe do orientador información sobre o informe da exploración psicopedagóxica no que se inclúe o diagnóstico, medidas adoptadas, orientacións pedagóxicas, etc. No caso de que o alumno/a non precise apoio externo, igualmente será coñecedor dos resultados do informe, comunicando esta decisión así como a atención que deberá recibir, de ser o caso dentro da aula. 3. Coordinarase co profesorado de apoio, sendo convocado polo orientador a ditas reunións, das que deberá quedar constancia escrita. 4. Recibirá trimestralmente un informe do orientador indicando os resultados do seguimento realizado e outro informe do profesorado de PT/AL indicando aqueles aspectos que poidan ser do interese para o titor/a. 5. Cando un alumno/a deixe de precisar apoio externo recibirá, de parte do orientador, un informe de alta, quedando rematado o proceso.

65


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

49.2. Orientador/a 1. Realizará a avaliación psicopedagóxica dos alumnos/as remitidos pola xefatura de estudos ou polos mesmos titores/as. 2. Informará ás títorías e ao profesorado de PT/AL, de ser preciso informará igualmente a outro profesorado do centro que puidera ter que intervir nalgún aspecto da rehabilitación do alumno/a en cuestión. 3. Organizará os horarios dos alumnos/as que van recibir apoio fóra da aula, en colaboración coa Xefatura de Estudos. 4. Entrevistarase cos pais/nais do alumnado que vaia recibir apoio fóra da aula e que asinarán que foron informados da problemática que presentan os seus fillos/as, do resultado dos estudos realizados e das medidas educativas que se van adoptar. 5. Realizará un seguimento trimestral informando aos titores/as e profesores/as de apoio. 6. Coordinará as reunións entre titores e profesorado de apoio, recollendo as conclusións correspondentes. 7. Realizará a avaliación final, a petición dos profesores/as de PT/AL para determinar se o alumno/a deixa de precisar apoio externo. 8. Comunicará a alta aos profesorado de PT/AL , aos profesores titores/as e entrevistarase cos pais ou nais para informalos da situación do alumno/a. 9. En ningún caso o orientador realizará estudos aos alumnos/as sen informar previamente por escrito ao titor/a e á xefatura de estudos, indicando os fins de dito estudo. 49.3 Profesores/as de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe 1. Reciben o informe do orientador/a e o horario das súas respectivas aulas. 2. Levan a cabo a intervención directa co alumnado proposto. 3. Informan trimestralmente ao orientador e aos titores sobre o traballo realizado. 4. Entrevístanse cos pais ou nais do alumnado proposto a fin de informar do Plan de Intervención e das pautas a seguir no contexto familiar. 5. Coordínanse cos titores respectivos, nas datas fixadas polo orientador. 66


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

6. Propoñen a alta, a través da xefatura de estudos, cando consideren que o alumno/a está recuperado. 49.4. Xefatura de Estudos 1. Organiza, en colaboración co orientador/a, o horario dos alumnos/as que asistirán ás aulas de apoio. 2. Recibe as propostas de alta do profesorado de PT/AL, ou dos propios titores e remíteas ao orientador/a. 3. Estará informada das altas do orientador/a. 49.5. Departamento de Orientación Realiza cada trimestre e a final de curso, a través do ciclo e dos niveis, unha avaliación de todo o proceso que será incluído na memoria do Departamento, incluíndo propostas de mellora.

Artigo 50. MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA O ALUMNADO QUE NON OPTE POLAS ENSINANZAS DE RELIXIÓN. A organización da área de valores (ou atención educativa en Ed. Infantil), no noso centro queda establecida do seguinte xeito: 1. A principio de 1º, 3º e 5º nivel, o alumnado que por decisión das súas familias, non asista a relixión, incorpórase ao grupo A do nivel que lle corresponda. Estarán concentrados por criterios pedagóxicos e cuestións organizativas, que redundan nunha mellor atención educativa. Tendo en conta que para igualar titorías ou cando se sobrepase a ratio dunha aula, poderase facer unha aula mixta, seguindo a orde alfabética con alumnado de relixión e de valores. 2. Tanto o alumnado de valores como o de relixión, será atendido en función da dispoñibilidade de profesorado, podendo concentrarse dúas titorías á

67


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

mesma hora na mesma aula, sempre que non nos pasemos da ratio recomendada. 3. En 2º, 4º e 6º, debido á normativa vixente o alumnado permanecerá na mesma titoría co seu profesor/a titor/a. Pode darse o caso de que todas as aulas sexan mixtas de relixión e valores. 4. En educación infantil, os alumnos de atención educativa serán atendidos preferentemente polo seu titor/a, en función da disponibilidade horaria en cada curso académico.

