Os muíños de Neda

Page 1

1. MUÍÑOS As condicións físicas coas que conta Galicia son as máis favorables para a implantación dos muíños. Galicia é coñecida como o país dos “dez mil ríos” e está atravesada por multitude de ríos e regatos que debuxan a nosa paisaxe.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 26


A grande riqueza das augas do río Belelle que atravesan o concello de Neda fixo que os nosos antepasados situaran os seus asentamentos para poder facer uso deste recurso, que utilizaron desde sempre para regar as leiras, hortas e prados, para pescar ou mover os muíños. Chámaselle muíño á construción, que aproveitando a forza motriz da auga, serve para moer grans de cereais e convertelos en fariña, aínda que tamén pode moer outros materiais coma olivas, xofre, casca de árbore,… Os primeiros muíños encontrados en Galicia datan do Neolítico e son muíños de man, onde se moían os grans fregando unha pedra contra outra. Na Época Romana utilizáronse os muíños circulares de man que na Alta Idade Media aumentaron en tamaño e pasaron a ser movidos por auga. Os muíños forman parte da paisaxe de Galicia. Son moitos os ríos que se atopan poboados por un dos elementos da economía local ao longo dos tempos. Ademáis, os muíños eran lugares onde os veciños aproveitaban a espera para moer o gran, para cantar, bailar ou contar contos e lendas que forman parte da cultura popular. A súa construción tiña unha finalidade produtiva, carecendo de toda pretensión estética, aínda que sen o querer desenvolveuse ó seu redor toda unha cultura e folclore. Nos muíños citábanse os noivos, os rapaces esperaban ás rapazas para declararles o seu amor, e tamén se facían festas. Así mesmo, nos muíños naceron moitas cancións populares que a día de hoxe seguen presentes no noso folclore.

1.1.

OS MUIÑOS DE RÍO 1.1.1.

Historia.

Os muíños do río Belelle xa aparecen documentados dende a época medieval, cando no ano 1111, dona Munia Froilaz Traba funda o Mosteiro de Pedroso e dóalle a este un cuarto das súas propiedades en Neda. No ano 1543, volven a aparecer citados os muíños do río Belelle, cando o Mosteiro de Pedroso, xa arruinado, pasa a depender, con tódolos seus bens, de San Martiño de Mondoñedo. Debido a existencia de moitos muíños e tamén pola excelente calidade das augas do Belelle o Rei Filipe II no ano 1588, toma a decisión de fundar os Fornos de Neda, chamados “Casas Reales, Hornos de la Provisión o Fábricas de Bizcocho”. Nelas elaborábase a galleta ou biscoito para o subministro das Armadas que saían de Ferrol a loitar con Inglaterra, ou as que ían ou viñan de Flandes. A produción dos muíños chega a ser escasa para o traballo de tantos fornos, tal e como indica o Xeneral Zubiaur en un informe dirixido ó Rei Filipe III no ano 1602. “En Neda tiene V.M. muchos y buenos hornos, pero falta moliendas...que bien podrían hacerse en el mismo lugar de Neda y que podrían costar cuatro mil ducados”. Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 27


Os Fornos Reais ou Fábricas de Biscoito da Armada estaban situados aproximadamente, no lugar onde están hoxe a Casa da Cultura e o Colexio San Isidro, e continuaron traballando ata o século XVIII, xa que cando se elaborou o Catastro do Marqués da Ensenada, no ano de 1752, aínda seguían funcionando. Neda considerábase nos séculos XVII, XVIII e XIX a capital do trigo en Galicia. Incluso un ferrado de Neda era o máis coñecido e usado en toda a rexión. Madoz, no seu diccionario, menciona a existencia en Neda de 44 muíños fariñeiros. Pero a mediados do século XIX empeza a súa decadencia “desde que as fariñas de Santander e Bilbao viñeron a abastecer os fornos e panaderías de Ferrol e comarca”aínda que as crónicas nos din que a principios do século pasado chegaban xentes de Valdoviño, Meirás, O val....cos seus cabalos e carros cargados de trigo e maínzo para moer nos muíños de Neda. E os veciños do contorno viñan tamén con parte da súa colleita para obter fairiña para elaborar o pan, que era pa parte fundamental da dieta. Pero o forte da moenda era a ser a fariña destinada as panaderías. Durante a Guerra Civil e en anos posteriores, ó estar o trigo intervido polo Estado, o traballo dos muíños baixou moito e algúns incluso chegaron a ruína

1.1.2.

