A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES A SARDIÑEIRA
FAMILIA PROFESIONAL DE QUÍMICA Departamento de Orientación Departamento de Química
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
DATOS DO CENTRO: Enderezo: Avenida da Sardiñeira, s/n, 15007, A Coruña Teléfono: 881960150 Fax: 881960161 E-mail: ies.sardineira@edu.xunta.es Web: edu.xunta.es/centros/iessardineira Horario Formación Profesional: Réxime Ordinario: De Luns a Venres: de 8´45 a 14´15 horas De Luns a Xoves (dúas tardes): de 16´30 a 19´00 horas Réxime Adultos - Modular: De Luns a Venres: de 16´30 a 21´30 horas.
ADMISIÓN: Prazos en ciclos réxime ordinario e adultos presencial: PERÍODO ORDINARIO: Do 26 ao 4 de xullo 2017 ás 13´00 horas. PERÍODO EXTRAORDINARIO: Do 1 ao 8 de setembro 2017 ás 13´00 horas. Prazo no ciclo superior FP Dual:
PERÍODO DE SOLICITUDE: Do 22 ó 30 de xuño de 2017 ás 13´00 horas.
O Ciclo de Química Industrial en modalidade Dual é bianual (convócase cada dous anos). As solicitudes de inscrición para participar nos proxectos de formación profesional dual poderán entregarse no centro (ANEXO I), e irán dirixidas ao seu director no prazo específico establecido pola Consellería, xunto coa seguinte documentación:
Copia do DNI, NIE ou Pasaporte. Certificación académica relativa aos requisitos de acceso (só no caso de ter realizado os estudos fora da C.A. de Galicia) Currículo co formato Europass.
2
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
OFERTA: RÉXIME
Réxime ordinario
CICLO
Nº DE PRAZAS
Ciclo Medio OPERACIÓNS DE LABORATORIO
22
Ciclo Superior LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE
22
Ciclo Superior QUÍMICA INDUSTRIAL
22
Ciclo Superior LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE.
Réxime modular presencial
Módulos ofertados
Análise instrumental Análises químicas Calidade e seguridade no laboratorio Empresa e iniciativa emprendedora Ensaios biotecnolóxicos Ensaios fisicoquímicos Ensaios físicos Ensaios microbiolóxicos Formación e orientación laboral Mostraxe e preparación da mostra
22
Ciclo Superior QUÍMICA INDUSTRIAL. Entidade colaboradora: Repsol Petróleo, S.A. Módulos ofertados 1º ano
Transporte de sólidos e fluídos Xeración e recuperación de enerxía Operacións básicas na industria química Regulación e control de proceso químico Prevención de riscos en industrias químicas
Réxime dual Módulos ofertados 2º ano
Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos Formación e Orientación laboral Formulación e preparación de mesturas Mantenemento electromecánico en industrias de proceso Empresa e iniciativa emprendedora Organización e xestión en industrias químicas Reactores químicos
Entre 12 e 18 prazas
3
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
Ciclo Superior QUÍMICA INDUSTRIAL. Entidade colaboradora: Hijos de Rivera, S.A.U.
Módulos ofertados Réxime dual
1º ano
Módulos ofertados 2º ano
Transporte de sólidos e fluídos Reactores químicos Formulación e preparación de mesturas Prevención de riscos en industrias químicas Formación e Orientación laboral Operacións básicas na industria química
12
Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos Mantenemento electromecánico en industrias de proceso Empresa e iniciativa emprendedora Organización e xestión en industrias químicas Regulación e control de proceso químico Xeración e recuperación de enerxía
CÓDIGOS: Código IES A Sardiñeira Código CM Operacións de Laboratorio - Réxime ordinario Código CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - Réxime ordinario Codigo CS Química Industrial - Réxime ordinario Códigos CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade - Réxime modular presencial: MP0067 Análise instrumental MP0066 Análises químicas MP0072 Calidade e seguridade no laboratorio MP0075 Empresa e iniciativa emprendedora MP0071 Ensaios biotecnolóxicos MP0069 Ensaios fisicoquímicos MP0068 Ensaios físicos MP0070 Ensaios microbiolóxicos MP0074 Formación e orientación laboral MP0065 Mostraxe e preparación da mostra Códigos CS Química Industrial - Réxime Dual MP0188 Operacións básicas na industria química MP0194 Prevención de riscos en industrias químicas MP0190 Regulación e control de proceso químico MP0186 Transporte de sólidos e fluídos MP0187 Xeración e recuperación de enerxía MP0193 Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos MP0196 Formación e Orientación laboral MP0192 Formulación e preparación de mesturas MP0191 Mantenemento electromecánico en industrias de proceso MP0197 Empresa e iniciativa emprendedora MP0185 Organización e xestión en industrias químicas MP0189 Reactores químicos
150277770 CMQUI02 CSQUI01 CSQUI02 ZSQUI01
ZSQUI02
4
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
REQUISITOS DE ACCESO: CM Operacións a) Título de ESO (LOE, LOXSE, LOMCE). de Laboratorio b) 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos. c) 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM. - ORDINARIO
d) Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental. e) Título profesional básico. f) Módulos obrigatorios dun PCPI. g) Algún dos citados no artigo 7. h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional as persoas que superasen: a) O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. b) A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade ORDINARIO
CS Química Industrial ORDINARIO
CS Laboratorio de Análise e Control de Calidade ADULTOS PRESENCIAL
a) Título universitario. b) Título de técnico superior ou de técnico especialista. c) Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE. d) Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE. e) COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes. f) Título de BUP. g) Título de técnico. h) Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores. Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Cumprir alomenos 18 anos no ano natural en que comeza o ciclo. Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de 16 anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da inspección educativa. Cumprir algún dos requisitos académicos de acceso ao réxime ordinario. Acceso sin requisitos académicos: No caso de haber prazas liberadas poderase acceder á oferta parcial con acrecitación de experiencia laboral equivalente ao traballo tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector laboral do ciclo. Esta formación será acumulable, e para a obtención do título completo haberá que acrecitar o cumprimento dos requisitos académicos.
CS Química Ter entre 18 e 29 ou cumpridos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Industrial - Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente. ADULTOS DUAL
Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto. Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo. Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
5
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO Familia: Química Sistema educativo: LOE Grao: Medio Horas: 2000 Código: MQUI02 Que se aprende a facer? Realizar tomas de mostras, ensaios de materiais, análises fisicoquímicas, químicas e biolóxicas, aplicando procedementos normalizados e mantendo operativos os equipamentos e as instalacións de servizos auxiliares, consonte as normas de calidade e prevención de riscos laborais, e de protección ambiental. Onde se realiza o traballo? En empresas e laboratorios de diversos sectores onde cumpra tomar mostras, realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipamentos e as instalacións auxiliares que se orienten ao control de calidade. Os principais sectores en que pode desenvolver a súa actividade son: industria química, nas áreas de almacén e laboratorio de control de calidade; outras industrias que requiran procesos fisicoquímicos, como son a agroalimentaria, farmacéutica, de construción, metalúrxica, mecánica, electrónica, téxtil, transformadora de plásticos e caucho, etc; laboratorios en xeral, de organismos públicos ou de empresas privadas. En que postos de traballo? Auxiliar, operador/ora ou técnico/a de laboratorios de química, industrias químicas, industrias alimentarias, sector ambiental, industria transformadora, in-dustria farmacéutica, materias primas e produto acabado, control e recepción de materias, centros de formación e investigación, control de calidade de ma-teriais, metalurxia e galvanotecnia, ensaios de produtos de fabricación mecánica e microbioloxía alimentaria, ambiental, farmacéutica e de augas; operador/ora de mantemento de servizos auxiliares, equipamento e almacén; mostreador/ora e participante en ensaios de campo. Cales son os módulos deste ciclo?
Que título se obtén? Técnico en operacións de laboratorio.
6
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
CS LABORATORIO DE ANÁLISE E CONTROL DE CALIDADE Familia: Química Sistema educativo: LOE Grao: Superior Horas: 2000 Código: SQUI01 Que se aprende a facer? Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio. Onde se realiza o traballo? En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras. En que postos de traballo? Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada, analista de laboratorio químico, analista de laboratorio microbiolóxico, analista de laboratorio de materiais, analista de laboratorio de industrias agroalimentarias, analista de laboratorio de industrias transformadoras, analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento, analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas, analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais, analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica, analista de materias primas e acabamentos, técnico/a de laboratorio de química industrial, técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas, técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica, técnico/a de ensaios de materiais de construción. Cales son os módulos deste ciclo?
Que título se obtén? Técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade.
