TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
2
TECNOLOXÍA ÍNDICE: 1.
INTRODUCIÓN ............................................................................................................ 5 1.1. 1.2. 1.3.
2.
CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS ............................................. 11 2.1. 2.2. 2.3.
3.
XUSTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN ................................................................................... 5 PRESENTACIÓN DA TECNOLOXÍA NA ESO E NO BACHARELATO ................................................ 6 PRESENTACIÓN DA INFORMÁTICA DE 4º DA ESO .......................................................................10
INTRODUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS .............................................................................11 COMPETENCIAS BÁSICAS NA TECNOLOXÍA DA ESO .................................................................12 COMPETENCIAS BÁSICAS NA INFORMÁTICA DE 4º DA ESO .......................................................15
OBXECTIVOS .............................................................................................................. 17 3.1. OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA: .................................................................................................17 3.1.1. OBXECTIVOS XERAIS DA E.S.O. ................................................................................................. 17 3.1.2. OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO ................................................................................. 18 3.2. OBXECTIVOS XERAIS DAS MATERIAS: .........................................................................................19 3.2.1. OBXECTIVOS XERAIS DA TECNOLOXÍA NA E.S.O..................................................................... 19 3.2.2. OBXECTIVOS XERAIS DA TECNOLOXÍA INDUSTRIAL NO BACHARELATO ............................... 20 3.2.3. OBXECTIVOS XERAIS DE INFORMÁTICA DE 4º DA ESO ............................................................ 21 3.3. RELACIÓN ENTRE OS OBXECTIVOS E AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ESO ............................22
4.
CONTIDOS ................................................................................................................. 24
TECNOLOXÍAS 2º ESO
25
TECNOLOXÍAS 3º ESO
45
TECNOLOXÍA 4º ESO
63
INFORMÁTICA 4º ESO
79
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I (1º BACHARELATO)
99
5.
METODOLOXÍA ........................................................................................................ 110
6.
AVALIACIÓN ............................................................................................................ 114 6.1. CONCEPTO E METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN ....................................................................... 114 6.2. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN XERAIS ............................................... 115 6.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN XERAIS: ................................................................................... 116 6.4. AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES .................................................................................. 116 6.5. AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO-APRENDIZAXE ................................................................ 117 6.6. A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍAS DE 2º E 3º DA ESO ................................................................ 117 6.6.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN TECNOLOXÍAS ........................................................................... 117 6.6.2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................................................ 118 6.6.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ............................................................................................... 120 6.7. A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍA DE 4º DA ESO ........................................................................ 121 6.7.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN .................................................................................................... 121 6.7.2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................................................ 122 6.7.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ............................................................................................... 124 6.8. A AVALIACIÓN EN INFORMÁTICA 4º DA ESO ............................................................................ 125 6.8.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN XERAL ......................................................................................... 125
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
3
TECNOLOXÍA 6.8.2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................................................ 126 6.8.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ............................................................................................... 127 6.9. A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I ........................................................................ 128 6.9.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN .................................................................................................... 128 6.9.2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ............................................................................................ 129 6.9.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ............................................................................................... 130 7.
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ................................................................... 131
8.
CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PROXECTO LECTOR ................................................. 132
9.
CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PLAN TIC E Ó PROXECTO ABALAR ............................. 133
10.
CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PLAN DE CONVIVENCIA ......................................... 133
11.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ......................................... 133
12.
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN ............................................ 134
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
4
TECNOLOXÍA 1. INTRODUCIÓN 1.1. XUSTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN Coma obriga do Departamento de Tecnoloxía ó comezo dun novo curso está a elaboración da programación didáctica do departamento. A programación didáctica é un conxunto de decisións adoptadas polo profesorado do departamento do IES Salvaterra de Miño respecto das materias que imparte no proceso global de ensino-aprendizaxe. Trátase de decidir e explicitar que? cando - como ensinar e que? cando -como avaliar A pesares dos continuos cambios, e (o noso entender) dos extensos e pouco adecuados contidos, a inexistencia de dotacións para abarcar estes contidos e a limitada carga horaria da que dispoñemos, seguimos apostando polos principios cos que se iniciou esta área: ensinar aos alumnos a aprender a pensar. E debemos e facelo a partir do método de proxectos, o método tecnolóxico por excelencia sobre o que construír o resto dos contidos. Todo debe virar sobre o proxecto tecnolóxico, así coma da análise de produtos técnicos ao que tamén hai que dedicar parte do noso tempo para que os alumnos comprendan a interacción de distintos sistemas tecnolóxicos xuntos. O alumnado, para ter unha formación completa nas sociedades actuais, debe dominar, ademais dos campos lingüísticos e matemáticos, o campo tecnolóxico para que se poidan desenvolver e ser autónomos no seu crecemento, sen depender doutros para a súa evolución e supervivencia. Os docentes e en concreto os tecnólogos podemos buscar novas formas de impartir a área para lograr un maior aproveitamento por parte do alumnado, onde se busca a motivación, a aprendizaxe significativa e por descubrimento, onde se potencia a coeducación e trabállanse valores tales como a cooperación, a solidariedade, o respecto, a tolerancia, etc., coa necesaria axuda das administracións. Resumimos a nosa visión do seguinte xeito: A Tecnoloxía na ESO ten a función de ofrecer a todo o alumnado unha cultura tecnolóxica global, de modo que comprenda a contorna artificial que lle rodea, do mesmo xeito que as ciencias naturais explican a contorna natural e as ciencias sociais o social. Non se debe negar ao alumnado o coñecemento da súa contorna artificial. Estamos inmersos na sociedade do século XXI na que a Tecnoloxía ten un papel relevante. Se a Tecnoloxía é imprescindible na sociedade na que vivimos, a educación ha de ser reflexo diso. Non podemos deixar que o alumnado sexa simple consumidor dunha tecnoloxía que non sabe como funciona. A formación tecnolóxica achega ao alumnado as dúas facetas: a persoa como usuaria crítica de tecnoloxía e como facedora de tecnoloxía. Para o presente curso 2013/2014 a oferta formativa do departamento é a seguinte: Tecnoloxías 2º ESO (3 grupos con tres horas semanais de clase) Tecnoloxías 3º ESO (3 grupos con dúas horas semanais de clase un grupo do Programa de Diversificación Curricular con 3 horas de clase á semana) PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
5
TECNOLOXÍA Tecnoloxía 4º ESO (un grupo con tres horas de clase á semana e un grupo do Programa de Diversificación Curricular con 3 horas de clase á semana) Informática 4º ESO (un grupo con tres horas de clase á semana) Tecnoloxía Industrial I (un grupo con catro horas de clase semanais). As materias de segundo e terceiro son obrigatorias para todo o alumnado, servindo de introdución xeral ó campo tecnolóxico. Salientar a dificultade de desenvolver en 3º da ESO a materia con só dúas horas de clase semanais onde nos é imposible desenvoolver o noso traballo con normalidade e renunciar, en moitos casos, á aplicación prácticas e proxectos no taller. En cuarto curso a tecnoloxía é unha materia optativa que, no noso centro, se atopa dentro do itinerario científico-tecnolóxico ó que os alumnos poden optar. É unha materia máis específica, onde se abordan con máis profundidade moitos aspectos da tecnoloxía para un perfil de alumno que se decanta xa pola aprendizaxe científica e técnuica. A Tecnoloxía Industrial é unha materia propia da modalidade de bacharelato Científico - Tecnolóxico, para un perfil de alumno que opta por unha vía tecnolóxica con vistas a realizar estudos superiores do ámbito tecnolóxico – enxeñeril. Destacar o problema que supón para o desenvolvemento desta materia o plantexamento actual da matrícula no centro onde a súa escolla é unicamente coma terceira materia de modalidade, substituíndo así á optativa correspondente. Demándase por parte do departamento un itinerario en bacharelato claro tecnolóxico que implique a necesidade de cursar as materias tecnoloxía industrial I e II. A materia de informática é unha optativa de 4º curso con contidos moi específicos sobre redes, internet, imaxe, son e video dicital. Parte do suposto de que os paquetes ofimáticos e os programas específicos de debuxo se empregaron nas materias de tecnoloxías de 2º e 3º da ESO e en tecnoloxía de 4º da ESO. Nós, respectando no posible o currículo legal, optamos por supeditar os aplicativos informáticas na tecnoloxía ás necesidades propias do traballo en grupos e por proxectos, sen constituír unidades didácticas illadas, senón coma ferramentas para o traballo tecnolóxico. Este plantexamento implica que en 4º da ESO poidan existir certas lagoas no traballo con software máis xenérico, que tentamos paliar con contidos xerais, antes de abordar os máis específicos propios dunha informática máis avanzada.
1.2. PRESENTACIÓN DA TECNOLOXÍA NA ESO E NO BACHARELATO A proposta curricular das materias de tecnoloxía toman como principal punto de referencia os métodos e os procedementos dos que se serviu a humanidade para resolver problemas e satisfacer necesidades, isto é, a tecnoloxía concibida como o conxunto de actividades e de coñecementos científicos e técnicos empregados polo ser humano para a construción ou para a elaboración de obxectos, de sistemas ou de contornos, pois mesmo impulsou o desenvolvemento de aspectos moi variados das distintas civilizacións históricas dende a súa orixe. Por iso se contempla como un proceso que desenvolve habilidades, destrezas e métodos que, á súa vez, permiten avantar dende a identificación e a formulación dun problema técnico ata a súa solución construtiva, ademais de facer fincapé nunha planificación que busque a optimización de recursos e das solucións. A aceleración vertixinosa que se produciu no desenvolvemento tecnolóxico nas últimas décadas (vivimos nunha era tecnolóxica) e o aumento do protagonismo das novas tecnoloxías da información e da comunicación, que relegaron as tecnoloxías manuais, condicioPROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
6
TECNOLOXÍA nan a necesidade formativa (educación e cultura tecnolóxica) nun terreo en que o cidadán vai ser axente activo, ben sexa como consumidor ou ben como produtor de innovacións, en resumo, para mellorar a súa calidade de vida. Ademais debe servir, polo seu interese xeral, para superar a tradicional separación entre materias científicas e humanísticas, da mesma maneira que debe servir para rexeitar actitudes sexistas que, dun xeito errado e interesado, relacionan esta materia cos intereses do alumnado masculino. A materia de Tecnoloxías na ESO basea a súa aprendizaxe, en consecuencia, na adquisición de coñecementos (segundo os casos, por achegamento ou por descubrimento) e no desenvolvemento de destrezas que permitan tanto a comprensión dos obxectos técnicos coma a intervención sobre eles, ben sexa modificándoos ou ben creándoos, fomentando as actitudes innovadoras na busca de solucións para os problemas existentes e sensibilizando os alumnos no aproveitamento dos recursos (en suma, un coñecemento integrado, baseado metodoloxicamente na dialéctica coñecemento-acción). Do mesmo xeito, cómpre que os alumnos empreguen as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas para localizaren, crearen, analizaren, intercambiaren e presentaren a información, algo que non é exclusivo desta materia senón propio de todas, tal e como se pon de manifesto na aprendizaxe por competencias. Unha materia coma esta, cun forte compoñente procedemental e na que os contidos se están a renovar decontino —pouco ten que ver esta materia coa de hai uns anos e non só polas diferenzas de contido, senón tamén pola súa metodoloxía—, debe ser proposta dende uns parámetros pouco academicistas, de querer que serva para acadar os obxectivos previstos (a utilidade dos coñecementos adquiridos impulsa a motivación do alumno). A tecnoloxía, pola súa propia natureza e mais polo desenvolvemento histórico, constitúe un campo privilexiado de integración de saberes (é unha materia eminentemente interdisciplinaria) e mantén unha estreita relación coas outras materias do currículo: ciencias da natureza, matemáticas, ciencias sociais, etc. Ademais, facilita o desenvolvemento dunha serie de habilidades intelectuais imprescindibles para o desenvolvemento persoal e intelectual (a capacidade de comunicación, de razoamento, de organización e planificación, de traballo en grupo, etc.), así como a transición dende a vida escolar á vida laboral (e, por suposto, para os alumnos que no futuro vaian cursar ciclos formativos de grao medio). A tecnoloxía xorde como resultado da interacción entre ciencia (coñecemento) e técnica (aplicación) e busca dar solución, como sinalamos anteriormente, aos problemas e ás necesidades individuais e colectivos mediante a construción de obxectos e de sistemas técnicos que requirirán o emprego combinado de diversos recursos. Cómpre non esquecer que a tecnoloxía é un produto social, coas lóxicas consecuencias económicas, medioambientais, sociais, culturais, etc., que derivan diso, o que obriga a calibrar os seus efectos, cada vez máis grandes. As materias tecnolóxicas xiran arredor do binomio coñecemento / aplicación, no que ambos os aspectos, mediante a súa integración, deben ter o peso específico axeitado en cada caso para facilitaren o carácter propedéutico e instrumental / funcional dos seus contidos. Unha continua manipulación de materiais sen os coñecementos necesarios para iso, mal ten validez educativa e, pola contra, un proceso de ensinanza-aprendizaxe puramente académico, carente de experimentación, manipulación e construción, tampouco cumpre co carácter práctico ou procedemental inherente aos seus contidos. Resumidamente, o alumno debe saber e saber facer e, ademais, debe saber por qué se fai, sobre todo tendo en conta a maneira tan acelerada en que se crean novos coñecementos e outros quedan obsoletos (necesidade, en consecuencia, tanto PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
7
TECNOLOXÍA dunha aprendizaxe permanente coma dunha aprendizaxe que cree as bases para esa aprendizaxe permanente). En resumo, debe ter unha información / formación que lle permita tomar decisións libre e racionalmente, garantía dun emprego racional da tecnoloxía, algo fundamental en alumnos que viven arrodeados de obxectos tecnolóxicos cada vez más sofisticados e para os que unha parte importante do seu ocio transcorre arredor deles (este último aspecto pode servir para reflexionar sobre o consumo responsable e sostible dos inesgotables obxectos tecnolóxicos que chegan ás mans dos alumnos e que son desbotados doadamente e substituídos por outros moitas veces sen necesidade, por un consumo impulsivo). Por todo isto consideramos que a proposta metodolóxica debe ter en conta os seguintes principios: Unha parte esencial do desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumno debe ser a actividade. O desenvolvemento da actividade debe ter un sentido e un significado claros para o alumno. A actividade manual constitúe un medio fundamental para a materia, pero nunca é un fin en si mesmo. Os contidos e as aprendizaxes relativos ao emprego de máquinas, ferramentas e materiais son consubstanciais á materia. A función do profesor é a de organizar o proceso de aprendizaxe, definir obxectivos, seleccionar actividades e crear situacións de aprendizaxe axeitadas para que os alumnos constrúan e enriquezan os seus coñecementos previos.
Como resultado desta formulación, a actividade metodolóxica basearase nos seguintes aspectos: A adquisición dos coñecementos técnicos e científicos necesarios para a comprensión e o desenvolvemento da actividade tecnolóxica. A aplicación dos coñecementos adquiridos á análise dos obxectos tecnolóxicos existentes e a súa posible manipulación e transformación. A posibilidade de se enfrontar a proxectos tecnolóxicos globais como termo final dun proceso de aprendizaxe que se basea nos dous puntos precedentes. A transmisión da importancia social e cultural dos obxectos inventados polo home como modificación das condicións de vida das distintas sociedades históricas. Para acadar o equilibrio do binomio coñecemento / aplicación, a proposta didáctica nas materias de Tecnoloxía débese basear o proceso de ensinanza-aprendizaxe nun soporte conceptual (principios científicos e técnicos) para que, posteriormente, o alumno desenvolva as accións de análise e proxecto, isto é, para que integre o saber e o saber facer (sen esquecer o saber ser, é dicir, os valores éticos persoais e sociais que sempre cómpre considerar neste terreo). En consecuencia, óptase polo método de proxectos, segundo o cal se deseñan ou proxectan obxectos PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
8
TECNOLOXÍA ou operadores tecnolóxicos partindo dun problema ou dunha necesidade que se quere resolver, para pasar despois a construír o proxectado e a avaliar ou verificar posteriormente a súa validez. Esta forma de traballar na clase, na clase de informática e nos talleres permitiralle ao alumno unha aprendizaxe autónoma, base das aprendizaxes posteriores, imprescindibles nunhas materisa coma estas, en permanente proceso de construción / renovación do coñecemento e dos contidos, sen esquecer a súa achega ao proceso de adquisición das competencias básicas, sobre todo neste curso, no que o alumno será obxecto da proba de avaliación de diagnóstico. Metodoloxicamente, é importante incorporar a investigación sobre as ideas xa establecidas e asimiladas polo alumno para avantar na consolidación dos novos contidos. Neste senso, a introdución de novos conceptos apóiase en dous recursos con características propias que figuran no libro de texto do alumno: Pensa e deduce, onde se fan preguntas que motivan e inciden na necesidade de comprender parte da realidade, e Pon en práctica, de carácter más manipulable a partir dunha pequena proposta para realizar na clase, co fin de comprender e asimilar o significado dalgúns fenómenos doadamente observables polo alumno. A formulación dos contidos da ESO na lexislación ten a particularidade de os organizar en bloques, malia que no tratamento docente no ten por que facerse necesariamente unha diferenciación entre eles: Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos: a partir deste bloque articúlanse os contidos da materia —a maneira de traballar—, de xeito que estes se tratan de forma progresiva, dende os máis sinxelos ata os máis complexos; é o bloque ao que o resto achega os recursos para o desenvolver. Hardware e spoftware: arredor deste bloque articúlanse os contidos referidos ás tecnoloxías da información e da comunicación —o ordenador e outros compoñentes, sobre todo—. Materiais de uso técnico: bloque no que se recollen contidos relacionados coas características, as propiedades e as aplicacións dos materiais técnicos máis empregados na industria. Técnicas de expresión e comunicación: bloque baseado tanto na aprendizaxe das técnicas básicas de debuxo e de programas de deseño gráfico, coma na presentación de traballos, proxectos... Estruturas, Máquinas e mecanismos e Electricidade e electrónica: estes tres bloques convértense nos fundamentais para comprender os obxectos tecnolóxicos e para deseñar e construír proxectos técnicos. No primeiro deles (Estruturas), o alumno debe coñecer as forzas que soporta unha estrutura e os esforzos aos que están sometidos os elementos que a forman; no segundo (Máquinas e mecanismos) trabállanse os operadores básicos para a transmisión de movementos e a propia construción de máquinas; e no terceiro (Electricidade e electrónica) coñeceranse os fenómenos e os dispositivos asociados á electricidade, a fonte de enerxía máis empregada nas máquinas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
9
TECNOLOXÍA Tecnoloxías da comunicación. Internet: bloque baseado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación para obter información e para se comunicar con outros. No bacharelato mantense, con poucos cambios, a estrutura en bloques da ESO: No primeiro curso, o bloque O proceso e os produtos da tecnoloxía aborda de forma xenérica os condicionantes que facilitan o deseño dun produto con criterios de calidade, económicos, ecolóxicos e comerciais. No bloque de Procedementos de fabricación, amósanse as máquinas e ferramentas apropiadas para cada procedemento e a importancia de cumprir as normas de seguranza no seu uso. O bloque Elementos de máquinas e sistemas do primeiro curso céntrase principalmente nos mecanismos que posibilitan os distintos movementos que pode realizar una máquina, así como na unión dos elementos que os compoñen, para desenvolver, no segundo curso, o funcionamento de máquinas mediante principios eléctricos ou termodinámicos. No bloque de Recursos enerxéticos estúdanse os procesos de obtención, transformación e transporte das principais fontes primarias de enerxía e os impactos ecolóxicos asociados a eles. Faise especial fincapé no consumo enerxético e na importancia do uso sustentable da enerxía nos procesos de produción. O bloque Materiais ten presenza nos dous cursos. No primeiro establécense as propiedades máis importantes dos materiais, a súa obtención, conformación, aplicacións e a problemática ambiental da súa produción, emprego e refugo. No segundo curso, desenvólvense os contidos relativos á estrutura interna dos materiais, ás propiedades derivadas desta e á realización de ensaios técnicos específicos que permiten a súa determinación. Os bloques de Sistemas automáticos, Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos, Control e programación de sistemas automáticos que se imparten no segundo curso ofrecen unha perspectiva global dos procesos de fabricación industrial.
1.3. PRESENTACIÓN DA INFORMÁTICA DE 4º DA ESO A informática debe ser entendida como un ámbito de coñecementos e experiencias dirixido a facilitar o uso e aproveitamento das tecnoloxías da información e a comunicación en calquera das formas en que estas se presentan. Preparar os alumnos para desenvolverse nun marco cambiante vai máis alá dunha simple alfabetización dixital centrada no manexo de ferramentas que previsiblemente quedarán obsoletas a curto prazo. Faise imprescindible propiciar a adquisición dun conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes, que permitan ao suxeito utilizar as citadas tecnoloxías para continuar a súa aprendizaxe ao longo da vida, adaptándose ás demandas dun mundo en permanente cambio. As tecnoloxías da información e a comunicación inflúen positivamente no rendemento escolar se se fai un adecuado uso delas, porque fornecen ao alumnado dunha ferramenta que lle permite explorar todas as materias do currículo, consolidar os seus coñecementos e simular fenómenos e situacións novas que lles axudan a aprender a aprender. O seu valor educativo está asociado non só á posibilidade de almacenar e xestionar a información de xeitos diversos e en diferentes soportes, senón tamén á toma de decisións que o seu uso carrexa, á elaboración de proxectos e á calidade das aprendizaxes; en resumo á produción de coñecemento. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
10
TECNOLOXÍA As utilidades da informática requiren unha maior profundización nos aspectos técnicos e de interrelación entre ferramentas que permitan a creación de contidos complexos para a súa difusión, desde dispositivos diversos, nas denominadas comunidades virtuais. A adscrición a comunidades virtuais inclúe a participación dos servizos referidos a administración electrónica, saúde, formación, lecer e comercio electrónico. Así mesmo, exponse o desenvolvemento da capacitación necesaria para fomentar o espírito innovador na procura de solucións a problemas existentes. Xa que logo, podemos entender que a Informática articúlase ao redor dun binomio coñecemento-acción, onde ambos deben ter un peso específico equivalente. A concreción da materia contribuirá ao desenvolvemento das seguintes capacidades: Perceptivas, expresivas e cognitivas, por medio da análise de sistemas operativos, de contidos multimedia, internet e a adquisición de coñecementos para entendelos e aplicalos. Estéticas e creativas, realizando sinxelas presentacións e producións multimedia con finalidade expresiva, comunicativa ou ilustrativa. Sociais e afectivas como respectar, apreciar e aprender a interpretar outros modos de expresión e resolución de problemas, relacionarse con outras persoas e participar en actividades de grupo. De planificación, toma de decisións e avaliación, como determinar os pasos a seguir para a realización de presentacións electrónicas que integren información textual, numérica, gráfica e sonora. En suma, a educación Informática: Permite o desenvolvemento de actitudes e hábitos de análises e reflexión. Proporciona técnicas útiles para enfrontarse a situacións diversas. Fomenta o espírito crítico e a creatividade. Posibilita a adquisición de destrezas vinculadas á orde, seguridade e coidado nos procesos de elaboración de presentacións electrónicas. Ademais das particularidades expostas nestes apartados, a materia rexerase polos principios xerais de funcionamento do Departamento de Tecnoloxía
2. CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS 2.1. INTRODUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS Enténdese por competencia básica a capacidade de pór en práctica de forma integrada, en contextos de realidade, os coñecementos, as habilidades, as actitudes e os valores persoais que se adquiriron. Na definición anterior apréciase que, nas competencias básicas, intégranse os seguintes compoñentes: os coñecementos que son os contidos básicos do saber (os conceptos), as habilidades que expresan o saber facer (procedementos), as actitudes que representan o saber estar e os valores das persoas. As finalidades das competencias básicas son: -
En primeiro lugar, integrar as distintas aprendizaxes, tanto os formais,
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
11
TECNOLOXÍA incorporados nas diferentes materias, como os informais ou non formais. -
En segundo lugar, permitir aos estudantes integrar as súas aprendizaxes, polos en relación con distintos tipos de contidos e utilizalos de forma efectiva cando lles resulten necesarios en diferentes situacións e contextos.
-
E, para rematar, orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación imprescindibles e, en xeral, inspirar as decisións relativas ao proceso de ensino-aprendizaxe.
Coas materias do currículo preténdese que todos os alumnos alcancen os obxectivos educativos e, en consecuencia, adquiran as competencias básicas. Aínda que non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas materias e o desenvolvemento de certas competencias, cada unha das materias contribúe ao desenvolvemento de varias competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias materias. As competencias básicas que o currículo identifica para a educación obrigatoria quedan reflectidas no seguinte esquema:
Competencias comunicativas
Competencia en comunicativa lingüística. Competencia artística e cultural.
Competencias transversais
Competencias metodolóxicas
Tratamento da información e competencia dixital. Competencia matemática. Competencia para aprender a aprender.
Competencias personáis
Competencias específicas centradas no convivir e habitar no mundo
2.2.
Competencia de autonomía e iniciativa persoal.
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. Competencia social y ciudadana.
COMPETENCIAS BÁSICAS NA TECNOLOXÍA DA ESO
A área de tecnoloxía contribúe ao desenvolvemento da competencia de interacción no medio físico, principalmente, mediante o coñecemento e a comprensión de obxectos, procesos, sistemas e ambientes tecnolóxicos, e a través do desenvolvemento de destrezas técnicas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. A interacción cun contorno no que o tecnolóxico constitúe un elemento esencial, vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a necesidades, avaliando o proceso e os seus resultados. Pola súa parte, a análise de obxectos e sistemas técnicos desde varios puntos de vista, permite coñecer como foron deseñados e construídos os elementos que os forman e a súa función no conxunto, facilitando o seu uso e a súa conservación. É importante, por outra parte, o desenvolvemento da capacidade e da disposición para lograr un contorno saudable e unha mellora da calidade de vida, mediante o coñecemento e a análise
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
12
TECNOLOXÍA crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento de actitudes responsables de consumo racional. A contribución á autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo particular que proporciona esta materia para abordar os problemas tecnolóxicos, e será maior na medida en que, a metodoloxía empregada na aula, fomente modos de enfrontarse a eles de maneira autónoma e creativa, incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e prepare para a análise previa das consecuencias das decisións que se toman no proceso. As diferentes fases do proceso: a formulación adecuada dos problemas; a presentación de ideas que se analizan desde distintos puntos de vista; a elección da máis adecuada; a planificación e execución do proxecto; a avaliación do seu desenvolvemento e do obxectivo alcanzado; e, por último, a realización de propostas de mellora; todas elas contribúen ao desenvolvemento desta competencia, ofrecendo oportunidades para o desenvolvemento de calidades persoais, como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza fronte ás dificultades, a autonomía e a autocrítica, contribuíndo ao aumento da confianza en si mesmo e á mellora da súa autoestima. O tratamento específico das tecnoloxías da información e da comunicación, integrado nesta materia, proporciona unha oportunidade especial para desenvolver a competencia no tratamento da información e da competencia dixital, e a este desenvolvemento están dirixidos especificamente unha parte dos contidos. Contribuirase ao desenvolvemento desta competencia na medida na que as aprendizaxes asociadas incidan na confianza no uso dos ordenadores, nas destrezas básicas asociadas a un uso suficientemente autónomo destas tecnoloxías e, en definitivo contribúan a familiarizarse suficientemente con eles. En todo caso, están asociados ao seu desenvolvemento os contidos que permiten localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Por outra parte, debe destacarse, en relación co desenvolvemento desta competencia, a importancia do uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de simulación de procesos tecnolóxicos e para a adquisición de destrezas con linguaxes específicas, como a icónica ou a gráfica. A contribución á adquisición da competencia social e cidadá, no que se refire ás habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo no que se aborden os contidos, especialmente os asociados ao proceso de resolución de problemas tecnolóxicos, onde o alumnado ten múltiples ocasións para expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar ás outras persoas, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións practicando o diálogo e a negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara ás súas compañeiras e aos seus compañeiros. Ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades colabora a materia de Tecnoloxía desde a análise do seu desenvolvemento tecnolóxico e da súa influencia nos cambios económicos e de organización social que tiveron lugar ao longo da historia da humanidade. A actividade tecnolóxica, por outra parte, caracterízase polo traballo colectivo, que permite o desenvolvemento de habilidades relevantes de interacción social. O uso instrumental de ferramentas matemáticas, na súa xusta dimensión e de maneira fortemente contextualizada, contribúe a configurar adecuadamente a competencia matemática, na medida na que proporciona situacións de aplicabilidade a diversos campos, facilita a visibilidade desas aplicacións e das relacións entre os contidos matemáticos e pode, segundo como se formule, colaborar á mellora da confianza no uso desas ferramentas matemáticas. Algunhas delas están especialmente presentes nesta materia, como a medición e o cálculo de magnitudes básicas, o uso de escalas, a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación de expresións matemáticas, referidas a principios e fenómenos físicos, que resolven problemas prácticos ou necesidades sociais. A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da adquisición de
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
13
TECNOLOXÍA vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información. A lectura, interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e das súas estruturas formais. O uso da lingua galega nun contexto tecnolóxico (léxico específico) estende o seu ámbito de aplicación facilitando a normalización da lingua no ámbito profesional. Contribúe así, a crear un espazo tecnolóxico lingüístico propio cuxa existencia, senón imprescindible é, cando menos, necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade autónoma. Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo desenvolvemento de estratexias de resolución de problemas, reflexión sobre as relacións de causa-efecto, a contrastación nos procesos de experimentación e construción. O estudo metódico de obxectos, sistemas ou contornos axuda a desenvolver habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e valores necesarios para a aprendizaxe. A competencia cultural e artística adquírese desenvolvendo a iniciativa, a imaxinación e a creatividade na resolución das necesidades sociais e permite unha mellor apreciación das manifestacións culturais que sempre incorporan elementos técnicos. Aportación de cada asignatura ás competencias básicas: (1-nada
2-pouca
3-suficiente
Competencias
4-moita
5-máxima)
Informática
Tecnoloxía Industrial
4º ESO
BACH
Comunicación lingüística
3
3
Matemática
2
3
4
5
Información dixital
5
3
Social e cidadá
4
4
Cultural e artística
3
3
Aprender a aprender
4
4
Autonomía e iniciativa persoal
5
4
Coñecemento e interacción co mundo físico
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
14
TECNOLOXÍA Competencias
Tecnoloxías
Tecnoloxías
Tecnoloxías
2º ESO
3º ESO
4º ESO
Comunicación lingüística
3
3
4
Matemática
3
3
4
5
5
5
Información dixital
4
4
4
Social e cidadá
4
4
4
Cultural e artística
3
3
3
Aprender a aprender
5
5
5
Autonomía e iniciativa persoal
5
5
5
Coñecemento e interacción co mundo físico
2.3.
