Programación | 242|
maio • xuño | 2017 | William A. Wellman (e ii) Cine portugués: novas olladas Letras galegas 2017: Contando a Carlos Casares Premios Mestre Mateo 2017 S8, 8ª Mostra de Cinema Periférico 25 Anos de Curtas Vila do Conde Aromas de Mimosas (Curso / Carta Branca Oliver Laxe) Dragones voladores, espadas errantes: King Hu e outros mestres do cine Wuxia Desencadres Fóra de Serie Off Galicia CGAI Júnior
O ciclo dedicado a William A. Wellman culmina con seis dos seus títulos máis afamados, desde a primeira versión de Ha nacido una estrella ata un western tan mítico como Cielo amarillo. Esta viaxe polos diferentes xéneros (o musical, o melodrama, o western ou o cine de aventuras) asociados coa produción do Hollywood clásico, unha mostra inequívoca da versatilidade dun cineasta como Wellman, terá unha réplica a finais de xuño co ciclo dedicado a King Hu e o cine wuxia, con algunhas das películas máis coñecidas realizadas entre finais dos sesenta e comezos dos setenta, a idade dourada deste cine de artes marciais que influíu notablemente en cineastas contemporáneos como Ang Lee, Hou Hsiao-hsien ou Tsai Ming-liang, por citarmos tan só aos de orixe taiwanesa. Dragones voladores, espadas errantes. King Hu e outros mestres do cine wuxia está organizado pola Embaixada de Taiwán. A semana das Letras Galegas estrea un documental centrado no homenaxeado deste ano, Contando a Carlos Casares, de Gonzalo E. Veloso e presenta as películas premiadas na edición última dos Mestre Mateo. O cine galego fará a súa aparición en distintas sesións de Off Galicia, CGAI Júnior; e cun protagonismo especial no ciclo e curso impartido por Oliver Laxe arredor do seu filme Mimosas (véxase texto). O cine portugués ocupará un posto moi destacado grazas ao ciclo Cine portugués: novas olladas, programado por Miguel Castelo (véxase texto), ás dúas sesións de curtametraxes que homenaxean os primeiros 25 anos do festival Curtas Vila do Conde, a estrea de Correspondencias, de Rita Azevedo Gomes (cortesía de Numax) e a recuperación das tres películas de Luis Noronha da Costa que en xaneiro non se puideron proxectar nas condicións axeitadas (dúas delas, por certo, A Noite Portuguesa e Padres están protagonizadas pola mesma Rita Azevedo Gomes). Como é xa tradicional no programa de maio e xuño, unha semana dedícase a (S8) Mostra de Cinema Periférico, que este ano cumpre o seu oitavo aniversario e que expón no CGAI boa parte da súa programación (véxase texto). No mesmo sentido cómpre destacarmos as colaboracións puntuais con festivais como o D’A de Barcelona, Filmadrid ou Novos Cinemas de Pontevedra, que posibilitará que Matías Piñeiro, de quen proxectaremos os dous últimos traballos, volva ao CGAI. Do mesmo xeito, constitúe unha gran noticia a visita de Larry Gottheim, a quen o CGAI lle dedicou unha retrospectiva en 2014. A súa última película, Chants and Dances for Hand, está rodada en Haití, o que serviu de pretexto para recuperarmos Divine Horsemen - The Living Gods of Haïti, a película inconclusa de Maya Deren, de quen este ano se cumpre o centenario do nacemento. A sesión de Stan Brakhage leva ao mesmo tempo unha chiscadela á propia Deren, amais de ofrecer un dos traballos máis atípicos do realizador: The Governor. Agradecementos: Marcos Nine, Xurxo Chirro, Ulobit, Marma Ideas, Gonzalo E. Veloso, Alberto Ruiz de Samaniego, José Manuel Mouriño, Manuel Vilariño, Luis Noronha da Costa, Agência da Curta Metragem, Manuel FernándezValdés, Jesús Pérez Vázquez, Javier Tolentino, RNE-Radio 3, James Benning, Larry Gottheim, Matías Piñeiro. Colaboracións:
