Caderno Formación Profesional Básica 2019

Page 1

GUÍA SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

2019

Mónica Diz Besada Guía sobre a Formación Profesional Básica en Galicia Oferta de FPB na zona de Coruña


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

QUE É A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA? É unha parte das ensinanzas da Formación Profesional do sistema educativo organizada en perfiles profesionais que permite adquirir competencias profesionais dunha determinada profesión.

CANTO DURA UN CICLO DE FP BÁSICA? Un total de 2000 horas repartidas en 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual poderán durar ata 3 cursos.

QUE TITULACIÓN SE ACADA E QUE SAÍDAS TEN? Ao rematar obtense o título profesional básico. Inclúen alomenos unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Co título de FP Básica poderase acceder a :  Ciclos de FP de Grao Medio (no perfil de cada título indícase os ciclos con preferencia de acceso).  Educación Secundaria de Adultos (ESA) e validar os ámbitos que permiten obter o título de Graduado en Educación Secundaria.  Posibilidade de obter o título de Graduado en ESO se o equipo docente considera que alcanzaron os obxectivos da ESO e adquiriron as competencias correspondentes.  Inserción no mercado laboral de xeito cualificado. O título de FP Básica ten os mesmos efectos laborais que o título de ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.  Certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional da mesma familia profesional (Existen 5 niveis de cualificación profesional).

CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER A UN CICLO DE FP BÁSICA: Hai que cumprir todos e cada un dos seguintes requisitos: - Cumprir os 15, 16 ou 17 anos no ano de comezo do programa. - Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional mente, ter cursado o segundo curso. - Ser proposto/a polo equipo docente. - Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:  Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.  Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.  Estas persoas deberán presentar a solicitude de admisión nos prazos establecidos para a oferta obrigatoria e, de existir máis solicitudes que prazas, asignaranse as prazas seguindo o criterio de menor a maior idade.

O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (NEE) Poderá:  

Solicitar flexibilización modular: Temporalización distinta ou cursar o ciclo de xeito fragmentado. Poderá cursar programas específicos adaptados ás súas necesidades. Nos centros de Educación Especial ofértanse Programas Formativos para alumnos con NEE. Trátase de programas adaptados ás necesidades dos alumnos, onde poderán cursar módulos profesionais dun título de FP Básica, e módulos de formación adaptados ás súas necesidades. 2


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

QUE TIPO DE MÓDULOS SE ESTUDAN NA FP BÁSICA? -

Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Módulos asociados a bloques comúns:    

Módulo de comunicación e Sociedade I e II (Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés e Ciencias Sociais) Módulo de Ciencias Aplicadas I e II (Matemáticas e Ciencias Aplicadas ao contexto persoal e ao campo profesional) Módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) Titoría semanal.

TITORÍA SEMANAL: Cada grupo contará cun titor/a e cunha hora de titoría semanal onde se traballarán os seguintes temas: - Técnicas de estudo - Resolución de conflitos - Autoestima e responsabilidade - Habilidades comunicativas - Traballo en grupo - Orientación académica e profesional

A AVALIACIÓN:   

Poderase permanecer cursando o ciclo durante catro anos. Poderase repetir unha soa vez cada un dos cursos. Para promocionar haberá que superar todos os módulos ou cando os módulos profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20 % do horario semanal, con todo, deberá matricularse dos módulos profesionais pendentes de primeiro curso. A avaliación realizarase por módulos e haberá duas convocatorias anuais para a superación dos módulos.

3


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

DOCENCIA COMPARTIDAN ENTRE DOUS CENTROS: Poderase organizar a docencia de cada ciclo formativo de forma compartida entre dous centros, de maneira que os módulos asociados a unidades de competencia se impartan nun centro, que será o centro de referencia, e o resto dos módulos noutro centro, que será o centro asociado. O alumnado pertencerá, para os efectos académicos e administrativos, ao centro de referencia.