Artigo 51. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE DETECCIÓN DE ANOMALÍAS NAS INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO DO CENTRO 51.1. Nas instalacións 1. Cumprimentarase o correspondente parte, cubrindo todos os apartados. 2. O parte será entregado en Secretaría para darlle data de entrada e así poder levar un rexistro de incidencias nas instalacións e elaborar un informe trimestral onde figuren as causas e solucións adoptadas en cada incidencia. 51.2. No equipamento 1. Cumprimentarase o correspondente parte, cubrindo tódolos apartados. 2. O parte será entregado en Secretaría para darlle data de entrada e así poder levar un rexistro de incidencias no material e equipamento e elaborar un informe trimestral onde figuren as causas e solucións adoptadas en cada incidencia.

Artigo 52. A XESTION ECONÓMICA Os recursos recibidos da Consellería de Educación para gastos de funcionamen to será investido tendo en conta os seguintes aspectos: 1. Cada ano, no momento da elaboración dos presupostos, decidirase a asignación orzamentaria a cada aula ou especialidade. 2. O material funxible e inventariable que se adquira con cargo ás aulas ou especialidades será decidido por cada profesor/a, con carácter xeral. O material 68


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

adquirido será xustificado mediante factura na que figurará ademais dos datos do centro o nome da aula ou especialidade. A custodia do material inventariable adquirido deste xeito correspóndolle ao profesor/a que o adquiriu sen prexuízo de que no inventario que o secretaria terá actualizado figurará dito material para que sexa coñecido polo resto dos profesores/as que, en calquera momento, podarán facer uso do mesmo e ao finalizar a súa utilización será devolto ao profesor/a a quen corresponde a súa custodia. 3. Existirá unha partida orzamentaria anual para adquisición de material de uso común para todo o profesorado. 4. A decisión para a adquisición do material mencionado no apartado anterior corresponde á Comisión de Coordinación Pedagóxica e a proposta de adquisición do mesmo poderá ser formulada por un ciclo, nivel ou profesor, por escrito, e entregada á directora. 5. O presuposto anual que deberá coñecer o claustro e ser aprobado polo consello escolar, incluirá as partidas que deberán ser respectadas nas contías especificadas.

Artigo 53. ATENCIÓN AO ALUMNADO ACCIDENTADO 1. Se o accidente é leve o titor/a ou profesor/a que estea co alumno/a no momento da lesión fará a cura que corresponda ou facilitará o xeo. 2. Se o accidente puidera requirir de intervención médica O titor/a ou profesor/a co que se encontre o alumno/a realizará a chamada telefónica aos teléfonos de urxencia, ou ben requirirá do membro do equipo directivo que nese momento se atope nas dependencias administrativas para que realice a chamada á familia solicitando que recollan ao alumno/a. 3. Na secretaría do centro estarán custodiadas as copias das tarxetas sanitarias e os teléfonos de cada alumno. Destes últimos, tamén haberá unha copia na aula. 4. En Secretaría haberá outra copia cos mesmos datos do apartado anterior así como o número de teléfono de urxencias da Seguridade Social e de cada unha das compañías privadas para que, en caso de necesario, se poida derivar aos alumnos aos centros hospitalarios que Iles correspondan. 69


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

5. Se o accidente reviste gravidade ademais de avisar á familia deberá poñerse en coñecemento dun membro do equipo directivo para que se poña en contacto co servizo de urxencias que en cada caso corresponda e seguir as instrucións médicas á espera da ambulancia e dos pais do alumno/a. 6. Calquera tipo de incidencia que se produza será atendida polo profesor/a que estea impartindo a actividade, actuando do seguinte xeito en caso de ter que abandonar a aula: a) Incidencias Leves 

Avisar ao profesor/a que se atope na aula máis próxima para que se faga cargo temporalmente do grupo de alumnos/as que quedan sos ata que se avise en Secretaría para que un profesor/a que non estea impartindo clase suba a ocuparse do grupo en cuestión ata que se subsane a incidencia.

O profesor/a que atendeu a incidencia deberá comunicarllo ao titor/a ao termo da sesión, para que sexa este quen llo comunique á familia.

