5ºa

Page 1

ARTURO AXUDA A RECICLAR Había unha vez un pirata chamado Arturo. Arturo era baixo, moreno e bo. Vivía nun barco coa súa familia, que tamén eran piratas. Todos xuntos navegaban polo mar. O barco era grande, de madeira e tiña unha bandeira negra cunha caveira branca. Era unha bandeira pirata das de verdade! Un día Arturo e a súa familia foron por un mar cheo de porcallada. Arturo estrañouse ao ver esa porcallada toda no mar. Esa porcallada estaba matando aos peixes de ese mar, e tamén as persoas que comían eses peixes. Arturo ao ver iso enfadouse e buscou, buscou e buscou ata que atopou de onde viñan eses residuos: aceites, latas e moitas cousas máis. Viñan dunha fábrica moi vella onde se separaba o lixo. Esa fábrica funcionaba mal, porque a xente non reciclaba ben. Botaban as botellas medio cheas, polo que as máquinas non podían separar ven os residuos e todo iso ía ao mar a contaminar. Arturo e a súa familia buscaron unha solución. Foron as casas e aos colexios a ensinarlles a todos a importancia de reciclar ben. Dende ese día todos reciclaron e o mar recuperou pouco a pouco o seu aspecto. Feito por: Tania Camiña Boente Alumna de 5ºA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.