(...) Ao tempo, mais aló da adquisición de certos bens de consumo e dos praceres gastronómicos fornecidos polas diferentes maneiras de preparar o “bacalhau”, Portugal segue a constituír un enigma para moitos dos habitantes desta outra banda da Península Ibérica. A cultura non é unha excepción. Tan preto e tan lonxe. Este vello dito -coido que acuñado no ámbito da publicidade- continúa a estar infelizmente vixente logo de moitos anos, e no territorio do cinematográfico acae con calculada perfección: tan descoñecido en España é o cinema portugués como en Portugal o é o español. Este pequeno ciclo, que o CGAI estima conveniente acoller, non vai conseguir mudar este estado de cousas, nin tampouco o pretende. (...) Cinco títulos integran esta programación, na que salienta a condición de primeiras obras e a presenza de tres mulleres. Así, Catarina Mourão na súa segunda longametraxe, A Toca do Lobo (2015), partindo da pescuda sobre a figura do seu avó, Tomaz de Figueiredo, escritor nos anos da ditadura, realiza un retrato da súa familia, en que o marco histórico ten ademais unha notable importancia. Olga Ramos, en Amateur (2015), glosa a figura de Carlos Relvas, fotógrafo pioneiro que no decurso do S. XIX fundou unha modélica casa-estudo e deixou unha importante obra de máis de doce mil retratos, unha historia que corre paralela á andaina da fotografía como obxecto de estudo científico e artístico no agromar da modernización de Portugal. Pola súa parte, Maya Kosa e Sérgio da Costa, apoiándose na peculiar personalidade dun ancián, o señor Silva, produto dun certo imaxinario da cultura rural, ao que o cinema non é alleo, erixen en Rio Corgo (2015) un personaxe de a cabalo do real e da ficción para lle inventar unha historia crepuscular e de desarraigamento, en que o fantástico está igualmente presente. Da historia da comunidade rural de Uz, aldea de Trás-OsMontes, no agoniar do seu día a día no transcorrer das catro estacións, ocúpase João Pedro Plácido en Volta à Terra (2014), o seu primeiro filme como realizador, onde o traballo arreo no campo, as pegadas da emigración, as conmemoracións relixiosas e festivas e algúns signos da modernidade conviven en inevitable harmonía. E o amor de Mariana e Álex, contrariado polos atrancos que a vida interpón no camiño da súa relación sentimental, así como a itinerancia xeográfica e a relación cos seus amigos, serven a Márcio Laranjeira para bosquexar na súa primeira longametraxe, Uma Rapariga da Sua Idade (2015), un retrato da mocidade contemporánea, unha xeración á que a lousa dos problemas políticos e económicos, baixo a eufemística denominación de “crise”, sepultou moitas esperanzas e non poucas expectativas. Cinco títulos que informan con elocuencia da espléndida saúde da que goza a produción cinematográfica deste noso país veciño, Portugal, tan preto e tan lonxe. Miguel Castelo Agradecementos: Miguel Castelo, Filmes do Homen, AO NORTE-Associação de Produção e Animação Audiovisual, Martin Pawley, Catarina Mourão, Portugal Film-Portuguese Film Agency, Olga Ramos, B’lizzard, Maya Kosa, Sérgio da Costa, Close Up Films, João Pedro Plácido, O Som e a Furia, Márcio Laranjeira, Terratreme, José Oliveira, OPTEC.
(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO En colaboración con:
CINE PORTUGUÉS: NOVAS OLLADAS O cinema portugués, sufridor, a pesar del, do estigma da constante histórica de non contar no seu propio país co interese do grande público, foi ademais durante décadas apenas coñecido fóra das súas fronteiras. Mais algúns dos novos realizadores, nomeadamente os de maior proxección internacional, decidiron á volta do tempo novo que se abriu en 1974 e en xusta correspondencia á resposta do seu público maioritario, virarlle de modo rotundo as costas á “bilheteira” e optar con firmeza pola independencia creativa. Así, asumindo sen rubor a súa condición de fieis cumpridores da sentencia cristiá de non seren profetas na súa terra e conmovidos por novas formas expresivas, veñen con -limitados, no dicir dos produtores- apoios da Administración, tecendo cos fíos do talento e a concorrencia de espléndidos coñecedores do oficio nos dous principais lados da cámara, unha cinematografía merecente do visto e prace da crítica máis esixente e do interese dos certames de maior prestixio internacional.
