Normas de Comedor

Page 1

O Comedor Escolar. O comedor escolar do centro funcionará regulado pola normativa correspondente.

Ademáis dos alumnos/as poderán comer os profesores/as que o desexen, sempre que se conte con prazas dispoñibles. O horario será de 14´30 horas a 15´30 horas en setembro e xuño e de 13´45 horas a 15´15 horas os luns, martes, mércores e xoves, e de 13´15 horas a 14 horas os venres durante o resto do ano.

Elaborarase un menú mensual que se distribuirá entre o alumnado usuario para que a súa familia complete a súa alimentación na casa. Inculcaranse nos alumnos/as comensais hábitos alimenticios, hixiénicos e de comportamento durante o periodo do comedor.

As normas do comedor son as seguintes:

1. Hixiene Os alumnos (incluídos os de Ed. Infantil) deberán saber comer por si mesmos e facer uso dos servizos. Durante a comida non poderán ir ao servizo a non ser por indisposición ou enfermidade e sempre con permiso da Coidadora. Poderán ir antes da entrada ao comedor nos servizos do patio. Non se poderán meter obxectos ao Comedor. Non está permitida a entrada dos alumnos na cociña. Poñerase especial coidado na correcta utilización dos cubertos, así como o uso do pano da mesa. Non se pode tirar pan, auga ou restos de comida ao chan nin a outros alumnos. Despois de comer, o alumnado que o desexe poderá pasar polo servizo, acompañados polas súas Coidadoras, para realizar o cepillado de dentes e lavarse as mans.


2. Organización e comportamento

A entrada ao Comedor farase por grupos en fila, con orde e tranquilidade, sen correr, sen empurrar os compañeiros nin berrar. Os alumnos sentaranse nos lugares que lles serán asignados. Estes lugares serán fixos, podendo ser cambiados a criterio das coidadoras ou as encargadas do comedor. Deberase respectar todo o material e utensilios, sendo os alumnos responsables da súa deterioración por mal uso. Deberán permanecer correctamente sentados en todo momento, sen xogar nin se balancear nas cadeiras nin se mover do seu sitio. Non poderán erguerse. Para chamar as coidadoras, deberán facelo levantando a man ata ser atendidos. É moi importante comer nun ambiente tranquilo e relaxado, polo que nunca se dirixirán aos demais berrando, senón falando nun ton de voz axeitado. Non está permitido falar con alumnos doutras mesas. En caso de que se considere oportuno, por razóns estritamente educativas, os alumnos colaborarán, na medida das súas posibilidades, co Servizo do Comedor. Os alumnos están obrigados a respectar o persoal laboral (Cociñeiro, persoal de cociña, coidadoras...) nos mesmos termos que ao profesorado do Centro: deben obedecelos e seguir as súas indicacións. Cando se acabe de comer, esperarán en silencio que se lles indique o momento da saída, o cal se fará nos mesmos termos que á entrada. O pagamento mensual pola utilización do comedor escolar producirase nos 5 primeiros días do mes seguinte ao da prestación do servizo, estando obrigados a presentar no centro o xustificante de “pagamento para a Administración” nos 10 primeiros días de cada mes. O incumprimento no pagamento do comedor cada mes, impedirá a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para o cal contarase cun prazo máximo de 2 meses.


3. Alimentación

Os alumnos deberán adaptarse ao menú establecido, comendo a cantidade que se lles sirva que se adaptará á súa idade e complexión física. En caso de non poder comer algún tipo de alimento, deberase achegar un Certificado Médico que o acredite, segundo establece a lexislación vixente. Os dereitos e deberes dos alumn@s comensais serán os mesmos que figuran nas Normas de convivencia, organización e funcionamento do centro. O incumprimento das normas notificarase aos pais/nais do alumn@, e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do comedor. En ningún caso se subministrarán medicamentos aos nen@s. A familia deberá comunicar previamente a ausencia ou asistencia puntual dalgún comensal avisando por escrito á encargada de comedor ou á directora, sempre por causa xustificada.

4. Tempo libre:

Cada grupo permanecerá no lugar asignado baixo a supervisión da Coidadora. Ningún alumno poderá separarse do seu grupo sen permiso. Non se permite a práctica de xogos perigosos, entendéndose por iso aqueles que poidan poñer en perigo a integridade física das persoas. Os alumn@s que asistan ao comedor e que debido ao mal tempo teñan que estar nos espazos destinados a tal fin, deberán permanecer en todo momento baixo vixilancia das coidadoras, coidando e respectando todo o material que hai alí sen poder acceder a este. Ao rematar a súa actividade terán que recoller todo o utilizado deixándoo igual que o encontraron. Queda totalmente prohibido que o nen@s do comedor xoguen nos corredores e que accedan ao resto das aulas que se encontran no edificio salvo autorización do persoal de vixilancia (para ir ao servizo ou outras)..


Deberรกn respectar o uso dos servizos, ao igual que o fan en horario escolar.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.