6 minute read
Álbum de pictogramas
Elaboramos un álbum de recompilación, de diferentes textos (adiviñas, refráns, poemas, contos... segundo o nivel do alumnado) apoiados por pictogramas, que pasaron a formar parte dun álbum. Na súa elaboración participaron todas as titorías, dende Infantil e 6º de Primaria.
Advertisement
Pictogramas e soportes visuais son unha ferramenta moi útil para moitas persoas con Trastorno do Espectro do Autismo,
Xa sexa para comprender instrucións, para anticipar situacións sociais, para estructurar o tempo, ou como soporte para calquera outra función, os pictogramas son imprescindibles para os nenos e nenas con autismo.
OS OVOS DE PASCUA
De onde ven a tradición dos OVOS DE PASCUA?
Non hai consenso en canto a por que a tradición celebra a Pascua con Ovos e Coellos.
Civilización e crenzas
Todo empezou cos ovos representando fertilidade e vida nalgunhas civilización localizadas en Exipto, China, Grecia e algúns outros paises de occidente. Os ovos intercambiábanse e tamén se regalaban ao remate do inverno, xa que isto significaba o comezo da primavera, que está relacionada coa nova vida.
A chegada do cristianismo
A resurección de Cristo sitúase nos días próximos ao inicio da primavera. A igrexa prohibía comer ovos durante a cuaresma, como os animais seguían producindo ovos, estes gardábanse e regalábanse en Pascua de Resurrección. Incluso anos máis tarde comezaron a pintarse de vermello para representar a sangre de Cristo. Anos máis tarde a Igrexa decidíu que se pintasen de tres cores: azul, cor da época pascual, amarelo a luz da resurrección e violeta para recordar a Pasixón de Cristo.
E como pasamos de ovos normais a ovos de chocolate?
O primeiro ovo de chocolate documentado en libros de historia, lévanos a Francia no século XVI cando llo regalaron ao rei Francisco I, un ovo de chocolate que tiña no seu interior unha representación da Paixón de Cristo. Foi máis tarde no ano 1873 cando o médico e chocolateiro inglés Joseph Fry elaborou os primeiros ovos de chocolate a nivel comercial.
Cando aparece o coello?
O coello relacionábaselle coa diosa da Primavera e a da Fertilidade pero anos despois os alemáns darían orixe á lenda de que un Coello de Pascua promete regalarlle cousas aos nenos que se portan ben.
Por outro lado, existe unha lenda no Cristianismo que conta que un coello durmíu na mesma cova onde Xesús foi enterrado. Cando Xesús resucitou, o coello foi dar a noticia levando ovos de cores con el.