A BOLBORETA DA BIBLIOTECA

Page 1

A BOLBORETA DA BIBLIOTECA Ola. Eu son a mascota da biblioteca e vouvos contar a miña vida de bolboreta. Todo empezou cando eu era un ovo. Aburríame alí dentro. Aburríame tanto que saín del. Como todos sabedes, cando as bolboretas nacen, son antes eirugas, e as eirugas comen moitas, moitísimas follas. Pois ben, fun ao ataque. Eu recén saída do ovo

Mentres remataba unha folla dun Loureiro romano, fixeime en que había unha árbore rarísima. Era amarela, non tiña tronco nin follas pero sí portas e ventás. Tiña un cartel que poñía:


C.E.I.P O Ramo

<<Que árbore máis rara>> pensei, con curiosidade. E, ao final, con valor, decidín entrar alí dentro por una porta case pechada, e quedei de pedra; non era una árbore, era un edificio. Había escaleiras e corredores que levaban a distintos sitios. Despois de recuperarme da impresión, arrimeime pola esquerda, xa que tiña un pouquiño de ganas de curiosear, e vin un largo pasillo e moitas portas aos lados. Unha desas portas era moi grande e verde na que se escoltaban murmurios. A porta abriuse e saiu un neno. Era xigante. Casi me esmaga!


A porta quedou aberta e entrei, aínda que tiña un pouco de medo. E… era un paraíso! Miles de follas brancas cunha pasta de cores ao principio e ao final, aínda que había xente. As ‘’hamburguesas’’ xa estaban preparadas para min! Pero… cando unha persoa que estaba de pé pronunciou unhas palabras, a xente que tiña o meu almorzo gardouno nunhas cousas de madeira coas outras ‘’hamburguesas’’ e puxéronse en fila india diante da porta e tamén diante miña, que tamén estaba alí. Ao pouco tempo, soou unha serea ruidosísima e


houbo gritos e pánico no edificio. Os nenos e nenas saían pola porta pola que entrei, e eu quedeime soa. Empecei a roer as follas. Tiñan uns estranos garabatos en liña recta e moitas tiñan imaxes.Pero estaban deliciosas! Quedeime alí durante os meses de verán. Xa estaba acostumada a todo o de alí, pero do contrario, a xente non comprendía por que as follas dos libros, que así se chaman as miñas hamburguesas, estaban roídas; non sabían que eu estaba alí! Cada vez estaba máis gorda. E xa sabía as costumes do edificio, que resultou que se chamaba escola. E ademáis xa comezaba a ler libros.


Ao chegar o outono saín fóra daquel edificio. <<Qué frío hai aquí fóra! Normal, tanto tempo alí dentro, coa calefacción e comendo follas…>> dicía eu, tremendo do frío. Era a hora que sempre esperan todas as eirugas: descansar nun casulo! Antes de facelo probei un anaco de folla do Loureiro romano. Con tantas follas de libros perdín o gusto polas verdadeiras follas! Como xa estaba cansada, fixen o casulo alí mesmo, no Loureiro romano. <<Boas noites>> murmurei.

Despois duns confortables outono e inverno descansando, saín do casulo, e custoume moito. Sentíame moi rara…


notábame moi diferente e fun correndo a mirarme nunha gota de rocío de primavera que caía dunha folla do Loureiro romano. Xa non era unha eiruga, era unha bolboreta!

Aseeime con un pouquichiño de rocío que estaba nunha flor e, mentres peiteaba as anteas, acordeime da escola. Era moi cedo, e acordábame ben que cando era edificio, que cedo o edificio non abría. Esperei un par de horas para que cegase a conserxe, que creo que así se chama e, abriu a escola, coma sempre. Puiden entrar, pero entrei voando porque non me puiden resistir. E non sei o por que. Cando entrei, case me


despistei e fun polas escaleiras, pero retrocedín hasta o pasillo onde estaba o meu ‘’fogar’’, que resultou chamarse biblioteca. Ao entrar…Que cambiado estaba todo! Había máis ‘’hamburguesas’’, que, según os humanos, chámanse libros. E cambiaron as estanterías. En resumo: Cambiaron o meu ‘’fogar’’ por completo e sen pedirme permiso! Entre os meus refunfuños oín a típica serea que tocba cada cantas horas para que os nenos e nenas tiveran pánico e subiran ou baixaran correndo polas escaleiras. Eu fixeime nas miñas ás. Eran de cor chamativa. E se os nenos, nenas ou persoas xigantes me atopaban? Fun correndo, ou máis ben, voando hacia un papel pegado á porta que tiña clases divididas por horas. E cría que estabamos a Luns. Así que… A primeira hora non lle tocaba a ninguén. Qué ben!


Escollín un libro para roer. Collín ‘’Os sete lobiños e a cabra’’, pero non tiña ganas de roer follas, e tampouco sabía por que. As flores parecíanme irresistibles, pero…Se eu nunca as probara!! Sen poderme controlar, Gardel o libro que collera e atopei outro que se titulaba ‘’A flor Florinda’’. Cando a Collín, o pomo da porta moveuse hacia abaixo. Eu mireino toda asustada. A porta abriuse un pouco. E eu tiña o libro nas mans, e estaba á vista, e tiña as miñas ás coloridas e chamativas, baténdoas. A porta abriuse e entrou unha desas


persoas xigantes que teñen como escravos aos pequechos. Eu hollín medo e quedei tesa, deixando caer o libro ao chan. A persoa, ao escoltar o ruído, mirou o libro tirado

logo

miroume a min. Acercouse e eu pensei que era o meu fin. Pero, do contrario, colleume con coidado e preguntoume: -Que fas aquí? Terías que estar alí fóra, coas outras bolboretas… -Intentar roer libros…-díxenlle eu, con máis confianza. -Cómo? Fuches ti quen roeu libros durante a primavera e o verán? Conteille todo. El riuse, e explicoume que eles chámanse profesores, que non teñen esclavos aos nenos e nenas, senón que os teñen en ese edificio para ensinarlles. Tamén me explicou que os libros non se debían roer e que foi raro que non morrese despois de pasar tantos meses tomando follas con tinta. Entón eu dixen:


Parece que non sei tanto como cría sobre os libros. Quero aprender a manexalos. O profesor, encantado, ensinoume moitas cousas sobre os libros: que se abrían como as ás duha bolboreta, que poden facer que imaxines cousas fascinantes e que soñes con cousas marabillosas…

E iste é o motivo e a historia pola que me quedei a vivir na biblioteca. En este momento, estou agochada entre os


libros, lendo e aprendendo millóns de cousas. Ao mellor, un día destes atopádesme. Se queredes facerme un favor e poñerme contenta, lede moitos libros e imaxinade, viaxade ao Mundo da Imaxinación con eles. Estaríavos moi agradecida. Deica loguiño!

Mariña Gándara Serantes 5º


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.