Este procedemento deberá empregarse tamén no caso de que se produza un accidente leve durante o recreo, sendo o profesor/a de garda, que atendeu ao alumno, encargado de comunicarllo ao titor/a.

b) Incidencias Graves 

Avisar ao profesor/a que se atope na aula máis próxima para que se faga car go temporalmente do grupo de alumnos/as que quedan solos ata que se avise en Secretaría.

Un membro do equipo directivo que estea en Secretaría encargarase de chamar á familia e, en caso necesario, á ambulancia.

Artigo 54. CRITERIOS DE PROMOCIÓN DO ALUMNADO O alumnado permanecerá un ano máis nun ciclo ou nivel cando se cumpran as seguintes condicións:

70


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

54.1. En Ed. Infantil 1. Que os pais soliciten a ‘repetición’. 2. Cando a un alumno/a se lle estea aplicando unha adaptación curricular e, unha vez avaliado o progreso por todos os axentes implicados na elaboración da adaptación, se chegue á conclusión de que a permanencia un ano máis en Educación Infantil implicará unha recuperación substancial das dificultades de aprendizaxe que padece. 3. Que non existan razóns de interese afectivo, social e/ou de integración que aconsellen a continuidade do alumno co mesmo grupo. 4. A permanencia un ano máis en Educación Infantil require a solicitude expresa dos pais, un informe do titor xustificando a solicitude de dita permanencia e o informe d@ orientador@. A solicitude será tramitada ó delegado provincial que deberá autorizar dita permanencia. 54.2. En Ed. Primaria. 1. Cando non superen os obxectivos mínimos das áreas instrumentais, habendo posibilidades de recuperación. Establécense dous grupos de materias:

Grupo a: Lingua Galega.

Grupo b: E. Física.

Lingua Castelá.

Relixión.

Matemáticas.

Valores.

Lingua Inglesa.

E. Artística: Música e Plástica.

Naturais .

(A nota de Artística será a media aritmética, indepen-

Sociais.

dentemente de que estean aprobadas ou suspensas)

71


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Non promociona ao seguinte Nivel o alumno/a que non supere: a) Dúas asignaturas do grupo a, excepto no caso de que estas dúas sexan Naturais e Sociais, que computarán como unha a efectos de promoción. b) O alumno/a que non supere unha asignatura do grupo (a) e dúas do grupo (b). c) Para non promocionar hai que suspender necesariamente algunha asignatura do grupo (a). Aínda que se suspendan todas as asignaturas do grupo b, promocionarase igualmente.

2. Que non existan razóns de interese afectiva, social e/ou de integración que aconsellen a continuidade do alumno/a co mesmo grupo. Neste caso

será

preceptivo

Departamento

de

un

informe

Orientación

e

do

titor/a,

aprobado

contrastado

pola

Comisión

polo de

Coordinación Pedagóxica. 3. A decisión da permanencia dun ano máis nun nivel corresponde ao titor/a, que poderá solicitar a opinión doutro profesorado que lle imparta docencia ao alumno/a e, ao orientador/a.

Artigo 55. CRITERIOS DE AGRUPAMENTO DO ALUMNADO Os alumnos/as permanecerán no mesmo grupo durante o 2º ciclo de Ed. Infantil, salvo que por causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro, se aconselle a mobilidade entre os distintos edificios do centro. Sempre terán prioridade o alumnado matriculado no centro sobre os de novo ingreso. 55.1. En Educación Infantil serán agrupados por orde alfabética, dentro do edificio que elixan os pais e nais, sempre que haxa vacante, agás no seguinte caso: 1. O alumnado con n.e.e., sempre que haxa informe de escolarización que indique a necesidade de escolarizalo noutro edificio ou aula específica.

72


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

2. No caso de que no edificio da Uceira haxa máis solicitudes que vacantes, os criterios para permanecer neste edificio, serán os seguintes: a) Ser transportados desde as aldeas, por non ter transporte a mediodía. b) Ter opción de entrar no comedor. c) Que o seu domicilio estea preto do centro: Avda. Compostela. d) Ter irmáns matriculados no centro. e) Por sorteo público. 55.2. En Educación Primaria o alumnado será reagrupado ao inicio de 1º, 3º e 5º nivel, atendendo aos seguintes criterios: 1. Xuntar no mesmo grupo ao alumnado de Non Relixión. 2. Reparto equitativo do alumnado con n.e.e., acordado por Xefatura de Estudos e o Orientador. 3. Separar nenos incompatibles, sempre con informe da Comisión de Convivencia. 4. O resto do alumnado será agrupado por orde alfabética ata completar as distintas aulas de cada nivel. Co fin de garantir que o agrupamento se realiza de acordo cos criterios establecidos.

