Suplento Especial Educación
& Formación
Febreiro 2014
Xornal 21
7
Publireportaxe
Montecastelo celebra a Liga Lego O Colexio é o primeiro de Galicia en acoller o considerado maior concurso de robótica para escolares do mundo. Redacción
O Colegio Montecastelo celebrou o pasado venres 31 a “Micro First Lego League (FLL)” unha competición coas clásicas pezas de Lego, que realizan misións “reais” nun taboleiro. Trátase dun desafío no mundo real, mediante a construción de robots que realizan tarefas nun taboleiro de xogo que fai referencia á temática proposta. Neste caso o proxecto científico trataba de paliar os problemas causados polos desastres naturais. Uns 60 alumnos dedicaron o tempo destinado aos recreos e tardes para preparar esta competición que en Vigo só se celebraba no Colegio Montecastelo. CREACIÓN DO ROBOT Dende o centro explican que “para realizar todas as probas de pista, é necesario programar cada movemento do robot, mediante un software de edición gráfica. O robot conta, ademais, con todo tipo de estruturas guiadas, poleas, dirección, interruptores, guías de infravermellos, ou pancas para o seu correcto funcionamento. Hai que medir tamén
a distancia de cada movemento e facelo todo nun tempo limitado. Se se comete un erro, hai que volver empezar dende a saída. Os alumnos deseñan, constrúen e programan o robot aplicando conceptos de ciencia e tecnoloxía”. Así, Miguel Rivas, alumno de 3º de ESO, destaca que “o máis importante da construción é facela con coidado xa que non se pode acabar o robot tendo unha parte mal, hai que ir pouco a pouco”. Marcos Taboada, de 4º de ESO, explica que tiveron moitos problemas durante o proceso pero que “ao solucionalos un a un nos daban ganas de continuar avanzando”. PROXECTOS CIENTÍFICOS Un “cuadricoptero” que detecta os incendios, plantas transxénicas para paliar a fame, chips para localizar persoas tras terremotos, filtros ignífugos para evitar que as cinzas afecten ás hélices dos avións ou unha enxeñosa máquina para evitar a desconxelación polar son algúns dos proxectos de investigación nos que traballaron os alumnos. Unha parte importante do concurso
UNS 60 ALUMNOS PARTICIPARON NO CONCURSO. /C.M.
consistía en presentar un proxecto científico. Este ano tratábase de buscar solucións a desastres naturais. Identificar un problema real, propoñer unha solución innovadora e compartir as súas experiencias cunha presentación. Roberto Prieto de 4º de ESO afirma que tiveron que traballar moito “para ser orixinais e resolver un problema real causado por desastres naturais”. Pablo Sanchón, do mesmo curso, sinala que foi necesario “preguntar a expertos e documentarse moito para que saíse ben”. ÚNICA COMPETICIÓN EN VIGO
A Fundación Scientia outorgou ao Colegio Montecastelo o certificado de participación “Micro First Lego League (FLL) “. Este centro educativo é o pri-
meiro de Galicia en acoller o considerado maior concurso de robótica para escolares do mundo. Este diploma recoñece “ás tarefas de promoción dás vocacións científicas e tecnolóxicas, o soporte á innovación, a creatividade, o traballo en equipo e a promoción do espírito emprendedor”. Na actualidade só existen dous colexios que posúen este certificado na comunidade autónoma galega. A competición enmárcase dentro das actividades complementarias do centro coas que tratan de personalizar máis a educación e ensinar outras disciplinas que non son tradicionais no Colexio como poden ser a Robótica, o Periodismo, o Teatro, a Música ou o Taller de Empresa.