C.E.I.P. “Os Muíños”
PLAMBE
2013-14 Memoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
1. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos Obxectivo 1: Mellorar o funcionamento do Equipo de Biblioteca e a formación do profesorado Consideramos este obxectivo como non conseguido. O equipo de biblioteca non dispuxo dun tempo estable para reunirse agás no primeiro trimestre. Co avance do curso, as reunións fóronse diseminando e non conseguimos unha boa coordinación, a pesares da boa disposición de todos os membros. En canto á formación do profesorado, as dificultades foron as mesmas, xa que non dispuñamos de tempo en horario lectivo para integrar aos novos compoñentes do equipo ou compartir novidades, como a modificación de aplicacións para a catalogación, as compras, a organización dos distintos eventos, etc. A pesares do esforzo na difusión da información da biblioteca (en todas as reunións de ciclo e de CCP), non nos sentimos satisfeitos coa formación prestada aos compañeiros e compañeiras do centro. Definición do indicador Cumprimos coas reunións acordadas, seguindo o calendario e repartindo o traballo. Iniciativas e tarefas cumpridas, marcando o realizado e o pendente. Satisfacción coa formación inicial: presentación da biblioteca. Analizamos os resultados mediante un cuestionario con escala de 1-4 e propostas de mellora. Satisfacción co apoio nas actividades, mediante un cuestionario con escala de 1-4 e propostas de mellora.
Cumprido s/n?
Non
Non Si.
Si
Análise das causas Xa que non foi posible dispor dunha sesión en horario lectivo, acordamos reunirnos en luns alternos ao remate da xornada. Dado que é o día dedicado ás familias, en moitas ocasións houbo que adiar as reunións, ou celebralas co equipo incompleto. Mantívose durante o 1º trimestre, pero non así nos restantes. A coordinación das tarefas fíxose nas escasas reunións celebradas. Un 14% valorouna cun 3, e un 86% cun 4. Ninguén lle adxudicou unha cualificación inferior. Valorouse como algo positivo o ambiente creado, a explicación amena e clara, os vídeos, e a explicación dos distintos espazos da biblioteca, así como presentala como un recurso didáctico. Entre as propostas de mellora, dosificar a información, destacando a básica e profundizando máis adiante. Un 75% cualificouna cun 3 e un 25% cun 4. Non se recibiu ningunha cualificación de 1 ou 2. Valórase a ilusión e o esforzo por parte do equipo da biblioteca. Proponse maior implicación do alumnado e do profesorado en distintas actividades de dinamización.
Obxectivo 2: Mellorar o espazo e o seu uso axeitado Consideramos este obxectivo parcialmente conseguido. O espazo da biblioteca xa está distribuído definitivamente, aínda que temos que mellorar a rotulación e difundila, para que todo o alumnado coñeza como usala. Mantéñense as consultas ao catálogo. Durante o primeiro trimestre instalamos os ordenadores na aula TIC-TAC (un lote de 20 terminais do ano 2000 dos que prescindía o CEFORE), e está en funcionamento. Cumprido s/n? Definición do indicador Sinalización e difusión da Parcialmente. sinalización, marcando o realizado e explicitando o pendente. Consultas do catálogo., Si contabilizando a través de
2
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
Análise das causas Os espazos xerais están sinalizados e repartidos desde comezos de curso: consulta e lecer (teatro, poesía, banda deseñada), e difundiuse xa na visita de inicio do curso. Na sección de Infantil e 1º ciclo reorganizáronse as coleccións pero non se difundiu suficientemente. Non temos resultados do presente curso, senón do ano 2013, no que se contabilizan, segundo os rexistros de MEIGA, 12.810 visitas á web, 8.676
MEIGA. Ordenadores instalados na Si aula tic-tac Recoñecemento dos Parcialmente espazos da biblioteca, preguntando se saben onde buscar.
consultas no catálogo e 3.996 visualizacións. Na aula TIC-TAC instaláronse 20 ordenadores, recollidos dun expurgo do CEFORE de Coruña. 17 deles están en funcionamento con sistema operativo LINUX, grazas á axuda do asesor ABALAR e do noso coordinador ABALAR. So o alumnado do segundo ciclo participou na actividade.
Obxectivo 3: Mellorar os fondos e recursos, a súa xestión e difusión e o uso axeitado dos mesmos Consideramos este obxectivo parcialmente conseguido. No referente á xestión técnica, melloramos en coherencia, xa que so contabilizamos os préstamos reais, ao eliminar o cómputo das mochilas viaxeiras e das bibliotecas de aula. Isto permítenos apreciar o movemento real de fondos da biblioteca. Os máis emprestados seguen sendo as películas. Cumprido s/n? Definición do indicador Número de exemplares Parcialmente catalogados e dados de baixa contabilizados na aplicación MEIGA.
Número de usuarios da Non biblioteca contabilizados a través da aplicación MEIGA. Número de participantes Non nos clubs de lectura, contabilizados nas reunións. Préstamos realizados, Si contabilizados a través da aplicación MEIGA.
Finalidade do uso dos Si ordenadores, contabilizados a través do caderno de seguimento.