Oito edicións leva xa ás súas costas o (S8), coincidencia numérica significativa para o espírito do festival, e que chama á celebración de aniversario. Vaise consolidando o camiño das edicións temáticas e a presente xira arredor do found footage (mais expándese o concepto ao objet trouvé) baixo o título Obxectos e aparicións, en alusión ao poema que dedica Octavio Paz ao surrealista americano Joseph Cornell, faro guía da programación, do que veremos unha sesión cos seus pioneiros traballos de metraxe atopada. Abordándomos o doméstico dende diferentes ángulos (dende os métodos, un, dende a purga de antigas feridas, outro), observaremos o traballo da francesa Cécile Fontaine e do estadounidense Luther Price. Found Sounds é o programa elaborado por Mónica Savirón sobre a obra da holandesa Barbara Meter, cos traballos da propia Savirón a modo de coda. “Oficina de obxectos perdidos” compendia dous programas de apropiación recente. Stephen Broomer (un dos novos impresionistas do ano pasado) volve para estrear a súa longametraxe Potamkin, obra sobre o crítico de cine
do mesmo nome. Complétase o especial coas instalacións de Price, Fontaine e María Cañas (coas súas “videomaquias risastentes”), e coa proxección en colaboración co CGAI de Star Spangled to Death, a monumental obra de Ken Jacobs. Outrosí, asistiremos á obra do artista italoamericano Aldo Tambellini, figura clave da contracultura dos anos 60, que se despregará en forma de sesión dedicada aos seus Black Films, auténticas pinturas en movemento, unha “black letter” (a súa particular carta branca sobre o neoiorquino Black Gate Theatre), unha noite de performance e unha videoinstalación. O súper 8 estará representado a través da fráxil, mais poderosa obra da alemá Helga Fanderl, e do cine de Steve Polta, que tamén trae da Cinemateca de San Francisco unha escolma de películas de Crossroads, festival invitado. Desbordamentos, sección dedicada ao film performance, trae La noche inventada de Albert Alcoz e Blanca Viñas, o traballo do colectivo francés Nominöe e o da australiana Sally Golding. Galicia estará presente na sección Sinais, ademais de en Sinais en curto –escolla de novas creacións galegas–, nunha sesión especial da realizadora e montadora Diana Toucedo, e na videoinstalación da viguesa Xisela Franco. Agradecementos: Helga Fanderl, Steve Polta, Mónica Savirón, Barbara Meter, Ken Jacobs, Miguel Mariño, Manolo González, LUX, Arsenal, Canyon Cinema, EYE Filmmuseum, Amsterdam, Milwaukee Underground Film Festival e Museum of the Moving Image.
