xosé neira vilas

Page 1


Nado en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928, é un escritor galego

Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. En 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez. En 1953 funda as Mocedades Galeguistas. Casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.


Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994. Viven en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

A súa obra Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega. Tanto esta coma outras obras posteriores reflicten o mundo rural e a emigración. As de protagonista infantil, forman o chamado "ciclo do neno" e son: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho



Ai, amor!

Xosé Neira Vilas

Que lonxe! Que lonxe estás! Canta terra entre nós dous. Peno dende que te fuches. Ai, amor! Ai, amor!

Por ti agardo cada día, ateigada de ilusión. Ven axiña, volta a min. Ai, amor! Ai, amor!

Cando busco nos teus ollos, magóame o corazón. Cantas cousas non pasaron! Ai, amor! Ai, amor!

Ai amor, que lonxanía! Que soedade, que delor! Vivir sen ti non é vida. Ai, amor! Ai, amor!

Pasaron meses e anos, e a mocidade pasou. Mido por noites o tempo. Ai, amor! Ai, amor!

Cartas van e cartas veñen e as palabras tinta son. Quero escoitar a túa voz! Ai, amor! Ai, amor!


Hai anos este poema, grazas á xenerosidade de Neira Vilas, viaxou desde Cuba a Galicia para que A Quenlla puidese musicalo. Hoxe, grazas unha vez máis á xenerosidade de Xosé Neira Vilas, podemos publicalo por primeira vez. Grazas!


Escritora cubano galega.

Anisia Miranda, nada en Ciego de Ávila (Cuba), en 1932. Filla de emigrantes ourensáns, morreu o 22 de outubro de 2009 en Gres, Vila Cruces, onde residía co seu home, o tamén escritor Xosé Neira Vilas. Casados dende 1957, logo de se coñeceren en Buenos Aires, a mesma cidade na que contactaron cos exiliados e emigrantes galeguistas.


Miranda entrou á literatura galega da man de Neira Vilas. Mesmo dende a Cuba revolucionaria o activismo literario da escritora desenvolveuse en galego. Obras como: Cantarolas, Os contos de Compay Grilo, A primeira aventura, A casa dos títeres, A volta do Compay Grilo e Mitos e lendas da vella Grecia son algúns dos seus títulos. "Anisia interesouse por aquela cousa de Galicia logo de ler un artigo titulado El idioma prohibido", rememoraba Neira Vilas hai meses.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.