CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN EN BACHARELATO - LOMCE RESUMO DA LEXISLACIÓN Maio 2018
Mónica Diz Besada monicadizorienta.blogspot.com
Avaliación en bacharelato_Mónica Diz Besada
LEXISLACIÓN DE REFERENCIA
Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orden ECD/462/2016, de 31 de marzo, por la que se regula el procedimiento de incorporación del alumnado a un curso de ESO o de Bachillerato del sistema educativo definido por la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa, con materias no superadas del currículo anterior a su implantación.
Real Decreto 562/2017, de 2 de junio, por el que se regulan las condiciones para la obtención de los títulos de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria y de Bachiller, de acuerdo con lo dispuesto en el Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO
RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Permanencia En bacharelato poderase permanecer cursando o réxime ordinario durante catro anos. Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.
Promoción de 1º a 2º Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas ou ter avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna debe cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará
2
Avaliación en bacharelato_Mónica Diz Besada
Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque. Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou optar por repetir o curso completo.
Avaliación continua e materias condicionadas Existen materias en 2º curso que están condicionadas á superación das correspondentes materias do 1º curso (ver táboa). Son matarias de aprendizaxe progresiva, polo que se deberá superar a materia de 1º para poder ser avaliado da materia de 2º. O alumnado poderá cursar en 2º materias condicionadas ás de 1º non cursadas cumprindo determinadas condicións. En caso de non ter cursada a de 1º, poderase realizar a matrícula da materia de 2º sempre que o profesorado que a imparta considere que se reúnen as condicións necesarias para aproveitar a materia de 2º. A decisión de que o alumnado reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso deberase adoptar segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba. A data límite para realizar esta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. No caso de cursar simultaneamente as materias de primeiro e de segundo, a materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumno promocionou ao segundo curso. Cando, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir á clase da materia de primeiro, esta materia tratarase como pendente e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas, e programará probas parciais para verificar a superación desa materia. Cadro sobre a continuidade das materias en Bacharelato:
1º DE BACHARELATO
2º DE BACHARELATO
Lingua Castelá e literatura I Lingua Galega e Literatura I Primeira Lingua estranxeira I Matemáticas I Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I Latín I Fundamentos da Arte I Debuxo Técnico I Grego I Cultura Audiovisual I Análise Musical I Debuxo Artístico I Segunda Lingua Estranxeira I Tecnoloxías da información e a comunicación I Tecnoloxía Industrial I Física e Química Biloxía e Xeoloxía
Lingua Castelá e literatura II Lingua Galega e Literatura II Primeira Lingua estranxeira II Matemáticas II Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Latín II Fundamentos da Arte II Debuxo Técnico II Grego II Cultura Audiovisual II Análise Musical II Debuxo Artístico II Segunda Lingua Estranxeira II Tecnoloxías da información e a comunicación II Tecnoloxía Industrial II Física / Química Bioloxía/ Xeoloxía
3
Avaliación en bacharelato_Mónica Diz Besada
Titulación Para obter o título de Bacharelato será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. Os alumnos que se atopen en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Superior de Formación Profesional ou de Técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza poderán obter o título de Bacharelato cursando e superando as materias xerais do bloque de asignaturas troncais da modalidade de Bacharelato que o alumno elixa. O título de Bacharel facultará para acceder ás distindas ensinanzas que constitúen a educación Superior, previa superación das probas específicas de acceso (ABAU, probas de aptitudes a estudos de réxime especial, ...). No caso de non superar a avaliación final e ter superadas todas as materias do bacharelato, obtense un certificado académico que permite acceder a un ciclo de grao medio, a un ciclo de grao superior e ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Anulación de matrícula O alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos. A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderalle ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito.
Avaliación final de bacharelato Ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade non será necesaria para obter o título de Bacharelato e realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios. Versará exclusivamente sobre as materias xerais cursadas do bloque das asignaturas troncais de segundo curso e, no seu caso, da materia Lingua Cooficial e Literatura. Os alumnos que queiran mellorar a súa nota de admisión poderán examinarse de, polo menos, dúas materias de opción do bloque de asignaturas troncais de 2º curso. A avaliación únicamente se terá en conta para o acceso á Universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de Bacharelato. Poderá presentarse á avaliación o alumnado que estea en posesión do título de Bacharelato .
Nota media da etapa A calificación final da etapa será a media aritmética das calificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas no Bacharelato, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima. 4
Avaliación en bacharelato_Mónica Diz Besada
Para o alumnado que obteña o título de Bacharelato por atoparse en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Superior de Formación Profesional, a calificación final será a media aritmética das calificacións obtidas nas materias xerias do bloque de asignaturas troncais da modalidade correspondente, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima. Para o alumnado que obteña o título de Bacharelato por atoparse en posesión dun título de Técnico das Ensinanzas Profesionais de Música ou de Danza, a calificación será a media aritmética das calificacións obtiddas nas materias xerais do bloque das asignaturas troncais da modalidade cursada e das asignaturas dos cursos 5º e 6º das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza na correspondente especialidade, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima. No caso do alumnado que accedeu directamente a 6º curso das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza, para o cálculo da nota media serán consideradas as calificacións das asignaturas de dito curso e das materias xerais do bloque de asignaturas troncais da modalidade cu rsada.
Cambio de modalidade O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en calquera dos dous cursos de bacharelato. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses do primeiro curso, e antes do comezo das actividades lectivas do segundo curso. CONDICIÓNS PARA FACER O CAMBIO DE MODALIDADE AO PROMOCIONAR A SEGUNDO: O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de itinerario, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, de acordo coas seguintes condicións: a) Deberá cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de segundo e, no seu caso, as de primeiro que non tivera superado. b) Deberá cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario. c) Non será necesaria a superación da materia xeral do bloque de materias troncais propia do primeiro curso da modalidade ou do itinerario que abandona. d) Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de segundo curso, e polo menos unha de primeiro curso. e) As materias troncais de opción de primeiro curso superadas, da modalidade que abandona, poderán computarse: unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade, e outra como materia específica de primeiro da nova modalidade. f) A materia xeral superada do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandona de primeiro curso poderá computarse como materia específica de primeiro curso da nova modalidade ou do novo itinerario. g) Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir ás clases das materias de primeiro que deba cursar como consecuencia do cambio de modalidade, estas materias trataranse de forma análoga ás pendentes e os departamentos didácticos que as imparten proporán ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos 5
Avaliación en bacharelato_Mónica Diz Besada
mínimos esixibles e das actividades recomendadas e programarán probas parciais para verificar a superación desas materias. CONDICIÓNS PARA FACER O CAMBIO DE MODALIDADE AO PERMANECER UN ANO MÁIS EN SEGUNDO CURSO: O alumnado que ao finalizar o segundo curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá cambiar de modalidade ou de itinerario nas condicións xerais establecidas nos puntos anteriores.
Matrícula de Honra De conformidade coa ORDE do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato, o alumnado que obteña no segundo curso de bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos poderá recibir a mención de Matrícula de Honra. Esta mención concederáselle a un número non superior ó 5% do todal de alumnado do curso.
6