1 electronica fundamentos

Page 1

ELECTRÓNICA ANALÓXICA.

ELECTRÓNICA A electrónica é a rama da enxeñaría que se encarga do estudio e desenvolvemento de todo tipo de aplicacións nas que a corrente eléctrica atravesa compoñentes semicondutores Pódese dicir que a electrónica é o campo da enxeñaría relativo ao deseño e aplicación de dispositivos cuxo funcionamento depende do fluxo de electróns para a xeración, transmisión, recepción e almacenamento de información, entre outros. Esta información pode consistir en voz, música, unha imaxe, datos, etc. Tamén existe a electrónica de potencia que se encarga das aplicacións electrónicas con grandes correntes eléctricas A electrónica estuda cómo se controla a electricidade mediante unhas pezas chamadas compoñentes electrónicos. Combinando estes compoñentes de forma axeitada, podemos montar circuítos electrónicos de distintas características e propiedades. Sen a electrónica non coñeceriamos a radio, a televisión, as calculadoras, os ordenadores, os teléfonos, os robots, os satélites, e moitas cousas máis. Utiliza unha grande variedade de coñecementos, materiais e dispositivos. O deseño e a construción de circuítos electrónicos para resolver problemas prácticos forma parte da electrónica e dos campos da enxeñaría electrónica, electromecánica e a informática no deseño de software para o seu control. O estudo de novos dispositivos semicondutores e a súa tecnoloxía adóitase considerar unha rama da física, máis concretamente na rama de enxeñaría de materiais. A electrónica pódese dividir en analóxica e dixital: Un sinal analóxico é aquel que pode ter infinitos valores. Por exemplo, as ondas de radio ou de televisión son sinais analóxicas. Un sinal dixital só pode ter dous valores ou estados, chamados ceros e uns, e a combinación deses valores danos a información. Nos ordenadores a información transmítese de xeito dixital.

Electrónica analóxica. A electrónica analóxica considera e traballa con sinais continuos, tanto no tempo como en amplitude, que poden tomar infinitos valores.

Por exemplo, un sinal de audio é captado por un micrófono coma un sinal eléctrico analóxico. Nun altofalante, un sinal eléctrico analóxico convértese nunha onda sonora.


ELECTRÓNICA ANALÓXICA.

Sistemas Electrónicos As aplicacións electrónicas en xeral constitúen Sistemas de Control. Un Sistema Electrónico de Control e aquel formado por compoñentes eléctricos e electrónicos que traballan unidos e organizados para realizar unha tarefa.

BLOQUE DE ENTRADA

BLOQUE DE PROCESO

BLOQUE DE SAÍDA

RETROALIMENTACIÓN

BLOQUE DE ENTRADA: Recollen a información do exterior e a converten nun sinal eléctrico: SENSORES: Temperatura: Luz: Posición: Ruído: Humidade

NTC PTC LDR Pulsador, interruptor, final carreira, micrófono

BLOQUE DE PROCESO: Conxunto de dispositivos electrónicos que reciben o sinal eléctrico e o modifican para activar ou non unha acción

Son fundamentalmente os Transistores e os Circuítos Integrados

BLOQUE DE SAÍDA: Conxunto de elementos que actúan de acordo co sinal recibido do bloque de proceso. Poden ser bombillas, LED, timbres e zoadores, relés, motores, altofalantes, …

RETROALIMENTACIÓN: no caso en que a saída estea conectada de novo coa entrada do proceso, de forma que se produza unha comparación entre os resultados obtidos e os previstos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.