Satisfacción coas propostas Parcialmente da biblioteca, conseguido. contabilizando o número de respostas, e o resultado das mesmas, con propostas de mellora. 3
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
Análise das causas Catalogáronse 215 exemplares (244 no curso anterior). Déronse de baixa 12 exemplares (328 no curso anterior). O tempo dedicado á catalogación viuse claramente minguado. So dúas das persoas do equipo se dedicaron á tarefa. Os cambios en REBECA retrasaron o labor, e non houbo tempo para adestrar aos membros do equipo. Seguimos tendo problemas co segundo terminal da biblioteca. Non se puido utilizar a aplicación MEIGA para este fin. Non desenvolvemos un método alternativo. A pesares de que iniciamos as reunións do club coa totalidade do alumnado de 6º, foi imposible seguir mantendo a súa actividade. O horario previsto para tal fin (o descanso do xantar), resultou finalmente pouco axeitado, debido aos cambios producidos no funcionamento do comedor escolar. Varios alumnos non permanecen no centro, e o profesorado ten o horario saturado coas gardas. Seguindo o consello de Isabel Pemán so rexistramos nos préstamos os que se realizan a usuarios de biblioteca, e eliminamos deste rexistro os préstamos de aula e os das mochilas viaxeiras. Por iso o número de exemplares prestados é sensiblemente inferior: 647 ata o 26 de maio. Pensamos que este xeito de rexistrar é máis fiable e que nos dará unha medida máis exacta da actividade lectora do alumnado. No tempo de lecer o uso dos ordenadores foi: Xogos: 36% Blogs do cole: 26% Aula virtual de inglés: 21% Búsqueda de información: 6% Realizar traballos (usando ferramentas de ofimática): 6% Escoitar música (en youtube): 5% De 18 mestres que traballan no centro, tan so 8 responderon ao formulario enviado. Nunha escala de 1-4 o pior valorado foi: - o aproveitamento que o alumnado fai dos servizos que ofrece a biblioteca (13% cualificárono cun 2). - a hora de ler (13% cualificárono cun 2).
Propostas de compra, contabilizando as realizadas a través do formulario (% sobre o total de adquisicións). Consultas do blog, contabilizando nº de consultas por entrada. Colaboracións no blog, contabilizando comentarios. Índice de seguidores nas redes sociais, contabilizando novos seguidores.
Non
Si Non Si
- “Canto conto ten o profe” (13% cualificárono cun 2). Como causas apúntase a falta de información, a falta de tempo a disposición do equipo, e a baixa participación de profesorado e alumnado en moitas actividades. É o alumnado o que máis utiliza os formularios de petición de compra, xa que o profesorado prefire facelo verbalmente. Mesmo así, as peticións non superan a ducia. Ata o 26 de maio publicáronse 40 entradas no blog. Recibimos ata o 26 de maio 7.287 visitas (713 máis que no curso anterior), cunha media diaria de 25 visitas. Non recibimos a mesma resposta en canto ao número de comentarios, xa que so foron rexistrados 13 en todo o curso. Aumentamos o número de amigos no noso perfil. En case todas as publicacións feitas recibimos algún comentario. Na actualidade temos rexistrados 321 amigos.
Obxectivo 4: Mellorar a relación con outras bibliotecas e institucións Consideramos conseguido este obxectivo. Celebramos as reunións previstas, con bós resultados e vontade de continuidade. Cumprido s/n? Definición do indicador Actividades realizadas en Si colaboración con outras institucións.
Colaboración coa ANPA, Parcialmente reunións e rexistro de actividades desenvolvidas. PREGUNTAR Difusión de actividades nos Si medios. Soundcloud (recollida de audio) / lista de enlaces / Escaneado de fotografías
Análise das causas Durante o curso celebramos 4 reunións entre as bibliotecas: - 10/09/13, para acordar liñas de actuación para o curso 13-14 - 15/11/13, para acordar o folleto de Nadal - 15/04/14, para preparar o folleto de verán - 23/05/14, primeira reunión conxunta das comisións de biblioteca dos centros do Concello coa biblioteca municipal A representante da ANPA participou na reunión do 23 de maio.
Visita de Kepa Junkera en “Que pasa na costa” (19/11/13) Visita de Kepa Junquera en “La Voz de Galicia” (19/11/13) Entrevista en Radio Nordés (2 de abril) Entrevista en Radio Nordés: maratón de lectura (23/04/14)
Obxectivo 5: Incrementar a partici pación das familias Este obxectivo non está conseguido. Cumprido s/n? Definición do indicador Familias usuarias da Non biblioteca / Expedir carnés e anotar asistencia Aplicación MEIGA Número de préstamos rexistrados a familias. Número de participantes no Non club “Lemos no Niño”
4
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
Análise das causas Aínda que se anunciou na primeira reunión das titorías coas familias, ningunha delas solicitou o carné. Aínda que se convocou a participación nas actividades de dinamización
Por falta de tempo, non houbo posibilidade de convocar as reunións previstas coas familias.
Asistentes ás reunións do club / Crear carnés e rexistrar asistencia Satisfacción coas Non actividades Valoración de 1 a 4 e propostas de mellora.
2. Horario real asignado á persoa responsable e ao equipo da biblioteca. A responsable de biblioteca conta con 4 sesións semanais de horario de atención á biblioteca. O resto dos compoñentes do equipo dispoñen de unha sesión semanal cada un (oito sesións en total). Sen embargo, non é posible coincidir nas sesións, polo que non é posible o traballo en equipo en horario lectivo. Tentamos suplilo con follas de seguimento, pero achamos en falta unha sesión estable de encontro e intercambio de impresións. Por outra parte, e dado que no noso centro temos catro mestres itinerantes, deuse o caso de ter que dedicar a sesión de biblioteca a substitucións, xa que estamos moi escasos de persoal. Atopamos moitas dificultades para manter a continuidade no traballo. Os compoñentes do equipo de biblioteca tamén teñen polo menos unha garda diaria no horario de recreo, e outra durante as quendas de comedor. Outros membros do claustro se integraron igualmente nas gardas de biblioteca en ambos horarios.
