Alumno/a:…………………………………………………Curso:………… Risca a resposta correcta A PLANTACIÓN DE EUCALIPTOS OCASIONAN: 1.- En relación co chan: O empobrecemento dos chans, porque a extracción de nutrientes é moi importante cando se trata de explotación intensiva. Ademais, erosionan o chan e non deixan medrar nada preto deles. O enriquecemento dos chans porque lle aportan nutrientes..
2.-EN RELACIÓN COA AUGA: A desecación das fontes de auga. Hai un consumo de auga moi elevado dos eucaliptos por mor do seu rápido crecemento e das súas raíces profundas. Isto reduce os niveis de auga no chan e o caudal dos cursos de auga. Como se trata dunha especie de crecemento moi alto, pódese temer unha gran desecación da auga, o que pode afectar os cultivos. Algúns chegaron a nomear ás plantacións de eucaliptos como desertos verdes.
Non lle afectan as fontes de auga, porque o seu consumo é pouco elevado. 3.- EN RELACIÓN COS INCENDIOS FORESTAIS O control dos incendios forestais debido a quen son árbores de escasa altura nas que resulta moi doado controlar o lume. A propagación de incendios forestais por ser unha especie pirófila, que non só non morre co lume, senón que os incendios forestais facilítanlle a colonización do espazo. O bosque de eucaliptos pode crear problemas de incendios incontrolables debido á gran altura que conseguen estas árbores en pouco tempo e á fácil combustión da súa madeira.