7
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
CS QUÍMICA INDUSTRIAL Familia: Química Sistema educativo: LOE Grao: Superior Horas: 2000 Código: SQUI02
Que se aprende a facer? Organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico e de coxeración de enerxía e servizos auxiliares asociados, supervisando e asegurando o seu funcionamento, as postas en marcha e as paradas, e verificando as condicións establecidas de seguridade, de calidade e ambientais. Onde se realiza o traballo? No sector químico nas áreas de produción de plantas químicas, de coxeración de enerxía e de servizos auxiliares. En que postos de traballo? Encargado/a de planta química. Encargado/a de operacións de máquinas para fabricar, transformar e acondicionar produtos químicos. Supervisor/ora de área de produción de enerxía. Supervisor/ora de área de servizos auxiliares. Supervisor/ora de refinarías de petróleo e gas natural. Xefe/a de equipo en instalacións de tratamento químico. Xefe/a de equipo en almacéns en industrias químicas. Xefe/a de parque de tanques en industrias químicas. Xefe/a de zona de recepción e expedición de materias e produtos químicos. Supervisor/ora de sistemas de control. Supervisor/ora de cuarto de control. Supervisor/ora de área en plantas de química de transformación. Supervisor/ora de área de acondicionamento. Responsable de formulación. Cales son os módulos deste ciclo?
Que título se obtén? Técnico superior en química industrial.
8
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
CS QUÍMICA INDUSTRIAL DUAL NO IES A SARDIÑEIRA
Que é a FP dual? É unha modalidade de formación profesional que integra unha formación mixta, xa que se desenvolve en réxime de alternancia na empresa e no centro educativo. A empresa facilita os seus espazos, as súas instalacións e/ou as persoas expertas para realizar parcialmente determinados módulos profesionais. Igual que no resto de réximes e modalidades de formación profesional, a superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.
Que tipos de proxectos de FP dual temos no IES A Sardiñeira? Hai dous tipos de proxectos de FP dual: por contrato de formación e aprendizaxe, ou por bolsa. No IES A Sardiñeira temos asinados dous convenios polo réxime de bolsas.
Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración? O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.
Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual? Na modalidade dual da formación profesional, as 2.000 horas de formación dos ciclos formativos distribúense en dous ou tres anos. No IES A Sardiñeira desenvólvense ó longo de dous cursos.
Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa? No caso de proxectos tipo bolsa, o alumnado terá a condición de bolseiro nesa empresa. O alumnado será incorporado ó réxime xeral da Seguridade Social.
Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual? Ao cursar un ciclo formativo de formación profesional na modalidade dual, ha de recibir unha remuneración desde o inicio do teu período de formación, que se irá incrementando cada ano á medida que aumente a súa competencia profesional, e terá maior facilidade para a integración no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa.
Convenios actuais: En 2017 asináronse dous novos convenios con carácter experimental coa empresa Repsol Petróleo S.A. e coa empresa Hijos de Rivera, S.A.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas coa duración desde o 15 de setembro de 2017 ata o 15 de setembro de 2019. As dúas empresas contribúen á formación de 30 alumnos e participan na selección destes realizando entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos para identificar a idoneidade dos/das candidatos/as en relación co perfil profesional. A empresa Hijos de Rivera, S.A.U. financia unha bolsa para cada alumno/a por un importe mínimo de 450 euros, durante os meses nos que a actividade formativa e profesionalizadora se realice integramente nas empresas. Tomando como referencia este importe, o resto dos meses o importe 9
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
calcularase de xeito proporcional ao tempo que o alumno ou alumna dedique á actividade profesionalizadora nas empresas. Planificación Convenio Hijos de Rivera, S.A.U.:
A empresa Repsol S.A. achegará a cada alumno ou alumna do proxecto, en períodos mensuais con carácter irrevogable, unha bolsa por un importe que non poderá ser inferior á parte proporcional, en función do tempo de actividade profesionalizadora que realice o alumnado durante a súa estadía na empresa, do salario mínimo interprofesional, publicado para cada ano de duración do proxecto. Planificación Convenio Repsol S.A.:
Máis información no blogue de FP Dual IES A Sardiñeira:
http://www.edu.xunta.es/centros/iessardineira/node/977
10
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
EMPREGABILIDADE, PROXECTOS e ACTIVIDADES de FP de QUÍMICA no IES A SARDIÑEIRA: EMPREGABILIDADE DO ALUMNADO DOS CICLOS DE FP DE QUÍMICA: Tal e como está distribuída a oferta de ciclos desta familia profesional na Comunicade Autónoma de Galicia, a maioría dos técnicos medios e superiores de Laboratorio e técnicos superiores de Química Industrial que titulan no IES A Sardiñeira atopan traballo en empresas do sector químico dos polígonos industriais do entorno produtivo da provincia de A Coruña tales como Repsol YPF, Alcoa, APPlus, Estrella Galicia, Bioetanol, Ferroatlántica, Organistry, Centrales Térmicas de Sogama ou Meirama, Leyma, Feiraco…
INICIATIVAS PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA: O Departamento de Ciclos Formativos da familia Química do IES A Sardiñeira ten como meta, xa desde a súa creación, impartir unha formación de calidade adecuada á demanda cada vez máis esixente no mundo empresarial.
