FICHA DIDÁCTICA DA ACTIVIDADE “XOGAMOS CON ESCORNIT E COÑECEMOS A CDU” [Proxecto Escornabots na biblioteca escolar] No CEIP A LAMA realizamos a seguinte ficha didáctica necesaria para levar a cabo esta proposta deseñada polo equipo da Biblioteca convencidos de incorporar a robótica a nosa práctica docente. Ademais desta ficha didáctica podemos ver o vídeo resumo que realizamos neste enlace: https://vimeo.com/187575237
Consideramos ao Voluntariado unha peza fundamental para afianzar e propagar as dinámicas e propostas da Biblioteca no resto do alumnado, polo que lle damos un especial valor a estes nenos e nenas. Eles dedican moito do seu tempo, dentro e fóra da xornada lectiva, a aprender as normas de uso das instalacións, empréstito dos fondos, animación á lectura, dominar a CDU, facer apadriñamentos lectores, supervisar a colocación e orde dos documentos... por iso pensamos en actividades innovadoras e dinámicas para facilitarlles que interioricen todos estes conceptos. Enmarcados nesta meta aparece na Biblioteca un Escornabot, que lles deixa coa boca aberta: “Escornit”. Propoñémoslle ante un taboleiro con diferentes números que asocien cada número, coa axuda dunha guía de elaboración propia, á categoría da CDU que lle corresponda. Para motivar aínda máis ao xogo os nenos dividiranse en dous grupos. Presentámoslles dous retos: 1º Adiviñar o número da CDU que aparece na etiqueta do fondo escollido polo outro equipo coa axuda do título e outros datos que aparezan na portada. 2º Calcular a ruta que necesitaría “Escornit” para chegar a ese número no taboleiro de xogo.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP A LAMA www.orecantodeleo.org
Descrición da actividade
1
Obxectivos
Coñecer a Clasificación Decimal Universal pola que se organizan os fondos na Biblioteca. Interiorizar as normas de organización dos fondos da Biblioteca. Incentivar e reforzar as funcións do Voluntariado da Biblioteca. Iniciarse no manexo do seu Escornabot e primeiras nocións de robótica. Promover os xogos cooperativos e o traballo en equipo contextualizado na Biblioteca da escola.
Contidos traballados -
Clasificación Decimal Universal. Etiqueta do documento da biblioteca. Clases de robots. Partes dun robot. Organización espacial. Avance, retroceso e xiro.
O alumnado ao que destinamos esta actividade son os nenos e nenas do 6º curso de educación primaria, voluntarios da Biblioteca. Son nenos e nenas de entre 10 e 11 anos que xa levan un curso escolar como Voluntarios e que son os que ensinan aos novos Voluntarios, de 5º curso de primaria, gran parte das súas tarefas e funcións para logo achegar a tódolos usuarios da biblioteca as normas de organización e funcionamento da mesma. Para poder aproveitar máis o tempo, e que todos teñan momentos de participación sen moita espera, fixemos un grupo reducido de 8 alumnos en cada quenda.
Temporalización Dúas sesións de 50’ Ao ser un centro de xornada partida dispoñemos dun tempo ao mediodía, fóra do horario lectivo, que lle dedicamos á Formación de Voluntarios. Nesta ocasión sumámoslle unha sesión dentro do horario lectivo.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP A LAMA www.orecantodeleo.org
Idade e agrupamentos
2
Materiais e recursos precisos -
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP A LAMA www.orecantodeleo.org
-
Guía básica, de elaboración propia, para o coñecemento da CDU. Taboleiro cuadriculado cos números da CDU. Un Escornabot. Diferentes fondos da biblioteca con etiquetas que pertenzan a diferentes números da CDU. Rotuladores e follas brancas.
3