"Es Miña" de Paula Rey

Page 1

“Es miña” A película está a piques de comezar. Titúlase “Es miña”. (Baseada en feitos reais) Un parque de fondo. Vese unha parella de adolescentes moi namorados. El achégase a ela e dálle un bico. Logo de estaren un intre no parque, o rapaz pregúntalle se cean xuntos. Ela dille que non pode, que mellor mañá. Leo, o mozo, que é moi celoso, pregúntalle se quedou con alguén. Bea contéstalle que quedou cunhas amigas. Ó día seguinte Leo invita a Bea á súa casa, e pasan a tarde xuntos. Pasadas unhas horas Bea vai ao baño e Leo aproveita e míralle o móbil. Le unha conversa dun grupo de rapaces e rapazas no que está Bea. Cando volve do baño, Bea ve en Leo unha cara rara e pregúntalle que lle pasa. El contesta que lle mirou o móbil e viu unha conversa que non lle gustou moito. Pídelle que a borre e saia do grupo, o que ela fai. Pasan os días e Leo e Bea seguen igual de namorados e felices. Leo desconfía un pouco de Bea, revísalle o móbil a diario, pregúntalle que vai facer, se queda con alguén, se o segue amando como antes… Bea sempre lle recorda que só o ama a el, que non hai ninguén máis, que non se ten que preocupar. Un día Bea queda co seu grupo de amigos no parque e o móbil quédalle sen batería. Ao chegar a casa e enchufalo ve que ten quince chamadas perdidas de Leo e trinta mensaxes de whatss´app. Pregúntalle onde estaba, con quen, por que non contestaba, se tiña pensado falarlle, que quería saber dela… Ao vela en liña, chámaa por teléfono. A conversa non se entende polos choros de Bea e os berros de Leo. “¡Non quero que o volvas facer! ¡Estaba moi preocupado! ¡Pensei que me estabas a poñer os cornos! ¡Es miña!” Bea non lle dá moita importancia, pois coñece a Leo, levan sete meses xuntos e sabe como é.


Unha mañá Bea saíu a comprar pan. Atopouse cun amio, saudouno e estivo con el. Despois volveu para a casa. Cando chegou viu que o seu móbil volvía a estar saturado. Un amigo de Leo víraa co rapaz e Leo puxérase como tolo. Cando ela chegou a casa, Leo parecía normal, até que a agarrou polas mans e mirándoa aos ollos, díxolle que sabía que era moi celoso, pero que non podía evitalo, e que non quería que lle dixeran que a viran por aí con outros rapaces. Soltoulle unha labazada. Ela non lle deu moita importancia. Os días seguintes Bea levantouse con unha mensaxe de bos días de Leo no móbil, pedíndolle que quedaran pola tarde, que quería pasar máis tempo con ela. Pero un dos días que quedou con el todo foi distinto. Leo levantoulle a man outra vez. Cando ela lle preguntou por que o facía, el replicoulle que a volveran ver con outro rapaz. Bea díxolle que era imposible, pois quedara todos os ´dias con el. Leo, confuso, pediulle perdón, que non volvería pasar. De nada serven as desculpas, pois a escena seguiu a repetirse. A Bea non lle doen os golpes pola súa forza, senón porque sexa capaz de darllos. Aínda así pensa que será unha mala racha como moitas e decide ignorar o asunto. Ao cumprir Bea 18 anos, Leo pídelle que se vaia vivir con el, que ten a casa alugada. Ela acepta e vanse vivir xuntos. Bea bota de menos saír cos seus amigos, mais tamén lle gusta pasar máis tempo con Leo. Un día chegoulle a Bea unha invitación para ir ao aniversario dunha das súas amigas. Ela decidiu ir e non contarlle nada a Leo para evitar problemas. Mais levo estaba desde hai tempo espiando o seu móbil con unha aplicación. Así que a foi buscar á festa coa escusa de que o seu can estaba malo e tiñan que levalo ao veterinario. Ao entraren no coche, Leo deulle unha labazada a Bea. Ela non fixo nada porque pensaba que o merecía por mentirlle. Ao chegaren a casa Leo púxose a gritarlle, a dicirlle


que ela era del, que non a quería compartir. O mesmo repertorio de sempre, acompañado por agresións físicas. Ao día seguinte foron á casa da nai de Bea, pois había unha comida familiar. A nai, nada máis vela, preguntoulle por que tiña a cara mazada e rabuñaduras nas pernas e brazos. Bea, baixo a atenta mirada de Leo, contestoulle á nai que caera nunhas plantas e se rascara, nada grave. Cando volven á casa, Leo achegouse a Bea. ela, un pouco asustada, apartouno a modo. El, en vista diso, deulle outra labazada, e preguntoulle berrando se xa non quería os seus aloumiños, se xa non o amaba. Ela non podía contestarlle porque non llo permitían os golpes. Despois disto Bea foi á casa de seus pais contarlles todo. Mais Leo seguiuna e impediullo. A nai pediulle a Leo que as deixase a soas un momento, que tiñan algo do que falar. Leo acepta, mais Bea non se atreve a contarlle nada á nai, pois sabe que Leo está a escoitar e non quere que lle pase nada á súa nai. Bea pon unha escusa e marchan. Ao chegaren á casa, repítese a malleira, pero esta vez Leo colle un coitelo. O máis recente que recordo despois diso foi ver un montón de médicos rodeándome, o son dunha ambulancia, e a Leo con catro policías, que o esposaban e metían nun coche de policía. Así é, son Bea, e empezando por unha parvada e por non pedir axuda, tiven que chegar a mans de médicos e psicólogos. Por sorte xa estou ben e refixen a miña vida grazas á familia e as miñas amigas e amigos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.