COMPETENCIAS BÁSICAS NA INFORMÁTICA DE 4º DA ESO
A contribución da Informática á consecución das competencias básicas da Educación Obrigatoria é esencial. Materialízase nos vínculos concretos que mostramos a continuación. Coopera de xeito pleno á adquisición da competencia referida a Tratamento da información e competencia dixital, imprescindible para desenvolverse nun mundo que cambia e nos cambia, empuxado polo constante fluxo de información xerado e transmitido mediante unhas tecnoloxías da información cada vez máis potentes e omnipresentes. Na sociedade da información, as tecnoloxías da información e a comunicación ofrecen ao suxeito a posibilidade de converterse en creador e difusor de coñecemento a través da súa comunicación con outros suxeitos interconectados por medio de redes de información. A adaptación ao ritmo evolutivo da sociedade do coñecemento require que a educación obrigatoria dote o alumno dunha competencia na que os coñecementos de índole máis tecnolóxica se poñan ao servizo dunhas destrezas que lle sirvan para acceder á información alí onde se atope, utilizando unha multiplicidade de dispositivos e sendo capaz de seleccionar os datos relevantes para poñelos en relación cos seus coñecementos previos, e xerar bloques de coñecemento máis complexos. Os contidos da materia de Informática contribúen en alto grao á consecución deste compoñente da competencia. Os coñecementos de tipo técnico débense enfocar ao desenvolvemento de destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para utilizala e ampliar horizontes comunicándoa aos outros e accedendo á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento, de forma que se evite a exclusión de individuos e grupos. Desta forma contribuirase de forma plena á adquisición da competencia, mentres que centrarse no coñecemento exhaustivo das ferramentas non contribuiría senón a dificultar a adaptación ás innovacións que deixarían obsoleto nun curto prazo os coñecementos adquiridos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
15
TECNOLOXÍA A competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico está relacionada co coñecemento e comprensión de obxectos, procesos, sistemas e contextos tecnolóxicas. A interacción cun contexto no que o tecnolóxico constitúe un elemento esencial vese facilitada polo coñecemento e utilización do proceso de resolución técnica de problemas. Proporciona destrezas para a obtención de información cualitativa e cuantitativa que acepte a resolución de problemas sobre o espazo físico. A posibilidade de interactuar con aplicacións de simulación que permitan observar procesos cuxa reprodución resulte especialmente difícil ou perigosa colabora igualmente a unha mellor comprensión dos fenómenos físicos. O desenvolvemento desta competencia facilitará que o alumno chegue ser capaz de analizar a situación tecnolóxica de Galicia, así como as súas repercusións económicas e sociais. A competencia en Autonomía e iniciativa persoal céntrase no modo particular que proporciona esta materia para abordar os problemas e será maior na medida en que se fomenten modos de enfrontarse a eles de xeito autónomo e creativo, se incida na valoración reflexiva das diferentes alternativas e se prepare para a análise previa das consecuencias das decisións que se toman no proceso. A contribución á adquisición da competencia social e cidadá, no que se refire ás habilidades para as relacións humanas e ao coñecemento da organización e funcionamento das sociedades, virá determinada polo modo en que se aborden os contidos. O alumno debe expresar e discutir adecuadamente ideas e razoamentos, escoitar aos demais, abordar dificultades, xestionar conflitos e tomar decisións, practicando o diálogo, a negociación, e adoptando actitudes de respecto e tolerancia cara aos seus compañeiros. A adquisición da competencia social e cidadá constrúese tanto a partir das posibilidades de proxectos de aplicación que permitan adquirir destrezas sociais básicas desde a interacción e toma de decisións do alumnado, como da imprescindible reflexión sobre as responsabilidades cidadás adquiridas no uso das tecnoloxías da información. A posibilidade de compartir ideas e opinións a través da participación en redes sociais, brinda unhas posibilidades insospeitadas para ampliar a capacidade de intervir na vida cidadá, non sendo alleo a esta participación o acceso a servizos relacionados coa administración dixital nas súas diversas facetas. O estudo destas relacións e estes contidos que expresan unha auténtica cultura cidadá farán posible o coñecemento e a comprensión dos vínculos entre a ciencia e a tecnoloxía que se viven en Galicia e o Estado, os problemas aos que se enfrontan, como previlos e tratalos para avanzar no proceso de busca e aplicación de solucións, suxeitas ao principio de precaución aludido para avanzar cara a un futuro sostible. A competencia matemática trabállase mediante o establecemento de relacións entre os diferentes contidos matemáticos especialmente presentes nesta materia, como a lectura e interpretación de gráficos, a resolución de problemas baseados na aplicación de expresións matemáticas, referidas a principios e fenómenos físicos, que resolven problemas. Achega a destreza no uso de aplicacións de folla de cálculo que permiten utilizar técnicas produtivas para calcular, representar e interpretar datos matemáticos e a súa aplicación á resolución de problemas. A utilización de aplicacións interactivas en modo local ou remoto permitirá a formulación e comprobación de hipóteses acerca das modificacións producidas polas alteracións de datos en escenarios diversos. A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da adquisición de vocabulario específico, que ha de ser utilizado nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información. Desenvolverse ante fontes de información e situacións comunicativas diversas permite consolidar as destrezas lectoras, á vez que a utilización de aplicacións de procesamento de texto posibilita a composición de textos con diferentes finalidades comunicativas. A interacción coas diferentes linguas do Estado e con linguas estranxeiras colaborará á consecución da súa comprensión e/ou uso funcional. Á adquisición da competencia de aprender a aprender contribúese polo desenvolvemento de
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
16
TECNOLOXÍA estratexias de resolución de problemas, en particular mediante a obtención, análise e selección de información útil para abordar un proxecto. Por outra banda, o estudo metódico de obxectos, sistemas ou medios proporciona habilidades e estratexias cognitivas e promove actitudes e valores necesarios para a aprendizaxe. Coopérase ao impulso e a competencia cultural e artística porque a tecnoloxía permite analizar mellor o modo en que a informática influíu na vida e no funcionamento da sociedade. Os contidos referidos ao acceso á información, que inclúe as manifestacións de arte dixital e a posibilidade de dispoñer de informacións sobre obras artísticas non dixitais inaccesibles fisicamente, a captación de contidos multimedia e a utilización de aplicacións para o seu tratamento, así como a creación de novos contidos multimedia que integren informacións manifestadas en diferentes linguaxes, colaboran ao enriquecemento da imaxinación, a creatividade e a asunción de regras non alleas a convencións compositivas e expresivas baseadas no coñecemento artístico.
3. OBXECTIVOS 3.1. OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA: 3.1.1. OBXECTIVOS XERAIS DA E.S.O. A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permita: a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
17
TECNOLOXÍA como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura. i) Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada. j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo. k) Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar o propio e o das outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora. l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito. n) Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade.
3.1.2. OBXECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan: a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
18
TECNOLOXÍA c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade. d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida. j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico. l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables. n) Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria. o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
3.2.
OBXECTIVOS XERAIS DAS MATERIAS:
3.2.1. OBXECTIVOS XERAIS DA TECNOLOXÍA NA E.S.O. 1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción. 2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo,
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
19
TECNOLOXÍA problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista. 3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade. 4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas. 5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario axeitados. 6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas. 7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais. 8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestarsocial e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.
3.2.2. OBXECTIVOS XERAIS DA TECNOLOXÍA INDUSTRIAL NO BACHARELATO A ensinanza da Tecnoloxía industrial no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Adquirir os coñecementos precisos para analizar máquinas e sistemas técnicos, para explicar os seus principios de funcionamento e identificar os elementos que os constitúen. 2. Comprender o papel da enerxía nos procesos tecnolóxicos, explicando as súas distintas transformacións e aplicacións, e adoptar actitudes Lexislación do Bacharelato en Galicia de aforro e valoración da eficiencia enerxética de cara a conseguir un desenvolvemento sustentable.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
20
TECNOLOXÍA 3. Comprender e explicar como se organizan e desenvolven procesos tecnolóxicos, identificar e describir as técnicas e os factores económicos e sociais que concorren en cada caso. 4. Analizar de forma sistemática produtos da actividade técnica para avaliar a súa calidade e explicar o seu funcionamento, utilización e forma de control. 5. Valorar criticamente as repercusións da actividade tecnolóxica na vida cotiá e na calidade de vida, manifestando e argumentando as propias ideas e opinións. Analizar as distintas repercusións que determinados desenvolvementos tecnolóxicos teñen para homes e mulleres. 6. Transmitir con precisión os coñecementos e ideas sobre procesos ou produtos tecnolóxicos utilizando vocabulario, símbolos e formas de expresión apropiadas. 7. Actuar con autonomía, confianza e seguranza ao inspeccionar, manipular e intervir en máquinas, sistemas e procesos técnicos para comprender o seu funcionamento. 8. Planificar e desenvolver proxectos técnicos en equipo, achegando ideas e opinións, responsabilizándose de tarefas e cumprindo os obxectivos do plan de traballo. 9. Valorar a importancia da investigación e desenvolvemento na creación de novos produtos e sistemas.
3.2.3. OBXECTIVOS XERAIS DE INFORMÁTICA DE 4º DA ESO 1. Utilizar os servizos telemáticos adecuados para responder a necesidades relacionadas, entre outros aspectos, coa formación, o lecer, a inserción laboral, a administración, a saúde ou o comercio, valorando en que medida cobren estasnecesidades e se o fan de forma apropiada. 2. Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para incorporalos ás súas propias producións, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual e a conveniencia de recorrer a fontes que autoricen expresamente a súa utilización. 3. Coñecer e utilizar as ferramentas para integrarse en redes sociais, achegando as súas competencias ao seu crecemento e adoptando as actitudes de respecto, participación, esforzo e colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas. 4. Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons e manexar as funcionalidades principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa, do son e da imaxe en movemento e a súa integración para crear pequenas producións multimedia con finalidade expresiva, comunicativa ou ilustrativa.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
21
TECNOLOXÍA 5. Integrar a información textual, numérica e gráfica para construír e expresar unidades complexas de coñecemento en forma de presentacións electrónicas, aplicándoas en modo local, para apoiar un discurso ou, en modo remoto, como síntese ou guión que facilite a difusión de unidades de coñecemento elaboradas. 6. Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar contidos propios e publicalos na web, utilizando medios que posibiliten a interacción (formularios, enquisas, bitácoras, etc.) e formatos que faciliten a inclusión de elementos multimedia decidindo a forma en que se poñen á disposición do resto de persoas usuarias. 7. Coñecer e valorar o sentido e a repercusión social das diversas alternativas existentes para compartir os contidos publicados na web e aplicalos cando se difundan as producións propias. 8. Comprender a importancia de reforzar as condutas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e a persoal nas interaccións na internet. 9. Coñecer os paquetes de aplicacións en rede, os sistemas de almacenamento remotos e os posibles sistemas operativos na internet que faciliten a súa mobilidade e a independencia dun equipamento localizado espacialmente.
3.3. RELACIÓN ENTRE OS OBXECTIVOS E AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA ESO No seguinte cadro resumimos a ligazón entre cada obxectivo da tecnoloxía na ESO coas competencias básicas mais directamente vinculadas: OBXECTIVO 1. Analizar os obxectos e sistemas técnicos para identificar os seus elementos e as funcións que realizan, explicar o seu funcionamento, utilizalos e controlalos de diversas formas, e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción. 2. Abordar con autonomía e creatividade, individualmente e en grupo, problemas tecnolóxicos traballando de forma ordenada e metódica para estudar o problema, recompilar e seleccionar información procedente de distintas fontes, elaborar a documentación pertinente, concibir, deseñar, planificar e construír obxectos ou sistemas que resolvan o problema e avaliar a súa idoneidade desde distintos puntos de vista. 3. Actuar de xeito dialogante, flexible, responsable e voluntario no traballo en equipo, na procura de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
COMPETENCIA BÁSICA Coñecemento e interacción co mundo físico Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal Matemática Social e cidadá Coñecemento e interacción co mundo físico Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal
Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá
22
TECNOLOXÍA 4. Empregar as destrezas e os coñecementos necesarios para a análise, intervención, deseño, elaboración e manipulación de forma segura e precisa de materiais, obxectos e sistemas. 5. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas, así como explorar a súa viabilidade e alcance utilizando os medios tecnolóxicos, os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario axeitados. 6. Adoptar actitudes favorables á resolución de problemas técnicos, desenvolvendo interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, analizando e valorando criticamente a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a súa influencia na sociedade, no ambiente, na saúde e na calidade de vida das persoas. 7. Manexar con soltura aplicacións informáticas para buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar, presentar, compartir e publicar información, e empregar de forma habitual as redes de comunicación na propia formación, na busca de emprego e para acceder a servizos electrónicos administrativos ou comerciais. 8. Interesarse polos avances tecnolóxicos valorando criticamente a súa contribución á mellora do benestarsocial e individual, e incorporándoos ao seu facer cotiá.
Coñecemento e interacción co mundo físico Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal Lingüística Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá Social e cidadá Cultural e artística Coñecemento e interacción co mundo físico Autonomía e iniciativa persoal Dixital Autonomía e iniciativa persoal
Social e cidadá Cultural e artística Coñecemento e interacción co mundo físico Autonomía e iniciativa persoal
No seguinte cadro resumimos a ligazón entre cada obxectivo da INFORMÁTICA na ESO coas competencias básicas mais directamente vinculadas: OBXECTIVO 1. Utilizar os servizos telemáticos adecuados para responder a necesidades relacionadas, entre outros aspectos, coa formación, o lecer, a inserción laboral, a administración, a saúde ou o comercio, valorando en que medida cobren estas necesidades e se o fan de forma apropiada. 2. Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para incorporalos ás súas propias producións, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual e a conveniencia de recorrer a fontes que autoricen expresamente a súa utilización. 3. Coñecer e utilizar as ferramentas para integrarse en redes sociais, achegando as súas competencias ao seu crecemento e adoptando as actitudes de respecto, participación, esforzo e colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas. 4. Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons e manexar as funcionalidades principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa, do son e da imaxe en movemento e a súa integración para crear pequenas producións multimedia con finalidade expresiva, comunicativa ou ilustrativa. 5. Integrar a información textual, numérica e gráfica para construír e expresar unidades complexas de coñecemento en forma de presentacións electrónicas, aplicándoas en modo local, para apoiar un discurso ou, en modo remoto,
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
COMPETENCIA BÁSICA Coñecemento e interacción co mundo físico Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá Coñecemento e interacción co mundo físico Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal Autonomía e iniciativa persoal Social e cidadá Cultural e artística Dixital Aprender a aprender
Dixital Aprender a aprender Lingüística
23
TECNOLOXÍA como síntese ou guión que facilite a difusión de unidades de coñecemento elaboradas. 6. Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar contidos propios e publicalos na web, utilizando medios que posibiliten a interacción (formularios, enquisas, bitácoras, etc.) e formatos que faciliten a inclusión de elementos multimedia decidindo a forma en que se poñen á disposición do resto de persoas usuarias. 7. Coñecer e valorar o sentido e a repercusión social das diversas alternativas existentes para compartir os contidos publicados na web e aplicalos cando se difundan as producións propias. 8. Comprender a importancia de reforzar as condutas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e a persoal nas interaccións na internet.
Dixital Cultural e artística Autonomía e iniciativa persoal
Social e cidadá Cultural e artística Coñecemento e interacción co mundo físico Social e cidadá Autonomía e iniciativa persoal
4. CONTIDOS Desenvólvense nas páxinas seguintes
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
24
TECNOLOXÍA ESTRUTURA DA MATERIA: Relación de unidades didácticas da materia e a súa correspondencia entre estas e os bloques de contidos oficiais UNIDADE DIDÁCTICA
BLOQUE DE CONTIDO Ó QUE CORRESPONDE
UNIDADE 2: EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN GRÁFICA
Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación.
UNIDADE 3: MATERIAIS
Bloque 3. Materiais de uso técnico.
UNIDADE 4: A MADEIRA E OS SEUS DERIVADOS
Bloque 3. Materiais de uso técnico.
UNIDADE 5: MATERIAIS METÁLICOS
UNIDADE 7: ELECTRICIDADE
Bloque 3. Materiais de uso técnico. Bloque 5. Estruturas. Bloque 6. Máquinas e mecanismos. Bloque 7. Electricidade e electrónica.
UNIDADE 8: O ORDENADOR
Bloque 2. Hardware e sistemas operativos.
UNIDADE 9: INTERNET
Bloque 8. Tecnoloxías da comunicación. Internet.
UNIDADE 1: TECNOLOXÍA. O PROCESO TECNOLÓXICO
UNIDADE 6: ESTRUTURAS E MECANISMOS
TEMPORALIZACIÓN: 1ª AVALIACIÓN
2ª AVALIACIÓN
3ª AVALIACIÓN
UNIDADE 1: TECNOLOXÍA. O PROCESO TECNOLÓXICO UNIDADE 2: EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN GRÁFICA UNIDADE 3: MATERIAIS UNIDADE 4: A MADEIRA E OS SEUS DERIVADOS UNIDADE 5: MATERIAIS METÁLICOS UNIDADE 6: ESTRUTURAS E MECANISMOS UNIDADE 7: ELECTRICIDADE UNIDADE 8: O ORDENADOR UNIDADE 9: INTERNET
Deseguido, desenvólvese a programación de cada unha das 9 unidades didácticas en que foron organizados e secuenciados os contidos deste curso. En cada unha delas sinálanse a contribución da unidade ás competencias básicas, obxectivos didácticos correspondentes, os contidos (conceptos, procedementos e actitudes), contidos transversais e os criterios de avaliación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
25
TECNOLOXÍA UNIDADE 1: TECNOLOXÍA. O PROCESO TECNOLÓXICO CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Comprender a función da tecnoloxía e a súa importancia no desenvolvemento da civilización.
2.
Coñecer o proceso tecnolóxico e as súas fases.
3.
Resolver problemas sinxelos a partir da identificación de necesidades que existen á nosa volta e respectando as fases do proxecto tecnolóxico.
4.
Identificar necesidades, estudar ideas, desenvolver solucións e construír obxectos que resolvan problemas sinxelos.
5.
Entender e asimilar o xeito no que funciona a aula taller e a actividade da área.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
26
TECNOLOXÍA 6.
Recoñecer e respectar as normas de hixiene e seguridade na aula taller.
7.
Analizar un obxecto tecnolóxico dun xeito ordenado, atendendo os factores formais, técnicos, funcionais e socioeconómicos.
8.
Desmontar obxectos, analizar as súas partes e a súa función.
CONTIDOS
Conceptos
A tecnoloxía como fusión da ciencia e a técnica. Ingredientes da tecnoloxía.
Fases do proceso tecnolóxico.
A aula taller e o traballo en grupo.
Normas de hixiene e seguridade na aula taller.
A memoria dun proxecto.
Análise de obxectos: formal, técnica, funcional e socioeconómica.
Procedementos 1.
Identificación das necesidades cotiás e dos problemas comúns á nosa volta.
2.
Resolución de problemas tecnolóxicos sinxelos seguindo o método de proxectos.
3.
Descomposición dun obxecto sinxelo para analizar os seus compoñentes físicos.
4.
Análise dun obxecto tecnolóxico cotián seguindo as pautas de análise de obxectos estudados.
5.
Desenvolvemento de proxectos en grupo.
Actitudes
Interese pola tecnoloxía e o desenvolvemento tecnolóxico.
Curiosidade polo funcionamento dos obxectos tecnolóxicos.
Satisfacción persoal coa resolución de problemas.
Aceptación das normas de actuación na aula taller.
Participación na proposta de soluciones ante as necesidades do grupo.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a igualdade de oportunidades entrambos os sexos A área de Tecnoloxía constitúe un referente para a igualdade, dado que trata de tarefas tradicionalmente asociadas ao sexo masculino. Polo tanto, cómpre tentar que todos os alumnos, con independencia do sexo, participen activamente en todas as prácticas (sobre todo no taller). Unha vez asumidas como propias esas tarefas, o seguinte obxectivo consiste en que sexan os propios alumnos os que distribúan as tarefas, sen atender o sexo, en grupos heteroxéneos. Educación do consumidor e Educación ambiental O estudo da orixe dos obxectos e das necesidades que satisfán e, tamén, das repercusións medioambientais, contribúe a fomentar o consumo responsable, o respecto pola natureza e o benestar xeral. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Identificar e resolver problemas comúns á nosa volta, seguindo de xeito ordenado as fases do proceso tecnolóxico.
2.
Preparar a documentación asociada ao seguimento do proxecto en todas as súas fases.
3.
Traballar en equipo, valorando e respectando as ideas e as decisións alleas e asumindo con responsabilidade as tarefas individuais.
4.
Recoñecer e respectar as normas de hixiene e seguridade na aula taller.
5.
Analizar obxectos tecnolóxicos dende os aspectos formais, técnicos, socioeconómicos e funcionais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
27
TECNOLOXÍA UNIDADE 2: EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN GRÁFICA CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. OBXECTIVOS 1.
Expresar ideas técnicas a través do debuxo empregando códigos que aclaren e estruturen a información que se quere transmitir.
2.
Manexar con desenvoltura trazados básicos de debuxo técnico e, tamén, as ferramentas e os utensilios necesarios para a súa realización.
3.
Coñecer distintas formas de representación de obxectos alternando o emprego de vistas ou perspectivas segundo as necesidades de expresión.
4.
Valorar a importancia do debuxo técnico como medio de expresión e comunicación na área de Tecnoloxía.
CONTIDOS
Conceptos
Debuxo técnico. Concepto e utilidade como medio de expresión de ideas técnicas.
Materiais e instrumentos básicos de debuxo: soportes (tipos e características), lapis (dureza e aplicacións), cartabón, escuadra, compás, regra e transportador de ángulos.
Trazados básicos de debuxo técnico: paralelismo e perpendicularidade, ángulos principais.
Bosquexo e esbozo como elementos de expresión e ordenación de ideas.
Escalas de ampliación e redución.
Introdución á representación de vistas principais (alzado, planta e perfil) dun obxecto.
Procedementos 6.
Utilización axeitada dos materiais e dos instrumentos básicos de debuxo.
7.
Representación de trazados e formas xeométricas básicas.
8.
Medida de lonxitudes e ángulos.
9.
Expresión de ideas técnicas a través de bosquexos e esbozos claros e sinxelos.
10. Expresión mediante vistas de obxectos sinxelos co fin de comunicar un traballo técnico. 11. Estruturación da información que se quere transmitir elaborando códigos de expresión. 12. Análise formal de obxectos utilizando o debuxo como ferramenta de exploración.
Actitudes
Gusto pola pulcritude e a orde na presentación de debuxos.
Interese polos diferentes xeitos de expresión gráfica e os seus soportes.
Actitude positiva e creativa ante os problemas prácticos.
Valoración da importancia de manter un contorno de traballo ordenado e agradable.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
28
TECNOLOXÍA CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a saúde A través do debuxo ou da expresión gráfica como comunicación, o alumno pode comprender qué substancias son tóxicas, irritantes e perigosas para a saúde. Moitas veces unha imaxe vale máis ca mil palabras. Educación viaria Mediante a expresión gráfica como comunicación, o alumnado pode aprender as normas de circulación e evitar así as consecuencias que derivan do seu incumprimento. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer e empregar correctamente as ferramentas e os materiais propios do debuxo técnico.
2.
Realizar trazados xeométricos básicos con precisión e pulcritude.
3.
Debuxar a man alzada bosquexos e esbozos de obxectos sinxelos.
4.
Distinguir as diferentes vistas ortogonais dun obxecto, identificando con corrección as caras visibles dende cada punto.
5.
Representar axeitadamente as proxeccións diédricas principais dun obxecto.
6.
Empregar escalas de ampliación e redución, comprendendo o seu concepto.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
29
TECNOLOXÍA UNIDADE 3: MATERIAIS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. OBXECTIVOS 1. 2. 3. 4. 5.
Clasificar as materias primas atendendo á orixe. Coñecer a procedencia e as aplicacións dos distintos materiais (madeira, metais, materiais plásticos, téxtiles, cerámicos e pétreos) empregados na industria para a elaboración de produtos. Coñecer as propiedades básicas dos materiais (físicas, químicas e ecolóxicas) e os factores que inflúen na súa escolla para un determinado produto tecnolóxico. Valorar a importancia dos materiais no desenvolvemento tecnolóxico e, á súa vez, o impacto medioambiental producido pola explotación dos recursos naturais. Coñecer os beneficios da reciclaxe de materiais e adquirir hábitos de consumo que permitan aforrar materias primas.
CONTIDOS
Conceptos
Materias primas, materiais e produtos tecnolóxicos.
Clasificación das materias primas segundo a orixe.
Obtención e aplicacións dos materiais de uso técnico.
Propiedades (físicas, químicas e ecolóxicas) dos materiais.
Procedementos 13. Identificación das propiedades físicas, químicas e ecolóxicas dos materiais de uso cotián. 14. Relación das propiedades dos materiais co seu emprego en diferentes produtos tecnolóxicos. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
30
TECNOLOXÍA Actitudes
Valoración das materias primas e dos materiais no desenvolvemento tecnolóxico.
Conciencia do impacto ambiental producido pola actividade tecnolóxica.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental e do consumidor Un dos propósitos desta unidade consiste en que os alumnos adquiran un coñecemento básico sobre a obtención, as propiedades características e as aplicacións de diferentes materiais de uso técnico: madeiras e materiais metálicos, plásticos, pétreos, cerámicos e téxtiles. Preténdese, ademais, que desenvolvan destrezas técnicas que, xunto cos coñecementos adquiridos en outras áreas, lles permitan analizar as materias primas, os materiais e as propiedades características, así como a súa implicación no deseño e na elaboración de obxectos e mais de sistemas tecnolóxicos. Ao mesmo tempo, esta unidade serviralles para avaliar as repercusións sociais e madioambientais destes materiais de uso cotián. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Diferenciar os conceptos de materia prima, material e produto tecnolóxico.
2.
Clasificar as materias primas atendendo á orixe.
3.
Coñecer a procedencia e as aplicacións dos distintos materiais empregados na industria para a elaboración de produtos.
4.
Identificar as propiedades (físicas, químicas e ecolóxicas) dos materiais de uso cotián.
5.
Relacionar as propiedades dos materiais coa fabricación de produtos tecnolóxicos.
6.
Valorar o impacto medioambiental derivado da actividade tecnolóxica e adquirir hábitos de consumo que favorezan o medio.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
31
TECNOLOXÍA UNIDADE 4: A MADEIRA E OS SEUS DERIVADOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Coñecer a obtención, a clasificación e as propiedades características da madeira, un dos materiais técnicos máis empregados.
2.
Coñecer os materiais derivados da madeira, as súas propiedades e a súa presentación comercial, co fin de identificar a súa idoneidade en cada aplicación.
3.
Identificar os diferentes tipos de madeiras nas aplicacións técnicas máis usuais.
4.
Analizar as propiedades dos diversos tipos de madeiras á hora de os seleccionar para elaborar diferentes produtos.
5.
Coñecer e empregar axeitadamente as técnicas básicas de mecanizado, acabamento e unión da madeira, respectando os criterios de seguridade establecidos para a elaboración de obxectos sinxelos e segundo o método dos proxectos.
6.
Valorar a importancia dos materiais no desenvolvemento tecnolóxico e, tamén, o impacto medioambiental producido pola explotación, a transformación e o refugo da madeira.
7.
Coñecer os beneficios da reciclaxe da madeira e adquirir hábitos de consumo que permitan aforrar materias primas.
CONTIDOS
Conceptos
A madeira: constitución e propiedades xerais.
Proceso de obtención da madeira. Consumo respectuoso co medio.
Clasificación da madeira: madeiras duras e brandas. Propiedades características e aplicacións.
Derivados da madeira: madeiras prefabricadas e materiais celulósicos. Procesos de obtención,
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
32
TECNOLOXÍA
propiedades características e aplicacións.
Ferramentas, máquinas e útiles necesarios. Descrición. Técnicas básicas para o traballo coa madeira e os seus derivados.
Normas de seguridade e hixiene no traballo coa madeira.
Procedementos 15. Identificación dos tipos habituais de madeiras e dos derivados segundo as súas propiedades físicas e as aplicacións. 16. Relación das propiedades dos materiais coa súa utilización en diferentes produtos tecnolóxicos. 17. Aplicación do material más conveniente para cada traballo, atendendo ás súas propiedades e á súa presentación comercial. 18. Emprego de técnicas manuais elementais para medir, marcar e trazar, cortar, perforar, rebaixar, afinar e unir a madeira e os derivados na elaboración de obxectos tecnolóxicos sinxelos, aplicando as normas de uso, seguridade e hixiene.
Actitudes
Curiosidade e interese cara aos distintos tipos de materiais e o seu aproveitamento.
Valoración da importancia da madeira no desenvolvemento tecnolóxico.
Respecto polas normas de seguridade no uso de ferramentas e materiais na aula taller de tecnoloxía.
Actitude positiva e creativa ante os problemas prácticos.
Conciencia do impacto medioambiental producido pola explotación, a transformación e o refugo da madeira.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental e do consumidor Un dos propósitos desta unidade é coñecer a obtención da madeiras, as súas propiedades, as técnicas de conformación e de manipulación e as súas aplicacións como material de uso técnico. Preténdese que o alumno empregue os seus coñecementos e destrezas técnicas para analizar, deseñar e elaborar obxectos e sistemas tecnolóxicos, e que valore as repercusións sociais e medioambientais derivadas do emprego deste material de uso cotián. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as propiedades básicas da madeira como material técnico e, tamén, o seu proceso de obtención.
2.
Identificar os distintos tipos de madeiras naturais, as propiedades físicas e as aplicacións técnicas más usuais.
3.
Distinguir os distintos tipos de madeiras prefabricadas e coñecer o proceso de obtención dos materiais celulósicos.
4.
Coñecer e empregar axeitadamente as técnicas básicas de conformación, acabamento e unión da madeira, respectando os criterios de seguridade axeitados.
5.
Valorar o impacto medioambiental producido pola explotación, a transformación e a eliminación de residuos da madeira, e coñecer os beneficios da súa reciclaxe.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
33
TECNOLOXÍA UNIDADE 5: MATERIAIS METÁLICOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Coñecer a clasificación dos metais e, tamén, os métodos de obtención, as propiedades e as aplicacións máis importantes.
2.
Analizar as propiedades que deben reunir os materiais metálicos e seleccionar os máis axeitados para construír un produto.
3.
Coñecer as técnicas básicas de conformación dos materiais metálicos.
4.
Indicar as técnicas de manipulación levadas a cabo coas ferramentas, os utensilios e a maquinaria precisos para traballar con materiais metálicos.
5.
Analizar os distintos tipos de unión posibles entre os materiais metálicos.
6.
Coñecer e aplicar as normas de uso, seguridade e hixiene no manexo e no mantemento das ferramentas, dos utensilios e dos materiais metálicos na aula taller de tecnoloxía.
7.
Valorar o impacto medioambiental producido pola explotación, a transformación e o refugo de materiais metálicos.
8.
Determinar os beneficios da reciclaxe de materiais metálicos e adquirir hábitos de consumo que promovan aforrar materias primas.
CONTIDOS
Conceptos
Os metais. Propiedades xerais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
34
TECNOLOXÍA
Obtención e clasificación dos metais.
Metais ferrosos: ferro, aceiro e fundición. Obtención, propiedades características e aplicacións máis usuais.
Metais non ferrosos e aliaxes correspondentes. Obtención, propiedades características e aplicacións máis usuais.
Técnicas de conformación dos materiais metálicos.
Técnicas de manipulación dos materiais metálicos.
Unións nos metais: fixas e desmontables.
Procedementos 19. Identificación dos metais nas aplicacións técnicas más usuais. 20. Análise e avaliación das propiedades que deben reunir os materiais, e selección dos máis axeitados para construír un produto. 21. Análise das técnicas básicas e industriais empregadas na construción e na fabricación de obxectos. 22. Emprego de técnicas de mecanizado, unión e acabamento dos metais na elaboración de obxectos tecnolóxicos sinxelos aplicando as normas de uso, seguridade e hixiene.
Actitudes
Sensibilidade ante o impacto medioambiental producido pola explotación, a transformación e o refugo de materiais metálicos, así como pola utilización abusiva e inadecuada dos recursos naturais.
Predisposición a adoptar hábitos de consumo que faciliten o aforro de materias primas.
Interese por coñecer os beneficios da reciclaxe e disposición a seleccionar e aproveitar os materiais desbotados.
Disposición e iniciativa persoal para participar en tarefas de equipo.
Respecto polas normas de seguridade no uso de ferramentas, máquinas e materiais.
Actitude positiva e creativa ante os problemas prácticos do traballo con metais.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental e do consumidor Un dos obxectivos desta unidade é introducir os alumnos no coñecemento dos metais como materiais de uso técnico en todas as vertentes: obtención, propiedades características, técnicas de conformación-manipulación e aplicacións. O outro obxectivo é que adquiran destrezas técnicas e que as exerciten xunto coas que obtiveron noutras áreas, para, deste xeito, poderen analizar, intervir, deseñar e elaborar obxectos e sistemas tecnolóxicos. Para rematar, e en virtude dos coñecementos adquiridos, pediráselles que avalíen as repercusións sociais e medioambientais dos materiais de uso cotián estudados. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer e describir as propiedades básicas dos metais como materiais técnicos moi empregados.
2.
Distinguir os metais ferrosos, a súa composición e as propiedades, así como o proceso de obtención do aceiro.
3.
Identificar os distintos metais non ferrosos, as súas propiedades e a composición das aliaxes máis importantes.
4.
Identificar as aplicacións técnicas máis usuais dos metais.
5.
Coñecer e diferenciar as técnicas de conformación dos materiais metálicos.
6.
Coñecer e poñer en práctica de forma correcta as técnicas básicas de manipulación, unión e acabamento dos materiais metálicos, cumprindo as medidas de seguridade axeitadas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
35
TECNOLOXÍA UNIDADE 6: ESTRUTURAS E MECANISMOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Utilizar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que propiciaron a evolución social. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Analizar estruturas resistentes sinxelas, identificando os elementos que as compoñen e as cargas e os esforzos aos que están sometidos estes últimos.