AROMAS DE MIMOSAS (CURSO E CARTA BRANCA DE OLIVER LAXE) Cando se fai unha película, débense ter claras as intencións. Pode soar contraditorio, xa que as intencións habitan a rexión da intuición, territorio indefinido por definición. Mais é preciso pararse un intre e facerlle unha serie de preguntas directas ao corazón, ese órgano que guía e que nunca engana nin pide nada a cambio. Non se trata só de descubrir a película que queres facer, trátase de entender a película que debes facer: facer cine é decidir o mundo en que queres vivir. Mais as intencións non son nunca puras, son humanas. E entre a intención primeira que alguén pon á hora de facer unha película e o que finalmente queda reflectido na obra media gran distancia. Un espazo en que a película, a vida e os veos do ego do realizador deciden por riba do propio realizador. Sobre esta distancia entre as intencións primeiras e a montaxe final da película Mimosas tratarán as cinco sesións de traballo deste obradoiro. Farémolo a través do visionado de catro filmes e de lecturas puntuais das diferentes versións de guión escritas no decurso de catro anos. Facer unha película é algo así como navegar nun pequeno veleiro, de noite, en medio dun indómito océano. Cómpren faros, guías-espello. Mestres dos que debemos imitar os xestos nobres, o suco decidido. Hai que izar a súa bandeira. Malia o diálogo con eles ser torpe e inocente, aínda que nunca se estea á altura, temos que ousar crérmonos responsables e protectores do tesouro que eles custodiaron coas súas obras: un mundo en que os corazóns dos homes aínda palpitan con forza. Porque protexer o tesouro non é un pracer, é un deber. Ao longo do obradoiro veremos catro películas de catro mestres que, por motivos diferentes, foron determinantes para min: Roberto Rossellinni, Andrei Tarkovski, Kaneto Shindo e Monte Hellman. Os xestos destes catro mariñeiros afoutos foron clave ao longo dos moitos anos de navegación de Mimosas. Se o compás non funciona, mira as estrelas. Oliver Laxe
Agradecementos: Fondazione Centro Sperimentale di Cinematografia-Cineteca Nazionale (Roma), A Contracorriente Films, Filmoteca Española, Park Circus (Londres), Oliver Laxe, Santi Fillol. Datas do curso: 13-16 de xuño, de 16 a 20 horas. Lugar: Sala de proxeccións do CGAI (A Coruña). Máis información: http://www.cgai.org/index. php?seccion=cursos_seminarios.php
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
SÁBADO
maio
maio
maio
maio
maio
02
18.00 e 20:30h. William A. Wellman Ha nacido una estrella (1937) 111'. DCP. Subt. Castelán.
maio
18:00 h. e 20.30 h. William A. Wellman The Ox-Bow Incident (1947) 72'. DCP. Subt. Castelán.
09
03
18.00 e 20:30h. William A. Wellman La reina de Nueva York (1937) 77'. DCP. Subt. Castelán.
maio
20.30 h. Cine portugués A Toca do Lobo Catarina Mourão, 2015. 102'. DCP. Subt. Galego*. Presentación: Miguel Castelo e C. Mourão. Entrada de balde
10
maio
20:30h. Letras Galegas 2017 Contando a Carlos Casares Gonzalo E. Veloso, 2017 60'. DCP. Presentación: G. E. Veloso. Entrada de balde
23
18:00 e 20:30h. William A. Wellman Cielo amarillo (1948) 98'. DCP. Subt. Castelán.
24
20:30h. Cine portugués Rio Corgo Maya Costa, Sérgio da Costa, 2016 95'. DCP. Subt. Galego*. Presentación: Miguel Castelo e S. da Costa
maio
maio
20.45:00h. (!) Desencadres/S8 Star Spangled to Death (parte 2) Ken Jacobs, 1957-2004
20:30h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Programa Joseph Cornell 60'. 16 mm/35 mm. Entrada de balde.
17:00h. Desencadres/S8 Star Spangled to Death (parte 1) Ken Jacobs, 1957-2004 200'. Video. Entrada de balde.
30
200'. Video. Entrada de balde.
18:00h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Sinais en Curto (2006) 70' aprox. Video. Entrada de balde.
31
maio
maio
maio
maio
maio
maio
maio
Studio Peter Strickland 2012 92'. DCP. Subt. Castelán
18:00 e 20:30h. Fóra de serie/Tour D´A Nocturama Bertrand Bonello, 2016 130'. DCP. Subt. Castelán
xuño
xuño
xuño
20:30h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Helda Fanderl. Programa 1 60'. Super 8. Entrada de balde.
20:30h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Found Sounds: Barbara Meter e Mónica Savirón 60'. 16 mm, 35 mm. Entrada de balde.
20:30h. Cine portugués Amateur Olga Ramos, 2016 120'. DCP. Subt. Galego*. Entrada de balde
11
maio
25
18:00 e 20:30h. Fóra de serie Berberian Sound
18:00h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Oficina de objetos perdidos. Programa 1 55'. 16 mm, 35 mm e video Entrada de balde.
