O´SOVIET
Abril 201 3. Nro. 1 2
www.pcoe.net
pcoe@pcoe.net
A voz da clase obreira nos bairros da Galiza
O s d e fi u z a m e n to s n a G a l i z a
A clase obreira ten que ter moi claro que dentro do capitalismo a vivenda non é un dereito, senón unha mercadoría máis coa que os capitalistas intentan obter ganancias. É dicir, invisten diñeiro na súa construción, producen a devandita mercadoría e a partir dela, mediante a plusvalía que obteñen do traballo dos obreiros que a constrúen, obteñen as súas ganancias. O capitalismo é un sistema económico que non ten como fin satisfacer as necesidades do pobo, senón propiciar que os capitalistas obteñan cada vez maiores ganancias. É dicir, as vivendas que se constrúen non teñen como finalidade que non haxa ningún obreiro sen fogar, senón que a devandita situación non preocupa en absoluto ao empresario inmobiliario, que o único que busca é obter o maior diñeiro posible da venda de vivendas. Así funciona o sistema capitalista, dáse o paradoxo que eses mesmos obreiros que constrúen vivendas (ou producen coches, ou producen alimentos, ou producen todo) se ven privados do acceso a esa mesma vivenda que construíron se non teñen o diñeiro necesario para pagala. Polo tanto, o problema da vivenda e os problemas da clase obreira en xeral derivan dunha situación dun sistema económico, derivan da falta de poder político para a clase obreira e non poden ir nunca separados da loita de clases, da loita política pola superación do sistema capitalista e a instauración do sistema económico socialista. O Estado capitalista, como representante do poder económico que o controla e do poder político que na nosa sociedade pertence a unha clase social, que é a
burguesía, non dubidará en botar man de todo o conxunto de leis, xuíces, medios represivos ou os seus lacaios medios de comunicación para perseguir a todo aquel que ouse cuestionar a propiedade privada dos medios de produción, neste caso a propiedade por parte dos bancos e grandes inmobiliarias dos miles e miles de pisos e casas baleiras da Galiza. Porque a misión deste Estado, deste poder, non é satisfacer as necesidades do pobo senón manter o sistema de dominación política no que os obreiros, eses, que todo o producen incluídas as vivendas teñen que entrampar se ata as cellas para poder acceder a un teito onde abeirarse. Como dicimos, calquera que se en fronte a isto será reprimido, xulgado e criminalizado polos mass media. Todo ten como fin manter o modo de produción capitalista. Isto denota que á clase obreira, para poñer fin ao problema endémico do acceso á vivenda, faille falta a conquista do poder político. Un poder político, emanado dos centros de traballo, dos bairros obreiros, das asembleas de labregos, de estudantes, que teña como principal e único fin o satisfacer as necesidades do pobo e vixiar que todos aqueles que se lucran coa traxedia dos desafiuzamentos, que especulan coa vivenda ou que sacan pingües beneficios desta situación non poidan levar a cabo tan noxento cometido. É dicir, o poder político da sociedade socialista que pertencerá á clase obreira e aos sectores populares e non a un puñado de oligarcas, banqueiros e empresarios que son os que actualmente ostentan todo o poder político na nosa sociedade. Non é un problema de políticos corruptos, pois por esencia todos os políticos do sistema burgués o son, nin de coches oficiais, nin de existencia de Comunidades Autónomas. Porque a fin de contas, estes parlamentos, estes políticos non teñen o poder real senón que son os monicreques, os instrumentos por medio dos cales a burguesía mantén o seu poder de clase. Porque quen ten o poder económico controla o poder político, polo tanto todos os males da clase obreira veñen dados por este sistema criminal chamado capitalismo no que unha clase social é dona de todos os medios de produción. Esta situación é así haxa ou non crise, haxa ou non "bonanza" económica entre comiñas, porque a explotación
capitalista existirá sempre que exista o capitalismo en calquera das súas formas. Polo tanto, todos aqueles que prometan á clase obreira que mediante reformas dentro do parlamento ou a nivel municipal poderán acabar con esta situación de explotación do home polo home, o que estarán a facer é enganar á clase obreira. Todos aqueles que propugnen ademais medidas reformistas como a dación en pagamento, que non é máis que un roubo ao traballador da súa vivenda e de todo o diñeiro que pagou por ela, estarán a facer fraco favor á clase obreira. Teñan boa vontade ou non, pero estarán a facer máis dano que ben. Urxe á clase obreira organizarse para un fin moi sinxelo: a toma do poder político, a cal non se producirá mediante o depósito dunha papeleta nunha urna electoral senón mediante a revolución. Unha revolución que poña o poder en mans do pobo, en mans dos que verdadeiramente producen a riqueza e que son os que fan que esta sociedade funcione. O fin é o poder obreiro e o socialismo, o único sistema económico que ten como misión satisfacer as necesidades do pobo. O poder socialista non constrúe as vivendas buscando o lucro económico, senón revolver ese problema que ten a clase obreira: ter unha vivenda
digna e un proxecto de vida dignos. No capitalismo, e máis tal e como se desenvolve negativamente, estas dúas opcións son quimeras. Polo tanto, para que as vivendas que os obreiros producimos sexan realmente nosas e non dun banco ou dun construtor, debemos loitar polo derrocamento do capitalismo e a construción do socialismo. Porque se todo o producimos: os alimentos, as vivendas, en definitiva todo tipo de mercadorías e produtos porqué temos que aguantar que os nosos irmáns de clase pasen fame, que os nosos fillos estean desnutridos ou que haxa obreiros sen un teito onde abeirarse, un teito que produciron outros obreiros como eles?.