Os muíños

Son construcións de pedra situadas a carón dun río, que utilizan a forza e o peso da auga para moer o gran. No edificio ou construción central están os mecanismos que fan posible a moenda, pero é preciso tamén unha infraestructura exterior que desvíe a auga da súa corrente natural e a conduza cara o muíño. Para que a auga chegue ao muíño con maior velocidade aprovéitanse os desniveis do terreo. No concello de Neda polo regular os muíños son unhas construcións de pedra de planta cuadrada ou rectangular, sen fiestras e cun pequeno buraco que servía de tiro para o lume que facían os muiñeiros para quentarse mentres moían. A súa cuberta é un simple teito a unha auga ou a dúas augas, e con tella do país.

Un elemento que os diferenza doutras construcións é o pousadoiro, consistente nunha lousa “ encastrada” no muro a carón da porta, para pousar os sacos e evitar que o gran se molle no chan.

Os muíños segundo a súa propiedade poden ser:

De parceiros: Muíños de rolda. Feitos por unha comunidade de veciños máis ou menos numerosa. Cada parceiro ten asinado un tempo de

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 28


moenda cada certo tempo. Unha peza son 24 horas, media peza e un cuarto de peza 6 horas. Para poder utilizar os muíños, facíanse quendas, é dicir, datas de moenda por quenda, xa que cada propietario tiña o dereito a moer o seu gran durante datas determinadas, seguindo un sistema de rotación previamente establecido de común acordo. De herdeiros: Foron particulares nun principio, pasando despois aos herdeiros do seu propietario. O seu suso é coma os muíños de parceiros. No caso de reparación a achega de cada copropietario é proporcional ao tempo de moenda que ten adxudicado. De particulares ou maquía: Para uso particular ou para facer negocio, este último, coñécese como muíño de maquía. Case todos eran de maquía. Son muíños particulares nos que pode moer quen queira, previo pago dunha maquía ao propietario. A maquía era un cuartillo por ferrado.

De parceiros

De maquía

Chámase muíño albeiro a aquel que está destinado ao trigo ou ao centeo, diferenciase dos outros pola pedra de moer, que neste caso se chama pedra albeira e que separa a fariña do salvado e sae máis branda; a pedra que se usa para moer o millo é de inferior calidade e chamase pedra do país ou pedra mourenza. Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 29


Nalgúns muíños non se facían quendas; o propietario estaba alí todo o día moendo e o veciño que levaba o millo a moer, volvía ao cabo dun tempo a recollelo. Como xa comentamos anteriormente os muíños están situados a carón dos cursos de auga e para funcionar precisan dunha serie de infraestrutura que lle proporcione a auga para facelo andar. Así, tódolos muíños precisan desviala auga do curso natural para facelar chegar ata ao muíño, para isto constrúen unha presa que consiste nun muro que detén a auga para acumulala e levala por medio dunha gabia cara o muíño. Estas gabias son feitas no terreo natural e discorren paralelas ao río aínda que a distinto nivel, tamén se acostuman a chamar canles, aínda que se presta a confusión. .A forma de entrar a auga no muíño pode ser de dúas maneiras: 

Por medio da canle ( non confundir coa gabia). A auga que vén pola gabia vai directamente cara a canle, que é unha peza con forma troncopiramidal que se vai estreitando conforme a agua penetra nela. Esta canle, que está feita de pedra, no seu primeiro tramo é case horizontal e no segundo forma unha grande pendente no terreo que lle proporciona á auga unha forte presión para entrar no muíño. Existen dous tipos de canles nos muíños: as canles pechadas, que van cerradas por tódolos seus lados; e as canles abertas que levan un lado descuberto.

canle

Por medio de un cubo: que é un depósito ou pozo con forma de embude que se sitúa no lugar de entrada da auga no muíño que serve para almacenala auga e usala segundo conveña. Esta entrada de auga leva unha reixa para impedilo paso da ramallada. Este modelo é o que se emprega en curso de escaso caudal.