Artigo 56. PROTOCOLO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO PROCEDENTE DO ESTRANXEIRO. 1. O primeiro día, o alumno/a incorporarase a unha aula de apoio de P.T. ou A.L., e será o orientador/a quen se ocupe de realizar un estudo avaliativo, psicopedagóxico e curricular para determinar o seu nivel académico, a aula máis adecuada para a súa incorporación e os apoios que vai recibir, xa que se incorporará ao nivel que lle corresponda por idade. 2. A familia será informada do proceso educativo do seu fillo/a, conxuntamente polo titor/a e orientador/a, que se entrevistarán cos pais/nais para mantelos informados da metodoloxía, dos materiais curriculares e da marcha da clase, da integración no proceso de aprendizaxe e das características observadas no estudo realizado ao alumno/a. 73


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

3. Cando se detecte que o alumno/a superou as dificultades derivadas da súa procedencia do estranxeiro, por parte do orientador/a, o alumno/a deixará de recibir as axudas externas e será integrado na aula con total normalidade.

Artigo 57. PROCEDEMENTO CANDO O ALUMNADO NON TRAE O MATERIAL DIDÁCTICO 1. O procedemento rutinario de adquisición de material didáctico do alumnado realizarse polos pais e nais, que adquirirán o material que figure nunha lista que será entregada polo titor/a ao inicio do curso escolar, que deberá ser o mesmo material para o mesmo nivel. 2. En caso de que unha familia non aporte o material didáctico necesario por causas debidamente xustificadas, como poden ser dificultades económicas con risco de exclusión social, será remitida a que solicite axuda nos Servizos Sociais do Concello e ao mesmo tempo o profesorado proporcionaralle material fotocopiable ou funxible de aula para que poida integrarse nas actividades ao mesmo tempo que o resto do alumnado.

74


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

Artigo 58. FUNCIONAMENTO DA AULA DE CONVIVENCIA 1. A Aula de Convivencia estará atendida por profesorado de garda, en función da organización que se faga cada curso, e funcionará para a atención dos alumnos/as que cheguen fóra do horario de entrada ou alumnos/as que tiveran cometidas faltas graves de disciplina ou leves reiteradas. Para o último suposto o máximo de asistencia a esta aula será de oito días, segundo o esta blecido no Plan de Convivencia. 2. O protocolo a seguir será o seguinte: a) O profesor correspondente deberá presentar os partes de incidencias á Xefatura de Estudos ou ao Orientador. b) En faltas graves ou de alumnos/as reincidentes será a Comisión de Convivencia , establecida no seo do Consello Escolar a que determine o tempo de permanencia nesta aula o doutras sancións que crea convenientes. c) En todo momento se seguirá o protocolo estabecido na Lei de Convivencia e no Decreto que a regula.

Artigo 59. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA AS AULAS E-DIXGAL Programa de Portátiles de Centro 58.1. NORMATIVA DE USO. GUÍA DE MANTEMENTO E COIDADO DO PORTÁTIL 1. Estes equipos son propiedade da Consellería de Educación e Ord. Universitarias da Xunta de Galicia. O depositario dos mesmos por delegación é o C.E.I.P. “Plurilingüe Calvo Sotelo” do Carballiño. Son un instrumento de traballo escolar ao que se ten acceso polo feito da participación do centro no Proxecto ABALAR e EDIXGAL. 2. O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento esta normativa de uso, sabendo que o incumprimento da mesma, 75


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

acarreará, ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se establecen no devandito Regulamento e mesmo sancións económicas se chegara o caso. 3. As sancións: a) A restrición temporal de utilización do portátil. b) Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a natureza e gravidade do desperfecto causado. c) Calquera outra aprobada polo Consello Escolar do Centro. 4. Protocolo de actuación: a) Antes de coller o portátil dos carriños establecidos para gardalos os alumnos adecuaran as súas mesas para evitar caidas. b) Cada alumno recollerá o portátil do carriño con coidado e por orde para facilitar a identificación do equipo que lle corresponde. Evitaranse as aglomeracións innecesarias. c) Para que exista unha responsabilidade persoal no coidado do portátil, cada ordenador ten unha etiqueta co número que lle corresponde a cada alumno. Os equipos identificados para cada alumno/a coas credencias non poderán ser desidentificados. d) O alumno/a non acenderá o portátil ata recibir a orde expresa do profesor.As pantallas dos ordenadores permanecerán cerradas mentres o profesor non mande abrilas. e) Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o portátil nin cando estea aberta nin cando estee pechada a tapa. f) A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca con ningún obxecto punzante, nin uña, nin cousa que a poida raiar. g) Cada alumno/a como responsable do portátil que se lle adxudica, terá un nome de usuario coa seu contrasinal respectivo a fin de facilitar o rexistro da súa actividade. h) Cada alumno será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas e arquivos. i) Cada alumno será responsable tamén de gardar o traballo, de apagar correctamente o portátil ao finalizar a clase. 76


