JOHN FROM_20151117_Acto de Primavera blogspot [pt]

Page 1

actodeprimavera.blogspot.pt

http://actodeprimavera.blogspot.pt/2015/11/john-from-joao-nicolau-2015.html

John From (João Nicolau, 2015)

João Nicolau fai, el si, verdadeiro cinema de barrio. É o gran poeta da vida na cidade, o cantor das tardes longas de verán e asfalto nas que a cabeza soña con lugares exóticos. Tamén é o gran retratista da adolescencia, lonxe das representacións tópicas e retorcidas da televisión. Sempre imaxinativo e exuberante, sempre musical e festivo, o cinema de Nicolau consegue que saiamos da sala máis felices sen ser compracente nin facer trampas sentimentais, tan só poñendo en práctica o humanismo máis básico: o cariño e a simpatía polos personaxes. Nota: 9/10. Martin Pawley

"


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.