01
18.00 e 20:30h. Fora se serie/Tour D´A Hermia & Helena, Matías Piñeiro, 2016 87'. DCP. Subt. Castelán*.
12
20:30h. Premios Mestre Mateo Decorado (Alberto Vázquez, 2016) Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) 87'. DCP. Presentación. Entrada de balde
19
26
18:00h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Steve Polta 70' aprox. Super 8 e 16 mm. Entrada de balde.
02
18:00h. CGAI Júnior A lingua animada Tomás Conde, Virginia Curiá 2001-2003 50'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde (+7 anos)
13
18:00h. Off Galicia Pessoa/Lisboa Alberto Ruiz de Samaniego, José Manuel Mouriño, 2016 93'. HD.Presentación: A. R. de Samaniego, J. M. Mouriño Entrada de balde.
20
27
18:00h. Fóra de serie Esperpentos José Luis Gracía Sánchez, 2008 115'. Video. Entrada de balde.
18:00h. (S8) Mostra de Cinema Periférico Helga Fanderl. Programa 2 50'. 16 mm. Entrada de balde
03
xuño
xuño
xuño
xuño
xuño
17:45h Fóra de serie: Luis Noronha da Costa Sem Título II (1973), A Noite Portuguesa (1974), Padres (1975) 146'. 16 mm. Entrada de balde.
20.30 h. Cine portugués Longe (José de Oliveira, 2016) Volta à terra (João Pedro Placido, 2014) 113'. DCP. Subt. Galego*. Presentación: Miguel Castelo, J. Oliveira e J. P. Plácido
20.30 h. Cine portugués Unha Rapariga da Sua Idade Márcio Laranjeira, 2015) 113'. DCP. Subt. Galego*
18:00h. Curtas Vila do Conde Chatear-me-ia Morrer Tão Joveeeeem (Filipe Abranches) Noite sem Distância (Lois Patiño) Estilhaços (José Miguel Ribeiro) Cidade Pequena (Diego Costa Amarante) 77'. DCP. Subt. Castelán.
18:00h. Off Galicia Angélica (una tragedia) Manuel FernándezValdes, 2016 83'. DCP. Presentación. Entrada de balde
06
07
21:00h Fóra de serie Correspondencias Rita Azevedo Gomes 145'. DCP. Subt. Galego
xuño
20:30h. Aromas de Mimosas Francisco, juglar de Dios Roberto Rossellini, 1950. 83'. 35 mm. Subt. Galego*. Presentación: Oliver Laxe. Copia da Cineteca Nazionale
13
xuño
20:30h. Dragones voladores, espadas errantes La posada del dragón King Hu, 1967 111'. DCP. Subt. Castelán.
20
xuño
19:30h. Aromas de Mimosas Andrei Rublev Andrei Tarkovski, 1966 205'. 35 mm. Subt. Castelán. Presentación: Oliver Laxe.
14
xuño
18:00h. Dragones voladores, espadas errantes El maestro de la espada Joseph Kuo, 1968 85'. DCP. Subt. Castelán.
21
08
20.30 h. Curtas Vila do Conde Amelia & Duarte (Alicia Guimarães e Mónica Santos) Â noite Fazem-se Amigos Rita Barbosa) A Brief of History of Princess X (Gabriel Abrantes) 78'. DCP. Subt. Castelán.
xuño
20:30h. Aromas de Mimosas La isla desnuda Kaneto Shindô, 1960 98'. 16 mm.VO sen diálogos. Presentación: Oliver Laxe.
15
xuño
18:00 e 20:30h. Desencadres: Maya Deren Divine Horsemen - The Living Gods of Haiti (1951). 53'. 16mm. Subt. Galego*.
22
09
xuño
20:30h. Aromas de Mimosas Carretera asfaltada en dos direcciones Monte Hellman, 1971 101'. DCP. Subt. Galego*. Presentación: Oliver Laxe e Santi Fillol.
