CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO - LOMCE RESUMO DA LEXISLACIÓN Marzo 2018
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Mónica Diz Besada
monicadizorienta.blospot.com
Lexislación de Referencia
Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa
DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
Real Decreto 562/2017, de 2 de junio, por el que se regulan las condiciones para la obtención de los títulos de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria y de Bachiller, de acuerdo con lo dispuesto en el Real Decretoley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO
RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Promoción e repetición na ESO
As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto de profesores do alumno.
A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase tras esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades do alumno.
Os alumnos promocionarán de curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en 2 materias como máximo.
Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua Castelá e Literatura + Matemáticas de forma simultánea.
Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques.
No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.
As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas.
2
monicadizorienta.blospot.com
Quen promocione sen superar todas as materias deberán matricularse das materias non superadas, seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes aos devanditos programas de reforzo.
Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.
Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de idade (ata os 19 anos cumpridos no ano no que finalice o curso).
Excepcionalmente poderase repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.
A repetición de curso deberá ir acompañada dun plan específico personalizado, orientado á superación das dificultades detectadas no curso anterior, plan que se deseñará nos centros dacordo co que estableza a Consellería de educación. Obtención do título de ESO
Para a obtención do título de ESO requerirase unha avaliación positiva en todas as materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultáneamente Lingua Castelá e Literatura + Matemáticas, ou Lingua Galega e Literatura + Matemáticas.
As materias coa mesma denominación de diferentes cursos considéranse materias distintas.
Sen prexuízo do anterior, para obter o título será necesario que o equipo docente considere que o alumno ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencia s correspondentes.
O título de Graduado en ESO permitirán acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobrigatorias.
Os alumnos que obteñan o título de FP Básica poderán obter o título de Graduado en ESO, sempre que na avaliación final do ciclo o equipo docente considere que ten acadados os obxectivos da ESO e adquiridas as competencias correspondentes. Nestes casos a cualificación final de ESO será a cualificación media obtida nos módulos asociados ós bloques comúns. Avaliación final de ESO
Actualmente están aplazados os efectos académicos da Avaliación Final de ESO ata o curso 2017/2018. Ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado, Social e Político pola Educación, a avaliación final de ESO consistirá nunha proba sin efectos académicos e de carácter muestral e terá unha finalidade diagnóstica. Avaliarase o grao de adquisición da competencia matemática, a competencia lingüística e a competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque das asignaturas troncais cursadas en 4º de ESO.
3
monicadizorienta.blospot.com
Promoción en PMAR A avaliación do alumnado nos ámbitos que conforman o PMAR terá como referente fundamental as competencias e os obxectivos da ESO, así como os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables. Esta avaliación será continua e diferenciada, segundo os ámbitos do programa e as materias. O alumnado do PMAR será avaliado polo profesorado que imparte cada un dos ámbitos e materias, baixo a coordinación do profesorado titor do programa e do profesorado titor do grupo de referencia. As cualificacións dos ámbitos realizaranse nos mesmos termos que as materias. O alumnado que acceda a un PMAR con materias pendentes de cursos anteriores realizará as actividades de reforzo e de apoio que lle permitan recuperalas ao longo do desenvolvemento do programa, e a avaliación será competencia do profesorado que o imparta, coa colaboración dos departamentos implicados. O alumnado que curse o PMAR promocionará ao 4º curso se supera todos os ámbitos e materias que integran o programa. Non obstante, poderá promocionar o alumnado que, tendo superados os ámbitos lingüístico e social e científico e matemático, teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, e de maneira excepcional en tres, sempre que o equipo docente considere que o alumno ou alumna pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Para estes efectos, o ámbito de linguas estranxeiras terá a consideración dunha materia. O alumnado poderá permanecer un ano máis no segundo curso do programa, sempre que o equipo docente considere esta medida como a máis adecuada para cursar 4º curso da ESO pola vía ordinaria, e obter o título de graduado en ESO. Para a recuperación das aprendizaxes non adquiridas, o alumnado que promocione a 4º curso con materias ou co ámbito de linguas estranxeiras do programa pendentes, deberá seguir un programa de reforzo adaptado ás súas características e necesidades. Nota media da etapa A nota media da etapa será a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na etapa, expresada nunha escala de 1 ó 10 con dúas cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior. A estes efectos, a situación de "non presentado" (NP) na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia en proba ordinaria. O alumnado que despois da avaliación ordinaria de xuño de 4º curso obtivera unha media da etapa igual ou superior a 9, poderá obter a distinción de Matrícula de Honra (MH). Esta distinción concederase a un número non superior ó 5% ou fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo no cuarto curso. No caso do alumnado que cursara PMAR o cálculo da nota final farase sen ter en conta as cualificacións obtidas nas materias que non superase antes da data da súa incorporación ao programa, cando ditas materias estiversen incluídas nalgúns dos ámbitos. 4
monicadizorienta.blospot.com
No caso do alumnado de incorporación tardía a cualificación final realizarase tendo en conta solamente as materias cursadas no Sistema Educativo Español. En caso de que se obteña o título de Graduado en ESO pola superación da proba para persoas maiores de 18 anos, a cualificación final da ESO será a obtida na devandita proba. Consello Orientador Ao final de cada un dos cursos de ESO entregarase aos pais, nais ou titores legais de cada alumno un consello orientador, que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado a seguir, así como a identificación, mediante informe motivado, do grao do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta. Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave. Os resultados reflectiranse no consello orientador, expresándose nos termos de: Insuficiente, Suficiente, Ben, Notable e Sobresaínte. Se se considerase necesario, o consello orientador poderá incluír unha recomendación sobre a incorporación a un Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento ou a un ciclo de Formación Profesional Básica. O consello orientador incluirase no expediente do alumno.
5