3. Actividades desenvolvidas A través dos seguintes cadros, valoramos a realización das actividades desenvolvidas: GRAO DE CONSECUCIÓN
O que planeamos facer: En relación coa organización e a xestión
Fixar datas de reunión do equipo de biblioteca revisar iniciativas e tarefas. Desenvolvemento, seguimento e avaliación do PLAN. Deseño das novas pautas de catalogación e préstamo. Implantación. Reorganización do espazo en coherencia coas melloras da catalogación. Sinalización e difusión. Propostas de mellora para a web MEIGA da nosa biblioteca. Implantación das modificacións. Avaliación e propostas de mellora. Deseño de criterios de xestión do orzamento. Seguimento das propostas de gasto. Avaliación e propostas de mellora. Deseño da xestión dos lectores electrónicos. Mantemento dos lectores. Seguimento do uso dos lectores. Avaliación e propostas de mellora. Formación do alumnado colaborador. Reparto de guías do alumnado. Seguimento da actividade do alumnado colaborador. Análise de dificultades e propostas de mellora. Elaboración de quendas de garda do profesorado e alumnado e horarios de uso por titorías. Seguimento, avaliación e propostas de mellora.
5
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
1
2
3
4
O que demos feito:
Aínda que durante o primeiro trimestre mantivemos as reunións pactadas cada dúas semanas, foi imposible seguir o plan de reunións trazado. O incremento das actividades en horario lectivo e non lectivo (cursos de formación), produciu unha sobrecarga de traballo que houbo que canalizar a través de correos electrónicos e o traballo en grupos virtuais. Acordamos nas reunións do primeiro trimestre consignar en MEIGA a ubicación dos exemplares en cadansúa ficha, e cambiala en caso de préstamo a aulas ou a mochilas. Tamén comezamos a catalogación coa nova interfaz de REBECA, aínda que xurdiron numerosos atrancos sen posibilidade de reunirnos para poñer en común as novidades e practicar conxuntamente o método de catalogación. Unha das propostas do anterior curso, suxestión de Isabel Pemán, foi mellorar a nosa páxina web de MEIGA. Non demos acordado contidos axeitados, e queda como tarefa pendente para o curso vindeiro. Continuamos cos mesmos criterios en canto á xestión do orzamento, aínda que atendemos ás necesidades que foron xurdindo, e ás suxestións feitas por profesorado e alumnado. Será preciso difundir con máis claridade a ficha de solicitude de compra, para manter certa coherencia. Decidimos solicitar que a partida orzamentaria que habilita o centro para a biblioteca se desligara da subscrición fixa ás publicacións de OQO e Kalandraka, para poder dispoñer deses cartos en posibles actividades de dinamización. Un 10% do orzamento do centro destínase á biblioteca (no exercicio 2013 e no 2014 son 1.200€ por ano). Habilitouse un novo espazo para os libros de poesía, outro para as obras de teatro, e outro para a banda deseñada. Difundíronse e foron comentadas na visita de apertura da biblioteca. Os lectores electrónicos foron utilizados na única lectura do club de lectura. Para difundir os contidos dos lectores utilizamos un marco dixital situado na zona de audiovisuais da biblioteca. Mercouse unha tarxetamoedeiro para a xestión das compras, pero non deseñamos unha estratexia ao efecto. De momento son un material claramente infrautilizado. Como todos os cursos, elaborouse un listado de voluntarios para colaborar coa xestión dos préstamos. O alumnado do terceiro ciclo colaborou coa biblioteca desde o mes de outubro, con quendas semanais, recibindo unha breve formación “de repaso” a semana anterior. Tal como se especificou na memoria do voluntariado de lectura, este alumnado axudou aos voluntarios que xa se ofrecen en 4º de primaria. Non se elaboraron, sen embargo as guías de apoio a este voluntariado. As gardas de biblioteca nos recreos repartíronse en quendas de dúas persoas por día (unha delas pertencente ao equipo de biblioteca). No descanso do xantar hai dúas quendas máis, de 45 minutos: unha delas consta como “garda de comedor”, e foi cuberta por profesorado colaborador do comedor; a segunda quenda foi cuberta voluntariamente por compoñentes do equipo de biblioteca, tal como consta na táboa difundida. Tamén as titorías reservaron un horario preferente para asistir á biblioteca. O horario está exposto na sala de mestres, biblioteca e no propio
6
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
blog da biblioteca. GRAO DE CONSECUCIÓN
O que planeamos facer : En relación co fomento da lectura
1
2
3
4
de Difusión recursos desde a biblioteca
Presentación da biblioteca ao novo profesorado. Inclusión de profesorado colaborador: “Vaille con conto”, “Canto conto ten”, gardas, préstamo,… Formación. Seguimento da actividade do equipo de apoio. Análise das dificultades atopadas e propostas de mellora. Difusión da programación anual entre o profesorado, alumnado e familias. Divulgación a través de imaxes dos autores que se tratarán no curso. Xaneiro, mes da paz. Febreiro, mes da amizade. Marzo, mes da poesía. Abril, mes do libro Maio, mes das letras: o poeta Díaz Castro. Convocatoria do concurso de marcadores: “Pregunta por que”. Convocatoria de concurso de lectura. Convocatoria de concurso de creación literaria. Seguimento das actividades de creación. Implantación da frase da semana: pautas de utilización nas aulas. Seguimento, avaliación e propostas de mellora. Selección de fondos para bibliotecas de aula. Difusión de normas de ordenación das bibliotecas. Reparto das bibliotecas de aula. Selección de fondos para mochilas viaxeiras. Deseño de folletos de promoción. Seguimento e avaliación da actividade. Análise e propostas de mellora. Comezo da “Hora de Ler”: información para alumnado e profesorado. Seguimento da actividade e propostas de mellora. Propostas de creación de e-books. Seguimento das creacións. Catalogación e inclusión nos e-readers. Seguimento e avaliación da actividade. Análise e propostas de mellora. Reorganización dos Clubs de Lectura “Queremos ler” e “Chispa da lectura”. Revisión das normas e reparto de carnés. Fixamos calendario de reunións e títulos que nos interesa ler. Seguimento das actividades dos clubs . Festa de remate. Avaliación, análise e propostas de mellora. Fin de curso: festa de peche.
