2012_Do obradoiro ao corpo_Armada_poster galego

Page 1

Reunión científica

Do obradoiro ó corpo: O metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste

3 e4 xullo 2012 A reunión científica “Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste” é unha iniciativa do proxecto de investigación do mesmo título, financiado polo Programa de Promoción Xeral da Investigación da Xunta de Galicia. Este proxecto, liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, conta coa participación de nove investigadores pertencentes ó CSIC, a Universidade de Durham e a Universidade de Coimbra. O obxectivo desta reunión é presentar á comunidade científica, e a todo o público interesado, o traballo realizado ata a data, situándoo no contexto de discusión máis amplo que proporcionan varios participantes convidados. Inscrición: Cota de inscrición de 18 euros para as personas interesadas en asistir á reunión. Para efectuar a inscrición, debe ingresar a citada cantidade no número de conta 0049-5404-26-2316141133, indicando como concepto Reunión 3 xullo e enviar unha mensaxe, incluíndo o xustificante de ingreso, a teresa.neo@incipit.csic.es Máis información: Descargando o programa en: http://digital.csic.es/handle/10261/51493 Ou contactando co Dr. Xose Lois Armada enviando un correo electrónico a xose-lois.armada@incipit.csic.es Hospital de San Roque. Rúa de San Roque nº 2,

Santiago de Compostela Digital CSIC


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.