QUE HAI QUE FACER PARA MATRICULARSE? Ao inicio do mes de setembro hai que preguntar nun centro de secundaria ou consultar no portal educativo edu.xunta.es/fp as datas exactas do presente curso académico. Os prazos do presente curso (2018/2019) foron os que se sinalan a continuación:

PRAZOS APROXIMADOS  

   

Presentación de solicitudes: Do 3 ao 11 de setembro ata as 13´00h. Hai que entregar o consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV). De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica. Publicación da listaxe de admitidos e non admitidos: 12 de setembro Prazo de reclamación contra as listaxes ante a dirección do centro: 13 e 14 de setembro Matrícula: Entre o 13 e o 20 de setembro. O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os referidos con anterioridade.

LUGAR DE ENTREGA DA SOLICITUDE: Nos centros que oferten ciclos de FP Básica. No caso de que a docencia do ciclo se O alumnado que fose proposto/a para realizar un ciclo de formación profesional básica deberá organice enúnica dous solicitude centros, ade solicitude entregarse no centro onde se os presentar unha admisióndeberá e matrícula, na secretaría do centro enimpartan que pretendan ser módulos admitidos/as en primeira opción. impreso de solicitude poderase sinalar ata dous ciclos de asociados a unidades de No competencia. FPB en orde de preferencia. A documentación que se precisa entregar hai que recollela previamente no centro de orixe. No caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, de xeito que nun centro se impartan os módulos asociados a unidades de competencia e o resto dos módulos noutro centro, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

4


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PLAZAS: 

Nº de prazas por ciclo: 20, das cales 2 serán reservadas para o alumnos que teñan recoñecida unha discapacidade.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: - Alumnado que cursase 2º de ESO. - Alumnado que cursase 3º de ESO. - Alumnado que cursase 4º de ESO.

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.

Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 -

Resultado do sorteo 2019: Letras primeiro apelido: "E" e "C" Letras segundo apelido: "U" e "P"

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE: (Pide os anexos no teu centro de orixe)      

Anexo I: Impreso de solicitude asinado polo solicitante ou polos titores legais no caso de ser menor de idade. Anexo II: Consello orientador asinado polo titor, orientador e Director do centro de orixe. Anexo III: Consentimento asinado polo pai/ nai / titor/a legal do alumno para cursar estas ensinanzas (este anexo entrégase no centro de orixe). Anexo IV: Comunicación de incorporación á FP Básica de que foi proposto polo equipo docente, asinada polo Director do centro de orixe. Certificado de discapacidade (se procede). Copia DNI ou NIE, en caso de non dar consentimento para comprobación de datos.

5


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

26 PERFILES PROFESIONAIS Administración e xestión CBADG01 - Servizos administrativos Agraria CBAGA01 - Agroxardinaría e composicións florais CBAGA02 - Actividades agropecuarias CBAGA03 - Aproveitamentos forestais Artes gráficas CBARG01 - Artes gráficas Comercio e márketing CBCOM01 - Servizos comerciais Electricidade e electrónica CBELE01 - Electricidade e electrónica CBELE02 - Instalacións electrotécnicas e mecánica Edificación e obra civil CBEOC01 - Reforma e mantemento de edificios Fabricación mecánica CBFME01 - Fabricación e montaxe CBFME02 - Fabricación de elementos metálicos Hostalaría e turismo CBHOT01 - Cociña e restauración CBHOT02 - Aloxamento e lavandaría CBHOT03 - Actividades de panadaría e pastelaría Informática e comunicacións CBIFC01 - Informática e comunicacións CBIFC02 - Informática de oficina Instalación e mantemento CBIMA01 - Mantemento de vivendas Imaxe persoal CBIMP01 - Peiteado e estética Industrias alimentarias CBINA01 - Industrias alimentarias Madeira, moble e cortiza CBMAM01 - Carpintaría e moble Marítimo-pesqueira CBMAP01 - Actividades marítimo-pesqueiras Servizos socioculturais e á comunidade CBSSC01 - Actividades domésticas e limpeza de edificios Téxtil, confección e pel CBTCP01 - Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel CBTCP02 - Tapizaría e cortinaxe Transporte e mantemento de vehículos CBTMV01 - Mantemento de vehículos CBTMV02 - Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo Vidro e cerámica CBVIC01 - Vidraría e olaría