Desta forma chega a auga ao edificio do muíño, que é o lugar onde se leva a cabo o proceso de moenda para obtela fariña. No edificio do muíño diferéncianse dúas partes:

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 30


A planta inferior do muíño ou inferno onde están situados os mecanismos de rotación (roda motriz, pezas de xiro,…) os muíños presentan dous tipos fundamentais segundo a colocación da roda motriz:

-Muíños de rodicio coa roda motriz horizontal, que son máis antigos e abundantes. -Muíños de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e escaso. Todos os muíños do concello de Neda son De rodicio coa roda motriz horizontal. O rodicio é unha roda que leva colocadas no interior unhas paletas, tamén chamadas penas ou penlas, que fan que ao bater a auga que vén do exterior se mova a roda. O rodicio leva inserido no medio un eixe vertical que lle transmite a rotación á capa que está na parte superior do muíño. 

A planta superior do muíño ou tremiñano onde van os mecanismos de trituración (o pé, a moa, ...). As dúas partes do muíño están comunicadas, cando o rodicio empeza a xirar transmítelle o movemento por medio do eixe á capa ou moa, que é unha peza de pedra circular que xira enriba doutra peza de pedra circular pero fixa chamada pé. Así, póñense en funcionamento os mecanismos de trituración que hai na parte superior.

O gran de trigo, centeo ou millo bótase nunha caixa de madeira, chamada moega, de forma troncocónica situada enriba da capa, que ten abertas a parte superior e inferior. O gran vai esbarrando dentro da moega axudado polo seu peso e polo movemento que lle transmite o tenxedoiro ou tarabelo (peza de madeira unida por un extremo aos mecanismos do caixón e pousado polo outro sobre a capa, ao xirar a capa este móvese e fai vibrar a moega). O gran vai pasando da moega cara a cangalleira, e de aquí cara o ollo da capa, penetrando así entre as dúas pedras onde é triturado. Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o gran, incluso tamén para levantar a pedra para arranxala, cando se pon lisa.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 31


PARTES DUN MUÍÑO

NOMENCLATURA DO MUÍÑO: 1-VIGA: Pau de madeira que se aproveita para colgar a moega. 2-MOEGA: Caixón de madeira colgado da trabe do teito enriba da capa. Neste caixón é onde se bota o gran. 3-CANGALLEIRA: Caixonciño de madeira suxeito á moega cunha alcaiata pola parte de atrás e pola parte de diante vai colgado da espicela. 4-TARAVELA: Está en contacto coa capa e ao xirar esta, transmítelle unhas vibracións á cangalleira que fan caer o gran no ollo da capa. 5-CAPA: Pedra circular que xira sobre o pé, ten o mesmo diámetro que este e no centro ten un burato pola que cae o gran para ser moído. 6-OLLO: Burato redondo por onde cae o gran. 7-SEGORELLLA: Peza metálica encastrada na capa. 8-BUXA: Peza de madeira de buxo atravesada polo Beo; ten como misión equilibrar o movemento de este último.

9-PÉ: É un cilindro de pedra rematado na parte superior en forma convex. 10-BEO: Pau de ferro que vai dende a vara ata a segorella. 11-VARA: Pau que vai desde o ovo ata a segorella, en xeral soen ser de carballo. 12-ARGOLAS: Garanten a unión do Beo coa Vara.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 32


13-ESPICELA: Suxeita á cangalleira. É un pau de madeira co que se pode regular a caída do gran no ollo, subindo ou baixando uns buratiños nel. 14-RODICIO: Rodas con culleres que xiran ó caer a auga. 15-OVO: Nas primeiras épocas era de cuarzo, e nos últimos anos era de ferro de fundición. 16-MESA: É unha travesa de madeira que sostén so peso de todo o sistema de rotación. 17-CRUZ: Serve para manipular a folgura entre a moa e o pe e obter a fariña máis ou máis grosa.

