CEIP ELADIA MARIÑO CABANAS
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO:PARA QUE LES? Actividade enmarcada dentro do Plan de Mellora De Bibliotecas Escolares. A iniciativa desta actividade, xurde dende o blogue do clube de lectura da ONG Implicadas No Desenvolvemento : http://implicadas.blogaliza.org Propuxeron, a xente coñecida, e non tanto, que respostaran en non mais de 140 caracteres á pregunta “Para que les?”. As respostas fóronas publicando no blog de lectura. Dende o grupo de bibliotecas do PLAMBE, partindo desta idea, pensaron que se podía organizar unha exposición para o Día do Libro. Loly, Olga e Charo, tres compañeiras doutros centros de ensino, ocupáronse de recompilar e de enviar ós demais centros as respostas recibidas. Temos sobre 100. A nosa proposta, a nivel de centro, é a seguinte: - Expoñer polo centro algunhas das respostas recibidas. (Escolleremos aquelas que resulten mais significativas e as de persoas coñecidas). - Respostar á pregunta “Para que les?”. Elaborar algún debuxo, buscar fotografías en revistas, internet,… de xente lendo. Con todas as respostas e as ilustracións ou debuxos, cada clase presentará unha ou dúas cartuliñas, tamaño A3. Adxúntase modelo. Podense empregar os monigotes, todos, ou só algún, e decoralos libremente. O autor é: Jaime Eizaguirre Santillán.