6


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

Na zona de A Coruña Curso 18/19

OFERTA DE CICLOS DE FP BÁSICA NA ZONA DE A CORUÑA CONCELLO

CÓDIGO CENTRO

CENTRO

CÓDIGO CICLO

PERFIL PROFESIONAL

Nº PRAZAS

A CORUÑA

15004204

IES Calvo Sotelo

15005269

IES Urbano Lugrís IES Fernando Wirtz Suárez CIFP Someso

CBARG01 CBMAM01 CBFME01 CBELE01

Artes Gráficas Carpintaría e moble Fabricación e montaxe Electricidade e electrónica

20 20 20 20

CBIFC01

Informática e comunicacións

20

CBFME01

20

CBCOM01

Fabricación e Montaxe Centro asociado -15027770 - IES A Sardiñeira Mantenemento de vehículos Centro asociado –15027770 - IES A Sardiñeira Carpintaría e moble Centro asociado – 15027770 – IES A Sardiñeira Reforma e mante mento de edificios Centro asociado – 15005579 – IES Plurilingüe Elviña Peiteado e estética Centro asociado - 15005579 - IES Plurilingüe Elviña Aloxamento e lavandaría Centro asociado - 15005269 - IES Urbano Lugrís Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel Centro asociado - 15005269 - IES Urbano Lugrís Servizos Comerciais

CBIFC01 CBADG01

Informática e comunicacións Servizos administrativos

20 20

CBADG01

Servizos administrativos

20

PFB Reprografía (Programa adaptado para alumnos con NEE) PFB Xardinaría e viveirismo (Programa adaptado para alumnos con NEE) PFB de Servizos de restauración (Programa adaptado para alumnos con NEE) PFB de Actividades domésticas (Programa adaptado para alumnos con NEE)

20

20

20 20 20 20 20

15005397 15024513

CBTMV01 CBMAM01

CBEOC01

CBIMP01

150278997

CIFP Paseo das Pontes

CBHOT02

CBTCP01

15004794

15004356

15004782

15005385

CPR Fogar de Santa Margarita CPR Nebrija Torre de Hércules CPR Plur. La Grande Obra de Atocha CEE María Mariño

CBARG50 CBAGA51 CBHOT50

15005336

CEE Nosa señora Do Rosario

CBSSC51

CBELE01 CBHOT01 CBIFC02 I

PFB Peiteado (Programa adaptado para alumnos con NEE) Electricidade e electrónica Cociña e restauración Informática de oficina

CBMAP01 CBELE01 CBFME01 CBHOT02 CBELE01

Actividades marítimo - pesqueiras Electricidade e electrónica Fabricación e montaxe Aloxamento e lavandaría Electricidade e electrónica

ARTEIXO

15023314

IES de Sabón

CAMBRE

15027873

CULLEREDO

15005749

IES Alfonso X o Sabio IES Universidade Laboral

OLEIROS

15027228

IES María Casares

20 20

20

40

20

20

20

20 20 20

20 20 20

7


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

OS PERFILES DE FP BÁSICA OFERTADOS NA ZONA DA CORUÑA 1. Actividades marítimo pesqueiras: Que se aprende a facer? Realizar actividades básicas de navegación e pesca, e de servizo na sala máquinas de buques de pesca, operando coa calidade indicada, observando as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? A bordo de buques de pesca e auxiliares de acuicultura. Que ocupacións desempeñan? Mariñeiro/a de máquinas; mariñeiro/a de ponte; mariñeiro/a de pesca; mariscador/ora a flote. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Mantemento de equipamentos auxiliares en barcos de pesca 267 Mantemento de motores en barcos de pesca 204 Seguridade e primeiros auxilios en barcos de pesca 58 Actividades en cubertas de barcos de pesca 135 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Pesca con artes de enmalle e marisqueo 135 Pesca con palangre, arrastre e cerco 141 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Actividades marítimo-pesqueiras. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Electricidade e electrónica - Enerxía e auga - Fabricación mecánica - Industrias extractivas - Informática e comunicacións - Instalación e mantemento - Madeira, moble e cortiza - Marítimo-pesqueira - Química - Transporte e mantemento de vehículos 8