2.
Utilizar elementos estruturais sinxelos de maneira axeitada para a confección de pequenas estruturas que resolvan problemas concretos.
3.
Valorar a importancia da forma e do material na composición das estruturas, así como a súa relación coa evolución dos modelos estruturais a través da historia.
CONTIDOS
Conceptos
Forzas e estruturas. Estruturas naturais e artificiais.
Definición de carga: cargas fixas e variables. Concepto de tensión interna e de esforzo.
Tipos principais de esforzos: tracción, compresión, flexión, torsión e cortante.
Condicións das estruturas: rixidez, resistencia e estabilidade. Triangulación.
Tipos de estruturas: masivas, alinteladas, abovedadas, entramadas, trianguladas, colgantes, pneumáticas, laminares e xeodésicas.
Principais elementos das estruturas artificiais: forxado, viga, piar, columna, cimentación, bóveda, arco, lintel, tirante, arriostamento, arcobotante, contraforte, etcétera.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
36
TECNOLOXÍA Procedementos
23. Distinguir o tipo de estrutura que presentan os obxectos e as construcións sinxelas. 24. Analizar estruturas sinxelas identificando os elementos que as compoñen. 25. Identificar os esforzos aos que están sometidas as pezas dunha estrutura simple. 26. Deseñar e construír estruturas sinxelas que resolvan un problema concreto, seleccionando modelos estruturais axeitados e empregando o material preciso para a fabricación de cada elemento.
Actitudes
Agrado na realización de tarefas compartidas.
Curiosidade cara aos tipos estruturais dos obxectos á súa volta.
Valoración da importancia das estruturas de edificios e construcións singulares.
Disposición a actuar segundo unha orde lóxica nas operacións, con especial atención á previsión dos elementos estruturais dos seus proxectos.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación medioambiental Un dos propósitos desta unidade é que os alumnos identifiquen as diferentes estruturas que poden atopar no seu contorno e que as saiban distinguir pola calidade e a función, para poderen así relacionar a calidade co prezo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Recoñecer a importancia das estruturas na construción de obxectos técnicos como elementos resistentes fronte ás cargas.
2.
Coñecer os tipos estruturais empregados ao longo da historia, describindo as súas características, as vantaxes e os inconvenientes.
3.
Identificar os distintos elementos estruturais presentes nas edificacións e as estruturas comúns, recoñecendo a súa función.
4.
Comprender a diferenza entre os distintos esforzos existentes, dar exemplos e describir os seus efectos.
5.
Recoñecer os esforzos que afectan os elementos dunha estrutura concreta baixo a acción dunhas cargas determinadas.
6.
Distinguir as condicións que debe cumprir unha estrutura para que funcione (estabilidade, resistencia e rixidez) e dominar os recursos existentes para as acadar.
7.
Deseñar e construír estruturas sinxelas que resolvan problemas concretos, empregando os recursos e os conceptos aprendidos na unidade.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
37
TECNOLOXÍA UNIDADE 7: ELECTRICIDADE CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Identificar os elementos principais dun circuíto sinxelo, distinguindo a función de cada un deles.
2.
Comprender o funcionamento práctico da corrente eléctrica e coñecer as súas propiedades e efectos.
3.
Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas relacionadas coa electricidade empregando a simboloxía e o vocabulario axeitados.
4.
Coñecer os efectos aproveitables da electricidade e as formas de os empregar.
5.
Montar circuítos simples en serie e en paralelo, realizando as unións con lóxica e pulcritude, e construír elementos sinxelos para incluílos neles.
6.
Analizar, deseñar, elaborar e manipular de forma segura materiais, obxectos e circuítos eléctricos sinxelos.
7.
Coñecer, valorar e respectar as normas de seguridade para o uso da electricidade.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
38
TECNOLOXÍA CONTIDOS
Conceptos
Corrente eléctrica. Circuítos eléctricos. Esquemas de circuítos eléctricos. Elementos dun circuíto eléctrico: xeradores, receptores e elementos de control e protección. Instrumentos de medida. Efectos da corrente eléctrica: calor, luz e movemento. Efectos electromagnéticos. Magnitudes eléctricas. Lei de Ohm. Aplicacións da lei de Ohm. Obtención e transporte da electricidade. Normas de seguridade ao traballar coa corrente eléctrica. Circuítos en serie e en paralelo.
Procedementos 27. Identificación dos distintos compoñentes dun circuíto eléctrico e función de cada un deles dentro do conxunto. 28. Resolución de problemas de proporcionalidade entre as magnitudes eléctricas fundamentais. 29. Análise e experimentación dos efectos da electricidade. 30. Montaxe de pequenos circuítos en serie e en paralelo. 31. Construción de compoñentes sinxelos de circuítos (xeradores, interruptores, chaves de cruce, resistencias). 32. Experimentación e deseño de circuítos mediante un simulador. 33. Busca de información, presentación e valoración crítica de diversas formas de obtención, transporte e uso da electricidade.
Actitudes
Respecto polas normas de seguridade no emprego de materiais, ferramentas e instalacións. Curiosidade por coñecer o funcionamento dos dispositivos e as máquinas eléctricos. Interese pola orde, pola seguridade e pola axeitada presentación das montaxes eléctricas. Coidado e uso adecuado dos aparatos de medida. Valoración crítica da importancia e das consecuencias do emprego da electricidade. Disposición e iniciativa persoal para participar solidariamente en tarefas compartidas.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a saúde A electricidade é unha das causas de accidentes máis importantes nos fogares. Neste tema infórmase ao estudante dos riscos que comporta o emprego desaxeitado ou inconsciente dos elementos eléctricos cotiáns, co fin de reducir a probabilidade de que se produzan este tipo de incidencias. Educación ambiental O coñecemento do impacto ambiental ocasionado pola construción das centrais eléctricas e o transporte da enerxía, así como o que deriva das verteduras xeradas durante o proceso de produción de enerxía eléctrica, permitirá concienciar os alumnos da necesidade de adoptar medidas que reduzan ese impacto. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Analizar, deseñar e montar circuítos eléctricos sinxelos empregando a simboloxía adecuada.
2.
Empregar o polímetro para realizar medidas de voltaxe, intensidade e resistencia.
3.
Realizar cálculos de magnitudes empregando a lei de Ohm.
4.
Analizar e valorar os efectos da enerxía eléctrica no medio.
5.
Describir diversos xeitos de obtención e transporte da electricidade.
6.
Coñecer e aplicar a capacidade de conversión da enerxía eléctrica noutras manifestacións enerxéticas (luz, calor, electromagnetismo).
7.
Coñecer as medidas de seguridade que cómpre adoptar ao usar ou manipular aparellos eléctricos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
39
TECNOLOXÍA UNIDADE 8: O ORDENADOR CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Social e cidadá Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1. 2. 3. 4.
Empregar o ordenador como ferramenta de apoio para a busca, o tratamento, a organización, a presentación e o posterior almacenamento de información. Coñecer os elementos básicos dun ordenador persoal, o seu uso e conexión, e a súa función nun conxunto. Dominar as operacións básicas dun sistema operativo: personalización do sistema, mantemento, organización e almacenamento da información…
Asumir dun xeito activo o avance e a aparición de novas tecnoloxías e incorporalas ao quefacer cotián.
CONTIDOS
Conceptos
Introdución á informática. O ordenador: elementos internos, compoñentes e funcionamento básico.
Software e sistema operativo.
Aplicacións ofimáticas: procesadores de texto, follas de cálculo e bases de datos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
40
TECNOLOXÍA
Interconexión de ordenadores.
Procedementos 34. Manexo do sistema binario de numeración e das unidades de medida. 35. Identificación e clasificación dos compoñentes do ordenador e da función que desempeñan dentro do conxunto. 36. Emprego das funcións básicas do sistema operativo. 37. Manexo de programas sinxelos: procesador de texto. 38. Uso do ordenador para a obtención e presentación da información. 39. Intercambio de información e recursos a través de soportes extraíbles, redes locais e mediante Internet.
Actitudes
Interese polas novas tecnoloxías e pola súa aplicación en proxectos tecnolóxicos.
Valoración da crecente importancia social dos ordenadores e Internet.
Actitude positiva ante a utilización do ordenador nas tarefas escolares.
Respecto polas normas de uso e seguridade no manexo do ordenador.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental e do consumidor Hoxe en día, o emprego das novas tecnoloxías e dos ordenadores está moi estendido, en especial entre os rapaces. Os contidos desta unidade deben achegar ao alumnado criterios para relacionar a calidade e as prestacións destas máquinas co seu prezo. Do mesmo xeito, convén inculcar que o seu uso incorrecto pode producir un gasto excesivo de enerxía eléctrica e, polo tanto, aumentar a contaminación ambiental. Cómpre que o alumnado avalíe a importancia do tipo de materiais empregados na construción de ordenadores, a súa repercusión na saúde e a mellor maneira de os substituír, de os reempregar ou de desfacerse deles. Educación para a saúde O emprego das novas tecnoloxías ten xerado novas enfermidades e agudizou outras xa existentes. As persoas que, por motivos profesionais, laborais, etc., pasan moitas horas sentadas fronte a un ordenador, deben tomar precaucións e adoptar medidas preventivas para reducir riscos. Tamén o alumnado, ao traballar co ordenador, debe ser consciente das consecuencias negativas para a saúde derivadas dunha mala postura, de permanecer ante a pantalla acendida durante moito tempo, etcétera. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Recoñecer os compoñentes do ordenador (internos e externos), o seu funcionamento e a relación co conxunto do sistema, así como saber conectalos axeitadamente.
2.
Coñecer as funcións do sistema operativo e saber realizar operacións básicas, entre elas as tarefas de mantemento e actualización.
3.
Manexar o contorno gráfico como interface de comunicación co ordenador.
4.
Xestionar diferentes documentos, almacenar e recuperar a información en diferentes soportes.
5.
Distinguir os elementos dunha rede de ordenadores, compartir e acceder aos recursos compartidos.
6.
Crear documentos con diversos formatos que incorporen texto e imaxes, empregando para iso distintas aplicacións.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
41
TECNOLOXÍA UNIDADE 9: INTERNET CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. OBXECTIVOS 1.
Recoñecer os compoñentes dunha rede informática e a súa función no proceso de comunicación entre ordenadores.
2.
Comprender o funcionamento de Internet e as características dos servizos que presta.
3.
Manexar con desenvoltura as ventás dun navegador, recoñecer as partes e empregar os menús principais.
4.
Identificar os elementos dun enderezo de Internet.
5.
Realizar buscas rápidas e sinxelas con buscadores de Internet e coñecer as posibilidades que ofrecen os portais.
6.
Valorar as vantaxes e os inconvenientes da comunicación entre ordenadores.
7.
Empregar eficazmente o correo electrónico, coñecer a súa tipoloxía e as funcionalidades.
CONTIDOS
Conceptos
Elementos e características dunha comunicación e a súa identificación de nunha comunicación entre ordenadores.
Internet, a rede de redes. Dominios de primeiro nivel máis empregados.
Servizos que ofrece Internet.
Navegadores. Localización dun documento mediante un navegador.
Buscadores e portais. Tipos de busca.
Características dos dous tipos de correo electrónico. Vantaxes e inconvenientes.
Pasos que cómpre seguir para dar de alta unha conta de correo e emprego dos dous tipos de correo electrónico.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
42
TECNOLOXÍA Procedementos
40. Consulta de páxinas web. 41. Recoñecemento do dominio de primeiro nivel, do servidor, do servizo e do protocolo dun enderezo de Internet. 42. Activación e observación de ligazóns dentro dunha mesma páxina web e entre páxinas distintas. 43. Acceso a buscadores e realización de buscas de distinto tipo. 44. Acceso a portais horizontais e verticais. Obtención de información e servizos. 45. Configuración e uso de contas de correo electrónico. 46. Análise de cada tipo de correo electrónico. 47. Conexión a Internet.
Actitudes
Valoración da transcendencia de Internet como ferramenta de comunicación global e instantánea.
Interese polo funcionamento de Internet; actitude positiva ante o uso da rede.
Gusto polo coidado dos equipos informáticos.
Actitude respectuosa e responsable na comunicación con outras persoas a través das redes informáticas.
Recoñecemento da importancia de Internet na obtención de información útil na vida cotiá e profesional.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do consumidor O obxectivo desta unidade consiste en inculcar no alumnado a idea de Internet como un medio de comunicación rápido e barato, a través do cal se pode obter unha gran cantidade de información, e fomentar o seu emprego. Educación moral e cívica Por mor do acceso sen restrición a contidos non aptos para todas as idades, orientarase o alumnado sobre un uso correcto de Internet. Educación para a igualdade de oportunidades de ambos os sexos Pódese realizar unha enquisa sobre os temas de interese da clase, a fin de realizar buscas de información do gusto do alumnado. No caso de ter que compartir o emprego do ordenador, cómpre tentar que o manexen todos por igual. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as características da comunicación entre persoas e asocialas á comunicación entre ordenadores.
2.
Identificar os elementos dunha rede de ordenadores.
3.
Coñecer o funcionamento de Internet, o concepto de dominio e os servizos que ofrece.
4.
Distinguir os elementos dun navegador. Localizar documentos mediante direccións URL.
5.
Coñecer os buscadores más importantes e os distintos sistemas de busca, así como os distintos tipos de portais e a súa utilidade.
6.
Distinguir as vantaxes e os inconvenientes das dúas clases de correo electrónico.
7.
Describir os pasos que cómpre seguir para dar de alta unha conta de correo electrónico e coñecer o seu funcionamento.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
43
TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
44
TECNOLOXÍA ESTRUTURA DA MATERIA: Relación de unidades didácticas da materia e a súa correspondencia entre estas e os bloques de contidos oficiais UNIDADE DIDÁCTICA UNIDADE 1: O PROCESO TECNOLÓXICO UNIDADE 2: EXPRESIÓN GRÁFICA: SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN UNIDADE 3: MATERIAIS PLÁSTICOS, TÉXTILES, PÉTREOS E CERÁMICOS UNIDADE 4: MECANISMOS UNIDADE 5: ELECTRICIDADE E ENERXÍA UNIDADE 6: HARDWARE E SISTEMA OPERATIVO UNIDADE 7: O ORDENADOR E OS NOSOS PROXECTOS UNIDADE 8: A INTERNET
BLOQUE DE CONTIDO Ó QUE CORRESPONDE Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. Bloque 4. Técnicas de expresión e comunicación. Bloque 3. Materiais de uso técnico. Bloque 6. Máquinas e mecanismos. Bloque 7. Electricidade e electrónica. Bloque 2. Hardware e sistemas operativos. Bloque 1. Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. Bloque 2. Hardware e sistemas operativos. Bloque 8. Tecnoloxías da comunicación. Internet.
TEMPORALIZACIÓN: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: O PROCESO TECNOLÓXICO UNIDADE 2: EXPRESIÓN GRÁFICA: SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN UNIDADE 3: MATERIAIS PLÁSTICOS, TÉXTILES, PÉTREOS E CERÁMICOS
2ª AVALIACIÓN
UNIDADE 4: MECANISMOS
3ª AVALIACIÓN
UNIDADE 5: ELECTRICIDADE E ENERXÍA UNIDADE 6: HARDWARE E SISTEMA OPERATIVO UNIDADE 7: O ORDENADOR E OS NOSOS PROXECTOS UNIDADE 8: A INTERNET
Deseguido, desenvólvese a programación de cada unha das 8 unidades didácticas en que foron organizados e secuenciados os contidos deste curso. En cada unha delas sinálanse a contribución da unidade ás competencias básicas, obxectivos didácticos correspondentes, os contidos (conceptos, procedementos e actitudes), contidos transversais e os criterios de avaliación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
45
TECNOLOXÍA UNIDADE 1: O PROCESO TECNOLÓXICO CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Utilizar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que propiciaron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Comprender a función da tecnoloxía e a súa importancia no desenvolvemento da civilización.
2.
Resolver problemas sinxelos respectando as fases do proxecto tecnolóxico a partir da identificación de necesidades no contorno dos/as alumnos/as.
3.
Entender a relación entre o proceso tecnolóxico desenvolvido na aula e a realidade empresarial e produtiva.
4.
Analizar un obxecto tecnolóxico de modo ordenado, atendendo aos factores anatómicos, funcionais, tecnolóxicos e socioeconómicos.
CONTIDOS
Conceptos
Definición de tecnoloxía. Factores que interveñen na tecnoloxía. A tecnoloxía como fusión de ciencia e técnica. Proceso tecnolóxico e fases. Organización: xestión de actividades na aula taller. Empresa e funcións. Consumo e publicidade.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
46
TECNOLOXÍA
Impacto ambiental da actividade humana. Análise de obxectos: formal, funcional, técnica e socioeconómica.
Procedementos 48. 49. 50. 51. 52. 53. 54. 55. 56.
Investigación cos medios dispoñibles da evolución histórica dun obxecto tecnolóxico. Descomposición dun obxecto sinxelo mediante a análise dos compoñentes físicos. Estudo e práctica das fases do proceso tecnolóxico. Análise dun obxecto tecnolóxico cotián seguindo as pautas estudadas de análise de obxectos. Desenvolvemento de proxectos en grupo. Asignación de responsabilidades. Organización da biblioteca de aula. Organización e xestión do taller. Estudo e comparación da actividade empresarial e do proceso tecnolóxico. Estudo do impacto ambiental da actividade humana.
Actitudes
Interese pola tecnoloxía. Curiosidade polo funcionamento dos obxectos tecnolóxicos. Satisfacción persoal ao resolver problemas. Disposición a propoñer solucións ante as necesidades do grupo. Gusto pola orde e pola xestión dos espazos de traballo. Interese polo impacto ambiental da actividade humana. Disposición e actitude positiva para o traballo en grupo.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a igualdade de oportunidades entrambos os dous sexos A área de Tecnoloxías constitúe un campo de referencia para a igualdade, dado que trata tarefas tradicionalmente asociadas aos homes. Polo tanto, deberase procurar que o alumnado, con independencia do sexo, participe activamente en todas as actividades, particularmente nas de taller. Unha estratexia para conseguir este fin é formar grupos homoxéneos ao principio do curso e distribuír as actividades «tipicamente» masculinas entre as rapazas, e viceversa. Unha vez asumidas como propias as devanditas tarefas, pódese abordar o segundo obxectivo: repartir as actividades en grupos heteroxéneos sen atender ao sexo. Educación do/a consumidor/a e Educación ambiental O estudo da orixe dos obxectos, así como das necesidades que satisfán e das súas repercusións ambientais, contribúe a fomentar o consumo responsable e o respecto pola natureza. Neste sentido, permite formular unha análise crítica da influencia da publicidade nos hábitos de consumo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer os avances fundamentais e as principais revolucións tecnolóxicas que tiveron lugar no curso da historia.
2.
Investigar a evolución histórica dun obxecto tecnolóxico.
3.
Valorar as necesidades do proceso tecnolóxico empregando a resolución técnica de problemas, analizando o seu contexto, propoñendo solucións alternativas e desenvolvendo a máis axeitada.
4.
Elaborar documentos técnicos empregando recursos verbais e gráficos.
5.
Entender e respectar as normas de actuación na aula taller.
6.
Traballar en grupo, de forma organizada e responsable, para a resolución de problemas tecnolóxicos.
7.
Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo aplicando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto polo medio, e valorando as condicións do contorno de traballo.
8.
Analizar obxectos tecnolóxicos desde os aspectos formal, técnico, socioeconómico e funcional.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
47
TECNOLOXÍA UNIDADE 2: EXPRESIÓN GRÁFICA: SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. OBXECTIVOS 1. 2. 3. 4. 5. 6.
Expresar ideas técnicas a través de gráficos e debuxos, utilizando códigos que aclaren e estruturen a información que se pretende transmitir. Manexar con soltura distintas formas de representación gráfica, utilizando as máis adecuadas segundo as necesidades do proxecto técnico. Interpretar correctamente obxectos tecnolóxicos representados en distintos sistemas. Coñecer o modo normalizado de utilización de liñas e cotas para aplicalo ao deseño e á comunicación de ideas na resolución de problemas técnicos. Realizar planos técnicos sinxelos utilizando ferramentas informáticas. Valorar a importancia do debuxo técnico como medio de expresión e comunicación na área de Tecnoloxías.
CONTIDOS
Conceptos
Representacións de conxunto: perspectiva cabaleira, perspectiva isométrica e sistema diédrico. Vistas dun obxecto.
Debuxo en perspectiva: método compositivo e método subtractivo.
Normalización. Escalas normalizadas.
Acoutamento.
Instrumentos de medida.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
48
TECNOLOXÍA Procedementos
Realización de debuxos de vistas e perspectivas de obxectos sinxelos, co fin de comunicar un traballo técnico.
Interpretación de vistas e perspectivas de obxectos sinxelos.
Representación de debuxos a escala para comunicar ideas técnicas e tomar decisións de deseño.
Acoutamento de segmentos, circunferencias e arcos en figuras xeométricas planas e en obxectos sinxelos tridimensionais.
Medida con distintos instrumentos, normais e de precisión.
Debuxo de planos con ferramentas informáticas.
Actitudes
Gusto pola limpeza e a orde na presentación dos traballos.
Valoración da expresión gráfica como modo de comunicación na área de Tecnoloxías.
Interese polas distintas formas de representación gráfica e as súas aplicacións.
Disposición cara ao traballo e á achega dos materiais e as ferramentas necesarias para desenvolvelo.
Valoración da importancia de manter un contorno de traballo ordenado e agradable.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do/a consumidor/a Nesta unidade amósaselles aos/ás alumnos/as como crear representacións gráficas parecidas ás que se atopan na publicidade dos produtos e danse as claves para poder comprender e interpretar manuais, folletos técnicos ou calquera información baseada en representacións gráficas a calquera escala. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.
Representar bosquexos e esbozos de obxectos e proxectos sinxelos a man alzada e delineados. Relacionar correctamente perspectivas e representación no sistema diédrico. Debuxar pezas sinxelas en perspectiva cabaleira e isométrica a partir das súas vistas. Empregar as escalas axeitadas para a realización de distintos debuxos técnicos. Utilizar con corrección os diferentes tipos de liñas normalizados para o debuxo técnico. Acoutar correctamente pezas planas e tridimensionais. Medir segmentos e ángulos con precisión, empregando as ferramentas necesarias. Utilizar programas informáticos para deseñar e debuxar pezas e obxectos tecnolóxicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
49
TECNOLOXÍA UNIDADE 3: MATERIAIS PLÁSTICOS, TÉXTILES, PÉTREOS E CERÁMICOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/as para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e iniciativa persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Coñecer a procedencia e a obtención, a clasificación, as propiedades características e as variedades dos plásticos como materiais técnicos máis empregados.
2.
Identificar os plásticos nas aplicacións técnicas máis usuais.
3.
Analizar e avaliar as propiedades que deben reunir os materiais plásticos, seleccionando os máis idóneos para construír un produto.
4.
Analizar as técnicas de conformación dos materiais plásticos e as súas aplicacións.
5.
Coñecer as técnicas de manipulación e unión dos materiais plásticos e os criterios axeitados de seguridade.
6.
Valorar o impacto ambiental producido pola explotación, transformación e refugallo de materiais plásticos.
7.
Coñecer os beneficios da reciclaxe dos materiais plásticos e adquirir hábitos de consumo que permitan o aforro de materias primas.
8.
Coñecer a obtención, a clasificación e as propiedades características dos materiais téxtiles.
9.
Coñecer a obtención, a clasificación, as propiedades características e técnicas de conformación dos materiais de construción: pétreos e cerámicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
50
TECNOLOXÍA CONTIDOS
Conceptos
Plásticos. Procedencia e obtención. Propiedades características. Clasificación. Aplicacións.
Técnicas de conformación dos materiais plásticos.
Técnicas de manipulación dos materiais plásticos. Ferramentas manuais básicas, útiles e maquinaria necesarios para o traballo con plásticos.
Unión de materiais plásticos: desmontables e fixas.
Normas de uso, seguridade e hixiene no manexo e mantemento de ferramentas, útiles e materiais técnicos.
Materiais téxtiles. Obtención. Clasificación. Propiedades características.
Materiais de construción: pétreos e cerámicos. Obtención. Clasificación. Técnicas de conformación. Propiedades características. Aplicacións.
Procedementos
Identificación dos materiais plásticos, téxtiles e de construción en obxectos de uso habitual.
Análise e avaliación das propiedades que deben reunir os materiais plásticos, téxtiles, pétreos e cerámicos, seleccionando os máis idóneos para elaborar ou construír un produto.
Emprego na aula taller de tecnoloxía de técnicas de manipulación de materiais plásticos na elaboración de obxectos tecnolóxicos sinxelos, aplicando as normas de uso, hixiene, seguridade e control dos recursos materiais.
Selección e reutilización dos materiais plásticos de refugallo na fabricación doutros obxectos sinxelos e operadores nos proxectos da aula taller.
Actitudes
Predisposición a considerar de forma equilibrada os valores técnicos, funcionais e estéticos dos materiais no deseño e na elaboración de produtos.
Sensibilidade ante o impacto ambiental producido pola explotación, a transformación e o refugallo de materiais de uso técnico e ante a utilización abusiva e inadecuada dos recursos naturais e predisposición a adoptar hábitos de consumo que permitan o aforro de materias primas.
Actitude positiva e creativa ante os problemas prácticos.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental Un dos propósitos desta unidade consiste en que os/as alumnos/as adquiran coñecementos e destrezas técnicas e os empreguen, xunto cos alcanzados noutras áreas, para a análise, a intervención, o deseño e a elaboración de obxectos e sistemas tecnolóxicos, así como que valoren as repercusións sociais e ambientais que o uso dos diferentes materiais leva consigo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as propiedades básicas dos plásticos como materiais técnicos.
2.
Identificar os plásticos nas aplicacións técnicas máis usuais.
3.
Recoñecer as técnicas básicas de conformación dos materiais plásticos e a aplicación de cada unha delas na produción de diferentes obxectos.
4.
Empregar de forma correcta as técnicas básicas de manipulación e unión dos materiais plásticos, mantendo os criterios de seguridade axeitados, e respectando as normas de uso e seguridade no manexo de materiais e ferramentas.
5.
Identificar as propiedades básicas dos materiais téxtiles e os diferentes tipos.
6.
Coñecer as características e as variedades habituais dos materiais pétreos e as súas aplicacións técnicas.
7.
Coñecer as características, as variedades habituais e as aplicacións técnicas dos materiais cerámicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
51
TECNOLOXÍA UNIDADE 4: MECANISMOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Utilizar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que propiciaron a evolución social. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e iniciativa persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Coñecer os mecanismos básicos de transmisión e transformación do movemento, así como as súas aplicacións.
2.
Identificar mecanismos simples en máquinas complexas e explicar o seu funcionamento no conxunto.
3.
Resolver problemas sinxelos e calcular a relación de transmisión nos casos que sexa posible.
4.
Utilizar simuladores para recrear a función de operadores no deseño de prototipos.
5.
Deseñar e construír maquetas de mecanismos simples e conxuntos de mecanismos de transmisión e de transformación.
6.
Valorar a importancia dos mecanismos no funcionamento de máquinas de uso cotián.
CONTIDOS
Conceptos
Mecanismos de transmisión do movemento (polea, polipasto, panca, rodas de fricción, sistemas de poleas, engrenaxes, parafuso sen fin, sistemas de engrenaxes). Constitución, funcionamento e aplicacións.
Mecanismos de transformación do movemento (piñón-cremalleira, parafuso-porca, manivela-torno,
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
52
TECNOLOXÍA
biela-manivela, cegoñal, leva, excéntrica). Constitución, funcionamento e aplicacións.
Mecanismos para dirixir e regular o movemento, de axustamento e de acumulación de enerxía. Constitución, funcionamento e aplicacións.
Lei da panca, momento de forzas e relación de transmisión.
Procedementos
Identificación de mecanismos simples en máquinas complexas, explicando o seu funcionamento no conxunto.
Resolución de problemas sinxelos e cálculo da relación de transmisión.
Deseño e construción de maquetas con diferentes operadores mecánicos.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento de obxectos tecnolóxicos de uso cotián.
Respecto polas normas de seguridade no uso de ferramentas, máquinas e materiais.
Actitude positiva e creativa ante problemas de tipo práctico e confianza na propia capacidade de alcanzar resultados útiles.
Disposición e iniciativa persoal para participar en tarefas de equipo.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do/a consumidor/a Un dos propósitos desta unidade é coñecer os diferentes mecanismos básicos de transmisión e transformación do movemento que forman parte das máquinas, desde as máis simples ata as máis complexas, así como a función de cada un no conxunto. Con estes coñecementos é posible relacionar a complexidade e a calidade co prezo. Educación ambiental O obxectivo é que o alumnado adquira coñecementos sobre a constitución dos mecanismos, así como destrezas técnicas na súa construción, e os empregue, xunto cos adquiridos noutras áreas, para analizar, deseñar e elaborar obxectos e sistemas tecnolóxicos. Así mesmo, deberá valorar a importancia dos mecanismos no funcionamento das máquinas de uso cotián e tomar conciencia das repercusións sociais e ambientais que supoñen para a sociedade, á vez que asume, de forma activa, o progreso e a aparición de novas tecnoloxías. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. 2. 3.
Identificar en máquinas complexas os mecanismos simples de transformación e transmisión de movementos que as compoñen, explicando o seu funcionamento no conxunto. Resolver problemas sinxelos e calcular a relación de transmisión nos casos en que proceda. Deseñar, construír e manexar maquetas con diferentes operadores mecánicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
53
TECNOLOXÍA UNIDADE 5: ELECTRICIDADE E ENERXÍA CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/ás para a súa participación activa na toma fundamentada de decisións. Utilizar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que propiciaron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e iniciativa persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.
Calcular as magnitudes eléctricas básicas, potencia e enerxía, en diferentes circuítos eléctricos. Coñecer as características da tensión alterna senoidal da rede eléctrica e comparalas coas da tensión continua. Expresar e comunicar ideas e solucións técnicas relacionadas coa electricidade e coa electrónica utilizando a simboloxía e o vocabulario axeitado. Coñecer os efectos aproveitables da electricidade e as formas de utilizalos. Saber interpretar esquemas eléctricos e electrónicos e realizar montaxes a partir destes. Manexar correctamente un polímetro para realizar distintos tipos de medidas. Analizar, deseñar, elaborar e manipular de forma segura materiais, obxectos e circuítos eléctricos sinxelos. Coñecer e valorar criticamente as distintas formas de xeración de enerxía eléctrica.
CONTIDOS
Conceptos
Circuíto eléctrico: magnitudes eléctricas básicas. Simboloxía. Lei de Ohm. Circuíto en serie, paralelo e mixto. Corrente continua e corrente alterna. Estudo comparado.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
54
TECNOLOXÍA
Potencia e enerxía eléctrica Electromagnetismo. Aplicacións: electroimán, motor de corrente continua, xerador (dínamo, alternador) e relé. Aparatos de medida: voltímetro, amperímetro, polímetro. Introdución á electrónica básica: a resistencia, o condensador, o díodo e o transistor. Enerxía eléctrica: xeración, transporte e distribución. Centrais. Descrición e tipos de centrais hidroeléctricas, térmicas e nucleares. Sistemas técnicos para o aproveitamento das enerxías renovables. Importancia do uso de enerxías alternativas. Enerxía e medio natural. Eficiencia e aforro enerxético. Impacto ambiental da xeración, transporte, distribución e uso da enerxía. Valoración dos efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o medio natural.
Procedementos
Identificación dos distintos compoñentes dun circuíto eléctrico e función de cada un deles dentro do conxunto. Resolución de circuítos eléctricos en serie, paralelos e mixtos. Cálculo das magnitudes relacionadas: voltaxe, intensidade, resistencia, enerxía e potencia. Análise e experimentación dos efectos da electricidade. Montaxe de circuítos eléctricos sinxelos: circuítos mixtos, control do sentido de xiro dun motor, etcétera. Deseño de circuítos e experimentación cun simulador. Realización de medidas de voltaxe, intensidade e resistencia mediante un polímetro. Estudo e elaboración da instalación eléctrica dunha vivenda. Análise dun obxecto tecnolóxico que funcione con enerxía eléctrica. Identificación dos compoñentes electrónicos e a súa simboloxía. Busca de información, presentación e valoración crítica de diversas formas de produción de electricidade. Realización de esquemas de diversos tipos de centrais eléctricas.