O que demos feito:
A comezos de curso, e antes do inicio das clases, dedicamos unha sesión á presentación da biblioteca ao profesorado de nova incorporación. Enviouse un cuestionario de avaliación, con resultado moi positivo. Seis mestres ofrecéronse para colaborar nas gardas na biblioteca. Durante todo o curso mantívose ao claustro de profesores informado das actividades impulsadas pola biblioteca, a través de correos electrónicos, comunicacións escritas para os ciclos e CCP e intervencións nas reunións de claustro de profesores. Tamén constan intervencións nas reunións de Consello Escolar. A programación foi difundida entre o profesorado para ser incluída nas programacións de aula. Permanece insertada no blog da biblioteca. Tamén foi presentada ás familias na primeira reunión colectiva. Temos que destacar que este curso abrimos a biblioteca de xeito ordinario xa desde o día 23 de setembro.
7
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
As imaxes correspondentes aos autores e temas relacionados coa proposta para este curso xa estaban expostas desde o comezo. As aulas personalizaron o seu ambiente, de acordo co lema: “O ano dos por ques. A filosofia”. Difundíronse os recursos dos que a biblioteca dispuña para tratar os temas propostos a través do blog: Difusión de recursos para o tema anual cara ao alumnado e ao profesorado. Difusión de recursos para o Magosto e actividades realizadas. Recursos para o 25 de Novembro: a igualdade. Obras de María Canosa, con motivo da súa visita a Muxía. Obras para tratar o Día Escolar pola non violencia e a Paz, e biografías de personaxes significativos. Recomendacións para o Entroido. Para o 8 de Marzo. Libros de poesía. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Novidades en banda deseñada. Non foi convocado o concurso de marcadores “Pregunta por que” pero si se elaboraron os marcadores que foron utilizados polo alumnado para lembrar o lugar da biblioteca de onde quitaran un libro. Convocouse o concurso de lectura de poesía en voz alta, e celebrouse a entrega dos premios o día do libro. Os poetas escollidos para este mes foron Manuel María e Gloria Fuertes, poetas que nos fan pensar e que nos achegan ao mundo que nos rodea cos seus versos. Preparouse unha proposta de actividades para achegarse a estes dous autores. Sen embargo, non organizamos concurso de creación literaria, tarefa que deberá quedar aprazada para o curso que ven, sobre todo despois do éxito obtido no Concurso Internacional de “La Atrevida”. onde o conto dunha das nosas alumnas foi seleccionado para ser publicado na “Antologia”. Tomamos nota das distintas creacións que, espontaneamente nos comunican os alumnos, e ás que debemos darlles espazo nos vindeiros cursos. Non difundimos a través do Niño, como planeáramos, a “frase da semana”, aínda que si houbo permanentemente carteis con frases de pensadores universais nos corredores da escola. No andar do terceiro ciclo quedou instalada a “casa dos pensamentos” e Pippi e Mafalda cubriron cos seus consellos as paredes da escola. Dotáronse as bibliotecas de aula con fondos documentais e de lecer, que foron renovados segundo as súas necesidades. Da mesma forma, circularon 18 mochilas entre as aulas de Infantil e Primaria, que foron renovadas segundo as súas necesidades. Revisamos o folleto que se inclúe nas mochilas, para facelo máis atractivo. Incluímos unha pregunta sobre as mochilas viaxeiras nas enquisas de fin de curso. A “Hora de Ler” púxose en marcha desde o primeiro día de escola. Sigue sendo unha actividade moi valorada, segundo deducimos nas enquisas, aínda que tamén recollemos propostas de mellora. Non levamos a cabo a prevista creación de e-books. Falta de tempo e organización fixeron que este ambicioso proxecto non callara, aínda que agardamos poder retomalo no vindeiro curso. Os lectores electrónicos foron 8
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
usados nunha única lectura: a do Club “A chispa da lectura”. Supoñemos que as prevencións das familias no uso deste material limitan moito o uso por parte do alumnado. O Club de Lectura “A chispa da lectura” so se reuniu catro veces, en torno á lectura de “Los juegos del hambre” aprazada desde o curso anterior. Probablemente, a expectación creada en torno a este título foi un serio inconveniente, xa que o elevado número de participantes fixo que se “dispersara” o espíritu orixinal do grupo. A imposibilidade de consensuar un horario de reunión estable, por causa do horario de comedor (con quendas de axudantes) ou pola falta de tempo en horario lectivo, desmotivou a continuidade do grupo. En canto aos pequenos (“Queremos ler”) a imprescindible presenza da titora titular (de baixa varios meses) tampouco facilitou a actividade. Non tivemos tempo de planificar suficientemente as lecturas escollidas, e finalmente non se reuniu nin unha soa vez. Planeamos facer unha “Festa de peche” facilitando os préstamos para o verán, utilizando as mochilas que financiará o Concello de Muxía grazas ao traballo conxunto das bibliotecas escolares e a biblioteca municipal.