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

2. Aloxamento e lavandería: Que se aprende a facer? Realizar con autonomía a limpeza e posta a punto das habitacións en aloxamentos turísticos ou doutra índole, e das súas áreas comúns, coidando o bo estado das instalacións e da moblaxe, así como realizar as operacións de clasificación, lavado e limpeza de artigos téxtiles en instalacións industriais, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividade habitualmente por conta allea en hoteis ou outro tipo de aloxamentos turísticos, e en residencias escolares, de maiores, sanitarias, etc., así como en empresas de servizos de atención a colectividades, e en lavandarías industriais e de proximidade. Que ocupacións desempeñan? Camareiro/a de pisos, en establecementos de aloxamento turístico, en calquera tipoloxía, modalidade ou categoría; valet ou mozo/a de habitacións; auxiliar de pisos e limpeza; auxiliar de lavandaría e lenzaría en establecementos de aloxamento; operador/ora de máquinas lavadoras e secadoras de pezas; operador/ora de máquinas e equipamentos de pasada do ferro a pezas. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Lavado e secado de roupa 117 Materiais e produtos téxtiles 88 Pasada do ferro e embolsamento de roupa 116 Posta a punto de habitacións e zonas comúns en aloxamento 208 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Lavandaría e mantemento de lenzaría no aloxamento 263 Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering 90 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Aloxamento e lavandaría. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Hostalaría e turismo - Imaxe persoal - Industrias alimentarias

9


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

3. Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel: Que se aprende a facer? Realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseg uindo produtos en condicións estética e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades de xeito autónomo ou por conta allea en pequenas empresas ou talleres artesáns dedicados á reparación de calzado e marroquinaría, así como en talleres de confección e arranxo de pezas de vestir, roupa de fogar, complementos de decoración téxtiles e de pel, ou en pequenas empresas que realicen arranxos neste tipo de artigos tanto a comercios de moda como a clientela final. Que ocupacións desempeñan? Zapateiro/a reparador/ora de calzado; axudante de reparación de calzado; reparador/ora de artigos de marroquinaría; axudante de marroquinaría; gornecioneiro/a; marroquineiro/a artesanal; costureiro/a á man ou con máquina doméstica; costureiro zurcidor/ora; modista de arranxos e composturas; operario/a de confección; operario/a de modistaría. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Confección de artigos téxtiles para decoración 204 Reparación de artigos de marroquinaría e creación de pequenos artigos 175 de Reparación de calzado e actividades complementarias 150 Arranxos e adaptacións en pezas de vestir e roupa de fogar 265 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Materiais e produtos téxtiles 88 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Profesional básico en Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Artes gráficas - Comercio e márketing - Téxtil, confección e pel - Vidro e cerámica 10


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

4. Artes Gráficas: Que se aprende a facer? Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en departamentos de preimpresión, impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable. Que ocupacións desempeñan? Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de xigantografía; peón da industria gráfica. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos 177 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Informática básica aplicada en industrias gráficas 117 Traballos de reprografía 177 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Manipulacións en industrias gráficas 164 Operacións de almacén en industrias gráficas 90 Operacións de produción gráfica 157 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Artes Gráficas. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Téxtil, confección e pel - Artes gráficas - Vidro e cerámica - Comercio e márketing 11


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

5. Carpintaría e moble: Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, dedicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral. Que ocupacións desempeñan? Montador/ora de produtos de ebanistaría en xeral; montador/ora de mobles de madeira ou similares; montador/ora produtos de madeira excepto ebanistaría; montador/ora de envases e embalaxes de madeira e similares; acabador/ora de mobles de madeira; acoitelador/ora e vernizador/ora de parqué; vernizador/ora e lacador/ora de artesanía de madeira; vernizador/ora e lacador/ora de mobles de madeira; operador/ora de tren de acabamento de mobles; embalador/ora, empaquetador/ora e etiquetador/ora á man; peón da industria da madeira e da cortiza; tapiceiro/a de mobles. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Instalación de elementos de carpintaría e moble 160 Materiais e produtos téxtiles 88 Operacións básicas de mecanizado de madeira e derivados 281 Acabamentos básicos da madeira 180 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Tapizado de mobles 173 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Carpintaría e moble. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Instalación e mantemento - Edificación e obra civil - Madeira, moble e cortiza - Electricidade e electrónica - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Transporte e mantemento de - Informática e comunicacións vehículos

