I.E.S. SALVATERRA DE MIÑO PROXECTO DE BIBLIOTECA CURSO 2013-14
No vindeiro curso escolar, as actuación desta biblioteca irán encamiñadas a mellorar o uso da biblioteca e dos servizos que esta presta. En concreto os obxectivos serán:
1. En relación á organización e xestión: a. Ampliar, sempre que o equipo directivo e os nosos horarios o permitan, o horario de
b. c.
d. e. f.
apertura da biblioteca, polo menos os días nos que o noso centro ten xornada de tarde: martes e mércores. Contactar coa ANPA, para buscar a posibilidade de colaboración neste aspecto. Mobiliario: Continuar (na medida en que o orzamento o permita) a mellora e ampliación dos andeis da biblioteca. Continuar coa recatalogación dos fondos anteriores á entrada no Plambe e iniciar a catalogación dos fondos existentes nos distintos departamentos. Revisar e mellorar coa axuda do profesorado a catalogación dos materias xa actualizados. Continuar co proxecto “Axudantes na biblioteca”, orientado á formación de colaboradores e instrutores directos das súas compañeiras e compañeiros. Abrir un blogue propio da biblioteca accesible dende a páxina web do instituto ou directamente para divulgar as nosa actividades e materiais. Fondos: Revisar os contidos dos nosos fondos. Facer os expurgos necesarios coa colaboración dos departamentos e recoller as súas propostas de compra, primando: a) Materiais didácticos destinados a facilitar a autonomía na aprendizaxe por parte do alumnado. b) Audiovisuais e CDRoms interactivos. c) Materiais destinados á atención á diversidade d) Novos tipos de fondos: mapas, fotografías, dossiers con reportaxes e noticias interesantes extraídas dos xornais, xogos didácticos,....
2. En relación á dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, á súa
integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado: a. Preparar, en colaboración cos departamentos implicados, exposicións por materias acompañadas con actividades relacionadas co obxectivo de achegar ao profesorado e ao alumnado os fondos existentes na biblioteca. b. Colaborar cos departamentos que o desexen na elaboración de pequenos proxectos de investigación relacionados coas súas materias, e que supoñan o uso e coñecemento dos fondos existentes por parte do alumnado.
1
c. Solicitar dos distintos departamentos a elaboración de actividades temáticas por materias que requiran, para o seu desenvolvemento, o uso dos fondos bibliográficos da biblioteca (educación documental). d. Fomentar a ampliación do arquivo de actividades realizadas na biblioteca; colaborar tamén co profesorado na realización de novas unidades didácticas que favorezan a adquisición das competencias básicas do alumnado aplicadas as distintas materias.
3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información (competencia para o tratamento da información e competencia dixital). a. Continuar coa formación de usuarios a través da materia de PROXECTO INTERDISICPLINAR en 1º de E.S.O. b. Continuar a formación dos alumnos e alumnas como usuarios cunha serie de actividades, que incidan, a modo de repaso, no coñecemento do funcionamento e organización da biblioteca, así como o emprego dos recursos dispoñibles tanto materiais como virtuais. c. Divulgar entre o profesorado información actualizada de recursos dispoñibles para traballar co alumnado o tratamento da información e a competencia dixital. 4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector de centro. a. Continuar coas actividades de animación xa asentadas: as mochilas viaxeiras en 1º ESO, ofrecendo materiais diversos e axeitados para o alumnado e as familias; a coordinación da Hora de Ler nos catro cursos de Secundaria, ofrecendo selecións de fondos a disposición do profesorado e alumnado; os clubs de lectura para o alumnado. Dándolles a maior difusión posible. b. Elaborar, polo menos, dúas Guías de lectura: unha para o Nadal e outra para o verán. Ambas divulgaranse tamén a traves da páxina web. c. Preparar e difundir, polo menos un por curso, o boletín de novidades, destinado tanto ao alumnado (e familias) como ao profesorado. d. Organizar actividades para o Día do Libro e o día das Letras Galegas: Mercado de troco de libros, concursos de marcapáxinas, exposicións, lecturas en alto…. e. Colaborar coa vicedirección na organización de exposicións de materiais da biblioteca relacionadas coas distintas efemérides: o día da Paz, da Muller, etc. Mellorando a súa visualización entre toda a comunidade educativa. f. Organizar, contando con profesionais alleos ao centro, sesións de contacontos, encontros con autores relacionados con intereses do alumnado. g. Colaborar no desenvolvemento do Plan Lector dos distintos departamentos, ofrecendo información dos recursos dispoñibles e posibilidades de aplicación. 5. Outras actuacións a. Manter as canles de comunicación coa biblioteca municipal de Salvaterra. Se hai posibilidades organizar algunha actividade conxunta: visitas do alumnado, participación en actividades interculturais, ... b. Continuar animando aos pais e nais do alumnado a usar e gozar da biblioteca: Ofertar de novo o carné da biblioteca en 1º de E.S.O. Na sesión de presentación a comezo de curso. Contactar cas ANPAS.
2
c. Manter e divulgar a “Biblioteca solidaria”, actividade de intercambio temporal de libros, destinado ao alumnado. d. Manter o contacto cos demais centros integrados no PLAMBE, divulgando a información e recursos dispoñibles entre o profesorado e dando a coñecer os nosos traballos. 6. Criterios e procedementos de avaliación: a. Os criterios de avaliación están en consonancia cos obxectivos presentados. Xiran en torno ós seguintes puntos: recatalogación de fondos anteriores ao PLAMBE, materiais elaborados para a difusión da biblioteca, uso dos fondos por toda a comunidade educativa e participación do profesorado e alumnado nas actividades programadas, divulgación e visualización dos traballos e fondos da biblioteca. b. Os procedementos de avaliación serán os seguintes: análise de estatísticas extraídas do programa Meiga, recollida de comentarios e observacións feitas polos usuarios (persoais e buzón de suxestións), enquisas para profesores/as e alumnos/as, reunións de reflexión e valoración frecuentes (unha ó mes como mínimo) do Equipo da biblioteca e, especialmente, elaboración dunha memoria anual ao remate do curso.
7. Persoa designada como responsable/dinamizadora da biblioteca escolar. Equipo de apoio. Horario previsto.
a. Persoa designada como responsable da biblioteca escolar para o curso 2013-14: Ana González Cabaleiro, profesora de Ciencias Naturais. b. Equipo de apoio: para o próximo curso está previsto manter a maior parte do equipo con Ana González Cabaleiro como coordinadora, Marga del Amo e Mª Sol Fernández; debido ao traslado de Carme Parada esta sería substituída por outro compañeiro/a. c. Horario previsto: Espérase aumentar o horario do presente curso de catorce horas ou como mínimo mantelo; tamén é necesaria unha sesión conxunta no horario para todos os membros do equipo que permita a coordinación para un mellor funcionamento.
Asdo. Ana González Cabaleiro (Coordinadora da biblioteca)
3