GRAO DE CONSECUCIÓN
O que planeamos facer: En relación coa educación para a competencia en información
1
2
3
4
Deseño do calendario e comezo do plan de formación documental para o alumnado: Apertura da biblioteca: visita do alumnado por titorías. Recoñecemento de espazos e uso. Distinguimos documentos. Utilizamos os recursos convenientemente: índices, catálogos, manexo dos buscadores”. Análise das dificultades atopadas e propostas de mellora. Remate do plan. Avaliación e propostas de mellora. Elaboración de guías de lectura virtuais ou en papel Creación de sites ou blogs para o desenvolvemento do proxecto. Seguimento e avaliación. Difusión dos recursos da biblioteca a través do blog e das redes sociais. Seguimento e avaliación. Difusión de recursos para apoio da actividade de equipos e ciclos. Seguimento do uso dos ordenadores: análise e propostas de mellora. Apoio ás necesidades do profesorado. Avaliación do apoio. Análise e propostas de mellora. Difusión dos fondos dos lectores electrónicos: blog e marcadores físicos na biblioteca. Seguimento e análise do uso dos lectores. Avaliación e propostas de mellora.
O que demos feito:
Durante as primeiras dúas semanas do curso, os distintos grupos acudiron á biblioteca para lembrar normas de uso e coñecer os espazos novos. Foron repartidos carnés e pasaportes de lectura, e propúxoselles que elaboraran cada un o seu marcador para telo sempre a man na biblioteca. As seguintes etapas do Plan foron cubertas tan so polo alumnado do segundo ciclo, que participou en dúas sesións máis. Non se elaboraron novas guías de uso en papel nen virtuais. Durante este curso impulsáronse desde a biblioteca tres novos blogs: “Pippi no Niño” (para difundir datos acerca do personaxe e a súa autora), “Letras 2014” (en torno á figura de Díaz Castro) e “Compartindo lecturas” (para recoller as actividades do Voluntariado de Lectura). 9
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
Comunicamos periódicamente as nosas propostas aos ciclos é á CCP, a través de pequenos folletos que se entregaban aos coordinadores. Fixemos un seguimento puntual do uso dos ordenadores nos períodos de lecer, rexistrados polo profesorado de garda na biblioteca nas sesións de recreo e na hora de xantar. Valoración da atención e o apoio
Respondéronse as necesidades e peticións do profesorado sempre que foi posible e preguntouse por esta circunstancia no cuestionario de avaliación. O 75% valórao cun 3 e o 25% cun 4 (escala 1-4). A única difusión que fixemos dos contidos dos lectores electrónicos foi a exposición a través dun marco dixital situado na zona de audiovisuais. Non elaboramos os marcadores físicos que planeáramos para colocar nos andeis. GRAO DE CONSECUCIÓN
O que planeamos facer: Outras actuacións
1
2
3
4
Fixar datas de reunión do grupo de “Bibliotecas de Muxía”. Seguimento e avaliación dos resultados. Fixar datas de reunión do Club “Lemos no niño”. Seguimento e avaliación da actividade do Club. Deseño de colaboración coa ANPA. Propostas e calendario. Avaliación do resultado e propostas de mellora. Dotación da aula TIC-TAC. Reclamación de equipos para a aula. Deseño do uso da aula e equipos. Seguimento das actuacións, avaliación e propostas de mellora.
O que demos feito:
Estamos moi satisfeitos das iniciativas tomadas en torno ao grupo de Bibliotecas de Muxía. O 10 de setembro (a comezos de curso, tal como acordáramos en abril de 2013), comezamos as reunións do Grupo de bibliotecas de Muxía. Retomamos os documentos deseñados no curso anterior e acordamos formar as comisións de biblioteca no seo dos consellos escolares, para celebrar reunións conxuntas. Desta forma, conseguimos reclamar do concello un representante para cada comisión de centro, ao tempo que presentamos diante de cada Consello Escolar o seu apoio para reclamar a apertura da biblioteca municipal. Tamén decidimos elaborar un folleto de recomendacións para Nadal. O 15 de novembro reunímonos de novo para acordar o formato e contido do folleto, que foi repartido en todos os centros e logo nas librerías e outros establecementos da zona. O 15 de abril, xa conseguida a apertura da biblioteca municipal dous días por semana, celebramos unha nova reunión para acordar a forma e contido do folleto de lecturas de verán. Programamos unha nova reunión das comisións de biblioteca. O 23 de maio celebrouse na biblioteca municipal a primeira reunión de comisiòns de bibliotecas de Muxía. Non celebramos reunións do Clube de Lectura “Lemos no niño”. Non establecemos contacto algún coa ANPA, agás para convocalos á reunión das comisións de biblioteca. Dotouse a aula TIC-TAC con 20 terminais procedentes dun “expurgo” do CEFORE de Coruña. Na actualidade están funcinando a maioría deles grazas á colaboración do asesor ABALAR da zona e do responsable do noso centro, que se encargan do mantemento. 10
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