12


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

6. Electricidade e electrónica: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións. Que ocupacións desempeñan? Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Instalacións eléctricas e domóticas 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Instalacións de telecomunicacións 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Electricidade e electrónica. Criterios de preferencia para a admisión a ciclos formativos de grao medio Este título outorga preferencia para a admisión, en caso de concorrencia competitiva, a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Madeira, moble e cortiza - Electricidade e electrónica - Marítimo-pesqueira - Enerxía e auga - Química - Fabricación mecánica - Transporte e mantemento de - Industrias extractivas vehículos - Informática e comunicacións - Instalación e mantemento 13


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

7. Fabricación e montaxe: Que se aprende a facer? Realizar operacións básicas de mecanizado e montaxe para a fabricación mecánica con materiais férricos, non férricos e tecnoplásticos, así como para a instalación e o mantemento de elementos de redes de fontanaría, calefacción e climatización, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividade por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas á fabricación e á montaxe de produtos mecánicos e electromecánicos, así como á montaxe e ao mantemento de instalacións de fontanaría, calefacción e climatización. Que ocupacións desempeñan? Peón de industrias manufactureiras; auxiliar de procesos automatizados; fontaneiro/a; montador/ora de equipamentos de calefacción; mantedor/ora de equipamentos de calefacción; montador/ora de equipamentos de climatización; mantedor/ora de equipamentos de climatización; instalador/ora de redes de subministración e distribución de auga. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Carpintaría de aluminio e PVC 175 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Operacións básicas de fabricación 179 Soldadura e carpintaría metálica 175 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Fontanaría e calefacción básica 157 Formación en centros de traballo 320 Montaxe de equipamentos de climatización 97 Redes de evacuación 157 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Fabricación e montaxe. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Instalación e mantemento - Edificación e obra civil - Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza - Marítimo-pesqueira - Enerxía e auga - Química - Fabricación mecánica - Industrias extractivas - Transporte e mantemento de vehículos - Informática e comunicacións

14


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

8. Informática e comunicacións: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión. Que ocupacións desempeñan? Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Informática e comunicacións. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber áis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Instalación e mantemento - Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza - Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Química - Industrias extractivas - Transporte e mantemento - Informática e comunicacións de vehículos 15


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

9. Informática de oficina: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión. Que ocupacións desempeñan? Axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; gravadorverificador de datos; auxiliar de dixitalización; operador documental. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Ciencias aplicadas I Comunicación e sociedade I Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos Ofimática e arquivamento de documentos Ciencias aplicadas II Comunicación e sociedade II Formación en centros de traballo Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos Operacións auxiliares para a configuración e a explotación Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas 175 206 296 233 162 135 320 206 205

Que título se obtén? Título profesional básico en Informática de oficina. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: -

Edificación e obra civil Electricidade e electrónica Enerxía e auga Fabricación mecánica Industrias extractivas Informática e comunicacións Instalación e mantemento Madeira, moble e cortiza Marítimo-pesqueira Química Transporte e mantemento de vehículos 16


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

10. Mantemento de vehículos: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipamentos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión. Que ocupacións desempeñan? Axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélite; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora e reparador/ora de instalacións telefónicas; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; axudante de mantemento de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas informáticos; axudante de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Horas Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Equipamentos eléctricos e electrónicos 233 Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos 296 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206 Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. Que título se obtén? Título profesional básico en Informática e comunicacións. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Instalación e mantemento - Electricidade e electrónica - Madeira, moble e cortiza - Enerxía e auga - Marítimo-pesqueira - Fabricación mecánica - Química - Industrias extractivas - Transporte e mantemento de - Informática e comunicacións vehículos 17