Movimento Obreiro Galego
DIANTE DA RUÍNA DO SECTOR AVÍCOLA
Fai escasos días a patronal do sector avícola galego alertaba do afundimento do sector, ante as prácticas das grandes superficies de manter os prezos da mercadoría que eles producen por debaixo dos custos de produción, co obxectivo de utilizar estes produtos como "reclamo" para a compra nestas superficies. Nin que dicir ten que esa marxe de perdas é recuperada aumentando artificialmente o prezo doutros artigos. Isto é unha lei de desenvolvemento do capitalismo. Os monopolios, neste caso os do sector da distribución, impoñen as súas normas. Así mesmo, para contrarrestar estes efectos negativos o capital produtivo tende a concentrarse en cada vez menos mans, para poder facerlle fronte a estes outros monopolios. É dicir, cada vez tenden a existir menos produtores no sector avícola, concentrándose a produción en grandes grupos que controlan cada vez máis a produción. E isto naturalmente en quen repercute é nos obreiros, porque esa concentración da produción fai que sexan prescindibles miles de empregos no sector, porque aos capitalistas non lles fan falta. Os defensores do capitalismo inverten moito traballo e gastan millóns de euros, por medio do adoutrinamento en
desviar da mente do traballador a cuestión de quen dirixe e controla a vida económica dentro do capitalismo. É dicir, gastan inxentes cantidades de diñeiro na batalla ideolóxica contra a clase obreira. Pero, non obstante, non poden ocultar o feito de que no capitalismo a produción non depende do control democrático do pobo galego, senón do poder ditatorial dun número non grande de corporacións e multinacionais, que tenden a controlar cada vez máis a devandita produción. Na esfera económica, o capitalismo é dende as súas bases antidemocrático e antihumano. Isto por suposto, ten tamén influencia na escena política. Na sociedade capitalista, o diñeiro constitúe unha das forzas motoras da política. E son precisamente as empresas as que teñen o diñeiro. Poden utilizar este diñeiro para elixir o monicreque correspondente que se sentará na poltrona do goberno, poden controlar os medios de comunicación, etc. Vivimos nunha sociedade dominada polas empresas e os monopolios. Por conseguinte, mesmo onde se nos di que existe democracia, trátase dunha ditadura do capital. O capitalismo é un modo de produción anárquico. Prodúcese non segundo as necesidades senón para o
máximo beneficio, sen orde nin control. Esta anarquía encóntrase en evidente contradición coa planificación e coordinación xeral que unha economía require obxectivamente. Vivimos nunha sociedade moderna complexa, na cal cada unha das súas partes depende doutras, encontrándose todas interconectadas. Os obreiros do sector avícola dependen dos empregos, os cales se encontran controlados polas empresas produtoras. Os traballadores teñen que gañarse a vida coas súas propias mans, xa que as fábricas e maquinaria as teñen as empresas. Os comerciantes dependen de que os obreiros teñan traballo, e cantas menos vendas teñan máis tenderá o capital a concentrarse en menos mans, ao desaparecer a competencia debido á baixada de vendas, dando lugar como dixemos anteriormente á aparición de grandes monopolios como consecuencia desta concentración de capital. Xorden así as grandes cadeas de distribución, ante as cales a pequena tenda de ultramarinos do barrio non pode competir e se ve abocada ao peche. Isto é lei no capitalismo, e explica o porqué as grandes superficies cada vez controlan en maior medida o mercado, o que lles permite impoñer as condicións que eles determinen aos produtores, os cales deben concentrarse se queren facer fronte a estas condicións abusivas, e el págano os obreiros co seu traballo. De toda esta ecuación aparecen as crises sistémicas do capitalismo, ante a imposibilidade por parte do pobo de adquirir todas as mercadorías producidas. É dicir, a crise é parte intrínseca do capitalismo. Pra poñer fin a isto a economía ten que ser dirixida por un plan central, cuxo obxectivo principal sexa aumentar o benestar do pobo. Pero isto non pode lograrse no capitalismo, onde a economía está dirixida polas empresas privadas que non perseguen satisfacer os intereses do pobo e o seu benestar, senón os seus intereses privados, os cales consisten en alcanzar a maior ganancia. E, ademais como vimos, ese capitalismo ten as súas propias leis de desenvolvemento que tenden sempre a aumentar o poder dos monopolios. Só baixo o socialismo pode ser dirixida planificadamente a economía. O poder incontrolado das empresas fai deslocalizar a produción cara a áreas onde os capitalistas obteñen maiores ganancias, a custa de explotar máis os obreiros, como poidan ser os países do terceiro mundo. Tras as