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

j) Os alumnos devolverán o portátil ao lugar que lle correspondente no carriño,se non usan o servizo de préstamo, asegurándose de que queda conectado

ao

cargador. Irán

por

orde

evitando

aglomeracións

comezando polo último alumno da lista da clase e rematando polo primeiro. Para a recollida farase a inversa empezando polo primeiro e rematando polo último. Trasladar o portátil sen correr e procurando levalo ben suxeito. k) O equipo é responsabilidade do alumno para o traballo de clase. Ante calquera incidencia co mesmo deberán de informar o seu titor/a. 5. Normas de uso de préstamo:

O pai nai ou titor/a É IMFORMADO: Que o CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO participa no proxecto E-DIXGAL (EVA) para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, o cal require a posta a disposición do alumnado do centro de ordenadores para a realización das súas tarefas escolares.

ACEPTA AS SEGUINTES CLÁUSULAS DE PRÉSTAMO DO EQUIPO:

PRIMEIRA. OBXECTO. Mediante este acordo o centro cede o uso do ordenador descrito ao alumno/a cunha finalidade educativa para a realización de tarefas escolares coas condicións e normas recollidas neste documento. SEGUNDA. CONDICIÓNS DE USO O/a alumno/a levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo seu profesorado. Non se poderá utilizar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do centro. Ademais non poderá cederse a terceiras persoas.

77


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

A utilización non permitida do equipo será recollida como falta no Regulamento de Réxime Interno do centro. O/a alumno/a e a súa familia non poderán realizar manipulacións no ordenador nin no software nel instalado. Deberá informarse ao titor/ra do curso de calquera desperfecto observado no equipo no menor prazo posible. O/a alumno/a comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería completamente cargada. O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso e cando o centro o solicite para realizar actualizacións, tarefas de mantemento, etc. O profesorado e o coordinador E-DIXGAL do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno coa fin de constatar o seu estado. TERCEIRA. RESPONSABILIDADE Responsabilízome do correcto coidado e uso do equipo, respondendo da perda do ordenador ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que podan producirse na utilización diaria do equipo e estean recollidas na súa garantía.

O pai/nai/titor legal asinará dúas copias unha para o centro e outra para pai/nai/titor legal do documento de préstamo.

1.- ASIGNACIÓN DE PORTÁTILES E COIDADOS BÁSICOS Cada alumno do centro recibirá ao incorporarse a 5º de primaria un portátil do que será responsable mentres estea matriculado no mesmo con independencia do momento no que fai a matrícula e ata que remate a súa permanencia no centro . 78


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

1.1.-Coidados básicos do portátil. a) Cando se estea a traballar co equipo, deberá de colocarse nun lugar estable a salvo de posibles incidencias: caídas, golpes, evitando posibles caídas de obxectos sobre el e de calquera outra circunstancia na que perigue a integridade física do aparello. b) Non se pode comer nin beber cando se está a utilizar o portátil. c) Sempre debe transportarse o portátil colléndoo coas dúas mans. d) Evitar sempre golpear a pantalla con calquera obxecto. e) Evitar a exposición do portátil ao sol, á chuvia e ás fontes de calor; por exemplo, non colocalo a carón dun radiador. f) Está prohibido sacar o equipo da Aula sen permiso do profesor durante as horas de clase. g) O portátil terá que estar no carriño de transporte cando non se estea a utilizar e procurando que estea conectado a clavixa da rede. i) Para gardar o seu traballo cada alumno poderá dispor dun lápiz de memoria. j) O alumnado debe traer uns cascos na carteira tódolos días, o/a que teña dificultades para manexarse co pad poderá traer un rato. 1.1.- Contrasinais. a) Cada alumno recibirá un contrasinal de uso que non deberá de facilitarse a ninguén. Sendo responsabilidade do alumno manter en segredo o contrasinal que se lle ten adxudicado 2.- GARDA E CUSTODIA DO PORTÁTIL NA CLASE. a) Cada alumno/a é responsable da custodia do portátil que se ten adxudicado, debendo de telo sempre vixiado durante o horario lectivo. b) Cando non o precise para traballar na aula, depositarao no espazo que ten asignado a tal efecto no carriño da súa aula. 2.1.-GARDA E CUSTODIA A consexe será responsable de abrir o carriño a comenzo do día lectivo e cerralo o final do día. 79