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

11. Peiteado e estética: Que se aprende a facer? Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe. Que ocupacións desempeñan? Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Cambio de cor do cabelo 150 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Depilación mecánica e descoloración da peluxe superflua 117 Lavado e cambios de forma do cabelo 175 Preparación do contorno profesional 87 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Coidados estéticos básicos de uñas 135 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Maquillaxe 218 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Peiteado e estética. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Hostalaría e turismo - Imaxe persoal - Industrias alimentarias

18


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

12. Reforma e mantemento de edificios: Que se aprende a facer? Realizar traballos auxiliares en obras de construción, de obra nova, rehabilitación e reforma, colaborando na execución de fábricas para revestir, na aplicación de revestimentos continuos e nos traballos de azulexado, pavimentación e pintura, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? En pequenas, medianas e grandes empresas dedicadas á execución, á reforma e á rehabilitación de obras de edificación e urbanización, por conta allea. Que ocupacións desempeñan? Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Albanelaría básica 234 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Reformas e mantemento básico de edificios 179 Traballos de pavimentación exterior e de urbanización 116 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Falsos teitos 112 Formación en centros de traballo 320 Gornecementos e revocaduras 112 Pintura e empapelamento 187 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Reforma e mantemento de edificios. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Edificación e obra civil - Electricidade e electrónica - Fabricación mecánica - Informática e comunicacións - Instalación e mantemento - Madeira, moble e cortiza - Marítimo-pesqueira - Transporte e mantemento de vehículos 19


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

13. Servizos administrativos: Que se aprende a facer? Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.. Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Arquivamento e comunicación 146 Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Técnicas administrativas básicas 179 Tratamento informático de datos 204 Aplicacións básicas de ofimática 240 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Servizos administrativos. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de: - Administración e xestión - Artes gráficas - Comercio e márketing - Téxtil, confección e pel - Vidro e cerámica

20


Caderno FPB 2019 __Mónica Diz Besada

14. Servizos comerciais: Que se aprende a facer? Realizar operacións auxiliares de comercialización, merchandising e almacenaxe de produtos e mercadorías, así como as operacións relacionadas de tratamento de datos, seguindo protocolos establecidos, criterios comerciais e de imaxe, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. En que ámbitos se traballa? Actividades por conta allea en empresas de distribución comercial, tanto por xunto (centrais de compras, mercados centrais de abastos, “cash and carry”, etc.), como retallistas (tendas, supermercados, hipermercados e grandes superficies comerciais), en centros de distribución comercial e en departamentos comerciais e almacéns de empresas doutros sectores produtivos. Que ocupacións desempeñan? Auxiliar de dependente de comercio; auxiliar de animación do punto de venda; auxiliar de venda; auxiliar de promoción de vendas; empregado/a de reposición; operador/ora de cobramento ou caixeiro/a; operario/a de pedidos; operador/ora de carreta de recepción e expedición; contador/ora de recepción e expedición; operario/a de loxística; auxiliar de información. Cales son os módulos deste ciclo? Módulos Ciencias aplicadas I 175 Comunicación e sociedade I 206 Operacións auxiliares de almacenaxe 146 Técnicas básicas de merchandising 179 Tratamento informático de datos 204 Aplicacións básicas de ofimática 240 Atención á clientela 58 Ciencias aplicadas II 162 Comunicación e sociedade II 135 Formación en centros de traballo 320 Preparación de pedidos e venda de produtos 113 Nota: Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Horas

Que título se obtén? Título profesional básico en Servizos comerciais. A que outros estudos se pode acceder? Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:  Administración e xestión  Artes gráficas  Comercio e márketing  Téxtil, confección e pel  Vidro e cerámica

21


Caderno FPB 2019 __Mรณnica Diz Besada

IMPRESO DE SOLICITUDE (ANEXO I)

22


Caderno FPB 2019 __Mรณnica Diz Besada

23


MÁIS INFORMACIÓN EN: www.edu.xunta.es/fp/fpbasica

Blog de Orientación: http://monicadizorienta.blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.