16
xuño
23
18:00h. Dragones voladores, espadas errantes Una ciudad llamada
Dragón Tu Chung-Hsun, 1970 90'. DCP. Subt. Castelán.
21.15 h. Desencadres: Larry Gottheim Chants and Dances for Hand (2016) The Red Thread (1987) Natural Selectio n(1984) 85'. HD/16 mm. Presentación: L. Gottheim. Entrada de balde
20.30 h. Dragones voladores, espadas errantes La dama de hierro Sung Tsun-Shou, 1969 89'. DCP. Subt. Castelán.
xuño
xuño
xuño
xuño
19:30h. Dragones voladores, espadas errantes Un toque de Zen King HU, 1971 200'. DCP. Subt. Castelán.
18:00h. Dragones voladores, espadas errantes El monte del dragón volador Chen Hung-Min, 1971 85'. DCP. Subt. Castelán.
18:30h. e 20.30h Fóra de serie The Duke of Burgundy Peter Strickland, 2014 104'. DCP. Subt. Castelán.
18:00h. Dragones voladores, espadas errantes Una gran pasión Yang Shih-Ching, 1970 84'. DCP. Subt. Castelán.
28
29
Programación | 242 |
maio xuño | 2017 |
xuño
17
18:00h. Aromas de Mimosas Mimosas Oliver Laxe, 2016 96'. DCP. Subt. Galego. Presentación: Oliver Laxe. Entrada de balde.
xuño
18:00h. Off Galicia Azul Jesús Pérez Vázquez, 2017 52'. HD.Presentación: J. Pérez Vázquez. Entrada de balde.
24
30
20.30 h. Fóra de serie/Novos cinemas La Princesa de Francia Matías Piñeiro, 2014) 70'. DCP. Presentación: M. Piñeiro
20.30 h. Desencadres/Filmadrid: James Benning Fresh Air (2016) Measuring Change (2016) 105'. HD. Presentación: Nuria Cubas, cooeditora de Filmadrid. Entrada de Balde Información xeral Todos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración dos filmes é orientadora e aproximada. Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade. Unha vez comezada a sesión, non se permitirá a entrada á sala de proxeccións. As sesións de capacidade limitada teñen reservado un número indeterminado de
10
20:30h. Off Galicia Manuel Vilariño. Ser luz José Manuel Mouriño, 2016 70'. DCP. Presentación: J. M. Mouriño, A. Ruiz de Samaniego e Manuel Vilariño Entrada de balde.
20.30 h. Desencadres: Stan Brakhage The Governor (1977) Christ Mass Sex (1991) Water for Maya (2000) 69'. 16 mm.
27
Depósito legal: C 671-2001
06
18:00h. Off Galicia El tour de los populares (Marina Pérez, Matías Losada, (2017) 74'.HD. Presentación: M. Pérez e M. Losada Entrada de balde.
maio
18
maio
05
18:00h. William A. Wellman Ciudad mágica (1947) 103'.DCP. Subt. Castelán
20:30h. Off Galicia Os sons do mercado, (Marcos Nine, 2016) Vikingland 2016 (Xurxo Chirro / Ulobit, 2016) 60'. HD. Entrada de balde.
20:30h. Premios Mestre Mateo Einstein-Rosen (Olga Osorio, 2016). María y los demás (Nelly Reguera, 2016) 115'. DCP. Presentación. Entrada de balde
16
maio
04
18.00 e 20:30h. William A. Wellman Beau Geste (1939) 114'. DCP. Subt. Castelán.
butacas. As sesións sinaladas con signos de exclamación sofren modificacións respecto dos horarios habituais. Prezo da entrada • Xeral: 1’20 € • Carné Xove: 0’60 € • Abono para 10 sesións: 9 € • As sesións de entrada gratuíta notificaranse no programa.
A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezaren as sesións (non se venden entradas anticipadamente). Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.
E-mail: programacion.cgai@xunta.gal Subtitulado electrónico* Subtitula’m S.L. Información adicional
Sala de proxeccións CGAI. Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A Coruña Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
www.cgai.org