4. Grao de implicación do centro e da comunidade educativa O equipo directivo A compromiso do equipo directivo da nosa escola coa biblioteca é fundamental. A pesares das dificultades para administrar o horario do centro, incrementouse nunha hora semanal a dedicación da responsable de biblioteca, e mantivéronse as sesións de cada un dos compoñentes do equipo. Mantense asimesmo a asignación orzamentaria para a biblioteca, e a presenza nas reunións convocadas desde a biblioteca con outras institucións (Bibliotecas de Muxía). Na memoria final deste curso incluirase unha reclamación para facer constar a necesidade de horario de reunión do equipo de biblioteca en período lectivo, xa que non se cumpre un dos obxectivos do plan anual do centro. O profesorado O profesorado é iniciador e mediador na tarefa da biblioteca. Sen a súa participación, o labor da biblioteca sería inútil. A metade do profresorado do noso centro ten destino definitivo, pero temos catro profesores itinerantes, o que dificulta a continuidade do traballo. A valoración xeral da biblioteca é boa (o 75% do profesorado valóraa cun 3 e o 25% cun 4 nunha escala de 1-4), unha boa parte do profesorado colabora nas tarefas de dinamización (voluntariado de lectura, “Vaille co conto ao profe”, “Canto conto ten…” “Mochilas viaxeiras”,... En maior ou menor medida, todo o profesorado do centro participa da tarefa da biblioteca, aínda que é posible mellorar o seu coñecemento, e o achegamento aos recursos e posibilidades que a biblioteca proporciona para desenvolver o curriculo (consultas do catálogo, utilización da web,…). Será preciso mellorar na formación de todo o profesorado para vindeiros cursos. Deuse o caso de actividades que foron iniciativa dunha parte do profesorado, e que foron apioadas desde a biblioteca con maior ou menor éxito, como no mes de Xaneiro, coa presenza de Nousa Ousi, que veu falarnos da situación no seu país, Siria. Compartimos con ela unha xornada na que todos os nenos puideron achegarse a alguén que vive en primeira persoa a situación do seu país en guerra. Por iniciativa dunha profesora do centro tivemos a posibilidade de irmanarnos, por fin, co Corvo Roque, a mascota do CEIP Virxe da Barca, de Muxía. Alegraron o final do mes de abril coa súa visita, compartindo con nós unha xornada de música
O alumnado O suxeito do noso labor amósase satisfeito en parte, e certamente crítico en algún aspecto. Segundo os resultados que ofrece a enquisa feita nos últimos días, nunha escala de 1-4, o 62% do alumnado califica á biblioteca cun 4, o 23% cun 3, o 13% cun 2 e o 2% cun 1 (nunha mostra de 60 alumnos e alumnas). Moitos solicitan para a súa mellora a compra de títulos 11
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
concretos, ou a mellora dalgunha actividade, como as mochilas viaxeiras. Pero o certo é que a biblioteca nunca rexistrou tanta afluencia como no presente curso, e foron utilizados todos os espazos dos que dispoñemos. Comezan a solicitar o formulario para suxerir compras, e utilizan asiduamente os ordenadores como obxecto de lecer, pero tamén buscando información, interrelacionándose a través das súas aulas virtuais, ou producindo materiais para as súas clases. Os recursos máis demandados siguen sendo as películas, pero o préstamo de libros mantense con respecto a cursos anteriores. É un bo momento xa para facilitar o seu acceso ao seguinte chanzo, o da produción, xa que voluntariamente ofrecen os seus poemas, relatos, debuxos, e mesmo blogs (“A chispa da lectura”) ao servizo da biblioteca. O alumnado do 3º ciclo participou moi activamente na xestión da biblioteca, colaborando co servizo de préstamo, ordenando o espazo, e axudando aos seus compañeiros de 4º que quixeron tamén aprender a “prestar” libros. Con mesmo entusiasmo quixeron compartir a “Hora de Ler” cos máis pequenos da escola.
As familias Son a área pendente máis dolorosa da nosa biblioteca. A escandalosa falta de tempo da que adoecemos cébase especialmente no coidado que deberiamos ter coas nais e pais do noso alumnado. Aínda que todos os cursos proclamamos a nosa intención de revitalizar o club de lectura “Lemos no Niño”, cada un destes tres últimos cursos os intentos foron absolutamente fallidos. Tampouco existe unha reivindicación ou demanda clara pola súa parte, que detectamos mesmo na composición do Consello Escolar. Por iso, agardamos que no vindeiro curso, coa posta en marcha do segundo itinerario do noso PFPP (C1301087 - Convivencia escolar: tarefa de toda a comunidade educativa), consigamos que os nosos bós propósitos se convirtan en realidade. De momento, a canle das redes sociais (facebook) está servindo como fío conductor e vehículo de comunicación directo cone elas. Sen embargo, podemos presumir da súa resposta espontánea, xa que grazas á colaboración da familia Pazos, Kepa Junquera presentou o seu disco Galiza na nosa biblioteca, nunha xornada que nunca esqueceremos. Deste xeito, a biblioteca do noso centro recibiu o desinteresado agasallo desta familia e puido amosar ao mundo que a cultura que nace no pobo sigue sendo forte e pervive, e que a tradición “non é a historia, senón a eternidade” (Mª Xosé Silvar, “Sés”).
12
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
O Concello Xa desde finais do curso pasado fomos trazando os lazos de colaboración que hoxe, afortunadamente, podemos amosar como punto forte do noso traballo. Despois de contar na primeira reunión coa presenza do alcalde, a técnica de cultura mantivo a súa colaboración no noso proxecto de “Bibliotecas de Muxía”. Conseguimos do Concello a apertura da súa fermosa biblioteca municipal (dous días por semana), grazas á colaboración de Viki Rivadulla, a técnica de cultura, que coas súas ilustracións sobe de categoría os folletos publicados neste curso “Libros como area” (Nadal), e “Libros como area, II” (recomendacións para o verán). Próximamente dispoñeremos dun lote de mochilas que, co logo de “Bibliotecas de Muxía” encheremos cos préstamos para o verán de todos os nenos e nenas de Muxía. Conseguimos reunir, asimesmo, as comisións das bibliotecas escolares de todos os centros de ensino de Muxía (agás a escola infantil “Galiña azul”), para comezar o traballo xunto coa Biblioteca Pública para o vindeiro curso.