Actitudes
Respecto das normas de seguridade na utilización de materiais, ferramentas e instalacións. Curiosidade por coñecer o funcionamento de circuítos, obxectos e centrais eléctricas. Interese pola orde, a seguridade e a axeitada presentación das montaxes eléctricas. Coidado e uso axeitado dos aparatos de medida. Valoración crítica da importancia e consecuencias da utilización da electricidade. Actitude positiva e creativa ante os problemas prácticos e confianza na propia capacidade para alcanzar resultados útiles. Disposición e iniciativa persoal para participar solidariamente en tarefas compartidas.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a saúde O coñecemento das características da enerxía eléctrica, as propiedades de diferentes materiais e a posibilidade de realizar medidas de diverso tipo, concienciará o alumnado dos riscos que supón para a saúde a manipulación de aparatos eléctricos e axudará a tomar medidas para evitar accidentes. Educación ambiental O coñecemento do impacto ambiental ocasionado pola construción das centrais eléctricas e o transporte da enerxía, así como o que deriva das verteduras xeradas polo proceso de produción de enerxía eléctrica, permitirá concienciar os/as alumnos/as da necesidade de adoptar medidas que reduzan o devandito impacto.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.
Valorar os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas. Utilizar correctamente instrumentos de medida de magnitudes eléctricas básicas. Determinar a tensión, intensidade, resistencia, potencia e enerxía eléctrica empregando os conceptos, principios de medida e cálculo de magnitudes axeitados. Deseñar circuítos eléctricos empregando a simboloxía axeitada. Simular e realizar montaxes de circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos. Describir as partes e o funcionamento de máquinas e obxectos eléctricos. Describir e utilizar o electromagnetismo en aplicacións tecnolóxicas sinxelas. Valorar os efectos do uso da enerxía eléctrica sobre o medio natural. Coñecer o proceso de xeración de electricidade nos diferentes tipos de centrais eléctricas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
55
TECNOLOXÍA UNIDADE 6: HARDWARE E SISTEMA OPERATIVO CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas... Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e prevendo as consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Identificar os elementos que constitúen a arquitectura física do ordenador, así como o funcionamento e a súa función, a relación co resto de compoñentes e as formas de conectalos.
2.
Recoñecer os procesos lóxicos asociados ao funcionamento do ordenador e aplicar o coñecemento destes procesos para manipular o sistema, configuralo e realizar operacións de mantemento e actualización.
3.
Manexar ferramentas e aplicacións informáticas que permitan buscar, almacenar, organizar, manipular, recuperar e presentar información.
4.
Coñecer a estrutura básica e os compoñentes dunha rede de ordenadores, e empregar este coñecemento para compartir recursos.
5.
Asumir de forma crítica e activa o avance e a aparición de novas tecnoloxías, incorporándoas ao quefacer cotián.
6.
Analizar e valorar criticamente a influencia do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade.
CONTIDOS
Conceptos
Codificación da información. Unidades de medida. Arquitectura e funcionamento do ordenador. Funcións e uso do sistema operativo. Conexión de dispositivos. Instalación e desinstalación de programas. Almacenamento, organización e recuperación da información. Mantemento e actualización do sistema. Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes. Creación e actualización dunha base de datos. Organización dos datos segundo distintos criterios.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
56
TECNOLOXÍA
Deseño de táboas, formularios, filtros, buscas e informes.
Procedementos
Identificación das partes dun ordenador, así como do seu funcionamento e a súa función no conxunto do sistema. Utilización e investigación das funcións dun sistema operativo. Análise dos diferentes compoñentes lóxicos e físicos que interveñen na execución dun programa; explicación do proceso levado a cabo. Realización periódica do mantemento e a actualización do sistema. Instalación e desinstalación correcta de programas e dispositivos. Almacenamento e organización da información en distintos soportes. Estudo da estrutura e dos compoñentes dunha rede de ordenadores. Manexo dunha rede de ordenadores para compartir recursos: acceso á internet, periféricos e arquivos. Recompilación, estruturación e introdución de datos nunha base de datos.
Actitudes
Interese polas novas tecnoloxías así como pola súa influencia no mundo actual. Valoración da importancia crecente dos ordenadores a nivel social. Disposición positiva na utilización do ordenador como ferramenta habitual nas tarefas escolares. Respecto das normas de uso e seguridade no manexo do ordenador. Actitude positiva e creativa ante problemas prácticos e implicación persoal na súa resolución para conseguir resultados útiles. Curiosidade e respecto cara ás ideas, os valores e as solucións achegadas por outras persoas, culturas e sociedades.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental e Educación do/a consumidor/a Un coñecemento máis profundo do ordenador permite comparar distintas configuracións, valorar os custos de cada unha e a súa adaptación ás necesidades particulares. Ter unha actitude crítica co consumismo e a conveniencia de reutilizar algúns dos compoñentes do ordenador. Educación moral e cívica O dereito ao mantemento da privacidade persoal constitúe un tema interesante para fomentar unha postura crítica ante a divulgación masiva de todo tipo de datos, posibilitada pola tecnoloxía actual e as súas consecuencias. Educación para a saúde O uso prolongado do ordenador ten efectos negativos para a saúde. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Identificar nun PC a placa base, o microprocesador, os distintos tipos de memoria e almacenamento, o chipset, as rañuras de expansión, os conectores, a fonte de alimentación, a carcasa e os periféricos de entrada e saída. Coñecer a función de cada un destes elementos así como a súa importancia e o funcionamento no conxunto do sistema.
2.
Coñecer as funcións do sistema operativo e saber realizar operacións básicas cun deles.
3.
Manexar o contorno gráfico como interface de comunicación co ordenador.
4.
Saber como conectar compoñentes físicos a un ordenador.
5.
Interconectar varios ordenadores ou dispositivos. Utilizar e compartir recursos en redes locais.
6.
Coñecer distintas tarefas de mantemento e actualización do sistema, así como a súa función e a forma de realizalas.
7.
Xestionar, almacenar e recuperar a información en diferentes formatos e soportes.
8.
Localizar información utilizando un xestor de bases de datos. Crear, actualizar e modificar unha base de datos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
57
TECNOLOXÍA UNIDADE 7: O ORDENADOR E OS NOSOS PROXECTOS CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta ás distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. OBXECTIVOS 1.
Utilizar o ordenador como ferramenta de traballo.
2.
Coñecer os periféricos que se empregan no deseño asistido por ordenador.
3.
Manexar programas que axuden a elaborar memorias técnicas: procesadores de texto, follas de cálculo e programas de debuxo vectorial.
4.
Intercambiar información entre varios programas para realizar presentacións e edicións finais de memorias técnicas.
CONTIDOS
Conceptos
Coñecemento das distintas aplicacións informáticas de interese para o/a tecnólogo/a.
Procesadores de texto. Utilización de ferramentas avanzadas: creación de táboas, emprego de distintos formatos, marcos, inserción de imaxes e formas de vinculación destas.
Iniciación á folla de cálculo: operacións básicas, fórmulas sinxelas e tipos de datos, realización e manexo de gráficos. Elaboración de orzamentos e outros documentos de traballo.
Deseño de presentacións: operacións previas, traballo con vistas, deseño de diapositivas, efectos, transicións e intervalos, animación de obxectos e textos, inserción de elementos multimedia (películas e sons).
Procedementos
Manexo de procesadores de texto para a elaboración de memorias técnicas.
Emprego da folla de cálculo para realizar tarefas concretas (medias de notas académicas, orzamentos,...).
Intercambio de gráficas e resultados entre follas de cálculo e procesadores de texto.
Creación de presentacións.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
58
TECNOLOXÍA
Utilización de máquinas dixitais de fotografía e vídeo. Manexo do escáner.
Busca de información na internet.
Actitudes
Gusto pola limpeza e a orde na presentación dos traballos.
Valoración da utilización do ordenador como ferramenta na área de Tecnoloxía.
Interese polos distintos programas de ordenador e as súas aplicacións en proxectos tecnolóxicos.
Disposición cara ao traballo e a orde na súa execución.
Consideración por manter un contorno de traballo ordenado e agradable.
Predisposición e aprecio polo traballo en equipo, a organización das actividades de grupo e o respecto polas decisións que se tomaron.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do/a consumidor/a Na actualidade, existe unha gran familiaridade coas novas tecnoloxías e cos ordenadores, en especial por parte dos/as mozos/as, debido aos videoxogos e a outras aplicacións de interese. Os contidos desta unidade proporciónanlle ao alumnado criterios para relacionar a calidade e as prestacións destas máquinas co seu prezo. Así mesmo, os/as alumnos/as deben ser conscientes de que a utilización incorrecta do ordenador pode ocasionar un gasto excesivo de enerxía eléctrica e de que practicamente todos os materiais que compoñen estas máquinas son reutilizables. Educación para a saúde A utilización das novas tecnoloxías produciu novas enfermidades e agudizou outras xa existentes. As persoas que por motivos profesionais ou lúdicos permanecen moitas horas sentadas fronte a un ordenador deben tomar precaucións e adoptar medidas preventivas para reducir os riscos. Os/as alumnos/as deben ser conscientes das consecuencias negativas para a saúde que derivan de non manter unha postura correcta fronte ao ordenador, de permanecer moito tempo ante a pantalla acendida. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Elaborar táboas cun procesador de texto para presentar datos.
2.
Modificar un texto escrito cun procesador de texto para a súa edición, manexando elementos como marcos, táboas, encabezamentos, etcétera.
3.
Realizar medias de notas académicas, orzamentos dun proxecto e outras operacións mediante un programa de folla de cálculo.
4.
Debuxar bosquexos de obxectos tecnolóxicos sinxelos con programas de debuxo.
5.
Transferir a información duns programas a outros para obter documentos finais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
59
TECNOLOXÍA UNIDADE 8: A INTERNET CONTRIBUCIÓN DA UNIDADE Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornos tecnolóxicos. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta ás distintas necesidades. Favorecer a creación dun contorno saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Social e cidadá Preparar futuros/as cidadáns/as para a participación activa na toma fundamentada de decisións. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. OBXECTIVOS 1.
Coñecer os servizos que ofrece a internet e as características de cada un deles, como medio de transmitir a información.
2.
Desenvolver as habilidades necesarias para manexar con soltura os servizos de comunicación en tempo real: listas de distribución, foros, grupos de noticias, e chats.
3.
Crear un foro tecnolóxico.
4.
Identificar as características das conferencias e as comunidades virtuais: mensaxaría instantánea, redes sociais, blogosfera e páxinas wiki.
5.
Elaborar páxinas web.
6.
Asumir de forma crítica e activa o avance e a aparición de novas tecnoloxías, incorporándoas ao quefacer cotián.
7.
Actuar de forma dialogante, flexible e responsable no traballo en equipo, na busca de solucións, na toma de decisións e na execución das tarefas encomendadas con actitude de respecto, cooperación, tolerancia e solidariedade.
CONTIDOS
Conceptos
Servizos da internet: foros, grupos de noticias, chats e conferencias.
Comunidades virtuais: mensaxaría instantánea, redes sociais, páxinas web, blogs e wikis.
Creación de páxinas web.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
60
TECNOLOXÍA
Transferencia de ficheiros.
Procedementos
Realización dun foro tecnolóxico e doutra índole.
Utilización do servizo de noticias.
Establecemento de conferencias.
Utilización do chat e da mensaxaría instantánea.
Creación dun blog e dunha páxina wiki.
Deseño dunha paxina web.
Transferencia de arquivos.
Actitudes
Valoración da transcendencia da internet como ferramenta de comunicación global e instantánea.
Interese pola comunicación por medio da internet.
Constatación das vantaxes de usar con asiduidade os servizos ofrecidos na internet.
Disposición a unha utilización responsable e respectuosa dos sistemas de comunicación colectiva pola internet (listas, foros, grupos de noticias, chats, conferencias, etcétera).
Actitude crítica e responsable na distribución e na descarga de software.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación moral e cívica Co estudo da internet, preténdese promover o respecto das opinións dos/as outros/as, así como a achega de ideas construtivas e o rexeitamento dos malos modos. Educación do/a consumidor/a Con esta unidade foméntase a utilización da internet como un medio de comunicación rápido e barato, a través do cal se pode obter unha gran cantidade de información. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Identificar e describir os servizos da internet.
2.
Acceder á internet para a utilización de servizos básicos: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación intergrupal e publicación de información.
3.
Describir o funcionamento das listas, os foros e as noticias.
4.
Distinguir os pasos para crear un foro tecnolóxico.
5.
Recoñecer o léxico básico da internet (termos do argot, acrónimos, anglicismos...).
6.
Comunicarse en tempo real mediante chats e conferencias.
7.
Coñecer as condicións para establecer unha comunidade virtual, as características dunha mensaxaría instantánea, as redes sociais, a blogosfera e as páxinas wiki.
8.
Explicar os pasos para deseñar unha páxina web e «subila» á rede.
9.
Coñecer a descarga e a distribución de software, así como a información pola internet.
10. Crear unha weblog.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
61
TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
62
TECNOLOXÍA ESTRUTURA DA MATERIA: BLOQUE I: ELECTRICIDADE E ELÉCTRÓNICA UNIDADE 1: ELECTRICIDADE E CÁLCULO DE CIRCUÍTOS UNIDADE 2: ELECTRÓNICA ANALÓXICA UNIDADE 3: ELECTRÓNICA DIXITAL BLOQUE II: CONTROL E ROBÓTICA UNIDADE 4: CONTROL E ROBÓTICA BLOQUE III: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. INTERNET UNIDADE 5: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. A INTERNET BLOQUE IV: INSTALACIÓNS NA VIVENDA UNIDADE 6: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA NA VIVENDA UNIDADE 7: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO, EVACUACIÓN E ACONDICIONAMENTO BLOQUE V: PNEUMÁTICA E HIDRÁULICA UNIDADE 8: INTRODUCIÓN ÓS SISTEMAS PNEUMÁTICOS E HIDRÁULICOS BLOQUE VI: TECNOLOXÍA E SOCIEDADE UNIDADE 9: A TECNOLOXÍA E O SEU DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO No seguinte cadro facemos a correspondencia entre os bloque de contido desenvolvidos na programación e os que menciona o currículo oficial: BLOQUE CURRÍCULO OFICIAL Bloque 1. Instalacións en vivendas Bloque 2. Electrónica, pneumática e hidráulica. Bloque 3. Tecnoloxías da comunicación Bloque 4. Control e robótica Bloque 5. Tecnoloxía e sociedade
BLOQUE DA PROGRAMACIÓN BLOQUE IV: INSTALACIÓNS NA VIVENDA BLOQUE V: PNEUMÁTICA E HIDRÁULICA BLOQUE I: ELECTRICIDADE E ELÉCTRÓNICA BLOQUE III: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. INTERNET BLOQUE II: CONTROL E ROBÓTICA BLOQUE VI: TECNOLOXÍA E SOCIEDADE
TEMPORALIZACIÓN: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: ELECTRICIDADE E CÁLCULO DE CIRCUÍTOS UNIDADE 2: ELECTRÓNICA ANALÓXICA 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 4: CONTROL E ROBÓTICA UNIDADE 5: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. A INTERNET 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 6: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA NA VIVENDA UNIDADE 7: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO, EVACUACIÓN E ACONDICIONAMENTO UNIDADE 8: INTRODUCIÓN ÓS SISTEMAS PNEUMÁTICOS E HIDRÁULICOS UNIDADE 9: A TECNOLOXÍA E O SEU DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO Deseguido, desenvólvese a programación de cada unha das 9 unidades didácticas en que foron organizados e secuenciados os contidos deste curso. En cada unha delas sinálanse a contribución da unidade ás competencias básicas, obxectivos didácticos correspondentes, os contidos (conceptos, procedementos e actitudes), contidos transversais e os criterios de avaliación. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
63
TECNOLOXÍA BLOQUE I: ELECTRICIDADE E ELÉCTRÓNICA CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas… Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que favoreceron a evolución social. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Deseñar e construír sistemas eléctricos e electrónicos sinxelos como resposta a problemas concretos.
2.
Saber interpretar esquemas eléctricos e electrónicos e realizar a montaxe a partir destes, utilizando para iso distintos soportes.
3.
Analizar sistemas electrónicos sinxelos para comprender o seu funcionamento, coñecer os compoñentes que os integran e as funcións que realizan.
4.
Coñecer a función e as aplicacións dos distintos circuítos integrados de uso común.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
64
TECNOLOXÍA CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 1: ELECTRICIDADE E CÁLCULO DE CIRCUÍTOS 1.
Modelo atómico e concepto de electricidade.
2.
Magnitudes básicas
3.
Fórmulas de cálculo
4.
Modelo de cálculo de circuítos eléctricos
UNIDADE 2: ELECTRÓNICA ANALÓXICA 1.
Electrónica analóxica: concepto e historia.
2.
Análise dos compoñentes electrónicos básicos
3.
Instrumentos de medida. O polímetro
4.
Resistencias.
5.
Semicondutores
6.
Díodos
7.
Transistores
8.
Condensadores
9.
Relés
10. Circuítos integrados 11. Análises de circuítos elementais UNIDADE 3: ELECTRÓNICA DIXITAL 1.
Introdución á electrónica dixital.
2.
Sistemas de numeración.
3.
Álxebra de Boole, álxebra de conxuntos.
4.
Portas lóxicas
5.
Simplificación de funcións.
6.
Implementación de funcións con portas de todo tipo.
7.
Implementación de funcións con portas NAND ou NOR.
8.
Resolución de problemas lóxicos.
9.
Actividades con circuítos lóxicos.
Procedementos
Identificación de distintos compoñentes electrónicos, así como das súas funcións e a súa simboloxía.
Recoñecemento da entrada, o proceso e a saída nun sistema electrónico.
Realización, a partir dun esquema, de montaxes de circuítos electrónicos, usando resistencias, condensadores, díodos, transistores e circuítos integrados.
Utilización de montaxes xa realizadas para formar bloques como partes integrantes doutros sistemas.
Análise, deseño e aplicación de circuítos dixitais sinxelos.
Simulación de circuítos electrónicos para analizar o seu comportamento.
Emprego de diversas técnicas de montaxe e conexión de circuítos electrónicos.
Uso do polímetro para analizar as características e o estado dos compoñentes electrónicos básicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
65
TECNOLOXÍA
Procura de información sobre distintos circuítos integrados para coñecer a súa función e usalos axeitadamente.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento dos produtos tecnolóxicos de uso común.
Recoñecemento e valoración da importancia da electricidade e a electrónica no ámbito doméstico, escolar e industrial.
Disposición positiva e creativa ante os problemas prácticos e confianza na propia capacidade para acadar resultados útiles.
Respecto polas normas de seguridade na aula de tecnoloxía e concienciación dos riscos que leva consigo o uso da electricidade.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do consumidor No ámbito do consumo de dispositivos electrónicos, os alumnos poderán aprender a diferenciar e valorar distintas características, como dixital-analóxico, fonte de alimentación, etc. Tamén poderán exercitarse na resolución dos pequenos problemas que ás veces levan consigo estes dispositivos, así como no deseño e a construción dos seus propios circuítos simples, en ocasións volvendo empregar compoñentes de aparellos antigos ou inservibles. Educación ambiental Este tema pode tratarse ao comentar a enorme cantidade e variedade de produtos electrónicos que se usan a diario, o seu consumo de enerxía e os produtos de refugallo contaminantes que xeran. Neste sentido, os alumnos poden contribuír activamente á defensa do medio ambiente depositando as pilas gastadas nos lugares apropiados indicados polo profesor ou o centro escolar e reciclando ou volvendo utilizar compoñentes electrónicos. Educación para a igualdade de oportunidades entre ambos os sexos En España, por motivos socioculturais, a electrónica foi ata non fai moito un campo monopolizado polos homes. Con todo, como en tantas outras esferas de actividade, actualmente a presenza da muller no mundo da electrónica deixou de ser anecdótica. Comentar este feito na aula servirá para fomentar unha actitude de igualdade e interese compartido entre os alumnos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Describir o funcionamento, a aplicación e os compoñentes elementais dun sistema electrónico.
2.
Deseñar, simular e montar circuítos electrónicos sinxelos.
3.
Coñecer e utilizar axeitadamente a simboloxía electrónica.
4.
Identificar os bloques de entrada, saída e proceso nun sistema electrónico, e montar circuítos a partir dos mesmos.
5.
Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole.
6.
Relacionar formulacións lóxicas con procesos técnicos e resolver problemas tecnolóxicos sinxelos mediante portas lóxicas.
7.
Traballar con orde e respectar as normas de seguridade e hixiene, debido aos riscos que implica a manipulación de aparellos eléctricos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
66
TECNOLOXÍA BLOQUE II: CONTROL E ROBÓTICA CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas… Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que favoreceron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. Desenvolver calidades persoais como a iniciativa, o espírito de superación, a perseveranza ante as dificultades, a autonomía e a autocrítica. OBXECTIVOS 1.
Coñecer os principios, os elementos e as aplicacións básicas dos distintos sistemas de control: electromecánicos, electrónicos e programados.
2.
Utilizar o ordenador como parte integrante dos sistemas de control: analizando as características do sistema que se vai a controlar e o intercambio de sinais analóxicos e dixitais entre este e o ordenador, coñecendo as características da interface ou a controladora que permite ao ordenador comunicarse co exterior e elaborando o programa de control.
3.
Empregar os coñecementos adquiridos durante o curso para deseñar, planificar e construír un robot con elementos mecánicos, eléctricos e electrónicos, que incorpore sensores para conseguir información da contorna e reaccione segundo os datos obtidos polos mesmos.
4.
Analizar e valorar criticamente a influencia do uso das novas tecnoloxías, a automatización de procesos e o desenvolvemento de robots sobre a sociedade.
5.
Desenvolver interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, xerando iniciativas de investigación e de procura e elaboración de novas realizacións tecnolóxicas.
CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 4: CONTROL E ROBÓTICA
Sistemas de control. Tipos. Realimentación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
67
TECNOLOXÍA
Sensores. Tipos, características e utilización en sistemas de control. Control electromecánico. Leva, final de carreira e relé. Control electrónico. Transistores. Comparadores. Control por ordenador. Entrada e saída de datos. Sinais analóxicos e dixitais. Programación. Robots. Arquitectura. Programación de robots.
Procedementos
Análise, deseño e montaxe de sistemas electromecánicos de control. Análise, deseño, simulación e montaxe de automatismos controlados mediante circuítos electrónicos. Realización de programas de ordenador que permitan obter datos do exterior e activar distintos dispositivos de saída. Elaboración de diagramas de fluxo e programas de control de robots, simulando o seu funcionamento mediante ordenador, obtendo datos de distintos sensores e proporcionando, a partir destes datos, o sinal axeitado para os actuadores. Montaxe dun robot que incorpore varios sensores e reaccione ante os datos proporcionados por estes.
Actitudes
Predisposición a investigar e coñecer distintos automatismos, tratando de analizar o seu funcionamento, control e manexo. Curiosidade por automatizar procesos mediante o ordenador. Inquietude por coñecer e aplicar as distintas linguaxes de control. Valoración da importancia do uso do vocabulario axeitado e das normas e a simboloxía establecidas, para manter unha comunicación eficaz. Valoración da importancia crecente dos sistemas automáticos ou de control que faciliten a vida das persoas.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación para a igualdade de oportunidades de ambos os sexos É necesario potenciar o interese das alumnas pola tecnoloxía, fomentando que teñan posicións activas, que asuman a dirección de grupos de traballo e evitando que se formen grupos de mozos e mozas por separado. Desgraciadamente, segue sendo certo, quizá por tradición cultural, que as alumnas abandonan a idades temperás esta materia e que perden así importantes oportunidades para o futuro (ou, polo menos, condicionándoo). CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Analizar sistemas automáticos, describir os seus compoñentes e montar automatismos sinxelos.
2.
Utilizar sensores en sistemas automáticos para adquirir información da contorna. Describir e clasificar distintos tipos de sensores.
3.
Deseñar e construír un robot ou sistema automático que sexa capaz de manter o seu funcionamento en función da información que recibe da contorna.
4.
Analizar e desenvolver programas informáticos para controlar sistemas automáticos.
5.
Utilizar simuladores informáticos para verificar e comprobar o funcionamento dos sistemas automáticos, robots e programas de control deseñados.
6.
Utilizar o ordenador como ferramenta de adquisición e interpretación de datos, e como realimentación doutros procesos cos datos obtidos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
68
TECNOLOXÍA BLOQUE III: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. INTERNET CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de decisións. OBXECTIVOS 1.
Saber que é unha rede de comunicación, nomear e describir os tipos de sinal empregados.
2.
Clasificar e distinguir os sistemas de comunicación e os medios de comunicación empregados.
3.
Describir un sistema de telefonía con fíos e un sistema telegráfico.
4.
Analizar o espectro radioeléctrico e a súa distribución.
5.
Describir un sistema de comunicación vía satélite e coñecer as súas características.
6.
Describir un sistema de telefonía móbil e os seus tipos e características.
7.
Comprender a función dos distintos elementos que interveñen nun sistema de radio. Describir os tipos de modulación.
8.
Describir como funciona un sistema de televisión e como se representan as imaxes segundo o tipo de receptor.
9.
Valorar os posibles efectos das radiacións electromagnéticas sobre a saúde e establecer pautas de comportamento axeitadas.
10. Coñecer as funcións dun protocolo de rede e as formas de control e protección de datos. 11. Comprender basicamente o funcionamento da Internet. 12. Obter un coñecemento básico do protocolo TCP/IP. 13. Ser capaz de estudar e elixir a opción de conexión á Internet máis axeitada ás necesidades de cada usuario (desde a elección do provedor ata o tipo de conexión máis apropiado). 14. Coñecer as necesidades e as prestacións de cada tipo de conexión, así como os pasos necesarios para a súa instalación e configuración. 15. Coñecer os pasos necesarios para configurar unha conexión WIFI.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
69
TECNOLOXÍA CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 5: TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN. A INTERNET
Comunicación con e sen fíos. Transmisión de sinais eléctricos. Medios de comunicación con fíos: cable de pares, cable coaxial e cable de fibra óptica. O sistema telegráfico. O sistema telefónico. Medios de comunicación sen fíos: o espectro radioeléctrico. Propiedades da radiación electromagnética. Bandas de frecuencia e aplicacións. Repartición do espectro. Requisitos de largo de banda dos sistemas de comunicacións típicos. Comunicación vía satélite: elementos, satélites. O sistema de posicionamento global (GPS). A telefonía móbil, características principais. A radio. Emisor e receptor. Modulación AM e FM. Funcionamento. A televisión. Fundamentos. Receptores de televisión. Medios televisivos. Efectos das radiacións electromagnéticas na saúde. Transmisión de datos: control e protección. Características dun protocolo de comunicación. Concepto de ISP, dirección IP, nome de dominio e DNS. O protocolo TCP/IP. Pasos que se deben seguir para conectar un ordenador á Internet. Conexións á Internet: RTB, RDSI, ADSL, cable, vía teléfono móbil, PDA, vía satélite, pola rede eléctrica e mediante redes sen fíos. Características principais dos distintos tipos de conexión. Configuración dunha conexión WIFI.
Procedementos
Elaboración dun estudo histórico das distintas formas de comunicación, valorando a evolución do alcance, o tempo necesario, a cantidade de información e a súa área de influencia. Montaxe dun sistema de comunicacións sinxelo (telégrafo) identificando as partes do sistema e a súa función. Realización dun estudo comparativo dos distintos medios físicos de transmisión, valorando as súas características en canto a ruído, largo de banda, custo e aplicacións. Procura de información sobre o espectro do son (incluíndo os sons emitidos polos instrumentos musicais, os animais e polo ser humano). Relación coa largo de banda empregada en telefonía e radiodifusión. Descrición dun sistema de telefonía e de televisión mediante un diagrama de bloques. Montaxe dun emisor e receptor de AM e identificación dos distintos bloques. Comparación cun sistema de FM. Elaboración dunha lista de dispositivos que emiten radiacións electromagnéticas, os seus posibles efectos sobre a saúde e as medidas de precaución que se poden tomar. Investigación sobre as ofertas dos distintos provedores de acceso. Coñecemento do procedemento para dar de alta unha conexión á Internet. Procura das direccións IP de dominios coñecidos. Descrición e análise da conexión da rede da aula. Obtención de todo tipo de información relacionada coa unidade mediante buscadores. Análise da configuración do ordenador. Configuración dun ordenador para unha conexión á Internet. Configuración dunha pequena rede co fin de conectala á Internet.
Actitudes
Mantemento dunha actitude aberta e flexible ao explorar e desenvolver novas ideas. Interese por coñecer os principios científicos que explican o funcionamento dos obxectos técnicos. Contribución a manter unha contorna agradable e ordenada na aula. Perseveranza ante as dificultades. Valoración dos efectos do progreso tecnolóxico e desenvolvemento de hábitos en consonancia. Interese por coñecer o funcionamento da Internet. Valoración das vantaxes de coñecer as distintas formas de conexión à Internet. Disposición á observación e o estudo da configuración de equipos e redes informáticos. Valoración do impacto da Internet nas sociedades modernas. Valoración da contribución da Internet á mellora da vida das persoas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
70
TECNOLOXÍA
Toma de conciencia sobre o uso e abuso da Internet. Respecto polas opinións dos demais usuarios.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación moral e cívica Esta unidade permite chamar a atención sobre a importancia de desenvolver a capacidade de exercer, de xeito crítico e no marco dunha sociedade plural, a liberdade, o respecto e a solidariedade a través da comunicación nas súas diferentes formas. Educación do consumidor Cos contidos desta unidade preténdese que os alumnos sexan conscientes de que, moitas veces, a publicidade e as ofertas son capaces de xerar necesidades que non son tais, como acontece no caso dos teléfonos móbiles. Educación para a saúde Cómpre que os alumnos comprendan que o uso abusivo do teléfono móbil pode chegar a crear adicción, así como outros problemas de saúde derivados do efecto das radiacións electromagnéticas sobre o sistema nervioso. Educación para a igualdade de oportunidades entre ambos os sexos É necesario que tanto os alumnos como as alumnas se involucren nas tarefas de conexión e configuración dos accesos á Internet. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Representar un sistema de telefonía con fíos cos distintos elementos que interveñen (terminal telefónico, diferentes medios de transmisión e centrais de conmutación) utilizando algúns conceptos asociados, como largo de banda e as formas de transmisión.
2.
Ser capaz de interpretar textos sobre o espectro radioeléctrico como recurso limitado, a necesidade de repartir as frecuencias para o seu uso e as características xerais de propagación.
3.
Describir un sistema de radio, recoñecer a necesidade da modulación e amplificación no emisor e indicar os distintos bloques do receptor e a súa función.
4.
Analizar o xeito no que se forman as imaxes na televisión e coñecer as imperfeccións que o noso cerebro aproveita para captalas.
5.
Realizar un esquema do proceso: desde a gravación dunha secuencia ata que esta chega aos nosos receptores.
6.
Coñecer os efectos das radiacións electromagnéticas, que aparellos emiten radiacións, que unidades se empregan para medir estas radiacións e que medidas preventivas poden tomarse.
7.
Construír un dispositivo, a partir dun esquema determinado, capaz de emitir ou recibir ondas electromagnéticas.
8.
Coñecer e comprender diversos conceptos básicos da Internet: provedor, dirección IP, dominio, servidor, protocolo, etcétera.
9.
Describir basicamente o funcionamento da Internet desde as funcionalidades do protocolo TCP/IP.
10. Coñecer os pasos que se deben seguir para conectar un ordenador á Internet. 11. Coñecer os pasos necesarios para dar de alta unha conexión á Internet. 12. Identificar as distintas formas de conexión e as súas características principais. 13. Manexar con soltura o léxico básico da Internet: argot, acrónimos, termos procedentes do inglés, etcétera.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
71
TECNOLOXÍA BLOQUE IV: INSTALACIÓNS NA VIVENDA CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas… Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de decisións. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Identificar e describir o funcionamento dos elementos máis importantes das instalacións básicas da vivenda.
2.
Realizar planos e esquemas técnicos razoando o deseño das instalacións.
3.
Valorar a importancia do uso axeitado das instalacións desde o punto de vista da seguridade e o impacto ambiental.
4.
Coñecer a seguridade e o aforro enerxético das instalacións.
5.
Coñecer as características da arquitectura bioclimática e de domótica da vivenda.
CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 6: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA NA VIVENDA
Xeneración e transporte da corrente eléctrica.
Instalaciós eléctricas de enlace.
Cadro xeral de mando e protección.
Circuíto eléctrico dunha vivenda.
O contador de enerxía eléctrica e o recibo de electricidade.
Instalacións básicas. Prácticas.
UNIDADE 7: INSTALACIÓNS DE SUBMINISTRO, EVACUACIÓN E ACONDICIONAMENTO
Instalacións nas vivendas. Normativa.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
72
TECNOLOXÍA
Instalacións de subministro e evacuación de auga.
Instalacións de calefacción
Instalacións de aire acondicionado
Instalacións de gas
Facturas domésticas: recibos de auga e gas.
Domótica.
Outras instalacións das vivendas e edificios.
Arquitectura bioclimática.
Procedementos
Identificación dos elementos de cada instalación.
Procura de información sobre regulamentación.
Deseño e debuxo de instalacións utilizando a simboloxía axeitada.
Creación dun glosario cos termos técnicos específicos de cada instalación.
Exposición e despezamento dos distintos compoñentes das instalacións.
Actitudes
Interese sobre a distribución e o uso da enerxía no fogar.
Valoración dos problemas ambientais causados polo desbaratamento no uso das instalacións da vivenda.
Interese e actitude activa no respecto das medidas de mantemento e seguridade necesarias.
Disposición ao consumo responsable.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación do consumidor e educación ambiental A reflexión sobre o consumo enerxético e as súas implicacións ambientais debe inducir ao alumnado a comprender a necesidade de utilizar axeitadamente os recursos, fomentando o seu uso intelixente e uns costumes meditados. Educación para a saúde Mediante traballos sobre posibles accidentes provocados polo descoñecemento das normas básicas de seguridade destas instalacións. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a linguaxe técnica e simbólica dos elementos que forman parte das instalacións da vivenda.
2.
Realizar distintos planos de instalacións indicando os elementos máis importantes.
3.
Identificar as instalacións eléctricas interiores dun edificio e dunha vivenda.
4.
Identificar os compoñentes básicos das instalacións de fontanería e saneamento dunha vivenda.
5.
Identificar os compoñentes básicos das instalacións de calefacción dunha vivenda.
6.
Identificar os compoñentes básicos das instalacións de gas interiores dun edificio e dunha vivenda.
7.
Coñecer as normas básicas de seguridade e mantemento das distintas instalacións.
8.
Coñecer as características da arquitectura bioclimática e de domótica da vivenda.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
73
TECNOLOXÍA BLOQUE V: PNEUMÁTICA E HIDRÁULICA CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Coñecer e utilizar o proceso de resolución técnica de problemas e a súa aplicación para identificar e dar resposta a distintas necesidades. Matemática Empregar as ferramentas matemáticas axeitadas para cuantificar e analizar fenómenos, moi especialmente a medición, o uso de escalas, a interpretación de gráficos, os cálculos básicos de magnitudes físicas… Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Aprender a aprender Desenvolver estratexias de resolución de problemas tecnolóxicos mediante a obtención, a análise e a selección de información útil para abordar un proxecto. Autonomía e identidade persoal Fomentar o achegamento autónomo e creativo aos problemas tecnolóxicos, valorando as distintas alternativas e previndo as súas consecuencias. OBXECTIVOS 1.
Coñecer os compoñentes dos circuítos pneumáticos e hidráulicos, e as aplicacións máis habituais nos sistemas industriais.
2.
Comprender as magnitudes e os principios físicos básicos relacionados co comportamento dos fluídos pneumáticos e hidráulicos.
3.
Analizar a constitución e o funcionamento dos elementos que compoñen os sistemas pneumáticos e hidráulicos e a función que realizan no conxunto.
4.
Aprender a mellor forma de usar e controlar os compoñentes destes sistemas e entender as condicións fundamentais que interviñeron no seu deseño e construción.
5.
Empregar os coñecementos adquiridos para deseñar e construír circuítos pneumáticos e hidráulicos sinxelos empregando os recursos gráficos, a simboloxía, o vocabulario e os medios tecnolóxicos axeitados.
6.
Analizar e valorar a influencia do uso das novas tecnoloxías, a automatización de procesos e o desenvolvemento de robots sobre a sociedade.
7.
Desenvolver interese e curiosidade cara á actividade tecnolóxica, xerando iniciativas de investigación e de procura e elaboración de novas realizacións tecnolóxicas.
CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 8: INTRODUCIÓN ÓS SISTEMAS PNEUMÁTICOS E HIDRÁULICOS
Sistemas pneumáticos e hidráulicos: principios, elementos compoñentes, funcionamento e aplicacións básicas.
Exemplos de aplicación en sistemas industriais.
Procedementos
Descrición dos compoñentes básicos dos circuítos pneumáticos e hidráulicos.
Análise da constitución e o funcionamento dos circuítos pneumáticos e hidráulicos de aplicacións reais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
74
TECNOLOXÍA
Deseño de sistemas pneumáticos e hidráulicos utilizando a simboloxía axeitada.
Resolución de circuítos hidráulicos simples mediante a aplicación do principio de Pascal.
Utilización de simuladores no deseño de circuítos básicos empregando a simboloxía específica.
Actitudes
Predisposición a investigar e coñecer distintos automatismos, tratando de analizar o seu funcionamento, control e manexo.
Curiosidade por automatizar procesos mediante o ordenador.
Inquietude por coñecer e aplicar distintas linguaxes de control.
Valoración da importancia do uso do vocabulario axeitado e das normas e a simboloxía establecidas, a fin de manter unha comunicación eficaz.
Valoración da importancia crecente dos sistemas automáticos ou de control que faciliten a vida das persoas.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación ambiental Mediante os contidos desta unidade, os alumnos poden valorar a constitución, o funcionamento e o uso dos sistemas pneumáticos e hidráulicos, aprender a mellor forma de utilizar e controlar os compoñentes destes sistemas e entender as condicións fundamentais que interviñeron no seu deseño e construción. Estes coñecementos, xunto cos adquiridos noutras áreas, permiten analizar e deseñar estes tipos de sistemas, valorando a súa importancia no funcionamento de máquinas de uso cotián e industrial, e as repercusións sociais e ambientais que implican para a sociedade, á vez que asumen, de forma activa, o progreso e a aparición de novas tecnoloxías. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías pneumática e hidráulica.
2.
Resolver problemas relacionados cos principios físicos básicos do comportamento dos fluídos pneumáticos e hidráulicos.
3.
Coñecer os elementos fundamentais que constitúen estes sistemas e describir as súas características e o seu funcionamento básico.
4.
Identificar os diferentes elementos que compoñen os sistemas pneumático e hidráulico e explicar o seu funcionamento e a súa función no conxunto analizando aplicacións habituais.
5.
Utilizar a simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar circuítos coa finalidade de deseñar e construír sistemas pneumáticos e hidráulicos sinxelos capaces de resolver problemas cotiáns.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
75
TECNOLOXÍA BLOQUE VI: TECNOLOXÍA E SOCIEDADE CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Coñecemento e interacción co mundo físico Coñecer e comprender obxectos, procesos, sistemas e contornas tecnolóxicas. Desenvolver destrezas e habilidades para manipular obxectos con precisión e seguridade. Favorecer a creación dunha contorna saudable mediante a análise crítica da repercusión ambiental da actividade tecnolóxica e o fomento do consumo responsable. Tratamento da información e competencia dixital Manexar a información nos seus distintos formatos: verbal, numérico, simbólico ou gráfico. Utilizar as tecnoloxías da información con seguridade e confianza para obter e reportar datos e para simular situacións e procesos tecnolóxicos. Localizar, procesar, elaborar, almacenar e presentar información co uso da tecnoloxía. Comunicación lingüística Adquirir o vocabulario específico para comprender e interpretar mensaxes relativas á tecnoloxía e aos procesos tecnolóxicos. Utilizar a terminoloxía axeitada para redactar informes e documentos técnicos. Social e cidadá Preparar a futuros cidadáns para a súa participación activa na toma fundamentada de decisións. Explicar a evolución histórica do desenvolvemento tecnolóxico para entender os cambios económicos que favoreceron a evolución social. Desenvolver habilidades para as relacións humanas que favorezan a discusión de ideas, a xestión de conflitos e a toma de decisións baixo unha actitude de respecto e tolerancia. OBXECTIVOS 1.
Descubrir e comprender a relación existente entre a evolución histórica da tecnoloxía e o desenvolvemento da historia da humanidade.
2.
Coñecer os fitos fundamentais na historia da tecnoloxía.
3.
Saber cales foron as tecnoloxías que deron lugar a cambios nos modelos sociais.
4.
Caracterizar os modelos de sociedade desde a Prehistoria ata os nosos días nas súas facetas social, enerxética, económica, laboral e tecnolóxica.
5.
Coñecer a evolución dalgúns obxectos técnicos.
6.
Recordar o concepto de desenvolvemento sostible e as políticas necesarias para levalo a cabo.
7.
Concienciar sobre todos os aspectos relacionados coas materias primas e os recursos naturais.
CONTIDOS
Conceptos UNIDADE 9: A TECNOLOXÍA E O SEU DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO
Significado de ciencia, técnica e tecnoloxía.
Principais vías do desenvolvemento tecnolóxico.
Períodos tecnolóxicos: azar, artesán e enxeñeril.
Fitos fundamentais na historia da tecnoloxía. Localización histórica dos mesmos.
Caracterización dos modelos sociais, tecnoloxías que marcan os distintos períodos.
Relación da tecnoloxía co modelo social.
Evolución dos obxectos tecnolóxicos.
Concepto e necesidade da normalización.
Aproveitamento de materias primas e recursos naturais.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
76
TECNOLOXÍA
Desenvolvemento sostible.
Procedementos
Identificación das diferenzas entre ciencia, técnica e tecnoloxía.
Investigación bibliográfica e a través da Internet de momentos históricos.
Análise histórica dos distintos modelos sociais.
Investigación sobre a evolución dos obxectos tecnolóxicos.
Análise das políticas para o desenvolvemento sostible.
Incorporación da análise histórica á análise de obxectos.
Actitudes
Interese sobre a historia da tecnoloxía.
Valoración dos aspectos sociais e económicos do desenvolvemento tecnolóxico.
Curiosidade sobre a evolución dos obxectos tecnolóxicos.
Disposición a un emprego solidario e responsable dos medios tecnolóxicos actuais.
Toma de conciencia ante a deterioración do medio ambiente e o esgotamento dos recursos naturais.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Educación moral e cívica Os contidos desta unidade resultan idóneos para fomentar o uso dos obxectos tecnolóxicos entre os alumnos e alumnas, desde actitudes de respecto cara aos demais (apagar os móbiles nos sitios nos que non está permitido o seu uso, moderar o volume da música, etcétera). Educación ambiental e do consumidor Convén incidir en comportamentos como a utilización de produtos que non produzan unha deterioración ambiental, xa sexa debido á súa forma de produción ou ao seu consumo, e a redución do gasto enerxético mediante a adopción de medidas de aforro e a reeducación dos costumes consumistas CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Identificar as distintas fases históricas da tecnoloxía.
2.
Coñecer os fitos fundamentais do desenvolvemento tecnolóxico.
3.
Valorar a implicación do desenvolvemento tecnolóxico nos cambios sociais e laborais.
4.
Realizar unha análise completa, incluíndo a evolución histórica, dalgúns obxectos tecnolóxicos.
5.
Valorar as posibilidades dun desenvolvemento sostible e os criterios que deben adoptarse desde un punto de vista enerxético e ambiental á hora de levar a cabo a actividade tecnolóxica.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
77
TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
78
TECNOLOXÍA ESTRUTURA DA MATERIA: UNIDADE 1: OS SISTEMAS OPERATIVOS UNIDADE 2: AS REDES E A SÚA SEGURIDADE UNIDADE 3: FOTOGRAFÍA DIXITAL UNIDADE 4: AUDIO E VÍDEO DIXITAL UNIDADE 5: PRESENTACIÓN DE CONTIDOS UNIDADE 6: PUBLICACIÓN DE CONTIDOS NA WEB UNIDADE 7: INTERNET E COMUNIDADES VIRTUAIS UNIDADE 8: COMERCIO ELECTRÓNICO E FRAUDE NA REDE UNIDADE 9: UN MUNDO DE DESCARGAS
TEMPORALIZACIÓN: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: OS SISTEMAS OPERATIVOS UNIDADE 2: AS REDES E A SÚA SEGURIDADE UNIDADE 3: FOTOGRAFÍA DIXITAL 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 4: AUDIO E VÍDEO DIXITAL UNIDADE 5: PRESENTACIÓN DE CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 6: PUBLICACIÓN DE CONTIDOS NA WEB UNIDADE 7: INTERNET E COMUNIDADES VIRTUAIS UNIDADE 8: COMERCIO ELECTRÓNICO E FRAUDE NA REDE UNIDADE 9: UN MUNDO DE DESCARGAS Deseguido, desenvólvese a programación de cada unha das 9 unidades didácticas en que foron organizados e secuenciados os contidos deste curso. En cada unha delas sinálanse a contribución da unidade ás competencias básicas, obxectivos didácticos correspondentes, os contidos (conceptos, procedementos e actitudes), contidos transversais e os criterios de avaliación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
79
TECNOLOXÍA UNIDADE 1: OS SISTEMAS OPERATIVOS CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Empregar aplicacións de procesamento de textos para diferentes finalidades educativas. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Matemática Usar aplicacións de folla de cálculo para o manexo de técnicas de cálculo e de representación e interpretación de datos. Utilizar aplicacións interactivas que permitan a formulación e a comprobación de hipóteses. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Buscar, obter, rexistrar, analizar e interpretar información sobre os fenómenos sociais e históricos. Compartir ideas e opinións a través da participación en redes sociais. Aprender a aprender Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Comprender as funcións dun sistema operativo e a relación existente entre a evolución do hardware e a destes programas.
2.
Manexar con soltura as principais ferramentas e opcións de configuración dos sistemas operativos Windows e Linux.
3.
Entender a filosofía do software libre e coñecer os traballos que se realizan na súa comunidade autónoma en relación coa distribución de versións propias de Linux.
4.
Manexar as unidades de almacenaxe e diferenciar a súa estrutura física da súa estrutura lóxica.
5.
Adquirir hábitos saudables e de seguridade no manexo dos equipos informáticos.
6.
Profundar no manexo de aplicacións informáticas.
CONTIDOS
Conceptos
Definición de sistema operativo, funcións e historia.
Windows XP. Contorno de traballo, manexo e principais utilidades. O intérprete de comandos.
Distribucións Linux en España.
Linux Ubuntu. Contorno de traballo, manexo e principais utilidades.
Estrutura física e lóxica da almacenaxe da información.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
80
TECNOLOXÍA
Consellos de seguridade e hixiene no ordenador.
Ferramentas avanzadas do procesador de textos, a folla de cálculo e a base de datos.
Procedementos
Análise dos fitos históricos na evolución dos equipos informáticos e os seus sistemas operativos.
Realización de operacións básicas en Windows desde o contorno gráfico e desde o intérprete de comandos.
Utilización de Internet como ferramenta de busca de información e resolución de actividades.
Manexo dunha distribución Linux no ordenador persoal desde disco duro particionado ou desde LiveCD.
Realización dun correcto particionado e formatado de unidades de almacenaxe.
Elaboración de documentos ofimáticos con certa complexidade empregando ferramentas de libre distribución.
Actitudes
Interese por coñecer a orixe dos actuais sistemas informáticos.
Confianza na relación de tarefas básicas e tarefas de configuración cos sistemas operativos.
Disposición favorable á utilización de sistemas operativos e aplicacións de libre distrib ución como alternativa ao uso fraudulento das aplicacións comerciais.
Curiosidade por coñecer as iniciativas de software libre propostas polas distintas comunidades autónomas.
Interese por poñer en práctica as suxestións e consellos relativos á saúde e á s eguridade no uso dos ordenadores.
CONTIDOS TRANSVERSAIS O estudo dos distintos sistemas operativos existentes no mercado aporta ao alumno criterios de selección como consumidor responsable. O uso de software libre fronte ao software comercial instalado de forma fraudulenta concienciará os alumnos sobre a importancia do consumo responsable e legal. Un aspecto importante relacionado coa utilización dos equipos informáticos é o consumo enerxético, e durante o desenvolvemento desta unidade daranse ferramentas ao alumno para promover o aforro enerxético. A implantación dos ordenadores na vida laboral e no tempo de lecer fai que os usuarios pasen moito tempo fronte ao ordenador cos conseguintes problemas de saúde que isto pode supoñer. Podemos resaltar a epígrafe da unidade dedicada a dar unha serie de consellos relacionados coa saúde e coa seguridade no manexo dos ordenadores persoais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a definición e principais funcións dos sistemas operativos.
2.
Investigar a evolución histórica dos ordenadores e do microprocesador.
3.
Realizar tarefas sinxelas de instalación e configuración de Windows.
4.
Realizar tarefas sinxelas de instalación e configuración de Linux Ubuntu.
5.
Diferenciar os compoñentes dunha distribución Linux.
6.
Explicar os principios da filosofía do software libre.
7.
Diferenciar os distintos tipos de particións dunha unidade de almacenaxe.
8.
Realizar correctamente documentos ofimáticos con ferramentas avanzadas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
81
TECNOLOXÍA UNIDADE 2: AS REDES E A SÚA SEGURIDADE CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Compartir ideas e opinións a través da participación en redes sociais. Aprender a aprender Acceder e interaccionar en contornos virtuais de aprendizaxe. Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Aplicar técnicas básicas de configuración, mantemento e mellora do funcionamento dun ordenador.
2.
Distinguir os distintos tipos de conexións entre dispositivos, adquirindo as capacidades para realizar estas conexións por si mesmos.
3.
Manexar as aplicacións en rede que permiten compartir ficheiros, carpetas e periféricos, valorando a utilidade destas ferramentas.
4.
Adoptar as condutas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e do propio individuo no traballo en rede e no ordenador local.
5.
Valorar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación para compartir datos e periféricos.
CONTIDOS
Conceptos
Redes Informáticas. Tipos de redes. Topoloxías básicas.
Conexións de rede. Dispositivos físicos e a súa configuración.
Redes sen fíos. Configuración e seguridade.
Ferramentas e configuración para compartir carpetas, ficheiros e dispositivos.
Seguridade activa e pasiva en sistemas informáticos. Ameazas á integridade dos equipos. Software malicioso.
Ferramentas de seguridade. Antivirus, cortalumes, antispam e antiespías.
Tecnoloxías de conexión entre dispositivos móbiles. Infravermellos e bluetooth.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
82
TECNOLOXÍA Procedementos 57. Creación de redes locais e configuración dun ordenador para acceder a unha rede local con distintos sistemas operativos. 58. Creación de grupos de usuarios e cambio dos permisos de acceso á rede. 59. Utilización de Internet como ferramenta de busca de información e resolución de actividades. 60. Instalación de dispositivos de hardware compartido por rede local. 61. Descarga e instalación de software gratuíto como defensa ante ameazas informáticas. 62. Transmisión de datos entre dispositivos móbiles con tecnoloxía bluetooth e infravermellos.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento dunha rede local e pola montaxe dunha rede propia.
Confianza na realización de tarefas de configuración dos dispositivos dunha rede.
Disposición á utilización de aplicacións de libre distribución como alternativa ao us o fraudulento das aplicacións comerciais.
Valorar a adopción de condutas de seguridade activa e pasiva. Aplicar medidas de control sobre correo masivo e outras ameazas de Internet.
Predilección polo uso de software legal, recorrendo antes a ferramentas gra tuítas que á instalación de software ilegal.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Calquera pequena tarefa que realizamos para configurar unha rede doméstica pode supoñer o custo dun técnico de non termos a certeza de que o que estamos a facer é o correcto. Pola contra, de sabermos configurar correctamente o noso enrutador ADSL ou conectar mediante cable dous dispositivos, evitaremos gastos de persoal especializado e visitas ao noso fogar. É importante coñecer os dispositivos que existen na creación de redes e os distintos tipos de redes existentes. Por outro lado, a tecnoloxía existente na actualidade creou novos perigos e posibilidades de fraude; o coñecemento dos perigos existentes na rede e do software malicioso permitiranos tomar medidas de prevención e protección para manter a salvo os nosos equipos informáticos e os nosos datos persoais. A electrónica de consumo converteuse na principal opción de gasto para as familias e os mozos da nosa sociedade. Todos queremos posuír o derradeiro gadget (teléfono móbil, cámara fotográfica, PDA, consola, etc.), aínda que non entendamos ben as súas funcións. O estudo desta unidade axuda a comprender un pouco mellor algunhas das características que ofrecen estes aparellos (Wifi, bluetooth, infravermellos, conexión de rede, etc.) e converter os alumnos en consumidores un pouco máis responsables, xa que coñecen mellor o que queren adquirir e poden cuestionar se realmente o necesitan. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a definición e principais tipos de redes informáticas.
2.
Diferenciar os dispositivos de hardware que forman parte das redes locais.
3.
Realizar tarefas sinxelas de instalación e configuración de redes con e sen fíos en Windows e Linux.
4.
Coñecer o procedemento de conexión e compartición de ficheiros, carpetas e periféricos en rede.
5.
Diferenciar os distintos tipos de ameazas informáticas. Identificación de distintos tipos de software malicioso.
6.
Explicar distintas técnicas de seguridade activa e pasiva.
7.
Coñecer e valorar distintas ferramentas de seguridade como antivirus, cortalumes, antispam e antiespías.
8.
Diferenciar os distintos tipos de conexión sen fíos en dispositivos móbiles.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
83
TECNOLOXÍA UNIDADE 3: FOTOGRAFÍA DIXITAL CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Matemática Usar aplicacións de folla de cálculo para o manexo de técnicas de cálculo e de representación e interpretación de datos. Coñecemento e interacción co mundo físico Obter información cualitativa e cuantitativa que axude a resolver problemas sobre o espazo físico. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Social e cidadá Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Cultural e artística Acceder ás manifestacións culturais. Expresarse mediante algúns códigos lingüísticos. Aprender a aprender Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes.
2.
Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para os incorporar ás súas propias producións, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual.
3.
Manexar as funcións principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa.
4.
Traballar con soltura con ficheiros de imaxe rasterizada ou mapas de bits, coñecendo as súas principais características e os distintos formatos de almacenaxe.
5.
Recoñecer as propiedades dos ficheiros de imaxe vectorial, as súas aplicacións e os elementos básicos de deseño gráfico.
6.
Coñecer o proceso de produción gráfica e a obtención dos distintos soportes físicos.
7.
Valorar as posibilidades do software libre para o tratamento da imaxe dixital e o gráfico vectorial.
CONTIDOS Conceptos
Periféricos de entrada para a captura de imaxes dixitais. Soportes de almacenaxe.
Características básicas da imaxe dixital. Saturación, luminosidade e brillo. Tamaño e resolución da imaxe dixital.
Imaxe rasterizada e imaxe dixital.
Tratamento básico da imaxe dixital con software libre. Os formatos básicos e a súa aplicación.
Ferramentas básicas do tratamento da imaxe dixital. O traballo con capas e os efectos artísticos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
84
TECNOLOXÍA
Elementos, trazados e figuras xeométricas fundamentais no deseño por ordenador. A cor e a edición gráfica.
Software libre e periféricos para a produción artística.
Arte final e saída a diferentes soportes físicos.
Procedementos 63. Obtención de imaxes dixitais desde unha cámara fotográfica ou desde un escáner. 64. Traspaso de fotografías entre dispositivos. 65. Modificación dos parámetros fundamentais dunha imaxe: cambio de tamaño e recorte dalgunhas zonas. Aplicación de efectos dixitais e retoque dixital da imaxe. 66. Proceso de deseño. Elección de elementos, cores, textos e formas. 67. Instalación do software necesario para a realización das tarefas de retoque e deseño dixital. Actitudes 68. Interese por aplicar os coñecementos para mellorar o traballo coas súas imaxes dixitais. 69. Confianza na realización de tarefas de captura, modificación, almacenaxe e transmisión de ficheiros fotográficos. 70. Disposición á utilización de aplicacións de libre distribución como alternativa ao uso fraudulento das aplicacións comerciais. 71. Gusto pola precisión e o traballo reflexivo para obter resultados de calidade. 72. Busca de recursos libres na rede para os integrar en producións propias. CONTIDOS TRANSVERSAIS Coñecer as principais características técnicas dos distintos dispositivos de imaxe permítenos ter criterio á hora de seleccionar un produto e evitar que nos inflúan as operacións de márketing. Con frecuencia mercamos produtos sen coñecer en profundidade os seus datos técnicos e desaproveitamos todas as posibilidades que nos ofrecen. O estudo desta unidade aportará aos alumnos numerosa información para obter un mellor rendemento de produtos tales como cámaras fotográficas, teléfonos móbiles ou dispositivos MP4. Ao igual que no resto das unidades deste libro, as tarefas e explicacións realizáronse empregando software libre e gratuíto, sobre todo os programas Gimp e Inkscape. Concienciar o alumno sobre a ilegalidade do uso de software comercial sen a correspondente licenza, dándolle a coñecer outras alternativas gratuítas, contribúe á formación en valores do individuo. O pulo dado á utilización da imaxe dixital en soportes informáticos redunda nunha concienciación ambiental, posto que se evita a impresión en papel de todos os documentos que se manexan. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as principais características dos dispositivos de captura de imaxes.
2.
Diferenciar os dispositivos de almacenaxe das imaxes dixitais.
3.
Comprender e saber explicar os parámetros básicos dunha imaxe dixital.
4.
Recoñecer os principais formatos de ficheiros de fotografía dixital, a súa extensión e as súas características.
5.
Manexar con soltura as ferramentas básicas de edición de fotografía dixital.
6.
Diferenciar as características dunha imaxe vectorial das dunha imaxe de mapa de bits.
7.
Coñecer os elementos básicos do deseño dixital e manexar as ferramentas para os crear.
8.
Coñecer as fases do proceso de deseño e a arte final.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
85
TECNOLOXÍA UNIDADE 4: AUDIO E VÍDEO DIXITAL CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Matemática Usar aplicacións de folla de cálculo para o manexo de técnicas de cálculo e de representación e interpretación de datos. Coñecemento e interacción co mundo físico Empregar aplicacións de simulación que permiten observar e comprender mellor os fenómenos físicos. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Buscar, obter, rexistrar, analizar e interpretar información sobre os fenómenos sociais e históricos. Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Cultural e artística Acceder ás manifestacións culturais. Expresarse mediante algúns códigos lingüísticos. Aprender a aprender Acceder e interaccionar en contornos virtuais de aprendizaxe. Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Coñecer as principais características do audio dixital e os distintos formatos ou tipos de ficheiros existentes. Realizar capturas e gravacións de sons desde diversas fontes. Editar ficheiros de audio.
2.
Comprender e manexar ferramentas do vídeo dixital e os distintos tipos de formato existentes.
3.
Comprender e manexar ferramentas que posibiliten todo o proceso de captura, edición e montaxe de fragmentos de vídeo con audio e gravalos en soporte físico.
4.
Coñecer e saber explicar que son as aplicacións multimedia interactivas e poñer exemplos das mesmas.
5.
Utilizar correctamente e de forma legal os programas de intercambio de ficheiros multimedia.
CONTIDOS Conceptos
Captura de son e vídeo a partir de diferentes fontes.
Características e formatos do son dixital.
Edición de audio e efectos de son.
Características e formatos do vídeo dixital.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
86
TECNOLOXÍA
Edición de vídeo dixital e montaxe de audio e vídeo para a creación de contidos multimedia .
Edición e creación de menús DVD. Exportación a medios físicos das producións dixitais.
Aplicacións multimedia interactivas.
Redes de intercambio de ficheiros multimedia.
Procedementos
Realización de capturas e gravación de sons con ferramentas multimedia sinxelas.
Realización de cálculos que xustifiquen o tamaño das producións de audio e vídeo.
Modificación dos parámetros fundamentais dos ficheiros de son aplicando efectos dixitais.
Localización de elementos multimedia libres para seren empregados nas producións propias.
Práctica de todo o proceso de creación multimedia, desde a captura do vídeo, a edición e a composición ata a saída a soportes físicos.
Actitudes
Interese por aplicar os coñecementos para mellorar o traballo coas súas prod ucións multimedia.
Confianza na realización de tarefas de captura, modificación, almacenaxe e transmisión de ficheiros de audio e vídeo.
Disposición á utilización de aplicacións de libre distribución como alternativa ao uso fraudulento das aplicacións comerciais.
Gusto pola precisión e o traballo reflexivo para obter resultados de calidade.
Busca de recursos libres na rede para integrar en producións propias.
Análise e creación dunha opinión ante o uso de programas de intercambio de ficheiros para cometer actos de pirataría e infracción dos dereitos de autor.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Vivimos nunha sociedade multimedia na que as mensaxes que mellor captan a atención dos consumidores son aquelas que utilizan a imaxe en movemento e o audio. Unha vez proporcionadas ao alumno as ferramentas que lle permitan crear as súas montaxes multimedia, este valorará a dificultade do traballo e poderá xulgar mellor as mensaxes audiovisuais que reciba. Actualmente a filosofía imperante entre os usuarios das redes P2P é aquela na que todo vale para conseguir a derradeira película, o último xogo de ordenador ou as cancións dos cantantes favoritos. A conciencia xeral exculpa estas prácticas que infrinxen os dereitos de autor e os usuarios prefiren pensar que non cometen delito ningún para así poder continuar a levar a cabo descargas masivas. Desde o estudo destas redes e da legalidade vixente debemos formar en valores os nosos alumnos e conciencialos do prexuízo que causa este tipo de prácticas. Os alumnos deben formar a súa propia opinión e propoñer solucións ante este grave problema. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer as principais características dos ficheiros de audio. Cálculo de parámetros fundamentais.
2.
Diferenciar os distintos formatos de ficheiros de audio.
3.
Manexar ferramentas básicas de edición de son.
4.
Diferenciar os distintos formatos de ficheiros de vídeo dixital, as súas extensións e características.
5.
Coñecer os distintos dispositivos de captura de vídeo.
6.
Manexar con soltura as ferramentas básicas de captura, edición e produción multimedia.
7.
Diferenciar as distintas fases da produción multimedia manexando ferramentas de autoría DVD e gravar a soporte físico.
8.
Comprender a utilidade das aplicacións multimedia interactivas e poñer exemplos das mesmas.
9.
Coñecer os programas de intercambio de ficheiros e os aspectos legais da súa utilización.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
87
TECNOLOXÍA UNIDADE 5: PRESENTACIÓN DE CONTIDOS CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Empregar aplicacións de procesamento de textos para diferentes finalidades educativas. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Cultural e artística Expresarse mediante algúns códigos lingüísticos. Aprender a aprender Acceder e interaccionar en contornos virtuais de aprendizaxe. Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Integrar a información textual, numérica e gráfica para construír unidades complexas de coñecemento en forma de presentacións electrónicas.
2.
Utilizar as presentacións electrónicas para apoiar discursos en contornos locais ou para ser compartidas pola web.
3.
Manexar con soltura distintas ferramentas de software para elaborar presentacións electrónicas, valorando as vantaxes do uso do software libre fronte ao software comercial.
4.
Utilizar os programas editores de presentacións electrónicas para converter ficheiros dun formato a outro.
CONTIDOS Conceptos
Definición de presentación electrónica, formatos e extensións de ficheiros.
Elementos do contorno de traballo do programa libre OpenOffice.org Impress.
Guión de contidos e traballo previo á elaboración dunha presentación.
Características e formatos do vídeo dixital.
Elementos compoñentes dunha presentación. Deseño de modelos e inserción de obxectos.
Proceso de creación dunha presentación.
Interacción co usuario nas presentacións.
Publicación e formatos de saída das presentacións electrónicas.
Procedementos
Familiarización co contorno de traballo dun programa de presentacións.
Creación de guións previos respectando unhas pautas de deseño.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
88
TECNOLOXÍA
Utilización de modelos preestablecidos para a creación de presentacións.
Localización de elementos multimedia libres para seren empregados nas producións propias.
Creación de presentacións incluíndo elementos textuais, numéricos e gráficos. Animación e publicación das mesmas.
Actitudes
Interese por aplicar os coñecementos á mellora do seu traballo cotián.
Confianza na realización de traballos propios para desenvolver as capacidades de autoaprendizaxe.
Disposición á utilización de aplicacións de libre distribución como alternativa ao uso fraudulento das aplicacións comerciais.