deslocalizacións só queda miseria e paro, pero isto non lles importa ás empresas que o que buscan é maximizar os beneficios. Sobre este tema en Galiza temos centos de exemplos, vemos como os polígonos industriais minguan cada vez máis, impedindo o desenvolvemento das forzas produtivas e producindo a pobreza da clase obreira galega. Por tanto o capitalismo, coma sistema socio-económico, non acepta responsabilidades por unha vida satisfactoria para o pobo. Os intereses humanos non son asunto da sociedade capitalista. O capitalismo é brutal e antihumano. Por exemplo a xente pódese estar a morrer que se non ten o diñeiro para pagar a cama dun hospital, está sentenciada. Isto non está a pasar en Somalia ou Haití, senón en decenas de casos na Galiza do século XXI. Tal e como de desenvolve a crise xeral do capitalismo, na mesma medida se afonda a crise da clase obreira. E é precisamente esta situación a que obriga os traballadores a buscar auténticas solucións. E esa solución chámase socialismo. Os propagandistas do capitalismo son ben conscientes diso. Isto explica a continua e case histérica guerra propagandística contra o comunismo. Esta é a razón para inventar e propagar cada vez máis maiores mentiras e calumnias sobre o socialismo. Todo isto para manter os intereses dos capitalistas, que son as ganancias e como facerse aínda máis ricos. Tócanos aos obreiros, traballadores e demais clases populares loitar por un sistema que subordine todos os seus esforzos a un só obxectivo: a vida satisfactoria e o benestar do pobo. Ese sistema chámase socialismo. É por iso que a única alternativa para os traballadores do sector avícola é a loita polo socialismo, polo control obreiro da produción nun sistema que non busque o beneficio dos monopolios, senón o benestar dos traballadores. E ese sistema chámase socialismo-comunismo.
Movimento Obreiro
SOBRE AS FOLGAS NA GALIZA
O PCOE advirte, que a loita económica por si soa está condenada ao fracaso mentres a burguesía sexa dona dos medios de produción, dos medios de información, en definitiva, do poder político. Si boramos unha ollada, vemos como a folga económica no crea conciencia de clase entre os traballadores, vimos como a mera loita sindical as veces non serviu para alcanzar os xustos desexos dos traballadores. Por que? Porque a burguesía é a dona dos medios de produción e pode facer todo o que lle vinga en gana con eles. Os traballadores só somos ferramentas que lles permiten aumentar os beneficios, e para eles o noso deber é calar, sen chistar,e obedecer. A burguesía usa os seus medios de propaganda, a prensa, a radio e a televisión para difamar a loita económica dos traballadores, difundindo mentiras como que algúns gañan máis ca outros, as veces aos traballadores se lles trata de enchufados, de vagos, de chantaxistas, etc. Todo iso, unha campaña de difusión ideolóxica destinada ao conxunto da clase obreira da Galiza, para que eles mesmos se enfronten cos seus irmáns de clase. Para que o que gaña 600 euros e traballa 1 2 horas se en fronte a estes traballadores, que a ideoloxía burguesa cualifica de privilexiados, intentando rebaixar as súas condicións de vida. E aínda seguides pensando que non é un problema político? Que é un simple problema sindical? Pois o problema, como todos nesta sociedade é político e só se resolverá dende a loita política. Só se resolverá cando que teña o poder político non sexa o concello burgués,ou o parlamentiño autonómico, representante do poder dos bancos, os empresarios, os capitalistas senón que exista outro poder novo: o poder emanado das asembleas de traballadores nos centros de traballo. É dicir, o poder socialista, o poder da clase obreira. A folga pon de manifesto o carácter de clase do estado, das súas institucións, de como reman todos a unha para esmagar as sas reivindicacións dos traballadores. Sen
unha dirección política do movemento folguista espontáneo os traballadores galegos receben poucas mostras de solidariedade, cando de existir un Partido Comunista forte as folgas nunha empresa concreta se terían ligado coa loita de todos os obreiros das nosas cidades. É dicir, un Partido Comunista forte tería conseguido poñer en piei de guerra á maioría da clase obreira da Galiza, e posibilitara incorporar á loita a elementos que mesmo non tivesen conflito nas súas empresa e tería ligado outros conflictos(estudiantes, parados, funcionarios, mulleres, desafiuzamentos, etc) dando paso á Folga Política: unha das armas fundamentais da loita da clase obreira. É a hora, para a clase obreira da Galiza, de fortalecer o seu Partido Comunista: o PCOE, pois é a única posibilidade de poder presentar batalla organizada e cunha mínima posibilidade de vitoria. Mentres o Partido non creza, os obreiros levaremos as de perder.
LEMBRANZA HISTÓRICA: BENIGNO ALVAREZ
Benigno Álvarez, comunista ourensán que conseguíu xuntar a defesa dos direitos democráticos do pobo galego como nación coa defesa dos principios do marxismo-leninismo, fuxindo das atitudes chovinistas e das atitudes asoballadoras da nación dominante. Hoxe coma onte, o PCOE na Galiza quer transitar polo camiño marcados polos nosos devanceiros marxistas-leninistas.