5. Grao de integración dos recursos da biblioteca nos procesos de ensino e aprendizaxe das diversas áreas do currículo No presente curso, dúas mestras traballan sen o apoio exclusivo dos libros de texto: as áreas de lingua española e matemáticas de 5º e a área de música en toda a etapa de Infantil e de Primaria impártense sen libro de texto. En 5º de primaria a ferramenta utilizada é un blog, “Filosofando con Pippi”, no que o libro escollido para este curso, “Pippi Calzaslargas”, actúa como guía. A través de sinxelas fichas-guía, articúlase o curriculo deste nivel, utilizando como pretexto a lectura de cada un dos capítulos da obra. Un exemplo de integración de todas as competencias témolo en actividades como a desenvolvida durante o mes de abril, na que se integraron distintas áreas do curriculo nunha actividade final. En todas as aulas os recursos ofrecidos pola biblioteca se integran nas distintas programacións, xa que en cada unha delas faise referencia ao noso proxecto lector, do que se analiza o progreso trimestralmente. Cada mes, a biblioteca ofrece suxestións aos ciclos que son postas en común na C.C.P. e compartidas cos distintos equipos docentes para a súa posta en práctica. Sen embargo, sería necesario facilitar un mellor coñecemento dos recursos da biblioteca, por alumnado e profesorado. Tan so o segundo ciclo completou o seu plan de formación documental para este curso. 13
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
6. Actividades de formación do ámbito da biblioteca escolar en que participou o profesorado No presente curso desenvolveuse unha das liñas do PFPP do noso centro: “Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais”. Unha terceira parte do profesorado participou neste proxecto. Por este motivo non se desenvolveu o Seminario ou Grupo de Traballo que desde o curso 2003-04 articulaba a biblioteca. A responsable da biblioteca participou asimesmo nas “Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares” celebrado en abril deste ano.
7. Produción de materiais Presentación da biblioteca: Presentación en PREZI para acoller ao profesorado de nova incorporación. Proposta de enlaces para achegarse a Siria, con motivo da visita de Nousa Ousi, para celebrar o día da Paz. Proposta de actividades para o mes de Marzo, mes da poesía, en torno a Manuel María e Gloria Fuertes. Proposta de actividades para o mes de Abril, recollidas no blog “Pippi no Niño”. Blog “Letras Galegas 2014” con selección das propostas para traballar sobre Díaz Castro. Folletos con recomendacións lectoras, en colaboración coas Bibliotecas de Muxía: Nadal 2013 e Verán 2014. Novo folleto para as Mochilas Viaxeiras.
8. Avaliación realizada e previsións de futuro -
-
-
8.1. Organización e Xestión Equipo de Biblioteca: é preocupante a situación que vivimos no traballo do equipo. A falta de tempo provoca descoordinación, falta de información, sensación de frustración e desánimo. É imperativo conseguir asignación horaria suficiente para reunirnos cando menos unha parte do equipo para coordinar e compartir tarefas. Será necesario mellorar o rexistro de tarefas para facilitar a coordinación, xa que o actual sistema (compartir a través de e-mails) resulta pouco eficaz. Aínda que a formación inicial para o profesorado foi moi ben valorada, consideramos que non é suficiente, xa que non se corresponde coa utilización dos servizos da biblioteca que logo fai o profesorado. Comezaremos facilitando a información máis inmediata e útil (actividades de dinamización, formación documental) e profundizaremos ao longo do curso. Mellorar a páxina web MEIGA e facilitar o enlace ao catálogo poden estar tamén dentro deste apartado. Non tiramos proveito suficiente dos lectores electrónicos. Será necesario difundir o seu uso como instrumento cotián, e comezar a introducir nel as nosas creacións. Se conseguimos reunir os clubes de lectura, poderemos darlle o uso axeitado. - Teremos que coidar especialmente a figura do voluntario da biblioteca. Despois da experiencia deste curso, concluímos que a iniciativa persoal debe reflectirse nunha maior participación no propio Satisfacción coas "mochilas viaxeiras"por parte do alumnado.