Gusto pola precisión e o traballo reflexivo para obter resultados de calidade.
Busca de recursos libres na rede para os integrar en producións propias.
CONTIDOS TRANSVERSAIS A capacidade de creación de ficheiros para a presentación de contidos pode ser aplicada a todos os aspectos do seu traballo académico e do seu contorno de lecer. A orientación que o profesor pode dar aos alumnos sobre os contidos que deben abordar nos seus traballos de presentación influirá directamente no tratamento de contidos extraacadémicos. Calquera contido transversal poderá ser abordado desde unha presentación electrónica; o profesor pode aproveitar o tema que se vaia a tratar nestas presentacións para profundar en contidos transversais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a utilidade dunha presentación e diferenciar os distintos tipos de ficheiros.
2.
Manexar con soltura software de creación de presentacións.
3.
Aplicar criterios axeitados ao deseño das súas presentacións.
4.
Elaborar modelos de presentacións para seren empregados en novos proxectos.
5.
Integrar correctamente os elementos que forman parte dunha presentación.
6.
Utilizar a animación e a interacción para aumentar a calidade do traballo con presentacións.
7.
Publicar en distintos formatos unha presentación electrónica.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
89
TECNOLOXÍA UNIDADE 6: PUBLICACIÓN DE CONTIDOS NA WEB CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Empregar aplicacións de procesamento de textos para diferentes finalidades educativas. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Compartir ideas e opinións a través da participación en redes sociais. Cultural e artística Acceder ás manifestacións culturais. Expresarse mediante algúns códigos lingüísticos. Aprender a aprender Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Integrar a información textual, numérica e gráfica para elaborar contidos propios e publicalos na Web.
2.
Coñecer e valorar o sentido e a repercusión social das distintas opcións existentes para compartir os contidos publicados na Web e aplicalas cando se difundan as producións propias.
3.
Utilizar medios web que posibiliten a interacción cos usuarios e formatos que permitan a inclusión de elementos multimedia.
4.
Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na Rede para os incorporar ás súas propias producións.
5.
Desenvolver interese por empregar Internet non só como fonte de recursos, senón tamén como expositor das súas ideas, creacións e inquietudes.
CONTIDOS
Conceptos
Funcionamento da World Wide Web.
Creación e publicación na Web.
HTML, a linguaxe estándar. Nocións básicas.
PHP, ASP, Java. Outras linguaxes en servidor.
Nocións básicas de deseño dunha páxina web.
Editores web. Follas de estilo. Contorno de traballo de Kompozer.
Integración de elementos multimedia. Streaming.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
90
TECNOLOXÍA
Publicación de páxinas web. Programas clientes FTP.
Accesibilidade da Web.
Procedementos
Familiarización coa linguaxe estándar de creación de contidos web.
Creación de guións previos para organizar o funcionamento dunha páxina web.
Utilización de criterios de deseño para a creación dos seus proxectos.
Análise das vantaxes e desvantaxes da creación de páxinas web dinámicas.
Creación de páxinas web persoais e inclusión de elementos multimedia nelas.
Manexo de programas FTP e modificación de ficheiros de servidor.
Actitudes
Interese por aplicar os coñecementos á mellora do seu traballo cotián.
Confianza na realización de traballos propios para desenvolver as capacidades de autoaprendizaxe.
Disposición á utilización de aplicacións de libre distribución como alternativa ao uso fraudulento das aplicacións comerciais.
Inquietude por coñecer o funcionamento básico da Web.
Gusto pola precisión e o traballo reflexivo para obter resultados de calidade.
Busca de recursos libres na Rede para os integrar en producións propias.
Interese por aplicar criterios de accesibilidade ás súas producións.
CONTIDOS TRANSVERSAIS A capacidade de creación de ficheiros para a publicación de contidos na Web pode ser aplicada a todos os aspectos do seu traballo académico e do seu contorno de lecer. A orientación que o profesor pode dar aos alumnos sobre os contidos que deben abordar nos seus traballos influirá directamente no tratamento de contidos transversais. O coñecemento de técnicas para a creación de páxinas web, así como a capacidade para se desenvolver na era das comunicacións, dotará os alumnos de ferramentas e criterios para optimizar o seu papel de consumidores, fomentar a igualdade entre sexos e profundar noutros coñecementos transversais. Calquera contido transversal poderá ser abordado á hora de crear unha páxina web; o profesor pode aproveitar o tema que se vaia a tratar nestas actividades para profundar en contidos transversais. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a terminoloxía básica e o funcionamento da World Wide Web.
2.
Manexar de forma moi básica a linguaxe HTML.
3.
Aplicar criterios axeitados ao deseño das súas páxinas web.
4.
Manexar con soltura software sinxelo de edición web.
5.
Publicar contidos e xestionar un sitio web constituído por varias páxinas enlazadas.
6.
Desenvolver contidos para a rede aplicando estándares de accesibilidade na publicación da información.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
91
TECNOLOXÍA UNIDADE 7: INTERNET E COMUNIDADES VIRTUAIS CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Empregar aplicacións de procesamento de textos para diferentes finalidades educativas. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Compartir ideas e opinións a través da participación en redes sociais. Acceder a servizos relacionados coa administración dixital nas súas diversas facetas. Aprender a aprender Acceder e interaccionar en contornos virtuais de aprendizaxe. Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Integrar a información textual, numérica e gráfica para elaborar contidos propios e publicalos na Web utilizando servizos de bitácoras, foros e páxinas wiki.
2.
Coñecer e valorar o sentido e a repercusión social das diversas maneiras de compartir os contidos publicados na Web e aplicalas cando se difundan as producións propias.
3.
Comprender o funcionamento de Internet e valorar a repercusión social da súa utilización.
4.
Utilizar os servizos da Web 2.0 que permiten interaccionar co usuario e realizar numerosas tarefas con independencia do equipo local desde o que se traballe.
5.
Desenvolver interese por empregar Internet non só como fonte de recursos, senón tamén como expositor das súas ideas, creacións e inquietudes.
CONTIDOS
Conceptos
Historia e fundamento técnico da rede Internet.
Protocolo TCP/IP.
A información e comunicación como elementos transformadores do contorno social. Internet en España e no mundo.
Utilización das comunidades virtuais. Mundos virtuais, chatrooms, foros, bitácoras, wikis e redes sociais.
Utilización de aplicacións remotas. Editor de documentos en Internet.
Servizos da Web. Formación a distancia e emprego.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
92
TECNOLOXÍA Procedementos
Análise dos fitos históricos, xa superados, no desenvolvemento de Internet.
Recoñecemento dos parámetros identificativos dun equipo informático conectado a Internet.
Acceso a un mundo virtual e valoración da súa influencia no contorno social.
Participación e creación de comunidades virtuais mediante conversas, foros, wikis, bitácoras e servizos de mensaxaría instantánea.
Creación do seu propio espazo nunha rede social para participar activamente nela.
Traballo con documentos on-line e incluso con sistemas operativos remotos coa fin de aumentar a independencia dos sistemas operativos locais.
Análise da infinidade de servizos útiles que ofrece Internet aos seus usuarios, como a busca de emprego, a formación a distancia, as compras por Internet ou a comunicación coa Administración.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento de Internet e os servizos que poderá ofrecer no futuro.
Disposición a utilizar os novos servizos que ofrece a Web 2.0 valorando a súa implicación económica.
Valoración da utilización de Internet no noso país e comparala coa doutros países desenvolvidos.
Gusto por empregar os servizos telemáticos axeitados que respondan ás súas necesidades de formación, inserción laboral, lecer, comercio ou relacións coa Administración.
CONTIDOS TRANSVERSAIS O manexo de Internet e a optimización dos servizos que nos ofrece fan que hoxe en día sexa necesario dispoñer dunha conexión de rede para non ficar atrás no referente á sociedade da información. A utilización dos servizos telemáticos que ofrece a Administración, así como das aplicaci óns de busca de emprego, comercio, formación e saúde, son a base dunha sociedade avanzada no uso das tecnoloxías da información. A educación do consumidor concrétase no uso do comercio electrónico, así como na formación en hábitos de seguridade e hixiene que son abordados desde portais relacionados coa saúde. En xeral, podemos dicir que os contidos transversais son tratados complementariamente ao acceder a sitios web que conteñen información sobre eles e non directamente relacionada cos contidos da unidade. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer a terminoloxía básica e o funcionamento de Internet. Protocolos de comunicación.
2.
Definir que é unha comunidade virtual e participar nas súas distintas formas. Crear e xestionar un foro, unha páxina wiki e un blogue. Utilizar correctamente os distintos servizos de mensaxaría instantánea.
3.
Coñecer a terminoloxía utilizada nas distintas comunidades virtuais.
4.
Realizar traballos con documentos remotos.
5.
Comprender o funcionamento e a utilidade dos principais servizos telemáticos de Internet.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
93
TECNOLOXÍA UNIDADE 8: COMERCIO ELECTRÓNICO E FRAUDE NA REDE CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Aprender a aprender Acceder e interaccionar en contornos virtuais de aprendizaxe. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Almacenar e protexer a información mediante contrasinais e conversores.
2.
Coñecer e valorar a importancia de reforzar as condutas de seguridade activa e pasiva para protexer a privacidade do usuario e a súa interacción en Internet.
3.
Comprender o funcionamento de Internet e valorar a repercusión social da súa utilización.
4.
Comprender o funcionamento do comercio electrónico e desenvolver capacidades de interacción neste campo.
5.
Coñecer as principais técnicas de fraude na rede para aplicar pautas de protección contra el.
6.
Utilizar correctamente contrasinais, certificados de usuarios e firma dixital na súa interacción coa rede.
7.
Comprender as diversas licencias de software existentes para seleccionar correctamente os programas que o usuario pode utilizar.
CONTIDOS
Conceptos
Comercio electrónico. Tipos e funcionamento.
Principais técnicas de fraude en Internet.
Claves seguras e encriptación.
Medidas de identificación na rede. Firma dixital, certificados persoais e DNI electrónico.
Tipos de licenza de software e a súa distribución. Creative Commons.
Informática distribuída. Redes cooperativas.
Procedementos
Análise dos distintos tipos de comercio electrónico e comprobación do funcionamento.
Uso de técnicas e programas que identifican e evitan o fraude.
Utilización de claves seguras. Respecto dos consellos sobre claves aportados.
Uso de ficheiros baixo licenza Creative Commons.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
94
TECNOLOXÍA
Utilización consecuente de software baixo distintos tipos de licenza.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento das tendas electrónicas para o ter en conta nas súas futuras compras. Valorar as vantaxes e inconvenientes de comprar por Internet.
Disposición a utilizar os novos servizos que ofrece a Web 2.0 valorando a súa implicación económica.
Valorar a utilización de contrasinais e técnicas que manteñan a seguridade e privacidade do usuario.
Valorar as posibilidades que abre á investigación a utilización de redes de informática distribuída.
CONTIDOS TRANSVERSAIS O principal contido transversal que se aporta nesta unidade é a educación para o consumidor xa que se aborda un novo tipo de comercio, o comercio electrónico. Esta nova forma de comprar debe coñecerse en profundidade para poder ser empregada correctamente e obter o mellor rendemento como consumidor. As prácticas axeitadas para evitar o fraude son imprescindibles para se desenvolver neste mundo das novas tecnoloxías á vez que se protexen os seus datos persoais e as actividades que realice na rede.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
95
TECNOLOXÍA UNIDADE 9: UN MUNDO DE DESCARGAS CONTRIBUCIÓN DO BLOQUEÁ ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS Comunicación lingüística Usar fontes de información e situacións de comunicación diversas para consolidar as destrezas lectoras. Interacción nalgunhas linguas estranxeiras para conseguir un uso funcional das mesmas. Tratamento da información e competencia dixital Converterse en creador e difusor de coñecementos a través da comunicación con outros suxeitos conectados por medio de redes de información. Acceder á información desde múltiples dispositivos e localizacións para seleccionar datos relevantes coa fin de os relacionar cos coñecementos previos e xerar así bloques de compresión máis complexos. Integrar información, reelaborala e producir documentos que poidan ser difundidos en distintos formatos e por diferentes medios. Desenvolver destrezas e actitudes que posibiliten a localización e interpretación da información para empregala, difundila e permitir que todos os individuos e grupos sociais poidan acceder á crecente oferta de servizos da sociedade do coñecemento. Social e cidadá Buscar, obter, rexistrar, analizar e interpretar información sobre os fenómenos sociais e históricos. Acceder en tempo real ás fontes de información que conforman a visión da sociedade. Cultural e artística Acceder ás manifestacións culturais. Expresarse mediante algúns códigos lingüísticos. Aprender a aprender Obter información, transformala en coñecemento propio e comunicar o aprendido aos demais. Autonomía e identidade persoal Adaptarse a un contorno tecnolóxico cambiante. OBXECTIVOS 1.
Utilizar os servizos telemáticos para responder ás súas necesidades de lecer, valorando en que medida cobren estas necesidades e se o fan de maneira apropiada.
2.
Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para os incorporar ás súas propias producións, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual e a conveniencia de recorrer a fontes que autoricen expresamente a súa utilización.
3.
Coñecer e valorar o sentido e a repercusión das diversas alternativas existentes para compartir os contidos publicados na web e aplicalos cando se difundan as producións propias.
4.
Coñecer e utilizar os sistemas de almacenaxe remota que facilitan a súa mobilidade e a independencia dun equipo localizado espacialmente.
5.
Coñecer e utilizar as distintas canles de distribución multimedia e as redes P2P como medio para compartir as súas propias producións.
CONTIDOS
Conceptos
Canles de distribución multimedia. Televisión, vídeo e música por Internet. Streaming e VOD (video on demand).
Descarga directa de contidos. Funcionamento e principais servidores actuais.
Software xestor de descargas. Usos e principais programas.
Almacenaxe remota. Principais sitios web con discos duros virtuais.
Redes P2P. Tipos de redes e utilización dos principais programas clientes.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
96
TECNOLOXÍA Procedementos
Análise dos sitios de lecer e utilización dos servizos que ofrecen.
Uso de aplicacións e tecnoloxías que permitan a difusión das súas propias producións.
Instalación e utilización de software xestor de descargas, valorando e creando a súa propia opinión sobre as vantaxes da súa utilización.
Usos de servizos para almacenaxe remota e servidores de descarga como medio para se independizar dun disco duro local e difundir as súas propias producións.
Análise do funcionamento das distintas redes P2P empregando os programas clientes máis populares.
Actitudes
Interese por coñecer o funcionamento das canles de distribución multimedia en Internet valorando as posibilidades de lecer que ofrece a rede na actualidade.
Gusto pola utilización das tecnoloxías de streaming como medio de difusión das producións propias.
Respecto dos dereitos de propiedade sobre producións multimedia que se atopan na rede adquirindo a cultura da produción libre fronte ao uso ilexítimo das producións comerciais.
Valorar as grandes posibilidades que ofrecen os servizos de almacenaxe remota e os futuros sistemas operativos on-line.
CONTIDOS TRANSVERSAIS Internet é un recurso que, correctamente utilizado, nos axuda a cubrir necesidades de lecer, formación, emprego, etc., mais ten a peculiaridade de que, paralelamente, ofrece servizos menos recomendables sen importar a idade do usuario. A formación sobre a técnica empregada e a educación en v alores axudará os nosos alumnos a saber rexeitar os contidos menos desexables. A facilidade coa que un alumno pode acceder á pornografía na rede, a producións de vídeo pouco desexables e a recursos ilegais pode confundir un adolescente que se está a formar e está a crear os seus propios valores. Desde esta materia e sobre todo nesta unidade referida ao mundo das descargas debemos dar recursos técnicos que permitan ao alumno rexeitar estes contidos en función das súas convicións morais e éticas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1.
Coñecer os principais servizos de lecer que ofrece a rede: televisión, vídeo e música por Internet, empregando con soltura os sitios web máis populares que os ofrecen.
2.
Definir a descarga directa diferenciándoa doutros sistemas de difusión de ficheiros.
3.
Comprender a utilidade dun software xestor de descargas.
4.
Recoñecer un sistema de almacenaxe remota valorando os servizos que ofrece.
5.
Coñecer os distintos tipos de redes P2P e as aplicacións que as empregan.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
97
TECNOLOXÍA
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
98
TECNOLOXÍA ESTRUTURA DA MATERIA: BLOQUE I: RECURSOS ENERXÉTICOS BLOQUE II: O PROCESO E OS PRODUTOS DA TECNOLOXÍA BLOQUE III: MATERIAIS BLOQUE IV: ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS BLOQUE V: PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN
TEMPORALIZACIÓN: 1ª AVALIACIÓN BLOQUE I: RECURSOS ENERXÉTICOS BLOQUE II: O PROCESO E OS PRODUTOS DA TECNOLOXÍA 2ª AVALIACIÓN BLOQUE III: MATERIAIS BLOQUE IV: ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS 3ª AVALIACIÓN BLOQUE V: PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN Deseguido, desenvólvese a programación de cada un dos bloques en que foron organizados e secuenciados os contidos desta materia. En cada un deles sinálanse obxectivos didácticos, os contidos e os criterios de avaliación.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
99
TECNOLOXÍA BLOQUE I: RECURSOS ENERXÉTICOS OBXECTIVOS a) b) c) d) e)
Empregar destrezas de investigación como medio de interpretación de fenómenos, recoñecendo carácter cambiante e de provisionalidade. Comprende-lo significado das magnitudes que interveñen nos fenómenos enerxéticos e de transferencia de enerxía, valorando o papel tecnolóxico que desempeñan en cada caso. Uilizar con autonomía destrezas e estratexias de investigación para planificar deseños experimentais referidos a transferencia ou transformación de enerxía. Estimar o gravame económico que supón, a nivel de nación, o consumo enerxético e motivar a investigación persoal e grupal cara ao uso de enerxías alternativas. Fomentar un sentido de aforro de enerxía como necesidade social de benestar.
CONTIDOS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18.
Concepto de enerxía e as súas manifestacións. Principio de conservación da enerxía. Aplicacións. Fontes de enerxía. Transformacións enerxéticas. Explica-ción e interpretación en casos sinxelos referidos a máquinas de uso frecuente. Descritiva dos combustibles fósiles (carbóns, petróleos, gas natural). Aplicacións industriais. Descritiva das centrais termoeléctricas clásicas. A enerxía nuclear: orixe e aplicacións xerais. Estudo descritivo do reactor nuclear. Centrais nucleares. Riscos e vantaxes. A enerxía de fusión. A enerxía nuclear en España. A enerxía hidráulica. Centrais hidroeléctricas. Vantaxes e inconvenientes. Impacto ambiental. A enerxía hidráulica en España. Presente e futuro. Enerxías alternativas como solución á crise das enerxías tradicionais. Aspectos socioeconómicos da enerxía. Consumo e aforro de enerxía. Proposición de hipóteses diversas acerca dun problema e discusión razoada sobre as súas posibles solucións. Referir o problema a aspectos industriais enerxéticos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1) 2) 3) 4) 5) 6) 7) 8) 9) 10) 11) 12) 13) 14) 15)
Saber cál é a relación entre ciencia, tecnoloxía e técnica, así como a procedencia da terminoloxía científica e tecnolóxica. Coñecer as unidades derivadas e fundamentais, así como a súa equivalencia, en sistemas CGS, SI e sistema técnico. Entender as diferentes formas de manifestarse a enerxía e as leis que as rexen. Comprender como se pode transformar un tipo de enerxía noutra, determinando a máquina empregada e o rendemento obtido. Recoñecer a importancia dun uso racional da enerxía. Valorar o emprego de máquinas cunha alta eficiencia enerxética. Distinguir as enerxías renovables das non renovables, sabendo que vantaxes e inconvenientes ten cada unha. Coñecer, de maneira aproximada, que tipo de enerxías primarias e secundarias se utilizan máis no noso país. Valorar a importancia do uso das enerxías non renovables a pesar dos inconvenientes que supón o seu emprego. Analizar o funcionamento dunha central térmica clásica. Avaliar o impacto medioambiental provocado polo uso de combustibles fósiles. Entender o funcionamento dunha refinería. Coñecer cales son os produtos que se obteñen a partir do petróleo ou cru. Avaliar o uso da enerxía nuclear como fonte de enerxía primaria a pesar dos problemas que ocasiona o seu uso. Aprender a distinguir entre «fusión» e «fisión».
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
100
TECNOLOXÍA
16) Coñecer en que consiste a enerxía hidráulica, así como as diferentes máquinas empregadas para transformar a enerxía hidráulica en mecánica de rotación. 17) Determinar a enerxía e potencia teóricas dunha central hidroeléctrica. 18) Saber cales son os tipos de centrais hidroeléctricas máis utilizados. 19) Recoñecer a importancia das enerxías alternativas como fontes de enerxía secundaria. 20) Concienciar ao alumnado da importancia de empregar colectores para a obtención de enerxía térmica. 21) Diferenciar os distintos sistemas para a obtención de enerxía a partir do sol. 22) Valorar a implantación de máquinas eólicas para a obtención de enerxía. 23) Entender como se pode obter enerxía a partir da biomasa. 24) Admitir a importancia do emprego de máquinas que permitan obter enerxía das ondas, mareomotriz e dos residuos sólidos urbanos. 25) Saber cales serán as posibles enerxías do futuro. 26) Comprender o funcionamento da fusión fría e da pila de hidróxeno. 27) Avaliar a xeración, transporte e distribución de enerxía. 28) Coñecer en que consiste a coxeneración, así como as súa avantaxes e inconvenientes. 29) Analizar o funcionamento de máquinas sinxelas que transformen un tipo de enerxía noutro, determinando o rendemento da instalación. 30) Deseñar modelos optimizados de equipos que transformen un tipo de enerxía noutro. 31) Recoñecer a importancia do emprego de enerxías alternativas na vivenda e de apoio na industria. 32) Aprender a relacionar a forma de enerxía alternativa máis adecuada segundo o lugar onde se desexe colocar a instalación. 33) Determinar o custo enerxético nunha vivenda ou centro docente.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
101
TECNOLOXÍA BLOQUE II: O PROCESO E OS PRODUTOS DA TECNOLOXÍA OBXECTIVOS a) b) c) d) e)
Identificar os elementos e mecanismos que constitúen unha máquina, recoñecendo en cada caso a misión que desempeñan. Relacionar e aplicar as leis da Física aos fundamentos de funcionamento de máquinas térmicas e eléctricas. Recoñecer en situacións diversas o correcto ou non correcto funcionamento dunha máquina térmica ou eléctrica e, dado o segundo caso, achegar solucións. Analizar a composición dunha máquina e determinar a súa potencia e rendemento. Valorar críticamente a necesidade do aforro enerxético e a esixencia de calidade na construción de máquinas.
CONTIDOS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16.
Conceptos xerais referentes a bens e servizos, factores produtivos, mercado e tipos de mercado. Demanda. Lei da demanda. Factores que afectan á de-manda. Oferta. Factores que afectan á oferta. Relación entre oferta e demanda. Os prezos. Prezos de equilibrio. Cantidade de equilibrio. Tipos de mercado e leis que os rexen. sistema produtivo e os factores produtivos. Procesos de deseño e melloras de produtos. Invención, ideas e patentes. Estudos previos para a fabricación de produtos: mercados e capacidade de planta. Desenvolvemento do proxecto e fabricación de produtos. Fases. Produción e organización da produción. Sistemas de produción. Sistemas de comercialización. Diferenzas entre mercado-tecnia e vendas. Política de produtos, de distribución, de prezos e de co-municacións. Esixencia da calidade dos produtos. Controis de calidade. Normalización. Dereitos e deberes do consumidor.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1) 2) 3) 4) 5) 6) 7) 8) 9) 10) 11) 12) 13) 14) 15) 16) 17) 18) 19)
Entender o funcionamento dos mercados socialista, capitalista e mixto. Saber que é a oferta e a demanda e que importancia ten o sistema capitalista. Coñecer que é o prezo de mercado dun produto e quén o establece. Comprender a importancia da empresa como entidade de produción de bens e servizos. Valorar a importancia da tecnoloxía como medio competitivo das empresas. Recoñecer o desenvolvemento industrial e de benestar social que ocasiona o emprego de novas tecnoloxías no mundo industrial e empresarial. Coñecer as fases do sistema produtivo. Saber cales son os diferentes títulos de propiedade industrial en relación coa invención e o recoñecemento público. Distinguir entre maquetas, prototipos e produtos en serie. Recoñecer a importancia da normalización como elemento potenciador de intercambio de produtos. Identificar as diferentes marcas de certificación AENOR. Realizar proxectos técnicos sinxelos, sabendo cales son as súas fases. Representar graficamente o listado de fases e o diagrama de fluxo do proceso de fabricación de obxectos sinxelos. Coñecer os diferentes programas informáticos empregados no deseño, fabricación e análise (simulación e organización dun centro de produción ou fábrica). Recoñecer a importancia dun plano de prevención de accidentes en calquera empresa. Analizar as posibles repercusións medioambientais que pode ocasionar un sistema produtivo determinado, achegando solucións para evitalo ou reducilo. Valorar a importancia do control de calidade dos produtos e procesos industriais. Analizar que procesos sofren os produtos despois de seren fabricados ata que chegan aos consumidores. Entender a importancia da publicidade como medio de dar a coñecer os produtos fabricados.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
102
TECNOLOXÍA
20) Saber cales son os dereitos e deberes dos consumidores.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
103
TECNOLOXÍA BLOQUE III: MATERIAIS OBXECTIVOS a) b) c) d) e) f) g) h) i)
Interpretar, a partires do coñecemento da estrutura da materia, o comportamento e propiedades daqueles materiais frecuentemente utilizados na actividade industrial. Deseñar e elaborar estratexias que conduzan á elección dun determinado material en función das características de calidade que esixa un certo produto. Recoñecer a influencia do tratamento de materiais no desenvolvemento da sociedade actual. Fomentar o uso dun vocabulario adecuado para describir as propiedades, o comportamento e as aplicacio-nes dos diversos materiais utilizados industrialmente. Valorar positivamente a actividade industrial e tecnolóxica como medio de progreso e benestar. Valorar a necesidade do aforro enerxético.
CONTIDOS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28.
Materiais: concepto. Tipos de materiais. Propiedades dos materiais. Propiedades químicas: comportamento fronte á oxidación e á corrosión. Propiedades físicas: densidade, resistencia eléctrica, propiedades térmicas, propiedades magnéticas, propieda-des ópticas. Propiedades mecánicas. Ensaios experimentais para efectuar a súa medida. Influencia das propiedades estéticas e económicas. Propiedades de fabricación: maleabilidade, ductilidade, forxabilidade, maquinabilidade. Criterios para a selección de materiais. Exemplos en casos concretos. Estrutura cristalina dos metais. Disolucións sólidas. Defectos na rede cristalina dun metal. Mecanismos de endurecemento en metais. Tratamentos térmicos, químicos, mecánicos, superficiais. Estudo dos metais ferrosos: ferro e aceiros. proceso siderúrxico. aceiro. Obtención. Tipos de aceiros. Propiedades e aplica-cións. Tratamento dos aceiros. Descritiva e estudo de materiais metálicos non ferrosos (Cu, Sn, Pb, Zn, Al e outros). Aplicacións industriais. Materiais de construción. Concepto, propiedades xerais e tipos. Propiedades industriais dos materiais de construción. Fabricación e destino industrial. A madeira: orixe, propiedades e composición. Clasificación das madeiras. Aplicacións industriais da madeira. Impacto ambiental da industria madeireira. Polímeros. Reaccións de polimerización. Tipos de polímeros e as súas aplicacións industriais. Os materiais plásticos e o medio ambiente. Fibras téxtiles naturais e artificiais: fabricación e propieda-des. Clasificación. Exemplos industriais. Os tecidos. Distintos tipos. Influencia social das fibras téxtiles artificiais.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1) 2) 3) 4) 5) 6)
Recoñecer a importancia do emprego de materiais polo ser humano ao longo da historia. Aprender a clasificar os materiais que se empregan na actualidade, dependendo da materia prima da que proceden. Coñecer as propiedades máis importantes dos materiais. Descubrir a que tipo de esforzo físico se encontra sometida unha parte dun obxecto dependendo das forzas que actúen sobre el. Saber como se poden coñecer algunhas propiedades mecánicas dos materiais, tales como: dureza, fatiga, tracción, compresión e resiliencia.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
104
TECNOLOXÍA 7) 8) 9) 10) 11) 12) 13) 14) 15) 16) 17) 18) 19) 20) 21) 22) 23) 24) 25) 26) 27) 28) 29) 30) 31) 32) 33) 34) 35)
Aprender a elixir un material dependendo da forma que teña o obxecto, esforzos aos que vai estar sometido, condicións externas, etc. Valorar a importancia dun uso racional dos materiais para evitar un deterioro do medio ambiente e un esgotamento prematuro de recursos. Reflexionar sobre a importancia de reducir, reciclar ou tratar os residuos industriais para evitar unha contaminación do medio ambiente. Concienciar ao alumnado da importancia industrial que teñen os metais ferrosos debido ás súas propiedades técnicas e cantidade de aplicacións. Coñecer os minerais de ferro máis empregados na actualidade. Saber como se poden obter produtos ferrosos dependendo de que a materia prima sexa mineral de ferro ou chatarra reciclada. Comprender o funcionamento do forno alto, do convertedor LD e do forno eléctrico. Diferenciar os tipos de coada máis importantes. Entender a utilidade dos trens de laminación. Clasificar os produtos ferrosos atendendo á porcentaxe de carbono e ao feito de que leven ou non elementos de alienación. Recoñecer as formas comerciais dos produtos ferrosos. Aprender como se fabrican as fundicións ferrosas máis importantes. Analizar o impacto medioambiental orixinado na transformación do mineral de ferro e a chatarra en produtos ferrosos acabados. Recoñecer e distinguir os metais non ferrosos máis importantes. Adquirir os coñecementos necesarios para saber que materiais non ferrosos poden resultar máis adecuados para unha aplicación determinada. Coñecer a forma de obtención dos metais non ferrosos máis utilizados para unha aplicación concreta. Establecer as propiedades máis importantes de cada un dos metais non ferrosos. Valorar o impacto medioambiental provocado pola obtención, transformación, utilización e abandono de diferentes metais non ferrosos. Coñecer as presentacións comerciais dos metais non ferrosos máis empregados. Coñecer a procedencia da materia prima dos plásticos a través da historia. Saber como se fabrican os plásticos. Aprender os tipos de plásticos máis habituais, así como as súas características e aplicacións. Entender como se conforman os produtos plásticos que se venden na actualidade. Identificar obxectos fabricados de plásticos compostos. Identificar a composición dunha fibra téxtil sinalando as avantaxes e inconvenientes que ten. Recoñecer a importancia da madeira e os seus derivados para a fabricación de produtos industriais. Aprender a identificar os distintos tipos de materiais cerámicos existentes. Valorar o emprego de formigóns armados e pretensados na fabricación de estruturas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
105
TECNOLOXÍA BLOQUE IV: ELEMENTOS DE MÁQUINAS E SISTEMAS OBXECTIVOS: a) b) c) d) e) f)
Identificar os elementos e mecanismos que constitúen un determinado artefacto recoñecendo en cada caso a misión que desempeñan. Distinguir nun instrumento que elementos son indispensables para o seu funcionamento e cales accesorios. Explicar razonadamente o funcionamento de mecanismos que transforman un movemento noutro, citando aplicacións en cada caso. Recoñecer os elementos que se simbolizan nun plano e, no caso de circuítos eléctricos, efectuar a montaxe correspondente. Ídem para circuítos pneumáticos. Utilizar unha linguaxe cientificamente correcta ao describir mecanismos, sistemas, máquinas, etc. e o seu funcionamento.
CONTIDOS: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15.