Case todos estes muíños foron perdendo a súa funicón co paso dos anos debido as técnicas modernas. Os muíños foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas, así coma do seu folclore e das súas lendas. Hoxe, cubertos moitos por hedras e silvas, fálannos dun pasado que se vai e da utilización de novos medios técnicos para moer o millo, o trigo e o centeo No muíño xurdiron cancións, refráns, contos e ata unha danza: “ a muiñeira” . Unha muiñada era unha antiga xuntanza festiva de mozos e mozas en torno aos muíños, mentres se esperaba pola vez para moer. Nelas cantábase, bailábase e pasábase o tempo de troula. Así naceu a muiñeira, o baile máis clásico de Galicia, que se baila en círculo por dúas ou máis parellas imitando o movemento de xiro da capa.

CANTIGAS POPULARES Veño de moer morena do muíño de arriba durmín coa muiñeira e non me cobrou maquía.

Veño de moer morena do muíño do medio durmín coa muiñeira e non me cobrou o centeo

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 33


Veño de moer morena do muíño de abaixo durmín coa muiñeira e non me cobrou o traballo

A poesía do s. XIX Moe, muíño!...

O muíño moe, moe, moe; O muíño moe, aínda que coroe A artesa a fariña, o piorno o gran; O muíño moe, porque a fame roe Cando non hai pan.

O muíño canta, canta, canta Aquel seu continuo batelar espanta; É como unha vos Que soa no ermo, e que se adianta Á xornada santa, A todás arelas que sentimos nós...

O muíño chora, chora, chora; Pola vella, vella, que o neto acocora; Por aquil cruceiro que no adro cai; Por aquil meniño que ficóu en hora Cando no mar fondo se afundiu a nai. O muíño fala, fala cando xuntos Homes e mulleres contan os asuntos Na hora de sólpor, De cregos a frades, trasgos e defuntos E as mans dos rapaces platican de amor

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 34


UNIDADE DIDÁCTICA

“ OS MUIÑOS” Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 35


ACTIVIDADES As actividades están dirixidas a nenos/as do 2º e 3º ciclo.

Actividade 1 : Canto coñeces? Escribe todo o que saibas sobre os muíños na seguinte táboa:

Sabes que son...

Onde están situados...?

Coñeces algún/a?

Funcionamento

Os muíños

Actividade 2: Que son os pousadoiros? .............................................................................................................................................. .............................................................................................................................................. .............................................................................................................................................. .............................................................................................................................................. Actividade 3: Existe algún oficio relacionado cos muíños no Concello? Cal era o seu traballo? .............................................................................................................................................. .............................................................................................................................................. Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 36


Actividade 4: Agora busca un muíño que coñezas e REALIZA un DEBUXO que A represente da mellor forma posible.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 37


Actividade 5: Coñeces os muíños...? Responde as preguntas:

SABES CAL É O FUNCIONAMENTO DUN MUÍÑO? EXPLÍCAO

QUE PARTES TEN?

QUE SE PRODUCE DENTRO DO MUÍÑO?

Nos muíños de auga QUE FAI QUE FUNCIONE?

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 38


Actividade 6: Descubrindo os muíños Visita a un muiñeiro. Farémoslle preguntas para obter máis información:

       Preguntas que se lle poden facer ao muiñeiro

    

Que partes ten un muíño? Como funciona? Que fai a auga no funcionamento do muíño? Por que teñen esta forma e non outra? É moi difícil o traballo do muiñeiro? Que grao se moía neste muíño? Que se facía mentres se esperaba para moer o grao? Acórdase dalgunha historia dos muíños’ Existía algún lugar para esperar para moer? Cómo se chamaba? Cando se moía: pola mañá, pola tarde ou pola noite? Como leva a xente a fariña para a casa: en carros, en sacos...? Cantos anos hai que non se moe aquí?

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 39


Actividade 7: Descubrindo os muíños

Nome do/a participante:

Nome do muiñeiro:

DEBUXA UN MUÍÑO E ESCRIBE AS PARTES QUE RECORDES:

Cal é o funcionamento do muíño?

