MÓDULO 4, ACTIVIDADE 4 Título: Paris et ses habitants. Nivel: 4º ESO / BAC
Recursos: Ordenador, Internet, EDI e
Issuu Obxectivos: Recompilar os documentos elaborados polo alumnado. Publicar e difundir o documento en Issuu. Contidos: A creatividade e a edición de textos. Desenvolvemento: Esta actividade é unha continuación dá proposta no apartado de Blogger, “Paris et ses habitants”. Unha vez entregados todos os traballos, o docente compílaos todos nun único documento e pídelle ao alumnado que o edite nun documento, ilustrado con imaxes representativas, en Google Drive ou no wiki de aula. Finalizada esta tarefa, o docente convérteo en pdf e súbeo cun título e un comentario explicativo a Issuu.