Concepto de mecanismo e elo. Tipos de elos. Exemplos. Tipos de mecanismos e a súa clasificación. Mecanismos que transforman un movemento noutro. Descritiva e exemplos de aplicación. Descritiva e funcionamento de mecanismos e sistemas de aplicación frecuente (freo, embrague, acumuladores de enerxía, trens de engrenaxes, etc.). Aspectos xerais da corrente eléctrica e descritiva dos elementos que compón un circuíto eléctrico. Intensidade e tensión en circuítos de corrente continua e alterna. Representación fasorial destas magnitudes. Efectos dunha resistencia, un condensador e unha autoinducción nun circuíto de corrente continua ou nun de corrente alterna. Circuítos RLC en serie (corrente alterna). Lei de Ohm. Impedancia e desfasamentos. Enerxía e potencia da corrente eléctrica. Cálculos en circuítos de corrente continua e alterna. Propiedades xerais de líquidos e gases (Repaso). Leis da hidrostática e da hidrodinámica. Leis de gases. Circuítos pneumáticos e hidráulicos. Explicación do seu funcionamento (diagramas de bloques). Elementos activos nos circuítos pneumáticos e hidráulicos. Acumuladores nestes circuítos. Elementos de protección e de transporte. Elementos de control e de consumo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1) 2)
Coñecer, de maneira breve, a evolución do estudio dos mecanismos ao longo da historia. Descubrir algúns dos elementos empregados na industria para transmitir o movemento entre eixes que son paralelos, perpendiculares, que se cruzan ou que se cortan formando un ángulo calquera. 3) Comprender a importancia que supón a elección adecuada do elemento transmisor se se espera unha gran fiabilidade do sistema. 4) Saber determinar o número de revolucións por minuto con que xirará unha roda ou engrenaxe en función do seu tamaño e relación de transmisión. 5) Entender o funcionamento das cadeas cinemáticas determinando, mediante as fórmulas adecuadas, as incógnitas que se descoñecen. 6) Valorar a importancia da transmisión mediante cadea ou engrenaxes, fronte a outra, pola súa fiabilidade no mantemento da relación de transmisión. 7) Determinar a enerxía e potencia perdidas (rendemento) na transmisión de movemento mediante engrenaxes, así como debido ao rozamento. 8) Comprender a funcionalidade e utilidade dos elementos transformadores de movemento máis usuais. 9) Saber identificar obxectos reais, do contorno ou dunha máquina calquera, que se baseen en principios de funcionamento análogos aos que se estudan nesta unidade. 10) Coñecer o nome correcto dos elementos transformadores de movemento. 11) Entender a forma de traballo dos elementos transformadores de movemento. 12) Resolver problemas tecnolóxicos relacionados con forzas e potencias a transmitir. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
106
TECNOLOXÍA
13) Coñecer a maioría dos elementos de unión fixos e desmontables sabendo para que se emprega cada un. 14) Empregar un vocabulario técnico acorde cos contidos que se van adquirindo. 15) Utilizar as normas de seguridade pertinentes cando se manipulan elementos de máquinas. 16) Entender a importancia dos volantes de inercia para que unha árbore xira cunha 17) velocidade uniforme cando se produzan variacións no para ou momento. 18) Recoñecer as avantaxes que achega o emprego de chumaceiras e rodamentos para evitar desgastes e evitar perdas de potencia nas transmisións. 19) Comprender o funcionamento dos distintos freos empregados en máquinas. 20) Valorar o emprego de elementos elásticos como medio de acumulación de enerxía. 21) Coñecer a misión e funcionamento dos sistemas de embrague máis empregados na 22) actualidade. 23) Valorar a importancia do uso dunha lubricación adecuada para alongar a vida útil dos elementos de máquinas e diminuír o rozamento que orixina perdas de enerxía e potencia, así como desgastes prematuros. 24) Recoñecer a importancia do mantemento dos elementos mecánicos dunha máquina para evitar accidentes e deterioros prematuros. 25) Saber interpretar planos de montaxe de máquinas sinxelas. 26) Aprender a identificar mecanismos reais de máquinas sabendo a función que realiza cada un. 27) Comprender o funcionamento dun circuíto eléctrico e diferenciar claramente os seus elementos: xerador, receptor, elementos de control, elementos de protección e acumuladores de enerxía. 28) Coñecer a utilidade de cada un dos elementos dun circuíto eléctrico. 29) Ser capaz de resolver problemas sinxelos relacionados coa corrente continua. 30) Entender os conceptos de: intensidade, voltaxe, resistencia, potencia, enerxía eléctrica, d.d.p., f.e.m. 31) Saber como se poden axustar distintos receptores e xeradores nun circuíto, así como as avantaxes e inconvenientes. 32) Aprender a resolver problemas nos que interveñen acumuladores (condensadores ou pilas), así como outros receptores. 33) Recoñecer e saber como funcionan os interruptores magnetofónicos e diferenciais. 34) Coñecer as leis de Kirchhoff aplicadas a unha ou varias mallas dun circuíto de corrente continua (cc). 35) Coñecer as unidades de presión e magnitudes fundamentais de pneumática. 36) Saber cales son os elementos máis importantes dun circuíto pneumático. 37) Recoñecer as válvulas e distribuidores dun circuíto pneumático pola súa simboloxía. 38) Entender como funcionan interiormente algúns distribuidores pneumáticos. 39) Representar graficamente, mediante a simboloxía normalizada, instalacións sinxelas pneumáticas. 40) Calcular magnitudes de caudal, presión, potencia hidráulica, resistencia hidráulica e caída de presión en circuítos hidráulicos sinxelos. 41) Recoñecer os elementos máis importantes dun circuíto oleohidráulico identificando as distintas válvulas empregadas. 42) Entender o funcionamento dalgúns circuítos oleohidráulicos básicos.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
107
TECNOLOXÍA BLOQUE V: PROCEDEMENTOS DE FABRICACIÓN OBXECTIVOS: a) b) c) d) e)
Analizar críticamente as repercusións que exerce a fabricación de produtos sobre a calidade de vida das xentes. Avaliar a influencia da fabricación de produtos sobre a conduta de consumo e a súa repercusión social. Xustificar desde un punto de vista de calidade os distintos métodos de fabricación de produtos. Proporcionar criterios eficaces de elección para, ante un determinado produto, optar polo procedemento de fabricación máis adecuado. Fomentar unha actitude responsable de traballo e de respecto ante as normas de saúde e seguridade laborais.
CONTIDOS: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21.
Aspectos xerais sobre os diversos procedementos de fabricación. Moldeo: concepto, procesos, características dos materiais que utilizan. Moldeo en area. Moldeo en coquilla. Formas de procedemento. Coada centrífuga. Moldeo á cera e en casca. Forxa. Forxa a man e forxa mecánica. Estampación en quente e en frío. Extrusión en quente e en frío. Laminación. Trens de laminación. Estirado e trefilado. Máquinas-ferramenta en operacións de conformación por arranque de material. Parámetros fundamentais (ángulo de corte, velocidade de corte, forzas de corte, potencia de corte, etc.). Descritiva e manexo das máquinas-ferramentas máis frecuentes (torno, taladradora, limadora, cepilladora, etc.). Descritiva e estudo do mecanizado por abrasivos. Iniciación ás unidades autónomas de mecanizado. Descritiva e estudo das formas de unión entre pezas. Unións desmontables e fixas. Soldadura. Tipos e técnicas de soldadura. Accidentes e seguridade no traballo. Prevención e causa de accidentes. Repercusións económicas, laborais e sociais dos accidentes. Protección e normas de seguridade.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1) 2) 3) 4) 5) 6) 7) 8) 9) 10) 11) 12) 13) 14)
Coñecer os distintos métodos de fabricación por unión. Saber como se pode obter unha peza mediante moldeamento. Recoñecer pezas obtidas mediante coada. Entender en que consiste a laminación e que avantaxes e inconvenientes ten este método de fabricación. Valorar as diferentes técnicas empregadas no forxado de pezas. Reflexionar sobre a importancia de obter pezas sen arranque de labra, xa que contribúen ao aforro de material e abaratamento de custos. Comprender a importancia das tolerancias nos axustes de pezas. Aprender a usar instrumentos de medida e verificación básicos no taller. Analizar o impacto medioambiental que pode ocasionar a instalación de talleres e fundicións para a obtención de pezas sen arranque de labra. Coñecer os distintos procedementos de fabricación de pezas por arranque de labra. Aprender a elixir o proceso de fabricación máis adecuado á hora de obter unha peza. Utilizar adecuadamente, seguindo as normas de seguridade pertinentes, as ferramentas máis usuais. Saber que ferramenta podería resultar máis adecuada para a fabricación dunha peza, dependendo de: a precisión requirida, forma da peza, material a traballar, etc.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
108
TECNOLOXÍA
15) Identificar o sistema de rosca correspondente a un parafuso ou porca, así como o seu diámetro nominal e paso. 16) Aprender a realizar unha rosca mediante machos de roscar e tarraxas. 17) Determinar que tipo de pezas se poden realizar en cada unha das máquinas ferramentas tradicionais. 18) Saber, de maneira básica, en que consiste a fabricación automatizada mediante CNC e que avantaxes achega. 19) Entender as novas técnicas de acabados de pezas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
109
TECNOLOXÍA 5. METODOLOXÍA Pretendemos facilitar ós alumnos a adquisición dun coñecemento integrador das distintas realidades que configuran o quefacer tecnolóxico, e das súas implicacións. A súa diferente natureza fai que unicamente poidan ser relacionadas todas elas e atopan en consecuencia pleno sentido, definindo como gran impulsor das mesmas ó «proceso tecnolóxico». Este quedaría definido polo conxunto de actividades que van dende a detección e avaliación de necesidades que poden ser satisfeitas pola actividade tecnolóxica ata o momento no que se dispón dos produtos que as satisfacen. Durante este desenvolvemento do proceso tecnolóxico diferéncianse tres ámbitos básicos, nos cales se atopan reflectidos os diferentes bloques de contidos. 1. O ámbito relacionado cos recursos dispoñibles para o deseño de solucións. Se engloban aquí os aspectos relacionados coa dispoñibilidade de materias primas, operadores tecnolóxicos, a análise de obxectos e os medios para a expresión e comunicación de ideas. 2. O ámbito relacionado coa organización do proceso tecnolóxico. Se reflexan aquí os temas relacionados coa organización do traballo, a seguridade e hixiene no mesmo, as técnicas de comunicación e a economía da empresa. 3. O terceiro ámbito fai referencia ó conxunto de técnicas que é necesario desenrolar para a fabricación dos produtos. a metroloxía, o coñecemento de útiles, ferramentas e máquinas, e as técnicas construtivas, son os temas relativos ó mesmo. A construción dun aprendizaxe significativo en tecnoloxía por parte dos alumnos esixe o establecemento dunha metodoloxía de ensinanza que desenrole progresivamente estes tres ámbitos, e os concrete en realizacións integradoras dos mesmo. A tecnoloxía é unha excelente ferramenta para a integración curricular. Resalta a potencialidade e versatilidade da área de Tecnoloxía no traballo interdisciplinario, e na realización de proxectos integradores de diversa índole. É importante para a mellora da educación do alumnado, a mellora da coordinación entre os diferentes departamentos e a realización de traballos e proxectos de forma conxunta. Critícase a excesiva parcelación dos contidos existente na Educación secundaria Obrigatoria, ante o cal demándase incentivar o traballo interdisciplinario e conxunto, pero mantendo claros os obxectivos e características de cada área curricular, que deben abordar os coñecementos desde enfoques diferentes e complementarios, evitando os solapamentos e repeticións. 1. As actividades realizadas en Tecnoloxía contextualizan os contidos que imparten de forma teórica outras materias. Isto permite ao alumnado valorar moito máis o resto das áreas de coñecemento, debido ao seu aplicabilidade. 2. A área de Tecnoloxía contribúe a potenciar o interese polo coñecemento científico-tecnolóxico e favorecer esta vocación no alumnado. 3. A maior diferenza con outras áreas estriba no enfoque dos contidos e, sobre todo, na metodoloxía empregada: o método de proxectos. É a única área na cal os alumnos e alumnas xeran un produto/proceso/sistema da nada. Non reproducen, senón que inventan. Punto de partida: os problemas técnicos e o análise de obxectos
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
110
TECNOLOXÍA É importante presenta-los obxectos e cuestións técnicas relacionadas cos conceptos e procedementos que se van tratar. Un bo punto de partida é o planteamento de problemas técnicos que poden ser resoltos a partires dos contidos, a aplicación dos coñecementos previos á resolución destes problemas é un punto de gran interese. A análise dos obxectos é tamén un bo centro de interese sobre o que apoiar o comezo da explicación dun tema. Esta análise débese realizar dende unha perspectiva estética (aspectos estéticos do obxecto e a súa integración no entorno), a funcional (necesidades que satisface), a económica (custe de produción e prezo final), a técnica (procedementos implicados na súa fabricación), etc. As posibilidades didácticas que ofrece esta análise son realmente interesantes si se realiza de forma sistemática. A exposición dos contidos: a importancia dos procedementos En Tecnoloxía, os contidos conceptuais e os procedimentais están completamente imbricados, e forman un todo coherente. Isto implica que os profesores e profesoras teñen que facer énfase, por un lado, nos aspectos prácticos dos contidos teóricos, é dicir, os conceptuais e, por outro lado, na base teórica dos procedementos. En Tecnoloxía, a inclusión de tódolos conceptos xustifícase pola necesidade de aplicar ó deseño e construción de obxectos que resolvan problemas tecnolóxicos. Este obxectivo final da unha gran importancia, polo tanto, ós contidos procedimentais. Pero é importante ter en conta que o obxectivo da área non é iniciar ós alumnos e alumnas nas manualidades o no bricolaxe, senón proporcionar unha ampla visión do alcance da tecnoloxía no mundo actual, desenrola-los aspectos técnicos dos contidos clásicos de outras disciplinas (Física, Química, Debuxo Técnico, etc.) e dotarlles das armas necesarias para resolver problemas técnicos, creando así unha formación tecnolóxica imprescindible para as persoas do noso tempo. As actividades Dadas as especiais características da área, as actividades clásicas que reforzan contidos conceptuais teñen pouca aplicación en Tecnoloxía, xa que só son aplicables a algúns temas. Polo contrario, teñen unha gran importancia as actividades que traballan aspectos de organización do coñecemento (esquemas, diagramas eléctricos, diagramas funcionais, etc.). Os problemas teñen tamén unha importante función en Tecnoloxía, por constituír o motor do pensamento técnico. Polo que os profesores e profesoras do Seminario dispoñen dun amplo banco de problemas que lles permite organizar un auténtico programa de solución dos mesmos, co obxecto de familiarizar cada vez mais ós alumnos e alumnas cas estratexias técnicas que se utilizan nos contornos laborais. Os proxectos de construción Un proxecto de construción, tal e como se entende en Tecnoloxía, debe ser moito mais que unha mera actividade na que proponse a elaboración dun obxecto. Polo contrario, debe constituír unha proposta que faga que os alumnos e alumnas apliquen os seus coñecementos, resolvan diferentes problemas e propoñan solucións técnicas factibles, axustadas a un presuposto e cuns materiais determinados. Os proxectos permiten, ademais de aplica-los procedementos adquiridos nos temas de ferramentas e técnicas, desenrolar contidos propios dos temas de recursos (materias primas, debuxo técnico, deseño, etc.) e organización (elaboración de informes, presupostos, etc.). O traballo en equipo dos alumnos e alumnas é un dos puntos mais relevantes, e o recoñecemento da importancia de colaborar cos demais, escoita-las súas opinións e valora-las
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
111
TECNOLOXÍA súas capacidades, é un dos principais obxectivos actitudinais da área de Tecnoloxía. O planeamento dos proxectos de construción non debe facilitar en exceso a labor dos alumnos e alumnas, de forma cas solucións que eles propoñan sexan lo mais orixinais posible. Conseguirase así que o traballo en equipo esixa discusións, postas en común, reparto de tarefas, etc., o que mellorará o aproveitamento desta faceta da educación en Tecnoloxía. A historia da Tecnoloxía, un punto de referencia constante Ó longo do curso, é realmente importante ter como núcleo referencial o desenrolo histórico da Técnica, como obxecto de estudio e como orixe de numerosas ideas para a solución de problemas actuais. Os contidos de historia da Tecnoloxía deben ser, polo tanto, considerados como temas transversais que impregnan tódolos contidos da área. Por outra parte, o estudio monográfico dende dunha perspectiva histórica dalgúns obxectos de gran importancia no noso mundo actual, como son os automóbiles, os avións, os satélites artificiais, etc., é outra das claves da área. Estes estudios monográficos poden resultar de gran interese para os alumnos e as alumnas, e resultan un bo punto de partida para enfocar outros contidos. En calquera tratamento monográfico sobre calquera obxecto técnico é importante diferencia-las seguintes tres partes: •As orixes do invento: analiza-lo momento histórico da orixe dun obxecto, encontra-las necesidades que buscaba satisfacer e descubri-la labor dos pioneiros no desenrolo de cada invento. •Os aspectos técnicos: analizar que avances foron necesarios para o desenrolo de cada invento, en que consiste cada solución técnica e cómo cambiaron co tempo estas solucións. • A historia e a cronoloxía: ordenar cronoloxicamente os grandes fitos do desenrolo de cada invento e atopa-los grandes fitos na evolución do mesmo. Obviamente, o estudio monográfico de cada invento esixe utilizar un vocabulario especial, con numerosos conceptos técnicos que deben ser aclarados. De aí a importancia de presentar glosarios cos termos técnicos e propoñer ós alumnos e alumnas que os realicen eles mesmos. Ademais, dado o carácter destes tratamentos monográficos, sería convinte fomentar a investigación por parte dos alumnos e alumnas fora dos materiais curriculares cos que traballan habitualmente, e insistir en que consulten enciclopedias, libros técnicos, revistas especializadas, etc., co obxecto de acostumalos a utilizar diferentes fontes na realización dos traballos. As unidades didácticas comezarán cunhas explicacións teóricas e realización de exercicios e problemas relacionados con cada Unidade. Utilizaremos a clase maxistral coa pizarra, e proxeccións de transparencias, murais, pósters,... Empregarase o libro de texto Tecnoloxías para 2º e 3º ESO da editorial Teide. Co uso destes materiais, preténdese que o alumno teña un referente á hora de consultar as súas dúbidas e que lle sirvan como guía para as aplicacións tecnolóxicas que se imparten na área de Tecnoloxía. En cuarto da ESO empregarase o libro de tecnoloxía da Editorial Santillana. O profesor empregará e elaborará diversos materiais: apuntes, presentacións... Así mesmo empregaranse materiais interactivos, ben para desenvolver dunha maneira máis activa e individual na busca de contidos teóricos, ben para a realización de prácticas. Utilizarase a biblioteca do centro como centro indispensble de recursos para a investigación e a información.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
112
TECNOLOXÍA Tamén se levarán a cabo prácticas sinxelas relacionadas con cada bloque de contidos (debuxo, electricidade, estruturas, mecanismos, enerxías...) Como recursos técnicos, utilizaranse materiais comerciais (madeira, plástico, pintura,…), e os útiles e ferramentas dos que está dotado o taller. Dentro desta dotación, existen unha serie de operadores mecánicos, eléctricos e electrónicos, para a confección de circuítos e mecanismos
Especial mención ó Método de Proxectos que consta da elaboración de proxectos sinxelos que resolven problemas e necesidades humanas, situados no contexto do alumno (a vivenda, a cidade, o instituto, aula,…) ou relacionados coa industria e o comercio do seu entorno. Estes proxectos materializaranse en prototipos ou maquetas. Este método leva etapas de busca de información, deseño, expresión gráfica e escrita, aplicación de conceptos teóricos e prácticos previamente explicados e aprendidos,busca conxunta dunha solución, construción e revisión dos resultados, elaboración de documentación...Ë un método global que recolle contidos , procedementos e actitudes. Se fomentará o traballo en equipo, formándose grupos de dos o más persoas. O profesor comprobará que todos os membros de cada grupo traballen activamente. Utilizaremos a aula taller tanto para as explicacións teóricas, resolución de problemas de cálculo; traballos de exposición..; coma para a parte de construción do Método de Proxectos e para a realización das prácticas. A aula de Informática para as actividades de AULA VIRTUAL, busca de información, manexo de programas para elaboración de documentación, deseño gráfico, simulacións...
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
113
TECNOLOXÍA CADRO RESUMO MATERIAIS
CURSO 2.º CURSO 3.° CURSO 4.° BACHARELATO Libro de texto. Non obrigatorio. Apoio no traba- Non obrigatorio. Apoio no traba- Non obrigatorio. Apoio no traba- Non existe. Empregaranse como llo de clase llo de clase llo de clase apoio os libros de textos de diferentes editoriais que existen no departamento Materiais de reforzo o Apuntes do Departamento Apuntes do Departamento Apuntes do Departamento Apuntes do Departamento ampliación. (Profesores do Departamento) (Profesores do Departamento) (Profesores do Departamento) (Profesores do Departamento) Presentacións, material inforPresentacións, material inforDiapositivas, transparencias, Diapositivas, transparencias, mático, vídeos, páxinas web. mático, vídeos, páxinas web material informático, vídeos... material informático, vídeos... Biblioteca do centro Biblioteca do centro (Profesores do Departamento) (Profesores do Departamento) Biblioteca do centro Biblioteca do centro Biblioteca do departamento Prácticas e Proxectos Ferramentas Básicas traballo Pequeno material eléctrico Material electrónico e Eléctrico Aula-Taller tecnoloxía metais e madeira Material electrónico básico básico Software simulación. Exemplos mecanismos Pezas e exemplos de mecanisMateriais instalacións eléctricas Análise instalacións do centro. Pequeno material eléctrico mos Sala Informática Montaxe, desmonataxe e estudo Sala Informática Sala Informática de obxectos tecnolóxicos. Aula Virtual Cursos virtual Cursos virtual Cursos virtual Cursos virtual
6. AVALIACIÓN 6.1. CONCEPTO E METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN .A avaliación, entendida como parte integrante do proceso de educación dos alumnos, orienta de forma permanente a súa aprendizaxe, polo que contribúe en si mesma á mellora do rendemento. Para lograr isto, a avaliación debe ser continua e estar atenta á evolución do proceso global de desenrolo do alumno (intelectual, afectivo e social). A definición dos criterios de avaliación faise dende o enfoque das aprendizaxes básicas do área, polo que se recolle o desenrolo mínimo das capacidades indicadas anteriormente. Habería que formularse algunhas cuestións antes de abordar calquera discurso sobre a avaliación, preguntas como: avaliar a un alumno ou alumna supón, en maior ou menor medida, cambiar o seu futuro?; cando avaliamos, estamos seguros da obxectividade dos resultados obtidos?; reflicte realmente a nosa avaliación a consecución dos obxectivos da materia?; cando comeza o proceso de ensino-aprendizaxe nun determinado nivel, coñecemos realmente o que o alumno ou alumna sabe dos contidos que traballaremos? . Cuestións problemáticas como estas pon de manifesto a extraordinaria importancia que ten a avaliación no contexto de ensinoaprendizaxe. Unha reflexión sobre os aspectos anteriores comportará os tres tipos de avaliación fundamentais: A inicial, a formativa e a sumativa ou final. Avaliación inicial. Sen dúbida, no ensino da tecnoloxía hai que insistir na práctica da avaliación inicial, xa que o feito de que sexa unha materia nova para o alumnado pódenos situar nunha diversidade extrema á hora de valorar os seus coñecementos previos. Na nosa formulación presuponse que, ao comezo de cada nivel, o profesor ou profesora disporá de ferramentas para establecer os niveis de aprendizaxe dos seus alumnos. Un segundo estadio de avaliación inicial é o cotián, o do día a día. Neste sentido, os
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
114
TECNOLOXÍA materiais estrutúranse de forma que, ao iniciar cada unidade didáctica, pódense levar a cabo unha serie de reflexións sobre os contidos que se traballarán a partir dunha pequena introdución e unha sección denominada «Que sabes de...?», na cal formúlanse algunhas cuestións cuxo obxectivo é motivar a participación, e coas que o profesor ou profesora tratará de descubrir os coñecementos previos dos alumnos. Esta é, xa que logo, unha avaliación fundamentada na observación. Avaliación formativa. Esta avaliación lévase a cabo durante o proceso de ensinoaprendizaxe e o seu principal obxectivo é, precisamente, regular este proceso para adaptalo ás necesidades do alumnado. O feito de tomar a avaliación formativa como un sistema de actuación e non como un instrumento pon de manifesto a súa relevancia. En calquera secuencia de aprendizaxe, os alumnos terán que coñecer o que saben no momento de partida e o que terán que saber ao finalizar. Nesta liña de actuación, o profesor ou profesora informaralles da súa evolución no proceso de aprendizaxe, ao mesmo tempo que utilizará este progreso como unha potente ferramenta motivadora. Avaliación sumativa. Así como as avaliacións anteriores teñen unha función pedagóxica e didáctica, como se puxo de manifesto, a avaliación sumativa ten unha función social. A sociedade esixe que, á finalización dun proceso de aprendizaxe, cualifíquese ao alumnado e, en consecuencia, á sociedade, de aí a relevancia que ten unha avaliación xusta. É nas prácticas onde se pode comprobar ata que nivel adquiriu cada alumno ou alumna os tres tipos de contidos e, en especial, os contidos procedimentais, tan difíciles de avaliar. É tamén importante observar que se está avaliando a consecución duns obxectivos sobre conceptos, procedementos e actitudes, polo cal haberá que avaliar todos estes aspectos de forma individual e continua. A avaliación será continua ao longo do proceso, na que este é suficientemente interactivo como para precisar o grao no que se van alcanzando os obxectivos perseguidos.
6.2.
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN XERAIS
Para poder analizar e verificar as Unidades Didácticas e o nivel de aprendizaxe do alumno, utilizaranse os seguintes procedementos e instrumentos de avaliación .
Observación directa: traballo diario do alumno Actividades de iniciativa e interese. Participación no traballo dentro e fóra da aula. Hábitos de traballo e caderno de clase dentro e fora da aula. Habilidades e destrezas no traballo experimental. Traballo en grupo: Desenvolvemento da súa tarefa dentro do grupo. Respecto pola opinión dos demais. Aceptación da disciplina do grupo. Participación nos debates. Integración no grupo. Calidade da libreta: bloc anillas coa teoría, fotocopias entregadas polo profesor e exercicios; todo clasificado
Probas orais: controles diarios Expresión oral en exposición de temas, propostas, proxectos,… Manexo da terminoloxía adecuada.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
115
TECNOLOXÍA
Probas escritas: 1 ou 2 en cada trimestre
Expresión escrita e gráfica. Cálculo de magnitudes derivadas. Desenvolvemento de temas relacionados coas Unidades Didácticas. Resolución de problemas sinxelos sobre estruturas, mecanismos, electricidade,… d. Probas prácticas: prácticas, método de proxectos e ordenador Interpretación de planos, croquis, diagramas, esquemas,… Manexo de ferramentas e máquinas do taller. Manexo de programas no ordenador Manexo de internet para busca de información Identificación de compoñentes eléctricos. Construción de circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos. Medición con polímetro e soldadura con estaño. Uso do ordenador como un procedemento auxiliar no tratamento da información e comunicación. Construción de sistemas automáticos sinxelos.
6.3.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN XERAIS:
Os trimestres nos que as probas escritas prevalezan en importancia sobre o resto de apartados avaliables, éstes valoraránse con notas positivas e negativas. O valor das notas positivas será de +0,2 puntos e o das notas negativas de -0,2 puntos sobre a nota da proba escrita correspondente ou directamente sobre a nota media final da avaliación. A reiteración de notas negativas nos apartados de traballo diario, caderno, traballo en grupo, traballo dentro e fóra da aula e disciplina conlevarán, a consideración do profesor, a avaliación negativa do trimestre para o alumno/a, independentemente da valoración das probas escritas. Cando a nota final (media) do trimestre supere o medio punto decimal, o redondeo da nota será cara a nota inmediatamente superior e de estar por debaixo do medio punto decimal, o redondeo será cara a nota inmediatamente inferior. Non se avaliará positivamente a nengún alumno que non entregue o caderno completo co resultado do traballo ata o momento en que se solicitou e coa documentación subministrada polo profesor ou conseguida polo alumno convenientemente clasificada e arquivada, Estes criterios de avaliación son válidos en xeral para todos as materias incluídas nesta programación; non obstante poderanse matizar, concretar ou variar dependendo da materia e o nivel, tanto os procedementos de avaliación coma os criterios de cualificación no apartado correspondente á devandita materia
6.4.
AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES
Cos alumnos que teñan algunha materia pendente do Departamento de Tecnoloxía, procederase do seguinte xeito:
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
116
TECNOLOXÍA -
Dotaráselle ós alumnos dun cuestionario da materia, coas cuestións teóricas máis relevantes, así coma os exercicios e prácticas mínimas para que eles o confeccionen durante un período de tempo a determinar, con datas parciais de entrega durante o curso. Tamén realizarán un traballo monográfico sobre algún tema relacionado cos contidos do curso.
-
Dotaráselle, ou indicaráselle onde conseguir ir se é o caso, ós alumnos do material necesario para confeccionar o cuestionario antes descrito, ademais do que eles poidan posuír: libros, fotocopias, etcétera.
-
Realizarase, por parte do profesorado adscrito ó departamento, un seguemento dos alumnos e do estado do seu cuestionario e traballo, de xeito que se poidan resolver dúbidas e aclarar determinadas cuestións, co fin de que o resultado sexa satisfactorio. Esta actuación de control levarase a cabo, como mínimo, unha vez por trimestre e, se é posible, sen interferir coas datas de exames de avaliación.
-
Aqueles alumnos que realicen as actividades planeadas polo departamento de xeito satisfactorio estarán eximidos de realizar o Exame de Pendentes, e puntuaráselle en base á calidade do seu traballo. En caso contrario, ou para os alumnos que escollan esta opción, realizarase o exame de pendentes correspondente nas datas sinaladas con antelación. O exame constará de preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario correspondente.
6.5.
AVALIACIÓN DO PROCESO ENSINO-APRENDIZAXE
Deberase realizar unha valoración do proceso ensino – aprendizaxe periodicamente, empregando para elo as Reunións do Departamento, as avaliacións iniciais, as avaliacións ordinarias e extraordinarias. Tamén o contacto do profesorado cos titores correspondentes ten que axudar a valorar correctamente a nosa labor. Teriamos que realizar unha reflexión mais profunda ó final do curso, que se debería reflexar na memoria anual, sobre aqueles aspectos do proceso a mellorar e aqueles a potenciar. Deberase realizar, como en algún curso se fixo, enquisas ós alumnos nas que libremente valoren as materias e procesos de ensino e aprendizaxe.
6.6.
A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍAS DE 2º E 3º DA ESO
6.6.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN TECNOLOXÍAS 1.Resolver problemas tecnolóxicos identificando os condicionantes, empregando os coñecementos precisos, propoñendo solucións variadas e desenvolvendo a máis axeitada nun contexto de traballo colectivo, e empregando adecuadamente os recursos de expresión e comunicación. 2. Realizar as operacións técnicas previstas nun plan de traballo utilizando os recursos materiais e organizativos con criterios de economía, seguridade e respecto ao ambiente e valorando as condicións do contorno de traballo.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
117
TECNOLOXÍA 3. Identificar e conectar compoñentes físicos dun ordenador e outros dispositivos periféricos e explicar o seu funcionamento. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa máquina. 4. Describir propiedades básicas de materiais técnicos e as súas variedades comerciais: madeira, metais, materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado. 5. Representar mediante vistas e perspectivas obxectos e sistemas técnicos sinxelos, aplicando criterios de normalización. 6. Elaborar, almacenar e recuperar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica. 7. Analizar e describir nas estruturas do contorno os elementos resistentes e os esforzos aos que están sometidos. 8. Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e transmisión de movementos para deseñar obxectos técnicos, explicando o funcionamento dos operadores no conxunto e, se é o caso, calcular as relacións de transmisión. 9. Deseñar e simular circuítos coa simboloxía adecuada e montar circuítos formados por operadores elementais, nos que se empreguen os efectos da enerxía eléctrica e a súa capacidade de conversión noutras manifestacións enerxéticas, utilizando correctamente instrumentos de medida de magnitudes eléctricas básicas. 10. Acceder á internet para a utilización de servizos básicos: navegación para a localización de información, correo electrónico, comunicación no grupo e publicación de información.
6.6.2.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Probas escritas Realizarase unha proba escrita por cada unidade, podéndose agrupar nunha soa proba varias unidades se o tamaño das mesmas o permite. Constarán polo xeral dunha parte teórica e dunha parte de exercicios que, dependendo de cada unidade, se ponderarán de forma diferente. Valoraranse as seguintes cuestións:
-
Expresión escrita e gráfica. Cálculo de magnitudes derivadas. Desenvolvemento de temas relacionados coas Unidades Didácticas. Resolución de problemas
Probas orais Periodicamente realizaranse probas orais ó alumnado para comprobar a evolución persoal e de grupo. Terase en conta:
-
Expresión oral en exposición de temas, propostas, proxectos,… Manexo da terminoloxía adecuada.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
118
TECNOLOXÍA Produción Valoraranse de forma obxectiva os resultados das propostas que se fagan ó alumnado para o desenvolvemento das unidades: traballos monográficos, exercicios e cuestións tanto na aula coma na casa; caderno, etcétera. Valorarase nas producións do alumnado o seguinte:
-
Realización completa e axustándose ós prazos de entrega
-
Valorarase especialmente a autonomía á hora de producir materiais, elaborar cadros, resumos, mapas conceptuais, gráficos e calquera apartación de interese.