PFFP (PROXECTOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL) O profesorado do IES A Sardiñeira está moi implicado en grupos de traballo e proxectos de formación para profesores de Formación Profesional e así, dende a convocatoria do curso 2010-2011 ata a actualidade, participou nos seguintes: • • • • • •
Programación de autómatas Protocolos de prácticas de laboratorio Manuais de equipos Elaboración de manuais de equipos e prácticas de laboratorio Prácticas con biorreactores Novas Técnicas Instrumentais en Ciclos Formativos
PROXECTOS DE INNOVACIÓN Nos últimos anos participou en dous proxectos de innovación aplicada e transferencia do coñecemento na formación profesional do sistema educativo, convocados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:
“Biorreactores como experiencia previa e aplicable á industria química: deseño, análise, caracterización, montaxe e control.” “Estratexias e-Learning e m-Learning para o desenvolvemento das competencias máis sensibles aos cambios tecnolóxicos en Biotecnoloxía, orientadas a ocupacións emerxentes e/ou emprendedores”. Proxecto de Innovación educativa en colaboración co IES Urbano Lugrís : "Control de proceso nun tanque: presión, caudal e regulación de nivel" premiado en 2016 e presentado en FPInnova 2017 entre o 10 e o 12 de maio.
PREMIOS Á CALIDADE E INNOVACIÓN: En setembro de 2013 foron concedidos ao IES A Sardiñeira un segundo premio e un terceiro premio á “Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional.”
PARTICIPACIÓN EN CURSOS, SEMINARIOS, XORNADAS, E CONGRESOS SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL E ESTANCIAS PROFESIONAIS:
11
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
O grupo de profesores do Departamento de Ciclos está presente en cursos e ponencias organizadas pola Xunta de Galicia e o CFR de A Coruña, organismos autonómicos que fomentan ano tras ano a formación permanente do profesorado. Asimesmo, o profesorado participa nas distintas estancias formativas en empresas da Comarca (p.ex.: Repsol, central térmica de As Pontes, etc.) e na universidade de A Coruña organizadas anualmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co obxetivo de actualizar os seus coñecementos e adaptar os contidos curriculares á realidade do texido empresarial da nosa contorna.
FP DUAL: A partir do curso 2013/2014 o IES A Sardiñeira convertiuse en centro pioneiro na implantación de FP Dual na familia química en Galicia, estableciendo un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Repsol. Actualmente conta con dous convenios de F Dual: con Repsol S.A. e con Hijos de Rivera, S.A.U.
FOMENTO DA MOVILIDADE DO ALUMNADO E O PROFESORADO: O IES A Sardiñeira participa en varios consorcios creados a través do programa ERASMUS+, co obxectivo de fomentar a movilidade do alumnado de FP.
ORIENTACIÓN LABORAL: Na familia profesional de Química realizanse diversas actividades de orientación laboral, destacando as seguintes:
Participación no Programa Inicia: Inicia é un programa de difusión e ensinanza do espíritu emprendedor, que consiste na elaboración dun proxecto empresarial por parte dos alumnos, co apoio de documentación e un software de simulación empresarial, facilitado polo Concello de A Coruña. Os mellores proxectos empresariais poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais, premiándose as mellores iniciativas emprendedoras
Seminarios de motivación para a búsqueda de emprego: Son un conxunto de intervencións dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, que permiten facilitar ao alumnado a información e o asesoramento necesarios para acortar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego. Realízanse en colaboración co Concello de A Coruña e son os seguintes: “Habilidades sociais para o emprego” “Ferramentas para a procura de emprego” “Ferramentas dixitais. Web 2.0 na búsqueda de emprego” “A entrevista de traballo” “Sensibilización en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación no campo laboral”
12
FP Química no IES A Sardiñeira - Curso 2017/2018
Departamento de Orientación - Mónica Diz Besada
13