Para as vacacións de verán recomendamos Con frecuencia pensamos que as vacacións de verán son demasiado longas. Sen embargo, antes de que nos decatemos, comezará o mes de setembro, e con el as clases, as rutinas, e o mal tempo. Será bó aproveitar o verán para descansar despois dos meses de traballo e esforzo, disfrutando do aire libre, do sol, ou simplemente, de compartir o tempo. Desde a páxina sol-e.com recomendan:
Practicar deporte xuntos: na praia, no río, calquera lugar é bo para xogar e facer exercicio, lembrando as regras do xogo escollido, e aprendendo a gañar e a perder.
Facer manualidades: despois de recoller cunchas na praia, por que non aproveitalas para decorar botes, marcos, portalápices…?
Ordenar: os días que chova, podemos aproveitar para ordenar a nosa biblioteca, repasar os libros que nos gustan, clasificar as fotos das vacacións,…
Ler: calquera momento é bó para disfrutar dun libro.
Rematado o curso 2011-2012, xa estamos preparándonos para un merecido descanso. Esta guía de verán é unha recompilación de consellos para orientar as vosas compras . Lembrade que un bo libro sempre é o mellor agasallo. O curso 2012-2013 adicarémolo ao mar. Hai 10 anos a nosa costa viuse tinxida de negro, e hai 25 recibimos a triste visita do Casón. Moitos lembramos aqueles sucesos, pero os nosos pequenos aínda non naceran. Axudaremos a que comprendan mellor o que pasou coñecendo a riqueza que se agocha debaixo das augas, e aprenderemos a respectar a fonte da nosa vida, preocupándonos por coidar a fauna e a flora coa que a Natureza nos agasalla. Non desaproveitedes a oportunidade do verán para achegarvos ao mar, respiralo e mergullarvos nel. FELICES VACACIÓNS! C.E.I.P. "Os Muíños" Os Muíños s/n 15125 Muxía Tf.981 750 655 Blog: ninhodacuruxa.blogspot.com E-mail:ninhodacuruxa@gmail.com
C.E.I.P. "Os Muíños"
Lecturas para o verán Biblioteca Escolar
Xuño 2012
Para os que empezan
“Á escola con Iria” (Editorial Baía) : Un libro sinxelo, con ilustracións cheas de cor que achegan aos nenos a un mundo novo: a súa escola. Ten tapas duras, para que se acostumen a manexar esta ferramenta tan útil: o libro. “Nadarín” (Editorial Kalandraka): Nesta fermosa historia acompañamos ao peixe Nadarín nas súas aventuras no fondo do mar. “Los animales marinos al dedillo” (Editorial Combel): Pa r a aprender sobre os animais do mar experimentando co tacto.
Para os que len moito e ben Para os que saben
“En el mar” (Editorial S.M.) Un libro que trata dos animais e as prantas do mar, con divertidas ilustracións, para ler, compartir e aprender. “Carlota e a gaivota patiamarela” (Edicións Xerais): Neste conto de Miro Villar a protagonista, Carlota, coñece a unha gaivota que pasa unha mala experiencia manchándose as patiñas con chapapote. “20.000 leguas baixo dos mares” (Editorial Baía): Nesta fermosa adaptación relátanse as aventuras do capitán Nemo, que percorreu os mares no seu submarino Nautilus.
“Veinte mil leguas de viaje submarino” (Editorial Edhasa) Calquera libro de Verne é axeitado para os grandes lectores. Tanto para os que acceden agora ao instituto como para os seus país, visitar un clásico é sempre un pracer. O noso libro de cabeceira no curso que ven lévanos a viaxar baixo a auga e coñecer os misterios que esconde o mar. “Diario de Greg” “(Editorial Molino): Greg é un rapaz que comeza no instituto con moi mala pata… Nesta colección conta as súas experiencias con moito sentido do humor. “Sedna, a deusa do mar” (Editorial Xerais): Este libro pertence á colección que Xoan Abelleira escribiu sobre a cultura dos esquimós. Aprendemos do mar desde outra cultura.