Cal era o horario do muiñeiro? Cal era a súa función? Cantas horas moía?

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 40


Actividade 8: Sopa de letras. Busca as palabras que correspondan coas seguintes definicións: Definición 1: Caixón de madeira colgado da trabe do teito enriba da capa. Neste caixón é onde se bota o gran. Definición 2: Pau de madeira que se aproveita para colgar a moega. Definición 3: Rodas con culleres que xiran ó caer a auga. Definición 4: Burato redondo por onde cae o gran.

o

n

d

a

s

m

u

a

i

c

s

l

o

o

l

l

o

r

v

e

s

o

p

a

a

c

i

i

r

o

m

o

e

g

a

o

g

a

b

a

ñ

o

s

a

s

a

r

e

d

d

s

p

l

e

a

c

u

a

t

i

c

a

s

t

n

n

t

p

r

c

p

g

m

t

o

i

c

i

d

o

r

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 41


Actividade 9: Descubrindo os muíños.

Agora tes que buscar o nome que lle corresponda as diferentes partes do muíño: ESQUEMA DO MUÍÑO

1- ...............................

8- ...............................

2-................................

9-................................

3-................................

10-.................................

4-................................

11-.................................

5-................................

12-..................................

6- ...............................

13-..................................

7- ................................

14-...................................

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 42


Actividade 10: Ordena as sílabas e forma as palabras correspondentes as

definicións:

ÑA-RI-FA:

- Pó que se obtén de moer o gran dos cereais, como o trigo ou o millo

ER-MO :

-Desfacer unha cousa ata poñela en cachos pequenos

SA-PRE:

-Valo que se fai para deter ou encorar unha corrente de auga

Actividade 11: CANCIÓN. Nas poesías e nas cancións é frecuente a repetición dalgunha palabra para resaltar a súa importancia ou para facilitar a súa memorización. Saíde a bailar mociños Saíde a bailar agora, Saíde a bailar mociños, Que a foliada vai boa. Ai la la... A foliada vai boa, Ela non vai de perder Quen non ten amores nela, Deseará de os ter. Ai la la… Saca punto, saca punto Galanciño, no turreiro, Saca punto, saca punto, Ti e mailo compañeiro. Ai la la… Quedaron de vir, han vir Quedaron de vir, han vir Elas deron a palabra E elas hana de cumprir.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 43


-Agora memoriza a canción anterior. -Despois busca todos os verbos e clasíficaos segundo sexan da 1ª, 2ª ou 3ª conxugación.

Actividade 12: PRESENTACIÓN POWER POINT

Elaborar unha presentación en Power Point dos muíños de Neda. Utilizaranse fotografías dos muíños e a música do grupo nedense”ZOAR DO VENTO”.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 44


PRACTICAMOS MATEMÁTICAS... Actividade 13: Para preparar un biscoito, precísanse 0,175 g de manteiga e

0,450 g de fariña. Canto se necesita de cada ingrediente para preparar 15 biscoitos? Datos: Operación:

Solución:

Actividade 14: Serafín envasa 360 biscoitos en caixas de 24. Cantas caixas pode encher? Cantas caixas encherá se as envasa en caixas de 12? Datos: Operación:

Solución:

Actividade 15: Eva e Laura compraron dúas barras de pan iguais. Eva dividiu a súa barra en 6 partes e Laura a súa en 5 partes. As dúas comeron 3 partes da súa barra. Quen comeu unha fracción maior de barra? Datos : Operación:

Solución: Actividade 16: Para facer 25 tartas, utilizamos 10 kilos de fariña. Cantos kilos se necesitan para facer 20 tartas? Datos: Operación:

Solución:

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 45


PRACTICAMOS INGLÉS...

The Mill Write the words under the photos

1

a. Tidemill

e. Shipmill

b. Horsemill

f. Millstone

c. Windmill

g. Waterwheel

d. Grain hooper

h. Waterwheel

2.

4.

3.

5.

6.

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 46


7.

8.

Fotografías: 1,2,3,4,5,7,8 Wikipedia. 6 propia

Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 47


Proxecto Interdisciplinar – CEIP San Isidro Página 48


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.