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

3.-O PORTÁTIL NA ESCOLA 3.1.- O portátil na clase a) Antes de coller o portátil o alumno/a deixará a súa mesa ordenada, para evitar ter que deixalo en situación de equilibrio precario. b) O alumno/a non acenderá o portátil ate recibir a orde expresa do profesor. c) Cando o profesor teña que interromper o traballo do alumnado para dar unha explicación poderá pedir baixar as pantallas dos equipos , respectaranse as ordes do profesor a hora de xirar as pantallas. d) Cando o alumno/a teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará totalmente a tapa do portátil para evitar posible golpes e aforrar batería. e) Cada alumno/a será responsable do correcto mantemento no escritorio, dos cartafoles e arquivos da súa conta, velando pola súa orde e a súa conservación. g) Cada alumno será responsable de gardar o traballo e

de apagar

correctamente o portátil ao finalizar a clase. 3.3.- Responsabilidades derivadas do uso do portátil Cada alumno/a é totalmente responsable do que faga co seu portátil. Terán consideración de faltas graves ou moi graves, en función das circunstancias nas que se producen os feitos e das súas consecuencias; entre elas temos: a) Modificar a configuración do sistema operativo e violar as restricións que teña o portátil. b) Queda totalmente prohibida a instalación no ordenador de programas que non mande o profesor. c) A utilización da conta doutra persoa estará suxeita a accións disciplinarias e aquelas outras que a lexislación vixente determina para estes casos. d) Calquera intento de danar equipos, materiais, datos ou programas, será sancionado polo Regulamento de Réxime Interior do Centro. O vandalismo conlevará á cancelación dos privilexios de uso do portátil e a obriga de reposición dos costos orixinados pola reparación. 80


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

e) Están prohibidos os intentos de ver, copiar, modificar ou interferir nos ficheiros doutros usuarios f) Trasladar o portátil ao recreo sen orden expresa. g) Finxir ser outra persoa cando se envían ou reciben mensaxes. h) O sistema/rede non poderá ser utilizado con propósitos ilegais. 4.- CUSTODIA E TRASLADO DO PORTÁTIL NO CENTRO 4.1 Custodia e traslado xeral a) En caso de avaría, mal funcionamento ou actualizaciaon de software é probable que o ordenador se formatee e reinstale de forma automática. Por iso deberase facer sempre que se poida unha copia dos contidos do ordenador . 4.2.- Averías do portátil. 4.2.1.- Averías comúns a) Cando o portátil estea avariado,quede sen batería, deberá de seguirse a clase con outro compañeiro/a ou polo encerado dixital. b) Os portátiles avariados deberán entregarse á coordinadora do proxecto, no horario que se estableza oportunamente. 4.2.2.- Avarías debidas a uso indebido a) Cando se detecte que un alumno está a ter avarías graves debidas ao uso indebido ou ao coidado pouco esmerado, procederase a retirarlle o equipo polo tempo que se

considere oportuno. En casos moi graves poderá ser

suspendido definitivamente. c) As avarías provocadas non están cubertas pola garantía, polo que se o servicio técnico comproba que a avaría non foi fortuíta, será o alumno o que terá que pagar o custe da mesma.

81


CEIP PLURILINGÚE CALVO SOTELO: Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

TÍTULO VIII. DIVULGACIÓN E APLICACIÓN O centro divulgará este documento por diferentes medios entre a comunidade educativa, facilitando o seu coñecemento por parte de todos. O presente Regulamento das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade escolar deste centro. Faranse revisións periódicas que se consideren oportunos para adaptar o NOF a novas circunstancias ou a modificacións lexislativas. Estará sempre supeditado á lexislación vixente. Este NOF entrará en vigor ao día seguinte da súa presentación ao Claustro e ao Consello Escolar. Con data 14 de outubro de 2015 quedan aprobadas as actualizacións, correccións e modificacións do NOF. En O Carballiño, a 14 de outubro de 2015 O Equipo Directivo A Directora

Asdo. Aurea González Francisco A Xefa de Estudios

A Secretaria

Asdo. Milagros Rodríguez Fdez.

Asdo. Rosa Lina Gómez Crespo

82


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.