Rafael Úbeda Piñeiro, nado en 1932 é un pintor
pontevedrés.
En 1956 trasladouse a Madrid, onde fai a carreira de
Belas Artes na Escola de San Fernando.
En 1965 obtivo o gran premio de pintura de Roma, e residiu nesa cidade durante catro anos, na súa etapa de paisaxismo construtivo. Ó seu regreso a España sucedéronse exposicións por todo o estado, e realizou novos murais na Illa da Toxa.
Expuxo en diferentes cidades de Europa e América. Nos
Estados Unidos foi moi ben recibido, e alí regresou en 1992, invitado pola cidade de Chicago (Illinois), como único artista español, para celebrar os 25 anos da instalación dunha gran escultura de Picasso na cidade.
Exerceu a docencia, foi catedrático de institutos de
segunda ensinanza en Pontevedra, Canarias e Madrid; profesor de Pintura na Escola Superior de Belas Artes de San Jorge; de perspectiva, na de San Fernando de Madrid; de debuxo e Gravado na Superior de Belas Artes de Tenerife; de debuxo na Escola Nacional de Artes Gráficas de Barcelona, e de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, desde a súa creación. Tamén impartiu cursos en Francia.
A súa afición á música levouno a adquirir unha sólida
formación como executante de violín, ata intervir en concertos de cámara. É doutor en Belas Artes cunha tese sobre a interacción das artes e a música.
A súa obra figura no Museo Provincial de Pontevedra,
no de Arte Contemporáneo de Madrid; Managua; Heildelgerg; Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña; Huesca;
Museo do Pobo Galego,
en
Compostela;
Utrech; Aurich; Norden; Academia de San Fernando, en Madrid, e en numerosas institucións públicas.
ALGUNHAS DAS SUAS OBRAS:
BANDURRISTA
MUSICO
PAISAJE
MÚSICO CON VIOLONCELLO
QUE TE PILLO
FUMADOR AZUL
EL GAITEIRO
EL FALUTISTA
CREATIVIDAD Y FANTASÍA