1 minute read
EDITORIAL
from O Alustre
«GRAZAS POR TRABALLAR DESTE XEITO».
A toda a Comunidade Escolar do CEIP Plulilingüe Calvo Sotelo. Ás familias, aos alumnos e alumnas e a todo o profesorado, chegado o fin deste curso tan especial, queremos dende o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, agradecer todo o voso traballo.
Advertisement
Grazas aos titores e titoras por dirixir todos os traballos que vos propuxemos e a todo o profesorado, en xeral,polo voso apoio e profesionalidade. Grazas aos nenos e nenas polo seu inxenio, sinxeleza e frescura a hóra de realizar todas as actividades. Grazas aos pais e nais porque colaborastes e axusastes aos vosos fillos/as, facendo incluso moito máis do que vos pedíamos. Grazas a todos por compartir as vosas experiencias connosco de xeito desinteresado.
As vosas aportacións foron dun inestimable valor para facer realidade o noso proxecto «10 meses 10 razóns para empregar o galego».
Grazas a vós conseguimos os obxectivos que nos propuxemos para este curso, e danos forzas para afrontar novos retos no eido da dinamización , encamiñados a mellorar e promover o uso da lingua galega, afastándonos de calquera prexuízo que a poida prexudicar.
Formar persoas competentes, cultas, responsables e solidarias en galego está entre os obxectivos do Equipo e, estamos convencidos do poder da educación e a formación para mellorar a nosa campetencia lingüística.