-
As achegas para traballos e exercicios deberán ser correctamente contextualizadas e peneiradas, evitándose a copia directa de fontes de información escrita ou dixital sen unha análise, comprensión e elaboración propia.
Caderno completo, ordenado e limpo. Valoraranse as autocorreccións, apartacións e melloras. O caderno deberá reflexar o avance do alumno na materia, polo que estarán correctamente clasificados toas as producións propias, fichas, documentos e apuntamentos e fotocopias entregadas.
Práctica A compoñente práctica da materia forma parte do proceso de aprendizaxe e polo tanto deberase coidar especialmente os seguintes aspectos:
-
Interpretación de planos, esbozos, diagramas, esquemas,…
-
Construción de sistemas automáticos sinxelos.
Manexo de ferramentas e máquinas do taller. Manexo de programas no ordenador Manexo de internet para busca de información Identificación de compoñentes eléctricos e electrónicos Construción de circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos. Medición con polímetro e soldadura con estaño. Uso do ordenador como un procedemento auxiliar no tratamento da información e comunicación. Seguimento do método de proxectos Dinámica de traballo en grupo, asunción de roles e competencia no traballo en proxectos
Actitudes A observación e rexistro das actitudes e motivacións do alumnado vai ser unha constante diaria. Teranse en conta os seguintes apartados valorándose positiva ou negativamente
-
Iniciativa e interese. Comportamento na aula
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
119
TECNOLOXÍA -
Entrega a tempo e con calidade suficiente das producións: exercicios, cuestións, traballos e outras propostas.
-
Participación no traballo dentro e fóra da aula. Hábitos de traballo e uso axeitado do caderno. Habilidades e destrezas no traballo experimental. Traballo en grupo: desenvolvemento da súa tarefa dentro do grupo, respecto pola opinión dos demais, aceptación da disciplina do grupo, participación nos debates, integración.
6.6.3.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Probas
50% da nota
En cada proba escrita farase constar a ponderación entre parte teórica e exercicios que dependerá de cada unidade. Non se poderá aprobar a avaliación cunha nota inferior a 4 puntos en calquera proba, Poderanse repetir as probas suspensas (con nota menor que 5 puntos), para tentar aprobar a avaliación correspondente. Aparte das notas das probas escritas terase en conta neste apartado as probas orais realizadas que poden ter nota positiva ou negativa. Produción
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos o conxunto da produción realizada en cada avaliación: exercicios, traballos, fichas e caderno. Non se poderá aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos en produción. Non se pode aprobar unha avaliación sen entregar o caderno completo e correctamente ordenado. Práctica
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 en cada avaliación a parte práctica a partir dos rexistros diarios de clase (manexo do ordenador, ferramentas, montaxes, proxectos, medicións, etcétera). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos na parte práctica. As notas das prácticas de grupo poderán ser distintas para cada compoñente en función da súa participación Actitudes
10% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos en cada avaliación a actitude do alumno a partir dos rexistros diarios que poderán ser positivos ou negativos, (entrega de traballos e exercicios en prazo, comportamento, participación e traballo en grupo). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos no apartado de actitude.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
120
TECNOLOXÍA A nota de cada avaliación calcularase a partir das notas ponderadas dos apartados anteriores, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para unha avaliación positiva O profesor proporá actividades e probas de recuperación que será preciso superar no caso de ter algunha avaliación cunha nota inferior a 5 puntos, de cordo cos criterios anteriormente expostos. Na valoración da actitude e da parte práctica terase en conta a evolución que cada alumno amose no percorrer do curso. A nota final do curso comporase a partir de todos os rexistros, tendo en conta o recuperado e a evolución de cada alumno, sendo necesario obter 5 puntos para unha avaliación positiva. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECÍFICOS PARA OS GRUPOS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Os procedementos de avaliación serán similares ós descritos. En canto ós criterios de cualificación debido á especificidade destes grupos e ó tipo de traballo que se desenvolve con eles varíanse as porcentaxes de ponderación de cada apartado para o cálculo da nota final, quedando do seguinte xeito:
6.7.
Probas
30% da nota
Produción
20% da nota
Práctica
30% da nota
Actitudes
20% da nota
A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍA DE 4º DA ESO
6.7.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir os elementos que compoñen as distintas instalacións dunha vivenda e as normas que regulan o seu deseño e utilización. Realizar deseños sinxelos, empregando a simboloxía adecuada, e montaxes de circuítos básicos, e valorar as condicións que contribúen ao aforro enerxético, á habitabilidade e á estética nunha vivenda. 2. Analizar esquemas de circuítos electrónicos, pneumáticos ou hidráulicos para describir o seu funcionamento, os seus compoñentes elementais e os principios físicos nos que se basean e realizar a montaxe de circuítos, previamente deseñados, con finalidade clara, introducindo modificacións cun propósito determinado. 3. Coñecer as principais aplicacións das tecnoloxías electrónica, hidráulica e pneumática e identificar e describir as características e o funcionamento deste tipo de sistemas. Utilizar con soltura a simboloxía e a nomenclatura necesaria para representar circuítos coa finalidade de deseñar e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando enerxía eléctrica, hidráulica ou pneumática.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
121
TECNOLOXÍA 4. Deseñar e construír un circuíto ou mecanismo capaz de resolver un problema cotián, utilizando as tecnoloxías electrónica, hidráulica ou pneumática. 5. Realizar operacións lóxicas empregando a álxebra de Boole, relacionar formulacións lóxicas con procesos técnicos e resolver mediante portas lóxicas problemas tecnolóxicos sinxelos. 6. Analizar e describir os elementos e sistemas de comunicación con e sen fíos e os principios básicos que rexen o seu funcionamento. 7. Desenvolver un programa para controlar un sistema automático ou un robot e o seu funcionamento de forma autónoma en función da realimentación que reciba del contorno. 8. Explicar a evolución tecnolóxica ao longo da historia analizando obxectos técnicos e a súa relación co contorno, e valorando a súa repercusión na calidade de vida.
6.7.2. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Probas escritas Realizarase unha proba escrita por cada unidade, podéndose agrupar nunha soa proba varias unidades se o tamaño das mesmas o permite. Constarán polo xeral dunha parte teórica e dunha parte de exercicios que, dependendo de cada unidade, se ponderarán de forma diferente. Valoraranse as seguintes cuestións:
-
Expresión escrita e gráfica. Cálculo de magnitudes derivadas. Desenvolvemento de temas relacionados coas Unidades Didácticas. Resolución de problemas
Probas orais Periodicamente realizaranse probas orais ó alumnado para comprobar a evolución persoal e de grupo. Terase en conta:
-
Expresión oral en exposición de temas, propostas, proxectos,… Manexo da terminoloxía adecuada.
Produción Valoraranse de forma obxectiva os resultados das propostas que se fagan ó alumnado para o desenvolvemento das unidades: traballos monográficos, exercicios e cuestións tanto na aula coma na casa; caderno, etcétera. Valorarase nas producións do alumnado o seguinte:
-
Realización completa e axustándose ós prazos de entrega Caderno completo, ordenado e limpo. Valoraranse as autocorreccións, apartacións e melloras. O caderno deberá reflexar o avance do alumno na materia, polo que estarán correctamente clasificados toas as producións propias, fichas, documentos e apuntamentos e fotocopias entregadas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
122
TECNOLOXÍA -
Valorarase especialmente a autonomía á hora de producir materiais, elaborar cadros, resumos, mapas conceptuais, gráficos e calquera apartación de interese.
-
As achegas para traballos e exercicios deberán ser correctamente contextualizadas e peneiradas, evitándose a copia directa de fontes de información escrita ou dixital sen unha análise, comprensión e elaboración propia.
Práctica A compoñente práctica da materia forma parte do proceso de aprendizaxe e polo tanto deberase coidar especialmente os seguintes aspectos:
-
Interpretación de planos, esbozos, diagramas, esquemas,…
-
Construción de sistemas automáticos sinxelos.
Manexo de ferramentas e máquinas do taller. Manexo de programas no ordenador Manexo de internet para busca de información Identificación de compoñentes eléctricos e electrónicos Construción de circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos. Medición con polímetro e soldadura con estaño. Uso do ordenador como un procedemento auxiliar no tratamento da información e comunicación. Seguimento do método de proxectos Dinámica de traballo en grupo, asunción de roles e competencia no traballo en proxectos
Actitudes A observación e rexistro das actitudes e motivacións do alumnado vai ser unha constante diaria. Teranse en conta os seguintes apartados valorándose positiva ou negativamente
-
Iniciativa e interese.
-
Participación no traballo dentro e fóra da aula.
Comportamento na aula Entrega a tempo e con calidade suficiente das producións: exercicios, cuestións, traballos e outras propostas. Hábitos de traballo e uso axeitado do caderno. Habilidades e destrezas no traballo experimental. Traballo en grupo: desenvolvemento da súa tarefa dentro do grupo, respecto pola opinión dos demais, aceptación da disciplina do grupo, participación nos debates, integración.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
123
TECNOLOXÍA 6.7.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Probas
50% da nota
En cada proba escrita farase constar a ponderación entre parte teórica e exercicios que dependerá de cada unidade. Non se poderá aprobar a avaliación cunha nota inferior a 3 puntos en calquera proba, Poderanse repetir as probas suspensas (con nota menor que 5 puntos), para tentar aprobar a avaliación correspondente. Aparte das notas das probas escritas terase en conta neste apartado as probas orais realizadas que poden ter nota positiva ou negativa. Produción
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos o conxunto da produción realizada en cada avaliación: exercicios, traballos, fichas e caderno. Non se poderá aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos en produción. Non se pode aprobar unha avaliación sen entregar o caderno completo e correctamente ordenado. Práctica
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 en cada avaliación a parte práctica a partir dos rexistros diarios de clase (manexo do ordenador, ferramentas, montaxes, proxectos, medicións, etcétera). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos na parte práctica. As notas das prácticas de grupo poderán ser distintas para cada compoñente en función da súa participación Actitudes
10% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos en cada avaliación a actitude do alumno a partir dos rexistros diarios que poderán ser positivos ou negativos, (entrega de traballos e exercicios en prazo, comportamento, participación e traballo en grupo). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos no apartado de actitude.
A nota de cada avaliación calcularase a partir das notas ponderadas dos apartados anteriores, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para unha avaliación positiva
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
124
TECNOLOXÍA O profesor proporá actividades e probas de recuperación que será preciso superar no caso de ter algunha avaliación cunha nota inferior a 5 puntos, de cordo cos criterios anteriormente expostos. Na valoración da actitude e da parte práctica terase en conta a evolución que cada alumno amose no percorrer do curso. A nota final do curso comporase a partir de todos os rexistros, tendo en conta o recuperado e a evolución de cada alumno, sendo necesario obter 5 puntos para unha avaliación positiva. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECÍFICOS PARA OS GRUPOS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR Os procedementos de avaliación serán similares ós descritos. En canto ós criterios de cualificación debido á especificidade destes grupos e ó tipo de traballo que se desenvolve con eles varíanse as porcentaxes de ponderación de cada apartado para o cálculo da nota final, quedando do seguinte xeito:
6.8.
Probas
30% da nota
Produción
20% da nota
Práctica
30% da nota
Actitudes
20% da nota
A AVALIACIÓN EN INFORMÁTICA 4º DA ESO
6.8.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN XERAL 1. Instalar e configurar aplicacións, e desenvolver técnicas que permitan asegurar sistemas informáticos conectados entre si. 2. Conectar dispositivos móbiles con outros, sen fíos ou con fíos, fixos ou móbiles, para intercambiar información e datos. 3. Obter imaxes fotográficas, aplicarlles técnicas de edición dixital e diferencialas das imaxes xeradas por ordenador. 4. Capturar, editar e montar fragmentos de vídeo con audio. 5. Deseñar e elaborar presentacións destinadas a apoiar o discurso verbal na exposición de ideas e de proxectos. 6. Desenvolver contidos interactivos para a rede aplicando estándares de accesibilidade na publicación da información. 7. Participar en redes sociais virtuais como emisores e receptores de información e iniciativas comúns. 8. Elixir entre produtos de software e de contidos, tanto de código aberto e comerciais, con funcionalidades similares, os que sexan compatibles co respecto polos dereitos de
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
125
TECNOLOXÍA autor e que mellor se axusten aos requirimentos das publicacións e ás necesidades dos usuarios.
6.8.2.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Probas escritas Realizarase unha proba escrita por cada unidade, podéndose agrupar nunha soa proba varias unidades se o tamaño das mesmas o permite. Constarán polo xeral dunha parte teórica e dunha parte de exercicios que, dependendo de cada unidade, se ponderarán de forma diferente. Valoraranse as seguintes cuestións:
-
Expresión escrita e gráfica. Cálculo de magnitudes derivadas. Desenvolvemento de temas relacionados coas Unidades Didácticas. Resolución de problemas
Probas orais Periodicamente realizaranse probas orais ó alumnado para comprobar a evolución persoal e de grupo. Terase en conta:
-
Expresión oral en exposición de temas, propostas, proxectos,… Manexo da terminoloxía adecuada.
Produción Valoraranse de forma obxectiva os resultados das propostas que se fagan ó alumnado para o desenvolvemento das unidades: traballos monográficos, exercicios e cuestións tanto na aula coma na casa; caderno, etcétera. Valorarase nas producións do alumnado o seguinte:
-
Realización completa e axustándose ós prazos de entrega
-
Valorarase especialmente a autonomía á hora de producir materiais, elaborar cadros, resumos, mapas conceptuais, gráficos e calquera apartación de interese.
-
As achegas para traballos e exercicios deberán ser correctamente contextualizadas e peneiradas, evitándose a copia directa de fontes de información escrita ou dixital sen unha análise, comprensión e elaboración propia.
Caderno completo, ordenado e limpo. Valoraranse as autocorreccións, apartacións e melloras. O caderno deberá reflexar o avance do alumno na materia, polo que estarán correctamente clasificados toas as producións propias, fichas, documentos e apuntamentos e fotocopias entregadas.
Prácticas A compoñente práctica da materia forma parte fundamental do proceso de aprendizaxe e polo tanto deberase coidar especialmente os seguintes aspectos:
-
Manexo de programas no ordenador
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
126
TECNOLOXÍA -
Manexo de internet para busca de información
-
Busca de calidade e perfeccionamento nas prácticas realizadas
Uso do ordenador como un procedemento no tratamento da información e comunicación.
Actitudes A observación e rexistro das actitudes e motivacións do alumnado vai ser unha constante diaria. Teranse en conta os seguintes apartados valorándose positiva ou negativamente
-
Iniciativa e interese.
-
Participación no traballo dentro e fóra da aula.
Comportamento na aula Entrega a tempo e con calidade suficiente das producións: exercicios, cuestións, traballos e outras propostas. Hábitos de traballo e uso axeitado do caderno.
6.8.3. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Probas
30% da nota
En cada proba escrita farase constar a ponderación entre parte teórica e exercicios que dependerá de cada unidade. Non se poderá aprobar a avaliación cunha nota inferior a 3 puntos en calquera proba, Poderanse repetir as probas suspensas (con nota menor que 5 puntos), para tentar aprobar a avaliación correspondente. Aparte das notas das probas escritas terase en conta neste apartado, se é o caso, as probas orais realizadas que poden ter nota positiva ou negativa. Produción
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos o conxunto da produción realizada en cada avaliación: exercicios, traballos, fichas e caderno. Non se poderá aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos en produción. Non se pode aprobar unha avaliación sen entregar o caderno completo e correctamente ordenado. Prácticas
50% da nota
Valorarase de 0 a 10 en cada avaliación as prácticas propostas e entregadas a partir dos rexistros diarios de clase (manexo do ordenador, ferramentas, montaxes, proxectos, medicións, etcétera). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos na parte práctica. Non se poderá aprobar unha avaliación sen entregar todas as prácticas da mesma. Actitudes
10% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos en cada avaliación a actitude do alumno a partir dos rexistros diarios que poderán ser positivos ou negativos, (entrega de prácticas, traballos e exercicios en prazo, comportamento, participación). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos no apartado de actitude. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
127
TECNOLOXÍA A nota de cada avaliación calcularase a partir das notas ponderadas dos apartados anteriores, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para unha avaliación positiva O profesor proporá actividades e probas de recuperación que será preciso superar no caso de ter algunha avaliación cunha nota inferior a 5 puntos, de cordo cos criterios anteriormente expostos. Ademais deberanse entregar as prácticas pendentes da avaliación suspensa para poder optar a aprobar o curso. Na valoración da actitude terase en conta a evolución que cada alumno amose no percorrer do curso. A nota final do curso comporase a partir de todos os rexistros, tendo en conta o entregado, orecuperado e a evolución de cada alumno, sendo necesario obter 5 puntos para unha avaliación positiva.
6.9.
A AVALIACIÓN EN TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I
6.9.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Avaliar as repercusións que sobre a calidade de vida ten a produción e utilización dun produto ou servizo técnico cotián e suxerir posibles alternativas de mellora, tanto técnicas coma doutra orde. Con este criterio avaliarase a capacidade de distinguir entre as vantaxes e inconvenientes da actividade técnica, de concibir outras solucións,non estritamente técnicas, usando materiais, principios de funcionamento e medios de produción alternativos ou modificando o modo de uso, a localización ou os hábitos de consumo.
2. Describir os materiais máis habituais no seu uso técnico, identificar as súas propiedades e aplicacións máis características e analizar a súa adecuación a un fin concreto. Preténdese comprobar a capacidade para a aplicación dos conceptos relativos ás propiedades dos materiais co fin de seleccionar o idóneo para unha aplicación real. Igualmente, se se valoran as distintas propiedades e outros aspectos económicos, ambientais e estratéxicos que condicionan unha elección adecuada para un determinado uso técnico.
3. Identificar os elementos funcionais, estruturas, mecanismos e circuítos que compoñen un produto técnico de uso común. A través deste criterio avalíase a habilidade para utilizar as ideas sobre a estrutura e a función dos diferentes elementos que constitúen un obxecto técnico para analizar as relacións entre eles e o papel que desempeña cada un no funcionamento do conxunto.
4. Describir os útiles e técnicas empregadas nun proceso de produción utilizando un vocabulario adecuado. Este criterio avalía o grao de asimilación e incorporación ao vocabulario de termos específicos, tecnicamente apropiados, para diferenciar correctamente os procesos industriais e para describir de forma adecuada os elementos de máquinas e o papel que desempeña cada un de eles.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
128
TECNOLOXÍA 5. Describir o probable proceso de fabricación dun produto e valorar as razóns económicas e as repercusións ambientais da súa produción, uso e refugo. Preténdese comprobar a capacidade de deducir e argumentar o proceso técnico coa análise de produtos e sistemas tecnolóxicos, os factores non estritamente técnicos da súa produción, uso e posibles destinos despois da súa vida útil.
6. Calcular, a partir de información adecuada, o custo enerxético do funcionamento ordinario dun local ou dunha vivenda e suxerir posibles alternativas de aforro. Con este criterio avalíase a capacidade de estimar o custo económico que supón o consumo cotián de enerxía, utilizando facturas de servizos enerxéticos, cálculos efectuados sobre as características técnicas das diferentes instalacións e información comercial. Esta capacidade ten que levar a buscar posibles vías de redución de custos e aforro enerxético.
7. Achegar e argumentar ideas e opinións propias sobre os obxectos técnicos e a súa fabricación, valorando e adoptando, de ser o caso, ideas alleas. Trátase de valorar a capacidade de contribuír con razoamentos propios á solución dun problema técnico, tomar a iniciativa para expor e defender as propias ideas e asumir con tolerancia as críticas vertidas sobre o devandito punto de vista.
6.9.2.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Probas escritas Realizarase unha proba escrita por cada unidade, podéndose agrupar nunha soa proba varias unidades se o tamaño das mesmas o permite. Constarán polo xeral dunha parte teórica e dunha parte de exercicios que, dependendo de cada unidade, se ponderarán de forma diferente. Valoraranse as seguintes cuestións:
-
Expresión escrita e gráfica. Cálculo de magnitudes derivadas. Desenvolvemento de temas relacionados coas Unidades Didácticas. Resolución de problemas seguindo o procedemento adecuado. Dominio vocabulario tecnolóxico específico
Produción Valoraranse de forma obxectiva os resultados das propostas que se fagan ó alumnado para o desenvolvemento das unidades: traballos monográficos, exercicios e cuestións tanto na aula coma na casa; caderno, etcétera. Valorarase nas producións do alumnado o seguinte:
-
Realización completa e axustándose ós prazos de entrega
-
Valorarase especialmente a autonomía á hora de producir materiais, elaborar cadros, resumos, mapas conceptuais, gráficos e calquera apartación de interese.
Caderno completo, ordenado e limpo. Valoraranse as autocorreccións, apartacións e melloras. O caderno deberá reflexar o avance do alumno na materia, polo que estarán correctamente clasificados toas as producións propias, fichas, documentos e apuntamentos e fotocopias entregadas.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
129
TECNOLOXÍA -
As achegas para traballos e exercicios deberán ser correctamente contextualizadas e peneiradas, evitándose a copia directa de fontes de información escrita ou dixital sen unha análise, comprensión e elaboración propia.
-
Valorarase especialmente a creación de contidos nos temas propostos para elo e a exposición ó grupo do tema traballado.
Actitudes A observación e rexistro das actitudes e motivacións do alumnado vai ser unha constante diaria. Teranse en conta os seguintes apartados valorándose positiva ou negativamente
-
Iniciativa e interese.
-
Participación no traballo dentro e fóra da aula.
Comportamento na aula Entrega a tempo e con calidade suficiente das producións: exercicios, cuestións, traballos e outras propostas. Hábitos de traballo e uso axeitado do caderno. Habilidades e destrezas no traballo experimental. Traballo en grupo: desenvolvemento da súa tarefa dentro do grupo, respecto pola opinión dos demais, aceptación da disciplina do grupo, participación nos debates, integración.
6.9.3.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 1. Probas
75% da nota
En cada proba escrita farase constar a ponderación entre parte teórica e exercicios que dependerá de cada unidade. Non se poderá aprobar a avaliación cunha nota inferior a 3 puntos en calquera proba, Poderanse repetir as probas suspensas (con nota menor que 5 puntos), para tentar aprobar a avaliación correspondente. 2. Produción
20% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos o conxunto da produción realizada en cada avaliación: exercicios, caderno e traballos. Non se poderá aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos en produción. Non se pode aprobar unha avaliación sen entregar o caderno completo e correctamente ordenado. 3. Actitudes
5% da nota
Valorarase de 0 a 10 puntos en cada avaliación a actitude do alumno a partir dos rexistros diarios que poderán ser positivos ou negativos, (entrega de traballos e exercicios en prazo, comportamento, participación e traballo en grupo). Non se pode aprobar unha avaliación cunha nota inferior a 4 puntos no apartado de actitude.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
130
TECNOLOXÍA A nota de cada avaliación calcularase a partir das notas ponderadas dos apartados anteriores, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para unha avaliación positiva Realizarase un exame final en xuño para recuperación de avaliacións suspensas no caso de habelas, ou como exame global para axustar a nota total do curso. O exame extraordinario de setembro abarcará todos os contidos do curso. Na valoración da actitude terase en conta a evolución que cada alumno amose no percorrer do curso. A nota final do curso comporase a partir de todos os rexistros, tendo en conta o recuperado e a evolución de cada alumno, sendo necesario obter 5 puntos para unha avaliación positiva.
7. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Segundo a normativa en vigor enténdese por “atención á diversidade” aquelas medidas orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e dos obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria. Os centros teñen en conta as posibilidades de agrupamentos flexibles, o apoio en grupos ordinarios, o apoio ocasional fóra do grupo ordinario, os desdobramentos de grupo, a oferta de materias optativas, as medidas de reforzo, as adaptacións do currículo, a integración de materias en ámbitos, os programas de diversificación curricular e outros programas de tratamento personalizado para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Ó alumnado con necesidades educativas especiais ou con determinados problemas de aprendizaxe é preciso, nas materias de tecnoloxía, implicalos nas mesmas tarefas que o resto do grupo, con distintos niveis de apoio e esixencia. A posibilidade de distinto nivel de profundización en moitas das actividades propostas, permitirá atender demandas de carácter máis profundo por parte daqueles alumnos con niveis de partida máis baixos, avanzados ou con interese maior sobre o tema estudado. Ó respecto dos coñecementos, a avaliación inicial dará unha idea do nivel de profundización de cada alumno. Un repaso dos coñecementos básicos tratados nos cursos anteriores e dos fundamentos da tecnoloxía (o seu sentido, o método de proxectos, a súa linguaxe escrita ou gráfica); axudará a enmarcar o novo curso no contexto xeral da educación tecnolóxica, abordando ademais desta forma un ensino individualizado e adaptado ás distintas necesidades docentes. Os Exercicios e actividades crecen paulatinamente o seu nivel de dificultade, para cubrir as necesidades daqueles alumnos que demandan unha maior profundización dos contidos, ben polo nivel de partida dos mesmos, ou polo interese que estes mostran polo tema en concreto. Desta forma ínstaselles a unha investigación que lles permita afondar en determinadas cuestións. O emprego das novas tecnoloxías, a manipulación e a análise de obxectos, o deseño, a construción e aplicación de saberes para a realización dos diferentes proxectos, etc., non é un
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
131
TECNOLOXÍA campo no que se logren rápidos avances como efecto inmediato dun gran esforzo individual, polo que se pode establecer un método apresurado de recuperación para os alumnos que cheguen a este ciclo con deficiencias de tipo construtivo, manipulativo e de coñecementos técnico-prácticos. Proponse, neste sentido, un intercambio de saberes con outros compañeiros, a base de traballos en grupos organizados, tanto en actividades concretas destes como naquelas que se atopan elaboradas no texto de índole individual, de forma que o alumno, co apoio do profesor, é capaz de seguir e progresar naquelas materias onde os seus conceptos previos sexan insuficientes. Nestas actividades, é factible utilizar distintas estratexias de actuación que permitan un progreso individual do alumno. As actividades exporanse partindo da realidade do grupo, en orde crecente de dificultade, organizando, seleccionando e distribuíndo as mesmas, en función dos obxectivos expostos e dos niveis de partida destes. Todas as actividades teñen coma obxectivo desenvolver ao máximo as capacidades individuais do alumnado, buscando que os alumnos participen activamente na súa formación, integrando os distintos saberes nos proxectos, actividades e exercicios que desenvolven. A atención á diversidade dará lugar a diversas medidas, realizándose nos casos que así o esixan unha adaptación totalmente individualizada ás necesidades concretas de cada alumnado, dacordo co Departamento de Orientación, os Titores e a Xunta de Profesores do grupo. Os Programas de Diversificación Curricular, de acordo coa lexislación vixente, desenvolveranse nas materias de Tecnoloxías en grupos específicos. Desta forma proporcionaráselle tratamento máis específico. A flexibilidade, contidos e metodoloxía da nosa área, tal e como describimos anteriormente, deberan proporcionar as ferramentas necesarias para que o alumno do programa acade as súas capacidades básicas. Os contidos de partida serán os “Contidos Mínimos” descritos en cada curso, desenvolvidos primando a práctica tecnolóxica. Os criterios serán os xerais empregados na atención á diversidade. A Avaliación basearase no progreso individual do alumno, na adquisición dos obxectivos mínimos e as competencias vinculadas a eles. Os criterios xerais de avaliación serán os descritos no apartado de contidos mínimos.
8. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PROXECTO LECTOR Será obrigatorio, sempre que o currículo o demande ou permita, que en cada unha das materias o profesor leve a cabo as seguintes accións encamiñadas a integrar nas materias de Tecnoloxía o plan lector do centro así como o uso da Biblioteca como recurso imprescindible á implementación docente na aula: -
Facer cada mes aproximadamente unha lectura e posterior debate sobre un tema relacionado cos contidos da materia.
-
Realizar buscas e facer recortes de noticias relacionadas con contidos de aula en xornais ou especiais de fin de semana dos mesmos
-
Elaboración de glosarios ou buscas de termos tecnolóxicos específicos
-
Visitar algunha vez por trimestre a biblioteca en actividades de “busca do tesouro”, glosarios ou información concreta sobre contidos tratados na clase.
-
Propoñer, se a materia o permite, “lectura libre” de libros recomendados polo profesor ou, incluso, de libros propostos polo alumnado que axuden a reflexionar, coñecer, agudizar ou profundizar temas tratados na aula. Explo.“Sueños de robots”, I. Asimov, para 4º ESO.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
132
TECNOLOXÍA -
Participar na HORA DE LER e calquera outra actividade proposta polo equipo de Biblioteca
9. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PLAN TIC E Ó PROXECTO ABALAR O Departamento colabora coas actividades e o desenvolvemento do plan TIC a varios niveis.
Tentando incorporar na súa práctica docente os recursos TIC máis interesantes, coma a creación de cursos virtuais en todas as súas materias e o deseño de obxectos dixitais.
Colaborando na redacción do Plan Tic.
Participando e colaborando na organización das actividades de formación no centro relacionado coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
En canto ó proxecto Abalar, este departamento non participa de forma activa, en primeiro lugar porque as aulas Abalar activas pertencen a 1ª da ESO onde non tempos docencia, en segundo lugar porque a nosa docencia realízase prioritariamente na aula taller e, si é o caso, na aula de informática contigua e, por último, porque a implantación das Tic no departamento se está levando a cabo por outras vías non relacionadas con este proxecto.
10. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Ó PLAN DE CONVIVENCIA Ademais de colaborar no que a nivel de centro se nos solicite, as normas e fomento dos valores de convivencia forman parte da esencia mesma da nosa labor docente. O traballo colaborativo por proxectos, as dinámicas de grupo, o método de resolución de problemas son principios metodolóxicos que nos son propios; así coma os contidos transversais que van parellos ó resto dos contidos das materias. Estes aspectos están suficientemente expostos nos apartados anteriores.
11. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Sendo difícil concretar a estas alturas un plan de actividades complementarias e extraescolares, debido á imposibilidade de realizar ningún contacto externo ata o de agora, e a que o departamento non está completo ata o día mesmo da entrega desta programación, non podendo programar as necesidades que temos deste tipo de actividades; esbozamos a continuación o que sería unha declaración de intencións, pendente de corroborar e confirmar. O conxunto de actividades extraescolares dependerá do tamaño final dos grupos e da posibilidade de integrar actividades interdisciplinares con outros departamentos durante o transcurso do ano.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
133
TECNOLOXÍA Procuraranse as seguintes saídas: -
Visita a AIMEN Porriño: posibilidade para 4º de ESO e 1º de BACH dependendo do número de alumnos previstos para a visita
-
Visita a CITROEN Vigo: posibilidade para calquera dos cursos dependendo da actividade interdisciplinar con outros departamentos
-
Visita ó Instituto Politécnico de Vigo: ESO e/ou BACHARELATO
-
Visita ó módulo de Soldadura: ESO
-
Visita a algunha empresa ou taller do contorno relacionado con algún dos procesos tecnolóxicos estudados na materia: ESO ou BACHARELATO
12. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN En primeiro lugar hai que partir de que para este curso académico a programación didáctica do departamento sufriu grandes cambios en canto a súa estrutura e parte dos contidos que nela aparecen. Haberá que realizar un seguimento durante o curso do seu cumprimento e da adecuación deste documento á práctica docente. Teremos que verificar que serve coma instrumento de pensar – decidir – organizar e planificar. Tería que ser un instrumento ó que se acceda durante o curso para realizar a nosa labor. Haberá que ir anotando as incidencias e erros que durante o curso se detecten no documento para poder modificalos en seguintes cursos. A realización da memoria do curso servirá coma tempo fundamental onde os profesores do departamento manifesten os aspectos a mellorar ou cambiar da programación para o curso seguinte, debéndose mencionar nesta memoria a valoración do profesorado respecto á validez da súa programación docente.
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2013/2014 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA IES SALVATERRA DE MIÑO
134