14
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
deseño da actividade. Contaremos coa opinión dos xa voluntarios “expertos” no deseño dos folletos de apoio, e tamén para os contidos das propias mochilas, xa que parte do alumnado do terceiro ciclo non
-
se amosaba moi conforme cos títulos escollidos. ´ Foi moi importante difundir o tema anual partindo de imaxes e decorando toda a escola, avanzando desde o comezo do curso cal sería o título e o autor escollido para tratar no mes de abril. O feito de que o protagonista estivese presente no noso labor cotián resultou moi motivador. Procuraremos continuar nesta liña no vindeiro curso con “Supermán” e o cine. 8.2. Fomento da lectura
- Da avaliación realizada neste curso, podemos deducir : A “Hora de Ler” é ben valorada por todos. O profesorado precisa maior asesoramento, e a confianza en que pode abrir outras posibilidades. Será necesario darlle maior protagonismo aínda ás bibliotecas de aula. Hora de Ler Alumnado Profesorado Actividades como “Vaille co conto ao profe” ou “Canto conto ten…” son apreciadas so polo alumnado e profesorado que participa (hai moitos que aínda non a coñecen o suficiente). Co novo curso procuraremos incorporar novos alumnos e a intervención das familias, que xa se demandou sen éxito no presente ano. Foron, en xeral ben valoradas, os apoios na difusión de materiais nos distintos trimestres:
Xaneiro: en Siria
-
-
-
Febreiro: Rosalía
Marzo
Mes do libro
Maio
Debemos mellorar na coordinación á hora de preparar as actividades difundindo as propostas con suficiente antelación. Aínda que a programación é coñecida por todos desde finais do curso anterior, sempre hai unha marxe de improvisación que pode resultar decisiva á hora de dispoñer dos recursos. A convocatoria de concursos é unha motivación importante, pero sobre unha oportunidade para que cada quen amose a súa mellor cualidade: como dibuxante, como poeta, como narrador, … Procuraremos dar saída desde á biblioteca, sobre todo no aprazado concurso literario. Foi frustrante neste curso non poder manter a actividade dos clubs de lectura. As iniciativas deste tipo que non comezan a desenvolverse no primeiro trimestre son moi difíciles de xestionar máis tarde. Procuraremos implicar máis aos titores nesta actividade, mesmo intentando reservar unha hora en horario lectivo, ou compartido co tempo de lecer do xantar, para que o acto de compartir o pracer de ler non sexa só exclusivo da biblioteca. Planificaremos con suficiente antelación temas e lecturas escollidas para facilitar este labor. No caso do club de lectura das familias, aproveitaremos a oportunidade que nos brinda a biblioteca municipal, que debe ser a sé natural para esta actividade. 8.3. Educación para a competencia en información. Educación documental: será preciso revisar toda a programación do noso Plan, e buscar unha mellor forma de 15
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
-
utilizar as fichas de traballo. Plantexalo como a realización dun dosier que rematará ao finalizar a etapa de primaria dotará ao plan dunha vocación de continuidade. Uso dos ordenadores: Despois dun curso de seguimento do uso no tempo de lecer, estes son os datos obtidos: A maioría do alumnado prefire usar o ordenador para xogar. Está claro que no tempo de lecer este resultado é o máis razonable. Temos suficientes xogos para os nosos terminais, pero seguiremos incrementando o seu número, seguindo un criterio de calidade, e atendendo ás suxestións do noso alumnado. Actualmente, os xogos tipo “Veterinaria” siguen tendo moito éxito (“Horsez”, “Dogz”, “Catz”,…), Porcentaxe da finalidade de uso dos ordenadores no tempo de lecer pero o alumnado do terceiro ciclo reclama novidades, demanda que debemos atender. Non permitimos o uso de xogos on-line nos ordenadores da biblioteca. Destacamos a importancia da consulta dos blogs do cole, o que supón un reto para o noso traballo (aínda que non o utilizan para escribir comentarios), e a introdución das visitas ás aulas virtuais, que debermos atender especialmente. Por outra parte, se observamos a evolución do uso por trimestres, podemos deducir que a actividade docente ten tamén moito que ver, xa que conforme van avanzando no coñecemento que lles ofrecemos do uso das TIC, as porcentaxes vanse equilibrando. Supoñemos que no vindeiro curso, coa ampliación da aula ABALAR, e a integración no E-DIXGAL (para o que xa nos presentamos), o coñecemento da diversidade do uso por parte do noso alumnado verase reflectido nestas porcentaxes. No vindeiro curso procuraremos a integración definitiva da aula TIC-TAC na biblioteca, incluíndo o uso destes terminais nas nosas análises. A principal dificultade será o mantemento destes equipos, que pola súa antigüidade necesitan un seguimento especial. 8.4. Outras actuacións. Despois do salto dado na coordinación das Bibliotecas de Muxía empezaremos o novo curso colaborando no posible coa Biblioteca Municipal, que xa prepara diversas iniciativas para traballar conxuntamente. Seguiremos coa publicación de recomendacións de lectura, e melloraremos na difusión entre as familias e a comunidade en xeral, buscando unha auténtica integración das bibliotecas na vida dunha vila como Muxía. Será necesario buscar a implicación das Asociacións e de outras institucións nesta tarefa.
16
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños
Pensamos finalmente, que despois de todo o exposto, será fundamental poñer en coñecemento da inspección, a xefatura territorial e as máis altas instancias da Consellería de Educación a necesidade de establecer unha coherencia entre o esixido pola participación do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e o que realmente se vive nos centros. Non podemos seguir traballando buscando un criterio de calidade no servizo apoiándonos na voluntariedade do profesorado, sen horas suficientes para dedicación á tarefa da biblioteca e sen tempo para analizar a marcha do noso traballo. É neste aspecto onde detectamos maiores dificultades, e debemos sinalar que, a pesares da tarefa realizada por inspección na supervisión das bibliotecas neste terceiro trimestre, os resultados da súa análise siguen estando alonxados da realidade que nós, desde o noso centro, percibimos. A falta dun marco organizativo claro no que se contempla o papel da biblioteca e o seu equipo de apoio fan descansar a responsabilidade da asignación horaria nun equipo directivo que non ten dotación de persoal suficiente para satisfacer esta demanda.
9. Proxecto lector Asumimos como proxecto lector a propia programación da biblioteca, que prevé actividades estables e cíclicas durante o curso escolar, favorecendo o desenvolvemento do curriculo e potenciando o acceso á información de todos os sectores da comunidade escolar.
17
PLAMBE 13-14 C.E.I.P. “Os Muíños